Un coitelo sobre veludo amarelo: Os arquetipos do Giallo

Hai uns días estreamos novo vídeo na nosa canle, e trátase dun vídeo moi especial! Compartirmos ideas e reflexións con Ângelo e Sara do podcast Mal de Olho arredor do xénero de cinema italiano Giallo. Se aínda non o víchedes, estades a tempo!

A oportunidade de seguir a colaborar, e de facelo de maneiras novas, con xente tan sabia e interesante, é un dos azos que nos insta a continuar con isto. O outro é, por suposto, o voso apoio incondicional como audiencia da canle e do blog! En fin, que non será a derradeira vez que convidemos a Ângelo e a Sara nos episodios que veñen, e fican moitas persoas interesantes que poden pasar por aquí a darnos a súa opinión sobre cousas chulas do cinema.

O futuro da canle pasará por isto, e mais por outros moitos cambios que xa iredes vendo co tempo. Imos ser sinceros: a que escribe isto está a ter algo de menos tempo na súa vida para adicarllo a escribir episodios; pero a ilusión non decae e as ganas de seguir compartindo con vós o amor polo cinema e a ansia de seguir aprendendo medran cada día. Seguimos!

Até o vindeiro episodio!