{"id":87,"date":"2020-12-15T17:27:00","date_gmt":"2020-12-15T16:27:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=87"},"modified":"2023-12-18T09:24:00","modified_gmt":"2023-12-18T08:24:00","slug":"tren-e-cinema","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2020\/12\/15\/tren-e-cinema\/","title":{"rendered":"Tren e Cinema"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Mentres escribo estas li\u00f1as estou a degustar o \u00faltimo dos filmes que me propuxen estudar para analizar o papel do tren no arte cinematogr\u00e1fico: <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0023458\/\">Shanghai Express (Josef von Sternberg, 1932)<\/a>. Observo a axitaci\u00f3n arredor das li\u00f1as ferroviarias, a <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/08\/02\/as-masas\/\" data-type=\"post\" data-id=\"524\">multitude<\/a> itinerante, e oc\u00f3rreseme que a idea esencial est\u00e1 a\u00ed, no pequeno fragmento de mundo que se mestura nas estaci\u00f3ns de trens.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 1 - Tren e Cinema\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/os90MP6XEsQ?list=PLdAFEbxJJWM528F3xXBhJsFz9Q9LtPsRX\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Pois antes do triunfo dos avi\u00f3ns como medio de transporte internacional por excelencia, durante a meirande parte do s\u00e9culo XX depend\u00edase do tren para cruzar fronteiras e percorrer longas distancias. Atop\u00e1monos nos apeadeiros cunha pequena representaci\u00f3n do mundo enteiro, rostros e linguaxes diversos, primeira e terceira clase, xente que fuxe, xente que se despide, xente que agarda\u2026 por iso o cinema, que dende os seus inicios tivo a ambici\u00f3n de expandirse at\u00e9 os m\u00e1is afastados recunchos da terra e documentalo absolutamente todo, serviuse do tren como transporte, mais tam\u00e9n como motivo. Proba \u00e9 que unha das primeiras curtametraxes, o primeiro en asombrar \u00e1 nova audiencia do cinema, sexa <a href=\"https:\/\/youtu.be\/1FAj9fJQRZA\">L&#8217;Arriv\u00e9e d&#8217;un train en gare de La Ciotat<\/a>, dos irm\u00e1ns Lumi\u00e8re, tan cedo como en 1896.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O tren avanzou dende o comezo man a man co cinemat\u00f3grafo nun contexto como o do axitado s\u00e9culo vinte, que nos seus inicios era o marco perfecto para o avance tecnol\u00f3xico, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/06\/29\/ring-ring\/\">a \u00e9poca dos grandes inventos<\/a> que cambiaron a face do mundo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Mais quedamos en que \u00eda falar de arquetipos. Cando comecei a planificar esta pequena iniciativa ti\u00f1a claro que quer\u00eda navegar entre as imaxes que todos vimos algunha vez nunha pantalla grande, ese tipo de imaxes que un lembra pero non sabe identificar cun filme en particular. A primeira que se me veu \u00e1 cabeza foi unha despedida no apeadeiro dun tren. Esa escena que se repite ao longo de todo o s\u00e9culo con infinitas variaci\u00f3ns, s\u00f3 pode competir, seguindo no contexto ferroviario, con aquela na que un fuxitivo \u2013ou un perseguidor\u2013 avanza polos corredores dunha estaci\u00f3n coa sombra do tempo, en forma de enorme reloxo central, pis\u00e1ndolle os tal\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Volverei sobre o reloxo m\u00e1is tarde, mais te\u00f1o un par de apuntes sobre a escena de despedida. Pois un dos paradigmas do romanticismo, as\u00ed o considero, est\u00e1 constru\u00eddo sobre un dos conceptos m\u00e1is ligados ao pr\u00e1ctico, como \u00e9 todo o que rodea ao tren. Se podemos falar dunha unificaci\u00f3n horaria universal \u00e9 grazas \u00e1 necesidade de sincronizar os horarios de sa\u00edda e chegada entre cidades afastadas; se nos marabillamos coa grandeza da arquitectura modernista das estaci\u00f3ns monumentais, en parte \u00e9 pola necesidade de agrandar os espazos para evitar as complicaci\u00f3ns xurdidas da acumulaci\u00f3n dos gases que expelen as locomotoras tradicionais. Todo, en realidade, conceptos moi pr\u00e1cticos. Hoxe as grandes despedidas rom\u00e1nticas te\u00f1en lugar nos aeroportos\u2026 e por\u00e9n, quizabes polas connotaci\u00f3ns m\u00e1is negativas que te\u00f1en estes espazos (artificialidade, consumismo, incomodidade, creo que non me te\u00f1o que explicar moito m\u00e1is\u2026), non chegan a ter a relevancia que noutrora tivo a estaci\u00f3n de tren como escenario das emoci\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Mais volvamos unha vez m\u00e1is \u00e1 estaci\u00f3n e sigamos ao noso fuxitivo, que olla con desesperaci\u00f3n o reloxo que coroa o grande espazo aberto. Aqu\u00ed est\u00e1 a outra clave, ao meu parecer, da estreita relaci\u00f3n entre o cabalo de ferro e m\u00e1is o cinemat\u00f3grafo: o tempo. Que \u00e9 o cinema sen\u00f3n esculpir o tempo? Que \u00e9 o tren sen\u00f3n unha viaxe a trav\u00e9s do espazo\u2026 pero tam\u00e9n do tempo? Non vou afondar moito m\u00e1is nesta precisi\u00f3n porque precisar\u00eda termos moito m\u00e1is t\u00e9cnicos e incumprir\u00eda neste primeiro artigo unha das normas que me autoimpuxen. Lembrade s\u00f3 o grande reloxo da estaci\u00f3n, ou mellor lembrade os minutos que avanzan sen piedade at\u00e9 que o tren das doce traia consigo ao bandido Frank Miller at\u00e9 o Marshall Will Kane en <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0044706\/\">High Noon (Fred Zinnemann, 1952)<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Unha pequena idea que escoitei a un profesor de cinema \u2013tendes que desculpar, pois non lembro a procedencia exacta da cita\u2013 que a fiestra dun vag\u00f3n de tren \u00e9 un antecedente claro da pantalla de cinema, no senso no que ambas proporcionan un marco \u00e1 imaxe en movemento.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ao final, tr\u00e1tase de ver pasar a vida por diante dos nosos ollos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">At\u00e9 a pr\u00f3xima semana!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mentres escribo estas li\u00f1as estou a degustar o \u00faltimo dos filmes que me propuxen estudar para analizar o papel do tren no arte cinematogr\u00e1fico: Shanghai Express (Josef von Sternberg, 1932). Observo a axitaci\u00f3n arredor das li\u00f1as ferroviarias, a multitude itinerante, e oc\u00f3rreseme que a idea esencial est\u00e1 a\u00ed, no pequeno fragmento de mundo que se [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":925,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[8,9,152,10,48,78,188,187,7,212],"class_list":["post-87","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-cinema","tag-lumiere","tag-masas","tag-s-xix","tag-sociedade","tag-tecnoloxia","tag-tempo","tag-transporte","tag-tren","tag-vehiculos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/87","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=87"}],"version-history":[{"count":5,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/87\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":655,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/87\/revisions\/655"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/925"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=87"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=87"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=87"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}