Search

Crónica do curso “No camiño: películas de estrada, vieiro e horizonte” III

O CGAC organiza todos os anos un curso de cinema da man de José Manuel López, doutor en Comunicación e profesor asociado na Universidade de Vigo. Nesta ocasión, o curso xira en torno ao concepto de viaxe ou camiño e propón o análise de dez filmes, como di o subtítulo, de estrada, vieiro e horizonte. Non será a derradeira vez que voltemos ao concepto do camiño nesta bitácora, pero desta vez imos en boa compaña. 

Este é a terceira entrega da serie que adicaremos ao curso “No Camiño…”. Continuaremos o vieiro despois dunha primeira parte na que chegamos até John Ford e unha segunda parte na que comezamos a ver exemplos que xa podemos considerar road movies por dereito.

Thelma and Louise (Ridley Scott, 1991)

Fotograma de Thelma e Louise

A guionista e produtora Callie Khouri botou a andar este filme –dirixido finalmente por Ridley Scott– que despraza á masculinidade do centro dos relatos de estrada, deixando para a posteridade un berro de liberación para as mulleres en todo o mundo. 

Old Joy (Kelly Reichardt, 2006)

Old Joy

Unha historia mínima, a primeira da lista deste curso dirixida por unha muller –Kelly Reichardt, unha das mestras do cinema independente estadounidense–, que retrata o desgaste dunha amizade no marco dunha paraxe natural tan calma e relaxante que parece de outro mundo

The Straight Story (David Lynch, 1999)

A Sstraight Story by David Lynch (fotograma)

Un filme de trama humilde, sinxela, “verdadeira” –tamén no senso no que está baseado nunha historia real– e recta como o camiño que percorre Alvin Straight nun chimpín (motocultor, matraquillo, como lle chamedes na vosa terra) até a beira do seu irmán, co que leva dez anos sen falar. 

Un filme que encerra, porén, multitudes; pois abrangue conceptos moi complexos como a culpabilidade, a fugacidade da vida ou a Historia e mitoloxía dos EUA, sen perder en ningún momento o rumbo. 

Non perdades a derradeira Crónica desta serie!

Até o vindeiro episodio!