{"id":548,"date":"2023-01-17T23:10:00","date_gmt":"2023-01-17T22:10:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=548"},"modified":"2025-03-21T14:07:13","modified_gmt":"2025-03-21T13:07:13","slug":"marchou-co-vento","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2023\/01\/17\/marchou-co-vento\/","title":{"rendered":"Marchou co vento"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>O vento, a partir da chegada do cinema sonoro, converteuse un dos grandes inimigos da produci\u00f3n cinematogr\u00e1fica. Compl\u00edcao todo, m\u00e1is que nada a recollida de son directo, pois d\u00e9bese&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.google.com\/search?q=deadcat&amp;rlz=1C1CHBF_esES926ES926&amp;sxsrf=AJOqlzUSt8g7I88svRX231fDrNyNEkpmkw:1673348410624&amp;source=lnms&amp;tbm=isch&amp;sa=X&amp;ved=2ahUKEwiN4ObM7Lz8AhVIPOwKHSddDY8Q_AUoAXoECAEQAw&amp;biw=2048&amp;bih=1010&amp;dpr=1.25\">protexer con delicadeza a microfon\u00eda<\/a>&nbsp;para evitar que a forza do aire a golpee xerando un ru\u00eddo feo, case imposible de eliminar en posproduci\u00f3n, e que soa sempre por riba dos di\u00e1logos e dos efectos de son directo. A nivel de imaxe, o vento pode impedir aos int\u00e9rpretes actuar con naturalidade e incluso pode chegar a danar os equipos e as lentes.&nbsp;<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 42 - Marchou co vento\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/ZEcuccuCjl0?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Por\u00e9n, o vento tr\u00e1tase un dos recursos de narrativa visual m\u00e1is fermosos e efectivos na arte cinematogr\u00e1fica. Merece a pena, ent\u00f3n? Merece!<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/2709fe03f17523f93e01a90284fc49f9\/390131c625c443b3-95\/s540x810\/4b7d154b10e21bf5087eda242e130a37bcc1f205.gif\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>O vento ten a particularidade de tratarse dun fen\u00f3meno natural non visible. Na vida real sabemos que venta a trav\u00e9s do tacto; notamos como bate en n\u00f3s, como nos despraza, porque \u00e9 unha forza viva. Iso, de momento, non podemos trasladalo \u00e1 pantalla. Non podemos facer que os espectadores noten a trav\u00e9s da s\u00faa pel o efecto.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Na animaci\u00f3n non \u00e9 inusual representar o vento de maneira visual, como un flu\u00edr de cores ou li\u00f1as. Por\u00e9n, ao igual que outros recursos non visibles, \u00e9 posible representar doutra maneira o vento mantendo a s\u00faa calidade invisible, tanto en animaci\u00f3n como en acci\u00f3n real,&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/07\/19\/vai-un-sol-de-carallo\/\" data-type=\"post\" data-id=\"522\">a trav\u00e9s dos efectos que provoca<\/a>, \u00e9 dicir,&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/05\/filmar-a-ausencia\/\" data-type=\"post\" data-id=\"404\">empregando a meton\u00edmia<\/a>. Sabemos que existe o vento porque percibimos como move as cousas, como empurra aos actores, abanea as p\u00f3las das \u00e1rbores, despraza os obxectos que non est\u00e1n firmemente ancorados no chan, enche de po o ambiente, enreda os cabelos\u2026&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Non hai nada m\u00e1is po\u00e9tico, de feito, que o movemento lene que provoca a brisa sobre a tea, sobre o cabelo, sobre a vexetaci\u00f3n. Aporta un lirismo precioso, que pode estar tam\u00e9n cargado de significado, como a escena da voda de Angharad en&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0033729\/?ref_=nv_sr_srsg_0\"><em>How green was my valley&nbsp;<\/em><\/a><a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0033729\/?ref_=nv_sr_srsg_0\">(John Ford, 1941)<\/a>, no que o veo da protagonista se move con liberdade a pesar de que o noivo tenta dominalo, como met\u00e1fora do esp\u00edrito indomable da muller.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/3316c1cf312814407613364d46170273\/390131c625c443b3-65\/s540x810\/61d81e7515016407359833a4d8b8ec2b012a43f4.gif\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Doutra banda, cando o vento \u00e9 forte, altera todos os elementos do plano, nunha grande axitaci\u00f3n que afecta a todo o que vemos na pantalla. O plano v\u00f3lvese ruidoso, intenso. Pode chegar a converterse nun furac\u00e1n, nun treb\u00f3n, que en si mesmo constit\u00fae un recurso narrativo excelente para meter en -ou sacar de- problemas aos protagonistas. Mais non \u00e9 necesario chegar a tal punto para que o vento constit\u00faa unha ferramenta importante para a tensi\u00f3n dram\u00e1tica dunha escena.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Todos estes usos do arquetipo que nos ocupa esta semana te\u00f1en unha motivaci\u00f3n. O vento funciona moi ben en c\u00e1mara, a pesar das limitaci\u00f3ns que comporta, porque \u00e9 capaz de xerar significado e aportar valor narrativo ao tempo que transforma o plano de maneira visual, d\u00e1ndolle vida a trav\u00e9s do movemento. Cada refacho xera movemento, un movemento ademais moi direccional, que crea li\u00f1as cin\u00e9ticas dun lado a outro da pantalla a maior ou menor velocidade, e polo tanto aportando<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/26\/correde-insensatos\/\" data-type=\"post\" data-id=\"410\">&nbsp;ao ritmo interno do plano<\/a>&nbsp;-en contraposici\u00f3n ao ritmo externo, que se acada na montaxe-.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/13a64b0a95bdbbc947c9545b0cffd2a4\/390131c625c443b3-1d\/s540x810\/99f04b244d3140bef156e95b35d8f8a43c20cfed.gif\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>O vento, ao igual que outros arquetipos relacionados co clima, tam\u00e9n pode funcionar como met\u00e1fora do estado an\u00edmico das personaxes. E funciona, ao igual que moitos dos recursos clim\u00e1ticos que xa tratamos nesta bit\u00e1cora, cara ambos os dous sentidos, positivo e negativo.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>No senso negativo \u00e9 evidente. O vento \u00e9 a axitaci\u00f3n, o deixarse levar -ou caer- cara a perdici\u00f3n, o obst\u00e1culo insuperable ou a memoria do que perdemos. Unha personaxe pode sentir no vento a presenza dun esp\u00edrito, ou notar o aire que ven da terra que deixou atr\u00e1s, materializando a morri\u00f1a e a saudade. Pero tam\u00e9n pode predicir a chegada dun personaxe perigoso ou negativo, representando o medo ou a ameaza.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Por\u00e9n, o vento \u00e9 tam\u00e9n forza motriz, fai avanzar, empurra \u00e1s personaxes cara o seu destino, cara a vitoria. Pois \u00e9 a corrente de aire a que permite o desprazamento das velas dos barcos, que dependen de que a direcci\u00f3n do vento lles sexa favorable.&nbsp;\u201cTer o vento en contra\u201d ou telo&nbsp;\u201ca favor\u201d \u00e9 a\u00ednda hoxe unha expresi\u00f3n usada en calquera situaci\u00f3n, na realidade, polo que comprendemos tam\u00e9n o seu uso metaf\u00f3rico trasladado \u00e1 pantalla. Da mesma maneira, un cambio de direcci\u00f3n s\u00fabito do vento adoita significar un cambio de direcci\u00f3n na trama, tanto positivo como negativo, do que as personaxes adoitan ser conscientes.&nbsp;<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/af9348a241e3502d85fca2288b0f40b1\/390131c625c443b3-70\/s540x810\/203446af1e728a8da6281e95547fc3df754d21b1.gif\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Tr\u00e1tase dun dos motivos visuais m\u00e1is cinematogr\u00e1ficos, xa que apela -como vimos dicindo ao longo do artigo- ao principio b\u00e1sico que define \u00e1 s\u00e9tima arte e a diferencia das demais: a representaci\u00f3n do movemento. Despois de todo, son as&nbsp;<em>moving pictures<\/em>, as imaxes en movemento, as que engaiolaron ao p\u00fablico por primeira vez un 28 de decembro de 1895 no&nbsp;<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Salon_indien_du_Grand_Caf%C3%A9\">Salon indien du Grand Caf\u00e9<\/a>&nbsp;de Par\u00eds.&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O vento, a partir da chegada do cinema sonoro, converteuse un dos grandes inimigos da produci\u00f3n cinematogr\u00e1fica. Compl\u00edcao todo, m\u00e1is que nada a recollida de son directo, pois d\u00e9bese&nbsp;protexer con delicadeza a microfon\u00eda&nbsp;para evitar que a forza do aire a golpee xerando un ru\u00eddo feo, case imposible de eliminar en posproduci\u00f3n, e que soa sempre [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":862,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[167,8,217,30,199,231,219,166],"class_list":["post-548","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-barcos","tag-cinema","tag-fenomenos-naturais","tag-mar","tag-metonimia","tag-movemento","tag-natureza","tag-vento"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/548","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=548"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/548\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":953,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/548\/revisions\/953"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/862"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=548"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=548"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=548"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}