{"id":590,"date":"2023-09-19T08:59:00","date_gmt":"2023-09-19T06:59:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=590"},"modified":"2023-12-18T09:41:08","modified_gmt":"2023-12-18T08:41:08","slug":"aaaaah","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2023\/09\/19\/aaaaah\/","title":{"rendered":"Aaaaah!"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>Aaaaah! Uaaaa!! Xa o soltei. E que liberador resulta botar un berro de cando en cando! \u00c9 outra <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/09\/27\/a-froita-prohibida\/\" data-type=\"post\" data-id=\"534\">desas acci\u00f3ns humanas naturais<\/a> -de feito, non somos os \u00fanicos animais que o fan- que ao plasmarse na gran pantalla desenvolven todo o seu potencial sem\u00e1ntico e dram\u00e1tico.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 52 - Aaaaah!\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/45QXYs57R4M?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Ousar\u00eda dicir que o berro, como concepto, acadou o seu maior potencial dram\u00e1tico no cinema, pois \u00e9 o seu contexto ideal. O berro \u00e9 son, pero tam\u00e9n expresi\u00f3n visual. Son ondas sonoras, pero tam\u00e9n \u00e9 unha face estarricada de maneira grotesca, os ollos como pratos e a boca aberta at\u00e9 vernos a gorxa. At\u00e9 o punto que, un berro cinematogr\u00e1fico pode ser m\u00e1is intenso cando \u00e9 mudo, como un dos berros m\u00e1is ic\u00f3nicos da historia do cinema, o de Michael Corleone no final da trilox\u00eda de <a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0099674\/\">The Godfather (Part III, Francis Ford Coppola, 1990)<\/a>. \u00c9 como se, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2023\/01\/01\/unha-boneca-abandonada\/\" data-type=\"post\" data-id=\"551\">ao negarnos o est\u00edmulo sonoro, recre\u00e1ramos na nosa cabeza<\/a>, subxectivamente, o m\u00e1is desgarrador dos berros.<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c9 probable que cando lestes o t\u00edtulo deste artigo pensarades primeiro nalg\u00fan filme de terror. E pode que ese filme formara parte, ou non, da escolma audiovisual que acompa\u00f1a a estas palabras; pois na mi\u00f1a selecci\u00f3n tentei abarcar unha chea de contextos e x\u00e9neros narrativos que non se circunscriben ao m\u00e1is evidente. Mais \u00e9 inevitable: o berro producido canda o sobresalto \u00e9 un dos piares fundamentais do cinema de terror. Tam\u00e9n no <em>thriller<\/em>, no <em>slasher, <\/em>no <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2023\/07\/14\/un-coitelo-sobre-veludo-amarelo-os-arquetipos-do-giallo\/\" data-type=\"post\" data-id=\"212\"><em>giallo<\/em><\/a> e nos filmes de suspense en xeral. Chamamos <em>scream queens<\/em> \u00e1s actrices especializadas no terror, e admiramos a s\u00faa habilidade \u00e1 hora de soltar berros agudos e esgazados diante do asasino ou monstro que toca en cada ocasi\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Mais o susto non \u00e9 a unica situaci\u00f3n na que ceibamos a nosa voz a gran volume; hai berros de desesperaci\u00f3n, moi propios dos x\u00e9neros de drama, berros que suplican, berros de autoridade, berros con nome de muller (<em>Stella! Elaine!<\/em>), discusi\u00f3n que acaban a berros ou berros que ceiban o \u00faltimo alento dunha personaxe que sofre un ataque, unha doenza ou unha gran pena.<\/p>\n\n\n\n<p>Na \u00e9pica tam\u00e9n atopamos heroes -e en menor medida, hero\u00ednas- que botan berros de batalla antes ou durante dos conflitos armados, que demandan terra, liberdade -este \u00e9 un dos favoritos-, honor ou xustiza. Asem\u00e9llanse \u00e1s consignas berradas<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/05\/04\/a-clase-obreira\/\" data-type=\"post\" data-id=\"452\"> nas manifestaci\u00f3ns<\/a>, representaci\u00f3n inequ\u00edvoca dunha reivindicaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/ce306a2c92861e0ed55544ff74d481ed\/a7b22c73def23091-be\/s640x960\/8ae2877fe8d073c29dfe96d91eb6e26b7c54c7c5.jpg\" alt=\"\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>E, por que non, hai berros liberadores, como o que abreu este episodio, que xurden dunha arroutada irracional que nos insta a berrar, chorar, bailar ou <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2023\/04\/11\/esmendrellarse-coa-risa\/\" data-type=\"post\" data-id=\"565\">rir<\/a> para ceibarnos das nosas preocupaci\u00f3ns. Estes son, persoalmente, dos meus favoritos. Hai un impulso dentro de n\u00f3s que quere ser molesto, ruidoso, vibrar as cordas vocais, ocupar o espazo e o espectro sonoro e visual para expresarse, como os lobos a ouvear \u00e1 l\u00faa ou os estorni\u00f1os a voar dando voltas sen rumbo.<\/p>\n\n\n\n<p>Se esta bit\u00e1cora fose escrita en lingua inglesa, ter\u00eda que facer unha distinci\u00f3n e quizabes dividir esta reflexi\u00f3n en dous episodios, pois non \u00e9 o mesmo <em>scream<\/em> -que denota un berro menos articulado, m\u00e1is propio dun sobresalto ou dunha expresi\u00f3n de dor- que <em>yell<\/em> -a acci\u00f3n de expresar unha mensaxe articulada a grande volume, m\u00e1is propia da expresi\u00f3n irada-. Ou incluso <em>shout<\/em> -dicir algo en voz alta, sen dixirirte especificamente a ningu\u00e9n e sen ser necesariamente irado nin despectivo-. Por\u00e9n, para o caso, todos estes exemplos te\u00f1en cousas en com\u00fan: son maneiras de expresarse, son intensas -esta palabra \u00e9 clave- e sonoras.<\/p>\n\n\n\n<p>Cecais not\u00e1stedes xa un sesgo entre os exemplos de arquetipos que fan uso do berro no cinema que citei antes, pois na pantalla, cando berran, as mulleres son a mi\u00fado v\u00edtimas, son obxectos dunha acci\u00f3n -falamos do terror e do suspense- e podemos relacionalas coa verba <em>scream<\/em>. Por\u00e9n, os homes son suxeito, usan o berro como agresi\u00f3n, como ataque, para dar fundamento \u00e1 s\u00faa masculinidade e expresar a o seu dominio da situaci\u00f3n. Os estereotipos de x\u00e9nero, por suposto, te\u00f1en influenza nos arquetipos cinematogr\u00e1ficos. Recordo agora unha tendencia que houbo nas redes sociais de facer <a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Supercut\"><em>supercuts<\/em><\/a> de actores -masculinos e brancos, na s\u00faa maior parte- representando escenas de grande intensidade nas que as s\u00faas personaxes perd\u00edan os papeis e berraban ou discut\u00edan con ferocidade, pregoando canda aqueles v\u00eddeos a mensaxe \u201c<a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/x.com\/Mobia_Strip\/status\/1527691336215846916?s=20\">isto si \u00e9 actuar!\u201d.<\/a> Claro que \u00e9 actuar; e tam\u00e9n o \u00e9 unha ollada, un xesto case imperceptible ou un aloumi\u00f1o entre d\u00faas personaxes.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/7404e6bd69a4a24f6f8fb9b815837bf8\/a7b22c73def23091-46\/s640x960\/1c0ef80f77d9dd9b0346bea279d3dd8c25be039e.jpg\" alt=\"\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>A clave, como diciamos, est\u00e1 na intensidade. O berro sempre denota intensidade, aporta dramatismo a unha escena, l\u00e9vaa a outro nivel. Por iso, nun tempo no que o cinema era doutra maneira, quizabes m\u00e1is sutil, os berros reserv\u00e1banse para os momentos clim\u00e1ticos; tam\u00e9n se reservaban os primeiros planos ou determinados movementos de c\u00e1mara. Dun tempo a esta parte, calquera destes recursos est\u00e1 m\u00e1is presente e m\u00e1is a mi\u00fado, sobre todo en x\u00e9neros relacionados coa acci\u00f3n, <em>thrillers<\/em> e \u00e9pica. O m\u00edtico <a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Berro_Wilhelm\"><em>Wilhelm Scream<\/em><\/a>, o berro m\u00e1is famoso do cinema, omnipresente nos \u00faltimos tempos, \u00e9 un pequeno indicativo da situaci\u00f3n. Quizabes \u00e9 o momento de respirar, reflexionar e reformular o estado da arte cinematogr\u00e1fica.<\/p>\n\n\n\n<p>Ou non, cecais \u00e9 o momento de escapar debaixo das v\u00edas do tren, tomar alento e ceibar un grande berro liberador, que nos deixe cansados e satisfeitos.<\/p>\n\n\n\n<p>D\u00e9ixovolo \u00e1 vosa elecci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Aaaaah! Uaaaa!! Xa o soltei. E que liberador resulta botar un berro de cando en cando! \u00c9 outra desas acci\u00f3ns humanas naturais -de feito, non somos os \u00fanicos animais que o fan- que ao plasmarse na gran pantalla desenvolven todo o seu potencial sem\u00e1ntico e dram\u00e1tico. Ousar\u00eda dicir que o berro, como concepto, acadou o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":847,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[216,8,41,157,42],"class_list":["post-590","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-accions","tag-cinema","tag-medo","tag-son","tag-terror"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/590","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=590"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/590\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":939,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/590\/revisions\/939"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/847"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=590"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=590"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=590"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}