{"id":553,"date":"2023-02-14T23:19:00","date_gmt":"2023-02-14T22:19:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=553"},"modified":"2023-12-01T08:33:35","modified_gmt":"2023-12-01T07:33:35","slug":"comer-e-rascar-todo-e-comezar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2023\/02\/14\/comer-e-rascar-todo-e-comezar\/","title":{"rendered":"Comer e rascar, todo \u00e9 comezar"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Ach\u00e9ganse as datas do Entroido, unha cousa moi seria na Galiza. \u00c9 tempo de festexar, de deixarse levar, de desfogarse antes do tempo de recollemento da cuaresma. Tempo de m\u00fasica, danza e baile,&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/02\/16\/a-mascarada\/\" data-type=\"post\" data-id=\"443\">de ocultar a identidade tras as m\u00e1scaras e disfraces para facer trasnadas ou para adoptar roles que o resto do ano non nos son permitidos socialmente.<\/a>&nbsp;\u00c9, por suposto, un tempo de excesos, sobre todo no que se refire \u00e1 comida e \u00e1 bebida. Na nosa terra sempre atopamos boas excusas para comer a fartar, para cocidos pantagru\u00e9licos -qued\u00e1devos con esa palabra- que non rematan nunca, para consumir doces e lambuxos, orellas, bicas, roscas e, sobre todo, a ra\u00ed\u00f1a das mesas galegas no Entroido: a filloa -ou freix\u00f3-.&nbsp;<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 44 - Comer e rascar, todo \u00e9 comezar\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/lfLfaHuVXgI?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O comer \u00e9 un concepto propio do coti\u00e1, en canto a que se trata de satisfacer unha necesidade b\u00e1sica para a vida- mais, como vemos, tam\u00e9n ten o seu de celebraci\u00f3n, de cousa excepcional, incluso de ritual social. <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/08\/02\/as-masas\/\" data-type=\"post\" data-id=\"524\">Xuntarnos a comer -a familia, as amizades, a comunidade, etc.-<\/a> \u00e9 motivo de homenaxe e, por que non, de trouleo. Como calquera actividade humana vinculada ao social, est\u00e1 presente tam\u00e9n nas imaxes que vemos na pantalla do cinema.&nbsp;<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/f43fc4da9cc660f552d2ca42b7e13986\/b9f7203a26b674ea-21\/s540x810\/b996ba312b7d7f1c0a32163854a79dde495873dd.png\" alt=\"\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">De maneira xeral,&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/09\/27\/a-froita-prohibida\/\" data-type=\"post\" data-id=\"534\">hai m\u00e1is dun arquetipo vinculado \u00e1 comida<\/a>, mais \u00edmonos centrar na idea do&nbsp;<em>fest\u00edn,&nbsp;<\/em>\u00e9 dicir, \u00e1 mesa posta coa mellor calidade e maior cantidade posible de alimentos destinados non tanto \u00e1 cubrir a nosa necesidade, sen\u00f3n a satisfacer a vontade de exceso, ambici\u00f3n, e regal\u00eda dos sentidos. O que ven sendo un bo cocido no Entroido galego.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Dende os inicios da historia do cinema, unha comida abundante e ex\u00f3tica adoita representar \u00e1s personaxes de boa fortuna, aquelas que poden permitirse pagalo, claro. Representa un valor, econ\u00f3mico ou de status social, e polo tanto caracteriza \u00e1 personaxe a trav\u00e9s de aquilo que come. Apl\u00edcase aqu\u00ed a m\u00e1xima&nbsp;<em>\u201csomos o que comemos\u201d&nbsp;<\/em>a trav\u00e9s, como non,&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2023\/01\/01\/unha-boneca-abandonada\/\" data-type=\"post\" data-id=\"551\">dunha metonimia<\/a>. Unha espectadora de principios de s\u00e9culo s\u00f3 precisaba ver a unha personaxe a comer unha langosta para adivi\u00f1ar o seu poder adquisitivo; non precisaba unha maior cultura audiovisual para chegar a esa conclusi\u00f3n.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Existe, por exemplo, unha trama propia da \u00e9poca&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/11\/16\/sorrisos-e-silencios\/\" data-type=\"post\" data-id=\"483\">de auxe do&nbsp;<em>slapstick<\/em><\/a>&nbsp;que \u00e9 a da personaxe pobre que so\u00f1a -e incluso conspira- para facerse co preciado bot\u00edn de comer rico e abundante.&nbsp;Personaxes como&nbsp;<em>the tramp,&nbsp;<\/em>de Chaplin,&nbsp;vense a mi\u00fado inmersos neste tipo de tramas. M\u00e1is tarde, no auxe da animaci\u00f3n&nbsp;<em>slapstick<\/em>, este tipo de tramas lev\u00e1ronse<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/11\/30\/a-hiperbole-animada\/\" data-type=\"post\" data-id=\"488\">&nbsp;\u00e1 s\u00faa m\u00e1xima expresi\u00f3n, \u00e1 maior esaxeraci\u00f3n<\/a>.&nbsp;Falamos das primeiras curtas de Disney, de Fleischer ou Tex Avery.&nbsp;<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/193abfad5ac8374217d09478e671824f\/b9f7203a26b674ea-13\/s540x810\/1a83799cbd6afe322378a6ed837b8c6cbe2d4531.jpg\" alt=\"\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Esta contraposici\u00f3n -entre quen ten fame e quen ten alimento de sobra- serviu tam\u00e9n para representar<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/05\/04\/a-clase-obreira\/\" data-type=\"post\" data-id=\"452\">&nbsp;a loita de clases<\/a>&nbsp;ao longo da historia do cinema. A palabra&nbsp;<em>pantagru\u00e9lico<\/em>&nbsp;ten algo que ver con esta noci\u00f3n, ao meu xu\u00edzo: Fran\u00e7ois Rabelais escribiu no s\u00e9culo XVI unha serie de novelas sat\u00edricas sobre&nbsp;<em>Gargant\u00faa&nbsp;<\/em>e&nbsp;<em>Pantagruel<\/em>, dous xigantes espantosos, pai e fillo, dos que se di que com\u00edan e&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/10\/19\/de-cubas-e-bocois\/\" data-type=\"post\" data-id=\"479\">beb\u00edan ata fartar<\/a>&nbsp;en banquetes exc\u00e9ntricos e esaxerados como os que nos ocupan neste episodio. Rabelais utilizou a estas d\u00faas personaxes tam\u00e9n para parodiar ao poder -da igrexa, dos pol\u00edticos do seu tempo, etc.- e fai uso do concepto do fest\u00edn como representante da decadencia das clases dominantes. Gargant\u00faa e Pantagruel, por certo,&nbsp;<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Gargant%C3%BAa_y_Pantagruel\">est\u00e1n ligados \u00e1 tradici\u00f3n oral e ao Entroido<\/a>&nbsp;como inspiraci\u00f3n da que partiu o seu autor. O do&nbsp;\u201ccocido pantagru\u00e9lico\u201d ten todo o sentido.&nbsp;<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/248365e5455ab077cd5c5f1e3e44d009\/b9f7203a26b674ea-74\/s540x810\/ef689e40f03d2b072bad404d4b37a7a2620b35cc.png\" alt=\"\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Un fest\u00edn&nbsp;<em>pantagru\u00e9lico<\/em>&nbsp;pode resultar moi desagradable de contemplar: ver comer de maneira \u201cpouco civilizada\u201d, polo xeral, non causa pracer, sen\u00f3n repugnancia. Desta maneira, tam\u00e9n serve a nivel narrativo para caracterizar unha(s) personaxe(s) ou incluso un colectivo, unha comunidade de individuos, unha sociedade enteira, unha \u00e9poca ao completo. Serve para chamar \u201cb\u00e1rbaras\u201d -usei o termo acu\u00f1ado polos romanos a prop\u00f3sito- a un conxunto de persoas pola s\u00faa maneira de beber e comer.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Sen chegar aos extremos de voracidade dos xigantes de Rabelais, preparar un banquete pode significar simplemente sentar \u00e1s personaxes arredor dunha mesa e facelos interactuar. O importante \u00e9 que non sexa a mesa de todos os d\u00edas, sen\u00f3n&nbsp;un evento m\u00e1is ou menos excepcional de celebraci\u00f3n, no que un anfitri\u00f3n recibe \u00e1s persoas convidadas e trata de satisfacelas ou impresionalas. Isto \u00e9 m\u00e1is habitual cando representamos \u00e1s clases poderosas, econ\u00f3mica ou socialmente, mais tam\u00e9n se te\u00f1en representado banquetes de xente humilde, celebraci\u00f3n da comunidade, na que a comida ser\u00e1 menos luxosa, mais abondosa en relaci\u00f3n \u00e1 frugalidade da vida coti\u00e1.&nbsp;<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/1a0699dee1b2258570bb33348ba357d6\/b9f7203a26b674ea-58\/s540x810\/64e5030b2fab5136887f453a2adf9c21b9f89771.png\" alt=\"\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Os fest\u00edns dos ricos son escenario de conspiraci\u00f3ns,<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/07\/27\/a-tentacion-absoluta\/\" data-type=\"post\" data-id=\"467\">&nbsp;tentaci\u00f3ns<\/a>, duelos e ofensas m\u00e1is ou menos veladas, e son un compo\u00f1ente case imprescindible de certos x\u00e9neros ou ambientaci\u00f3ns hist\u00f3ricas: o&nbsp;<em>p\u00e9plum<\/em>&nbsp;e a decadencia dos patricios romanos, a vida na corte medieval ou a&nbsp;<em>high society<\/em>&nbsp;europea do s\u00e9culo XIX. O banquete forma parte do noso imaxinario de como se viv\u00eda nestas \u00e9pocas, grazas en parte \u00e1s representaci\u00f3ns art\u00edsticas como a literatura, as artes pl\u00e1sticas, ou mesmo o cinema.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u00c9 curioso, porque as representaci\u00f3ns retroalim\u00e9ntanse -desculpade pola chanza- entre si durante s\u00e9culos, creando unha imaxe que remata por independizarse incluso da realidade hist\u00f3rica. Por\u00e9n, en ocasi\u00f3ns, a vontade dun filme non \u00e9 representar a realidade sen\u00f3n unha versi\u00f3n estilizada ou deformada da mesma e pode ser totalmente lex\u00edtimo que o cinema se basee en arquetipos m\u00e1is ou menos realistas para transmitir ideas que todos temos na cabeza. V\u00f3s que opinades? D\u00e9ixovos con esta reflexi\u00f3n e vou \u00e1 coci\u00f1a a facer o amoado.&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ach\u00e9ganse as datas do Entroido, unha cousa moi seria na Galiza. \u00c9 tempo de festexar, de deixarse levar, de desfogarse antes do tempo de recollemento da cuaresma. Tempo de m\u00fasica, danza e baile,&nbsp;de ocultar a identidade tras as m\u00e1scaras e disfraces para facer trasnadas ou para adoptar roles que o resto do ano non nos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":861,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[8,171,170,172],"class_list":["post-553","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-cinema","tag-comer","tag-comida","tag-xantar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/553","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=553"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/553\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":952,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/553\/revisions\/952"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/861"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=553"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=553"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=553"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}