Search

Crónica do curso “No camiño: películas de estrada, vieiro e horizonte” II

O CGAC organiza todos os anos un curso de cinema da man de José Manuel López, doutor en Comunicación e profesor asociado na Universidade de Vigo. Nesta ocasión, o curso xira en torno ao concepto de viaxe ou camiño e propón o análise de dez filmes, como di o subtítulo, de estrada, vieiro e horizonte. Non será a derradeira vez que voltemos ao concepto do camiño nesta bitácora, pero desta vez imos en boa compaña. 

Este é a segunda dunha serie de crónicas que adicaremos ao curso “No Camiño…”. Continuaremos o vieiro despois da primeira parte cunha nova récola de filmes imprescindibles.

Fotograma de Lawrence of Arabia, de David Lean

A probablemente sexa a meirande película de aventuras de toda a historia, rodada na paisaxe máis impresionante do planeta. Baseada nunha historia real, non exenta de polémica e política –non en van é un crudo retrato do colonialismo occidental, non sabería dicir se intencionado ou non–, e nunha personaxe real cuxa moral é a brúxula que nos move, nos fai sentir rexeitamento e atracción a partes iguais. É curioso como, baixo as dunas xigantescas que a calquera persoa a faría sentir pequena, Lawrence segue a ser enorme, máis grande que a vida mesma.

Дерсу Узала (Dersu Uzala) (Akira Kurosawa, 1975)

Fotograma de Dersu Uzala, de Akira Kurosawa

A paisaxe –neste caso a tundra siberiana– tamén é unha personaxe máis neste marabilloso filme do realizador xaponés Akira Kurosawa, desta vez moi lonxe do seu contexto habitual. 

Unha fábula sobre a pureza da amizade e mailo tránsito entre un mundo vello, preto da natureza e da sabiduría, e un mundo moderno que aínda ten moito que aprender do antigo, representados nas personaxes de Dersu e Arsenyev.

Il sorpasso (Dino Risi, 1962)

Fotograma de Il Sorpasso, de Dino Risi

road movie orixinal, unha traxicomedia –non é iso a propia vida?– na que se contrapoñen, ao igual que en Dersu Uzala, dous progagonistas opostos. Neste caso, un estudante tímido e un vividor extrovertido que o arrastra polo camiño do exceso. 

É importante o contexto deste filme, a Italia que se recupera paseniño da posguerra, que trata de deixar atrás as penurias e as cadeas da tradición nun arrebato de hedonismo que non se preocupa das consecuencias.

El viaje a ninguna parte (Fernando Fernán Gómez, 1987)

Fotograma de El viaje a ninguna parte, de Fernando Fernán Gómez

Na nosa humilde opinión, pódese criticar de certa falta de tacto respecto ás súas personaxes femininas. E que o acento galego de Gabino Diego resúltanos incómodo canto menos.

Porén, merece a pena botarlle un ollo ao filme no que Fernán Gómez retrata os anos da fame durante a ditadura franquista e mais un oficio e unha arte morrente –a dos cómicos da legua–, nun relato moi pesimista para ser unha comedia. 

Até o vindeiro episodio!