{"id":579,"date":"2023-05-23T08:53:00","date_gmt":"2023-05-23T06:53:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=579"},"modified":"2023-12-18T09:39:52","modified_gmt":"2023-12-18T08:39:52","slug":"quen-foi","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2023\/05\/23\/quen-foi\/","title":{"rendered":"Quen foi?"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>Cando acometo a escrita desta bit\u00e1cora quincenal, preparo as luvas, collo o bistur\u00ed e p\u00f3\u00f1ome a diseccionar con coidado o arquetipo que nos ocupa en cada episodio. Busco na escena do crime as probas da s\u00faa existencia -para demostrar que non \u00e9 invenci\u00f3n mi\u00f1a-, analizo o corpo do delito para determinar as s\u00faas causas e consecuencias e repaso a literatura anterior sobre o suxeito para facerme con antecedentes que me axuden a explicar as s\u00faas motivaci\u00f3ns. Ben tra\u00edda, esta met\u00e1fora pode achegar literariamente o meu m\u00e9todo anal\u00edtico ao que ven sendo unha investigaci\u00f3n policial.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep.  49 - Quen foi?\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/l4GhSxSGGgo?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>O cinema precisa de conflitos para nutrir as s\u00faas narrativas e, por raz\u00f3ns evidentes, o amor e a morte son cecais os grandes temas dos que extraer ditos conflitos. Cando ocorre unha morte violenta na pantalla, en segundo que x\u00e9neros, a continuaci\u00f3n pode acontecer -e \u00e9 moi habitual que o faga- unha investigaci\u00f3n. As forzas e os corpos policiais po\u00f1en en marcha un proceso, unha cadea de procedementos polos cales se busca un resultado: un culpable. \u201cQuen foi?\u201d E a\u00ednda poder\u00eda dicir m\u00e1is &#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Hern%C3%A1ndez_e_Fern%C3%A1ndez\">parafraseando a certos polic\u00edas da ficci\u00f3n<\/a>-: \u201cpor que ocorreu?\u201d. Cando escoitamos unha historia de crimes, \u00e9 m\u00e1is interesante incluso descubrir o m\u00f3bil do crime que o culpable. Detras dun m\u00f3bil hai sempre unha historia oculta que temos ga\u00f1as de co\u00f1ecer, que nos atrae, que adoita ser m\u00e1is intensa e profunda que a propia historia da investigaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/30f39d4f1a5da071b8ba19e31979be3a\/0fd7808ca27ee99b-64\/s640x960\/1a143cc15aeea44deb003a45e4a03c46ed14a79c.png\" alt=\"\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Iso si, hai que aclarar que a representaci\u00f3n destes procesos no cinema non adoita seguir as pautas do realismo. Hai de seguro podcasts, canles e programas adicados a desmentir os mitos da investigaci\u00f3n policial nos medios de comunicaci\u00f3n, concretamente na ficci\u00f3n, e \u00ednstovos a que procuredes informaci\u00f3n pola vosa banda. N\u00f3s non imos afondar.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/2b1983458e74151fafaef50ac8533d0d\/0fd7808ca27ee99b-ba\/s640x960\/26e5c210c137fc796b075c232256d7f3afe8f4d0.png\" alt=\"\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>O que podemos asegurar \u00e9 que unha boa historia precisa \u00e1s veces desmarcarse do cami\u00f1o do realismo. Ocorre que \u00e1s veces un corpo policial non \u00e9 a personaxe m\u00e1is interesante para seguir a trav\u00e9s dunha historia, as\u00ed que a investigaci\u00f3n levar\u00e1a a cabo un detective privado -esa figura que inventou realmente <a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Arthur_Conan_Doyle\">Arthur Conan Doyle<\/a> cando creou ao inmortal <a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Sherlock_Holmes\">Sherlock Holmes<\/a>&#8211; con m\u00e9todos pouco ortodoxos e grandes dotes dedutivas ou, por exemplo, unha personaxe protagonista que se ve na necesidade de emprender a investigaci\u00f3n pola s\u00faa banda debido \u00e1 ineptitude das instituci\u00f3ns que se supo\u00f1en encargadas de velar pola seguridade do cidad\u00e1n -o que se me antolla realista, por que non negalo, en certos casos. Entre os motivos que poden levar a un ou unha amateur a emprender a investigaci\u00f3n dun crime pola s\u00faa banda oc\u00f3rrenseme:<br>a) A personaxe \u00e9 acusada do crime e quere limpar o seu nome, como en moitos gui\u00f3ns dirixidos por <a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Alfred_Hitchcock\">Alfred Hitchcock<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<p>b) A personaxe asasinada \u00e9 un ser querido da personaxe que decide investigar.<\/p>\n\n\n\n<p>c) Hai motivos pol\u00edticos que converten \u00e1s forzas policiais en inimigos, que os corrompen ou os impiden traballar con normalidade.<\/p>\n\n\n\n<p>d) A personaxe ten como hobby o <a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/True_crime\"><em>true crime<\/em><\/a><a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/True_crime\"> <\/a>e ilusi\u00f3nalle formar parte dun caso.<\/p>\n\n\n\n<p>e) A personaxe que investiga <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/09\/07\/extra-extra\/\" data-type=\"post\" data-id=\"473\">\u00e9 xornalista.<\/a> Sempre se meten at\u00e9 fondo da cuesti\u00f3n!<\/p>\n\n\n\n<p>Por suposto, nunha historia poden ter cabida moitas delas a un tempo. Tam\u00e9n te\u00f1en cabida unha serie de clich\u00e9s e motivos visuais que son com\u00fans a este tipo de tramas: o encontro fortu\u00edto da v\u00edtima, o levantamento do cad\u00e1ver, a investigaci\u00f3n da escena do crime, a autopsia na morgue, os interrogatorios a posibles persoas sospeitosas -en ocasi\u00f3ns, rodas de reco\u00f1ecemento con \u201csospeitosos habituais\u201d-,<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/26\/correde-insensatos\/\" data-type=\"post\" data-id=\"410\"> carreiras detr\u00e1s de persoas que te\u00f1en algo que ocultar<\/a>, falsas pistas e, por suposto, o cl\u00edmax no que se descubre \u00e1 persoa culpable do crime.<\/p>\n\n\n\n<p>A presenza ou as distintas presentaci\u00f3ns posibles destes motivos ve\u00f1en dado tam\u00e9n polo x\u00e9nero onde se enmarcan. <a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Novela_policial\">Na novela policial do s\u00e9culo XIX<\/a>, baixo a tradici\u00f3n do <a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/C._Auguste_Dupin\">Auguste Dupin<\/a> de <a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Edgar_Allan_Poe\">Edgar Allan Poe<\/a>, o Holmes de Doyle ou o <a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/H%C3%A9rcules_Poirot\">Poirot<\/a> de <a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Agatha_Christie\">Agatha Christie<\/a>. \u00c9 esta \u00faltima autora a que converte o <a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Whodunit\"><em>whodunit<\/em><\/a> na marca da casa, tendo unha grande influenza na literatura e cinema posterior. <em>Whodunit<\/em> non \u00e9 m\u00e1is que unha sorte de abreviatura de \u201cWho\u2019s done it?\u201d, \u00e9 dicir, \u201cquen o fixo?\u201d. Propio do x\u00e9nero <em>whodunit<\/em> \u00e9 o presentar un cartel cheo de personaxes variopintas con diferentes coartadas e motivaci\u00f3ns; e deixar que o investigador ou a investigadora re\u00fana a todas elas, unha vez deducido o que aconteceu na noite de autos, para facer a derradeira revelaci\u00f3n p\u00fablicamente. Christie tam\u00e9n ten o m\u00e9rito de colocar no papel de investigadora a personaxes moi lonxe do standard de Dupin ou Holmes, con protagonistas \u00fanicos no x\u00e9nero como Poirot -unha figura pouco heroica- ou <a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Miss_Marple\">Miss Marple<\/a> -unha muller-.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/174f11129c87664c86a3b93734356b45\/0fd7808ca27ee99b-73\/s640x960\/83b5aec786a73cf8066a9c23f18703727fb4f9f4.jpg\" alt=\"\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Seguindo o f\u00edo anterior, e como mencionamos antes, con Holmes xorde o detective privado ou <em>private eye<\/em>, figura que coller\u00e1n a novela e o cinema <em>noir<\/em> e o convertir\u00e1n no detective <a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Hardboiled\"><em>hardboiled<\/em><\/a>, que xa non \u00e9 tan listo nin serio, pero \u00e9 duro de pelar, inquedo e eficaz. Como o <a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Philip_Marlowe\">Philip Marlowe<\/a> de <a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Raymond_Chandler\">Raymond Chandler<\/a>, un tipo taciturno e con moitos conflitos internos, pero que sempre chegar\u00e1 at\u00e9 a fin da investigaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>M\u00e1is tarde, no <a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Suspense\"><em>thriller <\/em><\/a>\u00e1 maneira de Alfred Hitchcock, a investigaci\u00f3n materializarase no navegar entre coartadas, espellos e trucos, como en <a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0052357\/\"><em>Vertigo<\/em> (1958)<\/a> ou en<a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0040746\/\"> <\/a><em><a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0040746\/\">Rope <\/a><\/em><a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0040746\/\">(1948)<\/a>, para desvelar como -m\u00e1is que \u201cpor que\u201d- fixo a persoa asasina para crear o <em>crime perfecto.<\/em> E mostrar, por suposto, as s\u00faas <em>imperfecci\u00f3ns<\/em>.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/c93d518416ce6a9a28bc9cf61fc16fe9\/0fd7808ca27ee99b-da\/s640x960\/8ae79bf38d77bb006dc4fb9256cc6430a4713cad.jpg\" alt=\"\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Directo en li\u00f1a dende Agatha Christie e o <em>thriller<\/em> hitchcockiano, aparece nos 70 o x\u00e9nero do <a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Giallo\"><em>giallo<\/em><\/a><a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2023\/07\/14\/un-coitelo-sobre-veludo-amarelo-os-arquetipos-do-giallo\/\" data-type=\"post\" data-id=\"212\"> italiano<\/a>, no que afondaremos m\u00e1is adiante, pero que conta coa investigaci\u00f3n dun crime por parte dunha persoa amateur no centro da s\u00faa trama, por definici\u00f3n. Como particularidade, aqu\u00ed o \u201cquen foi?\u201d \u00e9 m\u00e1is ben \u201cquen est\u00e1 a ser?\u201d pois falamos sempre dunha asasina ou asasino en serie, que segue a matar; o que aporta a\u00ednda m\u00e1is tensi\u00f3n \u00e1 trama, porque a investigaci\u00f3n conv\u00e9rtese nunha carreira contrarreloxo, nunha cuesti\u00f3n de vida e morte.<\/p>\n\n\n\n<p>As modernas series polic\u00edacas son denominadas <a href=\"https:\/\/href.li\/?https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Copaganda\"><em>copaganda<\/em><\/a> polos c\u00edrculos m\u00e1is cr\u00edticos, para sinalar a tendencia destes produtos audiovisuais de emitir mensaxes de marcado car\u00e1cter antidemocr\u00e1tico, a prol das cadenas perpetuas e das penas de morte e incluso excusando o abuso policial contra as persoas sospeitosas \u201cporque sen os m\u00e9todos pouco ortodoxos non teriamos pillado ao culpable\u201d. Todas estas series siguen rigorosamente o esquema: encontro do cad\u00e1ver, escena do crime, autopsia, interrogatorios, falsa pista, novo interrogatorio, detenci\u00f3n -e \u00e1s veces proceso xudicial-.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/028d838b8aa359a50e67e58a32d1ab06\/0fd7808ca27ee99b-83\/s640x960\/09f54059c37eb411879ed2a10ceb86ab6b30f3d2.png\" alt=\"\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Quen o fixo? Quen foi? Por que? Todas estas preguntas disparan conflitos que, na s\u00faa resoluci\u00f3n, conforman historias. E a linguaxe cinematogr\u00e1fica iranos dando pistas para que investiguemos n\u00f3s, \u00e1s veces lev\u00e1ndonos por cami\u00f1os errados, pero sempre atrap\u00e1ndonos como nunha tea de ara\u00f1a.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cando acometo a escrita desta bit\u00e1cora quincenal, preparo as luvas, collo o bistur\u00ed e p\u00f3\u00f1ome a diseccionar con coidado o arquetipo que nos ocupa en cada episodio. Busco na escena do crime as probas da s\u00faa existencia -para demostrar que non \u00e9 invenci\u00f3n mi\u00f1a-, analizo o corpo do delito para determinar as s\u00faas causas e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":853,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[216,8,183,184,29,218],"class_list":["post-579","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-accions","tag-cinema","tag-crime","tag-investigacion","tag-noir","tag-tramas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/579","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=579"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/579\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":943,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/579\/revisions\/943"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/853"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=579"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=579"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=579"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}