{"id":670,"date":"2023-02-28T10:50:00","date_gmt":"2023-02-28T09:50:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=670"},"modified":"2023-12-01T08:33:21","modified_gmt":"2023-12-01T07:33:21","slug":"a-arte-da-montaxe-sovietica","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2023\/02\/28\/a-arte-da-montaxe-sovietica\/","title":{"rendered":"A arte da montaxe sovi\u00e9tica"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>Houbo \u00e9pocas e lugares que foron o caldo de cultivo ideal para as persoas que quixeron coller o cinemat\u00f3grafo e explotar as s\u00faas posibilidades at\u00e9 os seus l\u00edmites, innovando, no proceso, a t\u00e9cnica e a narrativa cinematogr\u00e1fica para aportar ao que hoxe co\u00f1ecemos como cinema. Os anos vinte do s\u00e9culo pasado foron anos de vangarda e experimentaci\u00f3n en todo o mundo, como xa temos mencionado nesta mesma bit\u00e1cora, en todas as artes e no cinema en particular; mais se viaxamos at\u00e9 a <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Uni%C3%B3n_Sovi%C3%A9tica\">Uni\u00f3n Sovi\u00e9tica<\/a> naquel tempo en particular, atopamos unha pequena revoluci\u00f3n cinematogr\u00e1fica dentro da grande revoluci\u00f3n social, pol\u00edtica e econ\u00f3mica que cambiou a face do mundo para sempre.&nbsp;<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Cineastas 8 - A arte da montaxe sovi\u00e9tica (Eisenstein, Schub, Svilova, Vertov)\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/0FL-qTyAd7A?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Para resumir de maneira sinxela, atopamos un territorio que v\u00e9n de sufrir un tremendo cambio a todos os niveis. \u00c9 un pobo na busca da s\u00faa propia expresi\u00f3n art\u00edstica, como tam\u00e9n o foi no seu momento a Alema\u00f1a de entreguerras <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/06\/01\/expresion-e-sombras\/\" data-type=\"post\" data-id=\"459\">-berce do expresionismo alem\u00e1n-<\/a> e <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2020\/12\/29\/negra-sombra\/\" data-type=\"post\" data-id=\"402\">de diferenciar as s\u00faas pel\u00edculas do melodrama burgu\u00e9s<\/a> que poboaba as salas de cinema americanas. Por suposto, tam\u00e9n hab\u00eda intenci\u00f3ns propagand\u00edsticas -non llas negariamos tampouco ao <em>western<\/em>&nbsp;norteamericano dos tempos da <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Segunda_guerra_mundial\">Segunda Guerra Mundial<\/a>, non si?- e did\u00e1cticas; estamos a falar dunha poboaci\u00f3n cunha alta taxa de analfabetismo, que arrastraba dende a \u00e9poca dos <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Tsar\">tsares<\/a>, no que o cinema pod\u00eda converterse na mellor maneira de trasladar as ideas revolucionarias \u00e1 xente. Como o foi, no seu momento, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/04\/06\/a-catedral\/\" data-type=\"post\" data-id=\"447\">a escultura policromada das catedrais g\u00f3ticas.<\/a><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/879681fdaddd4c8529c13cb35b17b275\/d3ca52974572144a-fe\/s500x750\/f14c7a51d3bf5b1dd1c6cca877fe330e4c25333a.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>A URSS disponse, polo tanto, a nacionalizar a industria cinematogr\u00e1fica e a crear todo tipo de instituci\u00f3ns e organismos para erguer a s\u00faa produci\u00f3n, como o caso de <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Mosfilm\">Mosfilm (os estudios de cinema de Moscova)<\/a> e mais o <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Instituto_Gerasimov_de_Cinematograf%C3%ADa\">Instituto Pansovi\u00e9tico de Cinematograf\u00eda<\/a>, nada menos que a primeira escola de cinema da historia. Hab\u00eda arelas de experimentar, de estudar e de reinventar. Era o momento e o lugar axeitado para que o cinema despegase nas mans de figuras como as que imos tratar a continuaci\u00f3n.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>O grande paso adiante da cinematograf\u00eda sovi\u00e9tica foi, sen d\u00fabida, o desenvolvemento e a expansi\u00f3n dos l\u00edmites da montaxe audiovisual; at\u00e9 o momento, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/08\/24\/o-grande-espectaculo\/\" data-type=\"post\" data-id=\"471\">cineastas como D. W. Griffith<\/a> levaran a linguaxe cinematogr\u00e1fica at\u00e9 novos territorios, con innovaci\u00f3ns respecto ao cinema primitivo como as que supuxo a escala de planos -o uso de planos detalle, primeiros planos ou planos xerais-, a direcci\u00f3n, a duraci\u00f3n e o ritmo dos mesmos, a estrutura das secuencias\u2026 dende o cinema sovi\u00e9tico a\u00ednda levaron un paso adiante, comprendendo que o espectador era capaz de asimilar usos da montaxe m\u00e1is complexa, e facendo que a montaxe en si mesma aportara novos significados \u00e1 narrativa. De aqu\u00ed ven <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Efecto_Kuleshov\">o efecto Kuleshov, por exemplo<\/a>; do an\u00e1lise, estudo e experimentaci\u00f3n das posibilidades da montaxe dende un punto de vista intelectual.&nbsp;<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/4f61fa69c75a5e74e0a6d6ab2a46acf8\/d3ca52974572144a-c2\/s500x750\/b5f05844e0cbe57366ba6b4d27f8b27bf8c160b3.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Sergei_Eisenstein\">Sergei M. Eisenstein<\/a> naceu en 1898 en Riga, Letonia, daquela parte do Imperio Ruso. Bolxevique convencido, foi o m\u00e1ximo representante -polo menos o m\u00e1is co\u00f1ecido- desta etapa de vangarda na montaxe cinematogr\u00e1fica. O seu cinema era o <em>cinema-pu\u00f1o<\/em>, que procuraba unha reacci\u00f3n no espectador a trav\u00e9s do que el denominaba <em><a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Montaje_de_atracciones\">montaxes de atracci\u00f3ns<\/a><\/em>, t\u00e9cnicas de diversa natureza que, por primeira vez, daban importancia \u00e1 sucesi\u00f3n dos planos como un fin en si mesmo, como a uni\u00f3n de ideas para ter como resultado novos conceptos, non s\u00f3 como un mero medio de enlazar escenas. Non imos explicar a fondo as t\u00e9cnicas da montaxe de atracci\u00f3ns -el mesmo escribiu m\u00e1is dun libro que o aborda en profundidade- porque nos levar\u00eda todo o artigo e ficar\u00edamos curtos, mais \u00e9 importante saber que o <em>cinema-pu\u00f1o <\/em>trataba que a audiencia se sentise motivada ou impresionada grazas \u00e1s asociaci\u00f3ns de imaxes que estaba a contemplar. Comparar, por exemplo, ao pobo ruso sometido \u00e1 represi\u00f3n dos tsares coas imaxes dun matadoiro de gando, ti\u00f1a que facer ferver o sangue a quen o ollase e suscitar a empat\u00eda cara as v\u00edtimas do poder.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>As principais pel\u00edculas de Eisenstein son af\u00edns \u00e1 causa sovi\u00e9tica, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/05\/04\/a-clase-obreira\/\" data-type=\"post\" data-id=\"452\">tendo sempre \u00e1 clase proletaria<\/a> &#8211;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/08\/02\/as-masas\/\" data-type=\"post\" data-id=\"524\">\u00e1 masa social- como protagonista<\/a>, destacando pola s\u00faa sona O acoirazado <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0015648\/\">Potemkin (\u0411\u0440\u043e\u043d\u0435\u043d\u043e\u0441\u0435\u0446 \u041f\u043e\u0442\u0451\u043c\u043a\u0438\u043d, 1925)<\/a>,<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/08\/16\/chanzo-a-chanzo\/\" data-type=\"post\" data-id=\"527\"> e a s\u00faa co\u00f1ecida escena da escada de Odessa<\/a>, imitada unha e outra vez ao longo da historia do cinema. Mais tam\u00e9n se poder\u00eda destacar nesta etapa <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0018217\/\">\u041e\u043a\u0442\u044f\u0431\u0440\u044c (Outubro, 1927)<\/a> ou <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0020451\/\">\u0421\u0442\u0430\u0440\u043e\u0435 \u0438 \u043d\u043e\u0432\u043e (O vello e o novo, 1929)<\/a>, nas que a montaxe de atracci\u00f3ns chega ao seu auxe. O cinema de Eisenstein \u00e9, sen d\u00fabida, o cinema m\u00e1is puramente revolucionario.&nbsp;<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/ff631bea3ebcf20e01bdb3f8572e9a05\/d3ca52974572144a-e5\/s500x750\/22c08063af2dc1681a3db42dbc6aa7fe95e35aba.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Mentres que Eisenstein e outros cineastas sovi\u00e9ticos -dos que xa falaremos chegado o momento- se adicaban \u00e1 ficci\u00f3n, houbo varias persoas que creron no x\u00e9nero documental como forma m\u00e1is pura do cinema. Antes de meternos nos movementos e nos manifestos, imos falar dunha cineasta quizabes menos co\u00f1ecida mais -como xa veremos a continuaci\u00f3n- tam\u00e9n podemos atribu\u00edrlle un dos <em>fitos<\/em>&nbsp;da historia do cinema.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Esfir_Shub\">Esfir Shub<\/a> nace en Surazh, Rusia, en 1894. Traballou no <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Goskino\">estudio Goskino<\/a> editando filmes estranxeiros, o que a fixo desenvolver un m\u00e9todo de montaxe propio que foi influencia para xente como Eisenstein ou Vertov. A Schub deb\u00e9moslle a creaci\u00f3n de todo un x\u00e9nero cinematogr\u00e1fico como \u00e9 o documental de arquivo ou <em>found footage <\/em>-metraxe atopado-<em>, <\/em>os filmes que se constr\u00faen a trav\u00e9s da montaxe de metraxe recopilado dende diversas fontes documentais, polo tanto&nbsp;\u201cprestado\u201d desas fontes e non filmado de novo -non se debe confundir co recurso de ficci\u00f3n que consiste en \u201cfalsificar\u201d o achado dunha metraxe como dispositivo narrativo que introduce o relato-.&nbsp;<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/816208ec9133cfc526edf60ee28186ee\/d3ca52974572144a-6b\/s500x750\/85818e52c5ead0e38dbbd2f42c8a913c6ab130a8.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>No documental&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0018246\/\">\u041f\u0430\u0434\u0435\u043d\u0438\u0435 \u0434\u0438\u043d\u0430\u0441\u0442\u0438\u0438 \u0420\u043e\u043c\u0430\u043d\u043e\u0432\u044b\u0445 (A ca\u00edda da dinast\u00eda Romanov, 1927)<\/a> alb\u00edscase a vontade de deixar ao metraxe falar por si s\u00f3, no canto de sometelo a cortes r\u00e1pidos e anal\u00edticos como nos traballos de Vertov, e esta quizabes \u00e9 a diferencia principal entre estas d\u00faas figuras centrais no desenvolvemento do formato documental. A clave do novo x\u00e9nero do documental de arquivo \u00e9 a resignificaci\u00f3n do metraxe a trav\u00e9s da montaxe, \u00e9 dicir, o afastarse da intenci\u00f3n orixinal co que foron captadas as imaxes para achegar novas interpretaci\u00f3ns a trav\u00e9s da s\u00faa uni\u00f3n con outras ideas visuais. Por po\u00f1er un exemplo -presente no v\u00eddeo introdutorio- mesturar os filmes dom\u00e9sticos da familia do tsar nos que os nobres rematan axados de bailar e festexar coas imaxes da clase proletaria a suar para sacar adiante o seu traballo e con iso sobrevivir, \u00e9 unha maneira de manifestar a existencia da loita de clase e da lexitimidade, polo tanto, da revoluci\u00f3n.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Mencionamos brevemente a Dziga Vertov, nado en 1896 como David Abelevich Kaufman na Polonia tam\u00e9n pertencente ao Imperio Ruso naquel ent\u00f3n. O esp\u00edrito de Vertov era verdadeiramente vangardista, e xunto ao colectivo do que tam\u00e9n formaban parte o seu irm\u00e1n Mikhail Kaufman e mais a s\u00faa muller Elisaveta Svilova <a href=\"https:\/\/monoskop.org\/images\/6\/66\/Vertov_Dziga_1922_1984_We_Variant_of_a_Manifesto.pdf\">creou en 1922 un manifesto, o \u201cN\u00f3s\u201d,<\/a> no que reivindicaba o desenvolvemento do <em><a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Cine-Ojo\">cinema-ollo<\/a><\/em> ou <em>Kino-oki <\/em>&#8211;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\">s\u00f3avos de algo?<\/a>&#8211; como unha maneira de filmar a verdade sen intervenci\u00f3n nin artificio. Tempo antes, traballara para o <em>Kino-Nedelya<\/em>, o noticiario audiovisual sovi\u00e9tico, onde co\u00f1eceu a Svilova. Posteriormente crear\u00edan o noticiario <em><a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Kino-Pravda\">Kino-Pravda<\/a>, <\/em>que se pode traducir como cinema-verdade e que ti\u00f1a como obxectivo o de captar a realidade tal e como era, coa maior obxectividade posible, para o que utilizaban t\u00e9cnicas como a c\u00e1mara oculta. Esta corrente foi a base sobre a que os cineastas franceses corenta anos m\u00e1is tarde crearon o <em><a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Cin%C3%A9ma_v%C3%A9rit%C3%A9\">cin\u00e9ma-v\u00e9rit\u00e9<\/a>, <\/em>sobre o que xa haber\u00e1 ocasi\u00f3n de falar, mais que se trata dun dos movementos cinematogr\u00e1ficos de documental m\u00e1is importantes da historia.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/475e5e94b86a5eb903608bec0156c836\/d3ca52974572144a-e0\/s500x750\/7916ccbae884a46836f19131c8631d67b03083e4.jpg\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Segundo a filosof\u00eda do <em>Kino-oki<\/em>, Unicamente se permit\u00eda a intervenci\u00f3n na montaxe, cuxa excelencia tam\u00e9n marcou a obra de Vertov en filmes marabillosos como&nbsp; <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0019760\/\">\u0427\u0435\u043b\u043e\u0432\u0435\u043a \u0441 \u043a\u0438\u043d\u043e\u0430\u043f\u043f\u0430\u0440\u0430\u0442\u043e\u043c (O home da c\u00e1mara, 1929)<\/a>. No que, por certo, aparecen en pantalla tam\u00e9n, ademais de Esfir Shub e mais o irm\u00e1n de Vertov, Kaufman -\u00e9 o home da c\u00e1mara, precisamente-, a nosa seguinte cineasta: <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Yelizaveta_Svilova\">Elisaveta Svilova<\/a>.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Non se pode entender a influencia de Vertov sen co\u00f1ecer a Svilova, a pioneira da montaxe e, precisamente, a montadora do documental \u0427\u0435\u043b\u043e\u0432\u0435\u043a \u0441 \u043a\u0438\u043d\u043e\u0430\u043f\u043f\u0430\u0440\u0430\u0442\u043e\u043c. \u00c9 seu o m\u00e9rito do ritmo fren\u00e9tico do filme e a agudeza \u00e1 hora de enfrontar ideas a trav\u00e9s das s\u00faas imaxes. Tam\u00e9n a achega de recursos como a dobre exposici\u00f3n. Svilova, Kaufman e Vertov quer\u00edan anunciar, co seu manifesto e o seu traballo materializado en filmes como O home da c\u00e1mara, a morte do cinema tal e como se co\u00f1ec\u00eda, o cinema como s\u00edntese das artes literarias e teatrais, en favor dun cinema novo que, por suposto, ti\u00f1a que ter a montaxe -a caracter\u00edstica diferenciadora do arte cinematogr\u00e1fico- como base fundamental.&nbsp;<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/a8160903c9686b11457977f44c5b35a8\/d3ca52974572144a-a4\/s500x750\/efe32e3ed34e91483aeccc38839f3cfefa65e339.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Svilova fixo carreira tam\u00e9n f\u00f3ra do colectivo. Ademais de participar en noticiarios durante a Segunda Guerra Mundial, da que foi unha de tantos cronistas, \u00e9 s\u00faa a filmaci\u00f3n da liberaci\u00f3n do <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Auschwitz\">campo de concentraci\u00f3n de Auschwitz<\/a>&nbsp;por parte do Ex\u00e9rcito Vermello, e tam\u00e9n documentou os xu\u00edzos de Nuremberg.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Todo o xenio experimental da cinematograf\u00eda sovi\u00e9tica dos anos vinte perdeu alento coa chegada do movemento do realismo socialista, promovido polas mesmas instituci\u00f3ns que no seu momento impulsaran as carreiras destes cineastas. Por\u00e9n, fica para a posteridade que o cinema que co\u00f1ecemos non ser\u00eda o mesmo sen a aportaci\u00f3n destas mulleres e homes que tiveron a oportunidade de crear e desenvolver a s\u00faa propia revoluci\u00f3n cinematogr\u00e1fica.&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Houbo \u00e9pocas e lugares que foron o caldo de cultivo ideal para as persoas que quixeron coller o cinemat\u00f3grafo e explotar as s\u00faas posibilidades at\u00e9 os seus l\u00edmites, innovando, no proceso, a t\u00e9cnica e a narrativa cinematogr\u00e1fica para aportar ao que hoxe co\u00f1ecemos como cinema. Os anos vinte do s\u00e9culo pasado foron anos de vangarda [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":860,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[15],"tags":[8,206,205,204,202,203,201],"class_list":["post-670","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-kc-cineastas","tag-cinema","tag-dziga-vertov","tag-elisaveta-svilova","tag-esfir-schub","tag-montaxe","tag-serguei-m-eisenstein","tag-urss"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/670","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=670"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/670\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":951,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/670\/revisions\/951"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/860"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=670"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=670"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=670"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}