Hoxe é un día moi especial para nós. Estreamos canle de Youtube! A partires de agora ofrecerémosvos, ademais dos artigos habituais, un vídeo de cando en cando sobre as personaxes arquetípicas que máis nos gustan do cinema.
Nesta bitácora xa tratamos o simbolismo do alcohol no cinema, do das armas de fogo, da cidade como espazo e como personaxe, da cadeira que é coma un trono, do arco narrativo de ascenso e caída dunha personaxe, das migracións nas narrativas cinematográficas e mais das aparencias enganosas do capo, do gangster do celuloide. Tamén falamos dos cineastas de hoxe e de antano que máis e mellor representaron o xénero do gangster film.
Agora imos coñecelo un pouco mellor. Dentro vídeo!