{"id":592,"date":"2023-10-03T09:00:00","date_gmt":"2023-10-03T07:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=592"},"modified":"2023-12-18T09:41:44","modified_gmt":"2023-12-18T08:41:44","slug":"in-vespa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2023\/10\/03\/in-vespa\/","title":{"rendered":"In Vespa"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>Saio dunha das \u00faltimas sesi\u00f3ns de cinema \u00e1s que tiven o pracer de ir. En Numax, Compostela. Te\u00f1o un sorriso inperturb\u00e1bel, o coraz\u00f3n a baterme f\u00f3ra do peito. Que bo filme, que bo corpo me deixou! Trat\u00e1base do \u00faltimo filme de Nanni Moretti, <a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt16731908\/\"><em>Il sol dell&#8217;avvenire<\/em><\/a>, deste mesmo ano. Sub\u00edn \u00e1 mi\u00f1a Vespa, que deixara aparcada preto da sala, e volv\u00edn para a casa coa m\u00fasica festiva que acompa\u00f1aba aos cr\u00e9ditos na mi\u00f1a cabeza. Movendo a cabeza dun lado a outro, bailarina, alegre. Feliz.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 53 - In vespa\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/aw7r7QxGF2U?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Fun rumiando na grande -e grata- influenza que tivo na mi\u00f1a persoa Nanni Moretti e o visionado do seu filme m\u00e1is sonado, <em><a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0109382\/\">Caro diario<\/a><\/em><a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0109382\/\"> (1993),<\/a> en primeiro ou segundo de carreira de audiovisuais. Decateime de que non era casualidade o que, despois de moitos anos de usar bus, coche e tren como transporte prioritario, me decidira a coller unha moto. Unha Vespa, por suposto\u2026 non, en realidade non \u00e9 unha Vespa, sen\u00f3n unha imitaci\u00f3n en versi\u00f3n el\u00e9ctrica. Pero ten <em>as vibes<\/em> dunha Vespa, indubidablemente, pois iso foi o que me engaiolou dela: eu quixen ser como Nanni Moretti e percorrer a Roma popular sobre d\u00faas rodas, preguntando as mi\u00f1as ocorrencias aos transeuntes, transformando a realidade ao meu paso e coa banda sonora latendo no coraz\u00f3n.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/aeffa7adbde4f112b7a11c57235836b4\/3c934543ffc4b3c5-76\/s640x960\/3346faa48e4390c7792e60a94b47fa2fb196da41.png\" alt=\"\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>A Vespa \u00e9 todo un s\u00edmbolo, unha icona, a representaci\u00f3n dun estilo de vida e dun caracter nacional. Ou tr\u00e1tase dun estereotipo m\u00e1is de Italia, como a pasta ou o caracter\u00edstico xesto de pechar os dedos e axitar a man? A\u00ednda que o consideraramos un clich\u00e9, a xente en Italia ac\u00e9ptao e presume del orgullosa; est\u00e1 presente ao longo de toda a historia do seu cinema, dende a posguerra at\u00e9 a actualidade. Mais eu dar\u00edalle a consideraci\u00f3n de s\u00edmbolo, en tanto que est\u00e1 ligado \u00e1 historia do pobo Italiano e \u00e1 s\u00faa clase obreira, espec\u00edficamente, a\u00ednda que nalg\u00fan contexto a Vespa poda tratarse dun obxecto de <em>glamour<\/em>.<\/p>\n\n\n\n<p>Situ\u00e1monos no contexto do final do conflito armado que trazou o destino de Europa: a Segunda Guerra Mundial. Italia, como reflicte o seu movemento neorrealista en boca de directores como <a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Roberto_Rossellini\">Rossellini<\/a> ou <a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Vittorio_De_Sica\">De Sica<\/a>, \u00e9 un pa\u00eds feito anacos despois dunha cruel ditadura fascista e a invasi\u00f3n dunha potencia estranxeira. Europa, en xeral, sofre as consecuencias dunha guerra devastadora para todos os aspectos dunha sociedade, inclu\u00eddo o econ\u00f3mico. Xorde ent\u00f3n a necesidade de dotar \u00e1 poboaci\u00f3n de medios de locomoci\u00f3n asequibles que axuden a activar a econom\u00eda, e propostas como o <a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Volkswagen_Escaravello\">Escaravello de Volkswagen<\/a>, alem\u00e1n\u2026 ou a Vespa de Piaggio, italiana.<\/p>\n\n\n\n<p>A Vespa, dese\u00f1ada por un enxe\u00f1eiro aeron\u00e1utico -aqu\u00ed o por que do seu particular aspecto- converteuse no veh\u00edculo da clase obreira, do pobo currante. Tivo que chegar o William Wyler dende os EUA para romantizar este veh\u00edculo e darlle unha aura de glamour, ampliando o seu significado, grazas ao seu filme <em><a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0046250\/\">Roman holiday (1953)<\/a><\/em>. No filme, unha magn\u00edfica Audrey Hepburn fai de princesa de inc\u00f3gnito que quere probar por un d\u00eda as vantaxes de ser unha plebea; o xornalista Gregory Peck l\u00e9vaa en Vespa polas r\u00faas de Roma, desfrutando dun pracer que daquela era tipicamente obreiro.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/384c82544bf60de09eceba9d9b35bdf6\/3c934543ffc4b3c5-c0\/s640x960\/49bc0fa8bdd6fd94fa40b7ae86d758e87aed4ffc.png\" alt=\"\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Roma! A cidade das Vespas -a\u00ednda que, na experiencia da que escribe, hai Vespas por todas as cidades italianas-, do T\u00e9vere, do Coliseo, do <em>gelato,<\/em> do sol dourado, dos barrios, do lecer despreocupado e do rebumbio coti\u00e1. Todo isto est\u00e1 presente en Roman holiday, pero tam\u00e9n en Caro diario. Quizabes co risco de caer na <em>autoexotizaci\u00f3n<\/em>, no mirar, como pobo, o propio con ollos alleos. Toda resignificaci\u00f3n ten os seus riscos!<\/p>\n\n\n\n<p>A Vespa tam\u00e9n ten a capacidade de transformarse, de traspasar fronteiras e adaptarse a novos ecosistemas; no UK dos anos 60 e 70 foi a moto dos <em>mods<\/em> como os de <a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0079766\/\">Quadrophenia (Frank Roddam, 1979)<\/a>. Simbolizou a rebeld\u00eda, a liberdade, a xuventude, o <em>angst<\/em> dunha <a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/youtu.be\/_5WJWfOoi-k\"><em>g-g-generation<\/em><\/a>. Tam\u00e9n chegou aos EUA, como elemento ex\u00f3tico e glamuroso, directamente influ\u00eddo polo filme de Wyler e Hepburn. Houbo quen lle engadiu un <em><a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Sidecar\">sidecar<\/a><\/em>, houbo quen a convertiu nun <a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Piaggio_Ape\"><em>motocarro<\/em><\/a>\u2026<\/p>\n\n\n\n<p>H\u00f3uboas de todas as cores e de todas as \u00e9pocas; pero c\u00f3ntovos un segredo: escollede unha ben chamativa para que te\u00f1a un extra de significado narrativo no voso filme. Como elemento de atrezzo, caracteriza a unha personaxe, \u00e1 persoa condutora, con toda a carga sem\u00e1ntica e est\u00e9tica que vi\u00f1emos describindo -xuventude, clase obreira, liberdade, lecer, despreocupaci\u00f3n-. Serve para moitas cousas, entre elas tam\u00e9n facer destacar \u00e1 personaxe sobre as demais cunha elecci\u00f3n particular de transporte. Nanni Moretti \u00e9 Nanni Moretti en Vespa; Jimmy \u00e9 Jimmy en Vespa; Teodoro e seu pai son Teodoro e seu pai na Vespa con sidecar.<\/p>\n\n\n\n<p>Como calquera veh\u00edculo nun filme, a Vespa <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2020\/12\/15\/tren-e-cinema\/\" data-type=\"post\" data-id=\"87\">traslada \u00e1s personaxes dunha localizaci\u00f3n a outra<\/a>; mais non se limita a esa funci\u00f3n pr\u00e1ctica. Como calquera outro arquetipo, constr\u00faese ao longo da historia, levando de equipaxe unha manchea de significados.<\/p>\n\n\n\n<p>Iso si, sede como o amigo Nanni -e non como Audrey- e lev\u00e1deme casco!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Saio dunha das \u00faltimas sesi\u00f3ns de cinema \u00e1s que tiven o pracer de ir. En Numax, Compostela. Te\u00f1o un sorriso inperturb\u00e1bel, o coraz\u00f3n a baterme f\u00f3ra do peito. Que bo filme, que bo corpo me deixou! Trat\u00e1base do \u00faltimo filme de Nanni Moretti, Il sol dell&#8217;avvenire, deste mesmo ano. Sub\u00edn \u00e1 mi\u00f1a Vespa, que deixara [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":842,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[228,8,187,186,185],"class_list":["post-592","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-caracterizacion","tag-cinema","tag-transporte","tag-vehiculo","tag-vespa"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/592","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=592"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/592\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":936,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/592\/revisions\/936"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/842"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=592"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=592"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=592"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}