Search

Kinocube Cinema

Kinocube Cinema é un proxecto de divulgación sobre cinema en galego, materializado nesta mesma bitácora e mais nunha canle de YouTube. Nesta bitácora tratamos sobre arquetipos ou motivos cinematográficos, un punto de vista que nos permite conectar filmes de diferentes orixes, nacionalidades, épocas, medios e estilos.

Cando se usan mal, os arquetipos convértense en clichés; porén, ben feitos, achegan novos significados ás escenas e aos filmes. Na bitácora xa falamos de ollos a través das pechaduras, de negras sombras, de linteis, cadeiras baleiras, chamas, aparecidos, noites, ascensos e caídas. E os que nos quedan por tratar!

Na nosa canle de YouTube, @KinocubeCinema, publicamos de cando en cando videos arredor de personaxes e xéneros cinematográficos. Bótalle un ollo!

Se queres saber máis sobre cinema, le a nosa bitácora, búscanos nas redes sociais (@KinocubeCinema) e subscríbete á nosa canle.

Até o vindeiro episodio!

Sofía Naseiro
Sofía Naseiro

Vilalba, 1996.

Cineasta. Estudou Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela, Mestrado en Teoría e Práctica do Documental Creativo na Universidade Autónoma de Barcelona e Mestrado en Xornalismo e Comunicación na Universidade de Santiago de Compostela. Complementa os seus estudos co Grao Profesional de Piano.

Foi co-directora do documental La Huella (2020), producido e rodado en Barcelona, estreado na selección oficial do Festival de Cinema Documental Alcances (Cádiz), seleccionada na competición nacional de Documenta Madrid e na sección ¿Que te estás preguntando? do Festival de Curtametraxes de Bogotá (Colombia). Coa súa curta documental transmedia Xorima (2022) gañou o premio á mellor curta galega no IX Festival de Cine de Roca, especializado en cinema documental con temática musical. Outras pezas audiovisuais no seu haber son De pedra son os muros i as tebras (2023) e O xergón (2024).

+ Info