{"id":563,"date":"2023-03-28T23:22:00","date_gmt":"2023-03-28T21:22:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=563"},"modified":"2023-12-18T09:39:06","modified_gmt":"2023-12-18T08:39:06","slug":"unha-rosa-e-unha-rosa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2023\/03\/28\/unha-rosa-e-unha-rosa\/","title":{"rendered":"Unha rosa \u00e9 unha rosa"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>A primavera chega a Kinocube e xa comezamos a arrecender o cheiro das violetas, dos chuchameles e das chorimas. Quizabes nunha \u00e9poca como a nosa, na que as cores e a xeometr\u00eda aparecen en gran parte asociadas aos eidos da cultura dixital, da videocreaci\u00f3n, do&nbsp;<em>gif<\/em>, da publicidade, etc., restemos un chisco de importancia \u00e1s flores que crecen nos outeiros e nos parques do car\u00f3n das nosas casas.&nbsp;<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 46 - Unha rosa \u00e9 unha rosa\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/eGnGJ6OrcHY?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>No s\u00e9culo XIX, por\u00e9n, as flores ti\u00f1an unha maior importancia. Serv\u00edan como inspiraci\u00f3n para elementos decorativos, mobles, cadros; tam\u00e9n engalanaban tecidos para roupa -e non restrinxida ao x\u00e9nero feminino, ollo- e elementos tapizados, entre outras cousas. Existiu incluso unha moda de asignar significados concretos a cada tipo de flor, creando mensaxes complexos en cada ramo segundo as especies que o conformaban. Non poder\u00eda asegurar que a xente na realidade se mandaba mensaxes regalando flores, pero<a href=\"https:\/\/artsandculture.google.com\/story\/DQXBY7DfLX9RIg\">&nbsp;\u00e9 certo que dende 1819 en diante escrib\u00edronse libros fermosamente ilustrados<\/a>&nbsp;sobre a materia.&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/06\/29\/ring-ring\/\" data-type=\"post\" data-id=\"463\">Mira que d\u00e1 que falar este s\u00e9culo!<\/a>&nbsp;A\u00ednda que \u00e9 certo que certas plantas, vexetais e flores xa ti\u00f1an a s\u00faa relevancia para contos populares como A Bela e a Besta,&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0038348\/\">adaptado ao cinema por Jean Cocteau en 1946<\/a>. E non, non \u00e9 exactamente igual que&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0101414\/?ref_=nv_sr_srsg_7\">a versi\u00f3n de Disney de 1991<\/a>: no conto orixinal&nbsp;&nbsp;a rosa ti\u00f1a un significado especial, non m\u00e1xico sen\u00f3n moral, pois \u00e9 usado como met\u00e1fora da humildade de Bela fronte \u00e1 superficialidade das s\u00faas irm\u00e1s, que prefiren xoias e vestidos.&nbsp;<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/9ec23ccc62d2d5a928a4c65e0a358b77\/c76ed8646165e4ed-08\/s540x810\/f1a27b5e279bea2f8c05e590084179c92ce15275.jpg\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Alg\u00fans daqueles significados permanecen m\u00e1is ou menos alterados na cultura popular hoxe en d\u00eda: asociamos as rosas ao amor apaixoado e as margaridas \u00e1 inocencia, por exemplo. E o cinema, coma sempre, toma vantaxe destes significados arraigados na nosa mente colectiva \u00e1 hora de crear os seus sistemas simb\u00f3licos. O mellor aliado das flores na pantalla, por certo, foi o<em>&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Technicolor\">technicolor<\/a><\/em>, o sistema de filmaci\u00f3n en cor desenvolto e potenciado no Hollywood do cinema cl\u00e1sico. Cando o&nbsp;<em>technicolor<\/em>&nbsp;era un reclamo tecnol\u00f3xico para o p\u00fablico, desexoso de novas experiencias despois de d\u00e9cadas de cinema en branco e negro -isto dar\u00eda para un artigo enteiro, pero qued\u00e1devos con que a cor leva canda o cinema case dende o comezo, a\u00ednda que non foi popularizado no cinema mainstream at\u00e9 esta \u00e9poca- os estudos quer\u00edan historias vivas e saturadas que desen a m\u00e1is m\u00ednima excusa para lucir as s\u00faas cores.<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0043278\/\">&nbsp;Como os musicais de Vincente Minnelli<\/a>&nbsp;ou, sen ir m\u00e1is lonxe,&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0032138\/?ref_=nv_sr_srsg_0\"><em>The Wizard of Oz&nbsp;<\/em>(Victor Fleming, 1939)<\/a>&nbsp;e as s\u00faas fermosas e perigosas papoulas.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/bb216e9570dfbcfc305dfb48d93018d2\/c76ed8646165e4ed-03\/s540x810\/43f2aed1282c9a82e53a1f56149f93458a6bd7fd.jpg\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Os significados ligados \u00e1s flores adoitan formar parte dun conxunto de valores asociados na tradici\u00f3n occidental co feminino: delicadeza, beleza, perfecci\u00f3n, fraxilidade, vaidade. Existe un nesgo que relaciona unicamente ao x\u00e9nero feminino e ao seu rol social coas flores, un nesgo limitante e limitado que desbota que si que existen \u00e9pocas e contextos sociais nos que estes valores -e polo tanto os motivos florais- se poden relacionar con roles e personaxes masculinas: dende&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Flor_de_lis\">a flor de Lis como s\u00edmbolo da monarqu\u00eda medieval francesa<\/a>&nbsp;at\u00e9 o&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Hippy\"><em>flower power&nbsp;<\/em>pacifista<\/a>&nbsp;de finais dos sesenta do pasado s\u00e9culo.&nbsp;<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/da7ea46845d69a24420d625ec6fd1993\/c76ed8646165e4ed-1e\/s540x810\/60e25fd38dfd21366b2ede6e88e22c23fb158170.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Aos seres humanos sempre nos pareceron belas as flores. Como \u00e1s abellas. E o que ten de particular a beleza das flores \u00e9 precisamente a s\u00faa fugacidade: murchan e desaparecen en pouco tempo. A s\u00faa \u00e9 unha beleza ef\u00e9mera, curta e intensa; polo tanto, foi sempre moi tentador utilizalas para representar a fermosura da traxedia -ou o tr\u00e1xico da beleza-.&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/09\/27\/a-froita-prohibida\/\" data-type=\"post\" data-id=\"534\">O feito de que todo, por moi bo que sexa, non vai durar para sempre.&nbsp;<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>Fuxindo destas apreciaci\u00f3ns m\u00e1is xerais,&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/19\/mar-e-liberdade\/\" data-type=\"post\" data-id=\"408\">os universos simb\u00f3licos internos dunha pel\u00edcula<\/a>&nbsp;tam\u00e9n se poden constru\u00edr coas flores como base, imprim\u00edndolles significados concretos e orixinais no contexto narrativo. As rosas, en&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0169547\/?ref_=nv_sr_srsg_8\">American Beauty (Sam Mendes, 1999),<\/a>&nbsp;est\u00e1n por todas partes e destacan coa s\u00faa saturaci\u00f3n e profundidade nunha cinematograf\u00eda m\u00e1is uniforme e coherente. Nunha primeira impresi\u00f3n calquera persoa dir\u00eda que simbolizan a luxuria -un significado m\u00e1is popular- ou o desexo na personaxe de Lester Burnham. Mais non s\u00f3 o acompa\u00f1an a el! Acompa\u00f1an a todas as personaxes todo o tempo. \u00c9 quizais unha maneira de falarnos de sentimentos apaixoados mais com\u00fans, superficiais -desexo, vaidade, perfeccionismo- en contraposici\u00f3n coa verdadeira beleza da imperfecci\u00f3n e da humildade. A beleza dunha bolsa de pl\u00e1stico voando ao vento\u2026 por exemplo.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/03cb73f9581421ba40d09cd12ea83c68\/c76ed8646165e4ed-25\/s540x810\/0510a14babd8d0475797ee0903a3848e6cf01f99.jpg\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>O cinema en si mesmo \u00e9, como xa temos comentado nalgunha ocasi\u00f3n, un intento de <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/02\/09\/de-aparecidos\/\" data-type=\"post\" data-id=\"412\">capturar a arte e a beleza vol\u00e1til das cousas, das persoas e dos obxectos<\/a>, e mantela no tempo a trav\u00e9s das eras. A pantalla volve eterno o ef\u00e9mero, e proba diso son as fermosas flores que&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=C5eAEXKJRmA&amp;ab_channel=TheLuckyDogPicturehouse\">Percy Smith filmou a florecer en 1910<\/a>&nbsp;e que a\u00ednda hoxe temos ocasi\u00f3n de desfrutar cos ollos de cen anos despois.&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A primavera chega a Kinocube e xa comezamos a arrecender o cheiro das violetas, dos chuchameles e das chorimas. Quizabes nunha \u00e9poca como a nosa, na que as cores e a xeometr\u00eda aparecen en gran parte asociadas aos eidos da cultura dixital, da videocreaci\u00f3n, do&nbsp;gif, da publicidade, etc., restemos un chisco de importancia \u00e1s flores [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":858,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[8,173,219,175,174],"class_list":["post-563","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-cinema","tag-flores","tag-natureza","tag-primavera","tag-rosas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/563","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=563"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/563\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":948,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/563\/revisions\/948"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/858"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=563"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=563"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=563"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}