{"id":551,"date":"2023-01-01T23:11:00","date_gmt":"2023-01-01T22:11:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=551"},"modified":"2023-12-18T09:36:53","modified_gmt":"2023-12-18T08:36:53","slug":"unha-boneca-abandonada","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2023\/01\/01\/unha-boneca-abandonada\/","title":{"rendered":"Unha boneca abandonada"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>En ocasi\u00f3ns, gardamos asociaci\u00f3ns aparentemente il\u00f3xicas nas nosas cabezas, como pode ser un determinado alimento, por exemplo, ligado a unha mala experiencia que tivemos no pasado. \u00c9 precisamente a base do sentimento do medo, que se define como un mecanismo de defensa que nos impide volver a vivir situaci\u00f3ns perigosas para a nosa supervivencia.&nbsp;<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 43 - Unha boneca abandonada\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/sAEXNRRFL_Q?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Outras veces, relacionamos conceptos polo simple feito de reco\u00f1ecelos en conxunto en m\u00faltiples ocasi\u00f3ns; o cinema e o resto dos artes te\u00f1en moito que ver con isto, tanto para ben como para mal. Nos sistemas simb\u00f3licos das pel\u00edculas rep\u00edtense unha e outra vez clich\u00e9s asociados a conceptos que non te\u00f1en por que ter unha base na nosa realidade. Eu, por exemplo, cando penso na guerra -as\u00ed, en xeral- v\u00e9\u00f1enme \u00e1 cabeza moitas cousas, entre elas a imaxe dunha boneca abandonada, rota e pisada, no chan do campo de batalla.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>A este clich\u00e9 -ou arquetipo, podemos debater m\u00e1is adiante sobre a fina li\u00f1a que separa ambos termos- adoitan chamalo&nbsp;<a href=\"https:\/\/tvtropes.org\/pmwiki\/pmwiki.php\/Main\/EmpathyDollShot\"><em>empathy doll shoot<\/em><\/a>&nbsp;-plano de boneca de empat\u00eda- e podemos situalo entre aqueles estereotipos orixinados e estendidos grazas \u00e1 linguaxe cinematogr\u00e1fica, que precisa dun achegamento m\u00e1is visual para explicar e transmitir ideas complexas e emoci\u00f3ns.&nbsp;<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/1019c57d4945a98e5cbb931840b7c164\/de88cf64eaf48fd1-b9\/s540x810\/7305473d8f93970d07535ad15abfae6c95d916eb.png\" alt=\"\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Cando unha persoa acomete a escritura dun gui\u00f3n, tenta levar ben gravada a lume na mente a m\u00e1xima&nbsp;<em><a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Show,_don%27t_tell\">show, don\u2019t tell<\/a><\/em>, \u00e9 dicir, que mostres no canto de contar. Neste senso&nbsp;\u201ccontar\u201d ref\u00edrese \u00e1 explicaci\u00f3n da boca das personaxes a trav\u00e9s do di\u00e1logo ou do&nbsp;<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Voice-over\">mon\u00f3logo en&nbsp;<em>voice over<\/em><\/a>, o que en ingl\u00e9s se traduce como&nbsp;\u201c<em><a href=\"https:\/\/www.masterclass.com\/articles\/what-is-exposition-film\">exposition<\/a><\/em>\u201d e consid\u00e9rase un erro cando se fai no contexto menos axeitado, porque saca \u00e1s persoas da&nbsp;<em><a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Suspensi%C3%B3n_da_incredulidade\">suspensi\u00f3n da incredulidade<\/a>&nbsp;<\/em>e polo tanto deixa de implicarse emocionalmente na narraci\u00f3n. Que cando unha personaxe lle conta a outra explicitamente algo que ambos saben, pero o p\u00fablico non, e se nota que s\u00f3 o est\u00e1n a contar para a audiencia, nos decatamos de que nolo est\u00e1n a explicar a n\u00f3s e fainos conscientes de que estamos vendo un filme, no canto de deixarnos levar de maneira flu\u00edda e sen costuras nin trucos a trav\u00e9s do relato audiovisual, como se estiv\u00e9semos dentro.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Por iso o&nbsp;<em>mostrar, non contar<\/em>&nbsp;\u00e9 importante na linguaxe cinematogr\u00e1fica. A\u00ednda que non \u00e9 necesario aplicalo en todos os casos, si \u00e9 vital sabelo utilizar para dominar o arte cinematogr\u00e1fico. A metonimia,&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/05\/filmar-a-ausencia\/\" data-type=\"post\" data-id=\"404\">un recurso estil\u00edstico do que temos falado en varias ocasi\u00f3ns nesta bit\u00e1cora<\/a>, \u00e9 unha das principais armas de aqueles que se adican a contar historias sobre o celuloide \u00e1 hora de transcribir un concepto dif\u00edcil de transmitir de maneira visual. Lembremos, tr\u00e1tase de mostrar unha realidade a trav\u00e9s de outra coa que te\u00f1a unha relaci\u00f3n co\u00f1ecida polo espectador:&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/07\/19\/vai-un-sol-de-carallo\/\" data-type=\"post\" data-id=\"522\">expo\u00f1er unha causa a trav\u00e9s das s\u00faas consecuencias<\/a>, un contido polo seu contedor, un espazo polo obxecto ou suxeito que o ocupa, e viceversa en todos os exemplos.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>O&nbsp;<em>plano de boneca de empat\u00eda<\/em>&nbsp;\u00e9 precisamente unha metonimia que&nbsp;<em>mostra, pero non conta,&nbsp;<\/em>as consecuencias dunha guerra, dunha batalla, dun conflito violento: que a infancia, e por extensi\u00f3n todas as persoas inocentes, non est\u00e1n exentas das consecuencias. A boneca abandonada pertenceu a unha crianza, e o seu abandono sup\u00f3n en case todos os casos a implicaci\u00f3n de que a crianza dona do xoguete morreu.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Falabamos de que a metonimia axuda a transmitir unha idea dif\u00edcil de expo\u00f1er de maneira visual; en ocasi\u00f3ns, porque a idea \u00e9 invisible, ou excesivamente complexa; noutras, como este caso, porque a realidade p\u00f3dese mostrar, pero ferir\u00eda moitas sensibilidades. Ver unha crianza falecida nun contexto de conflito b\u00e9lico \u00e9 unha imaxe moi dura, que non todos os tipos de filmes aceptar\u00edan mostrar. O&nbsp;<em>shock<\/em>&nbsp;emocional pode ser moi intenso para as espectadoras.&nbsp;Para iso precisamos a metonimia, para implicar cousas moi graves, sen ensin\u00e1rnolas de maneira expl\u00edcita.&nbsp;<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/3f4d44dcdfcecbe4e73bd193112af9a4\/de88cf64eaf48fd1-5c\/s540x810\/c6d7892ce6167d9cef1f31a989abacac254114fa.png\" alt=\"\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>En ocasi\u00f3ns, por fortuna, a boneca retorna \u00e1s mans da crianza, que escapou das peores consecuencias do conflito. A esperanza retorna \u00e1 narrativa e o futuro volve a estar asegurado.<\/p>\n\n\n\n<p>Mentres que nalg\u00fans casos pode tratarse dun clich\u00e9 sobresaturado que, como o seu propio nome indica, ten como principal funci\u00f3n a de&nbsp;\u201cdar pena\u201d e apelar \u00e1 sensibilidade e \u00e1 empat\u00eda do p\u00fablico, en realidade, se lle dedicamos unha reflexi\u00f3n, tr\u00e1tase dun s\u00edmbolo cun significado moi complexo e profundo: a boneca ligada \u00e1 infancia, relacionada coa inocencia, cortada de ra\u00edz por culpa da violencia. Un futuro truncado, non s\u00f3 da crianza,&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/08\/02\/as-masas\/\" data-type=\"post\" data-id=\"524\">sen\u00f3n de toda a comunidade, a vila arrasada, o colectivo ou o pa\u00eds<\/a>. A inocencia ligada ao horror, para facelo m\u00e1is visceral a trav\u00e9s do contraste,<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/02\/02\/a-caixa-de-musica\/\" data-type=\"post\" data-id=\"413\">&nbsp;como noutros arquetipos dos que temos falado<\/a>, pero cun significado moito m\u00e1is expl\u00edcito e narrativo: unha boneca abandonada \u00e9 a implicaci\u00f3n da morte a destempo, un dos grandes traumas da humanidade.&nbsp;<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/9e486b7c3fb1bcec6b3c25d09049e144\/de88cf64eaf48fd1-82\/s540x810\/bf7917071cd4c970ffe77995bcc2970331b4eb56.png\" alt=\"\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Quizabes por iso se trata dun dos arquetipos m\u00e1is antigos, presente dende o cinema silente at\u00e9 os nosos d\u00edas. Un arquetipo que alberga os maiores dos nosos medos, explicado dunha maneira clara e concisa, a\u00ednda que o faga a trav\u00e9s dunha asociaci\u00f3n conceptual moito m\u00e1is complexa do que parece. Isto \u00e9 s\u00f3 unha mostra de todas as posibilidades da linguaxe cinematogr\u00e1fica, o arte de compo\u00f1er ideas a trav\u00e9s da imaxe en movemento.&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>En ocasi\u00f3ns, gardamos asociaci\u00f3ns aparentemente il\u00f3xicas nas nosas cabezas, como pode ser un determinado alimento, por exemplo, ligado a unha mala experiencia que tivemos no pasado. \u00c9 precisamente a base do sentimento do medo, que se define como un mecanismo de defensa que nos impide volver a vivir situaci\u00f3ns perigosas para a nosa supervivencia.&nbsp; Outras [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":863,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[8,38,199,213,168],"class_list":["post-551","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-cinema","tag-infancia","tag-metonimia","tag-obxectos","tag-xoguetes"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/551","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=551"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/551\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":954,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/551\/revisions\/954"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/863"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=551"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=551"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=551"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}