Cineastas Miúdas: obradoiro de iniciación á gravación de ficción
Kinocube Cinema colabora coa Asociación feminista Unión de Muchachas (Boiro) para levar a cabo un obradoiro de cinema para crianzas.
O obradoiro ten como obxectivo ofrecerlles ás crianzas recursos e ferramentas para a gravación de ficción sen necesidade de equipo profesional.

O obradoiro
O obradoiro consistirá en dúas sesións, na primeira das cales as crianzas poderán crear os seus propios guións e filmalos, con acompañamento en todo o proceso e facendo fincapé no traballo en grupo.
A segunda consistirá nunha pequena gala no que as crianzas poderán desfrutar das súas propias pezas, editadas e posproducidas por Kinocube.
É de balde e conta con 20 prazas destinadas para crianzas de 6 a 12 anos.
Primeira sesión
- 6 de setembro
- 11.30 h – 13.30 h
- Unitaria do Saltiño (Boiro)
Até o vindeiro episodio!