Kinocube Cinema
Son Sofía Naseiro, a persoa detrás de Kinocube Cinema, unha bitácora de reflexión sobre cinema en galego. Nesta bitácora tratamos sobre arquetipos ou motivos cinematográficos, un punto de vista que nos permite conectar filmes de diferentes orixes, nacionalidades, épocas, medios e estilos.
Cando se usan mal, os arquetipos convértense en clichés; porén, ben feitos, achegan novos significados ás escenas e aos filmes. Na bitácora xa falamos de ollos a través das pechaduras, de negras sombras, de linteis, cadeiras baleiras, chamas, aparecidos, noites, ascensos e caídas. E os que nos quedan por tratar!
Na nosa canle de Youtube, @KinocubeCinema, publicamos de cando en cando videos arredor de personaxes e xéneros cinematográficos. Bótalle un ollo!
Se queres saber máis sobre cinema, le a nosa bitácora, búscanos nas redes sociais (@KinocubeCinema) e subscríbete á nosa canle.
Até o vindeiro episodio!
Sofía Naseiro
(Vilalba, 1996)
Cineasta. Estudou Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela, cursou o Mestrado en Teoría e Práctica do Documental Creativo na Universidade Autónoma de Barcelona e actualmente cursa o Mestrado en Xornalismo e Comunicación na Universidade de Santiago de Compostela. Complementa os seus estudos co Grao Profesional de Piano.
Foi co-directora do documental La Huella (2020), selección oficial do Festival de Cinema Documental Alcances (Cádiz), seleccionada na competición nacional de Documenta Madrid e na sección ¿Que te estás preguntado? do Festival de Curtametraxes de Bogotá (Colombia). Coa súa curta documental transmedia Xorima (2022) gañou o premio á mellor curta galega no IX Festival de Cine de Roca. Tamén participou no Chanfaina Lab coa curta De pedra son os muros i as tebras (2023).