{"id":544,"date":"2022-11-22T23:08:00","date_gmt":"2022-11-22T22:08:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=544"},"modified":"2023-12-18T09:36:32","modified_gmt":"2023-12-18T08:36:32","slug":"de-troula","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/11\/22\/de-troula\/","title":{"rendered":"De troula"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>Poucas cousas hai m\u00e1is humanas que celebrar cando as cousas saen ben. En realidade, calquera cousa \u00e9 unha boa excusa para festexar: un aniversario, un nacemento, unha uni\u00f3n, un triunfo, unha conquista, unha boa nova, que a noite \u00e9 pl\u00e1cida, que remata o ano ou que somos xoves e vai sol, como dic\u00eda unha viandante na reportaxe sobre a felicidade que Jean Rouge e Edgar Morin nos brindaron en<em><a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0054745\/characters\/nm0745541\">&nbsp;Chronique d\u2019un \u00c9t\u00e9<\/a><\/em>&nbsp;(1961). Tanto ten o motivo, n\u00f3s, como seres humanos, estaremos sempre dispostos a rendirlle unha homenaxe \u00e1 boa fortuna cunha celebraci\u00f3n. Ten que ver moito coa felicidade que buscaban Rouge e Morin, de feito, pois a festa pura e secular \u00e9 a manifestaci\u00f3n m\u00e1is estrondosa e desenfreada da ledicia.&nbsp;<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 41 - De troula\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/TOGiSnCNSLM?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Falemos dos anos 20, unha \u00e9poca que poderiamos considerar&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/08\/24\/o-grande-espectaculo\/\" data-type=\"post\" data-id=\"471\">de auxe do cinema, de difusi\u00f3n do formato da longametraxe de ficci\u00f3n para trasmitir historias \u00e1s masas<\/a>. O cinemat\u00f3grafo percorre todos os continentes propagando e normalizando a costume -a aficci\u00f3n- de ir ao cinema a ver unha pel\u00edcula; tam\u00e9n xorden novas correntes como&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/06\/01\/expresion-e-sombras\/\" data-type=\"post\" data-id=\"459\">o expresionismo e outras vangardas<\/a>&nbsp;que diversifican as narrativas cinematogr\u00e1ficas.&nbsp;<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/058d0a4977fdd9cdc46a9b4ecf4daa9b\/ca615ddb6347bdb3-82\/s540x810\/75ba3027760687c7cb4157586638e56a7d5d6561.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>E que ocorre nos anos 20 do s\u00e9culo pasado, hai agora cen anos? Un cambio importante de mentalidade, sen d\u00fabida.&nbsp;<a href=\"https:\/\/editorialgalaxia.gal\/produto\/noticias-da-modernidade-muller-moderna-na-prensa-galega-dos-anos-20\/\">Como Raquel C. Pico analiza en&nbsp;<em>Noticias da modernidade<\/em>&nbsp;(2021)<\/a>, as mulleres experimentan novas liberdades, loitan contra as vellas cadeas. A xente esquece os vellos protocolos de comportamento e entr\u00e9gase ao flirt e ao charlest\u00f3n e mozos e mozas acuden aos<em>&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.collinsdictionary.com\/dictionary\/english\/the-dansant\">th\u00e9s dansant<\/a><\/em>&nbsp;a bailar toda a tarde.&nbsp;<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/5c49506ef07368762bfb1366bf7127d1\/ca615ddb6347bdb3-53\/s540x810\/6a0f4e209b085abe48158b61e259e6e83c37f62c.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>O cinema non \u00e9 alleo a isto, por suposto. O novo medio (xa non tan novo) pob\u00f3ase de&nbsp;<em>sheiks, vamps&nbsp;<\/em>e&nbsp;<em>flappers&nbsp;<\/em>que se abandonan \u00e1 esmorga como catalizador das s\u00faas ansias xuven\u00eds, \u00e1 caza do flirt, ao anhelo de esquecer os problemas e desfrutar sen complicaci\u00f3ns. Non esquezamos que sa\u00edmos dunha guerra, a&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Primeira_guerra_mundial\">Primeira Guerra Mundial<\/a>, para caer nunha d\u00e9cada despreocupada, \u00e1xil e -relativamente- feliz, os&nbsp;<em>roaring twenties<\/em>.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Cos anos 30 e 40,&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Gran_Depresi%C3%B3n\">a Gran Depresi\u00f3n<\/a>&nbsp;e mais a&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Segunda_guerra_mundial\">Segunda Guerra Mundial<\/a>, con toda a escuridade que trouxo -xenocidio, crimes de guerra, \u00e9xodo- ficou menos tempo para celebrar, e as festas convert\u00e9ronse en celebraci\u00f3ns modestas e, nalg\u00fans casos, agridoces, como a que acoden Tom Joad e a s\u00faa familia en<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0032551\/\">&nbsp;The grapes of Wrath (John Ford, 1940)<\/a>, chea de melancol\u00eda.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Os anos 50 trouxeron consigo o auxe do musical, da danza e do baile. Os adolescentes da \u00e9poca comezaron a bailar&nbsp;<em>rock and roll,&nbsp;<\/em>\u00e1 imaxe e semellanza do que a xeraci\u00f3n anterior fixo do&nbsp;<em>charleston;&nbsp;<\/em>nas&nbsp;<em>proms<\/em>&nbsp;americanas, os estudantes desfrutan de festas \u00e1 s\u00faa altura, no que experimentan a amizade e o amor a mi\u00fado por primeira vez.&nbsp;<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/c44c524e7816793c08deb3f2f99169f1\/ca615ddb6347bdb3-f4\/s540x810\/4bc4efe62b483bb70c528e9023ba5028750aa356.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>A xente moza quere divertirse e co optimismo e a rebeld\u00eda volta a esmorga. Semella que a cada \u00e9poca de crise a segue un per\u00edodo de recuperaci\u00f3n caracterizado polo anhelo de felicidade, pola manifestaci\u00f3n ruidosa da alegr\u00eda; en ocasi\u00f3ns falamos do desenfreo polo desenfreo, en c\u00edrculos viciosos -nunca mellor dito- no que as personaxes se abandonan aos placeres inmediatos para esquecer os graves problemas que os axexan; mesmo nos \u00faltimos tempos, despois de d\u00faas crises econ\u00f3micas case seguidas, parece que volven rexurdir as narrativas pragadas de troulas excesivas.&nbsp;<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/4ac617e75100b0d48d0dfd36c0a10230\/ca615ddb6347bdb3-71\/s540x810\/7ace9a8337ccd7f25a9ce251620aa8c56d9e3600.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>En ocasi\u00f3ns unha festa \u00e9 algo m\u00e1is que un contexto social. \u00c1s veces serve para un determinado prop\u00f3sito narrativo que avanza a trama. Tr\u00e1tase dun ambiente cargado, cheo de persoas, que converten calquera acci\u00f3n nunha acci\u00f3n p\u00fablica, a ollos de todo o mundo. Cecais por iso \u00e9 o momento ideal para revelar un segredo. Por\u00e9n, nunha festa multitudinaria os asistentes non adoitan facer moito caso do que ocorre ao seu arredor -demasiados est\u00edmulos- as\u00ed que tam\u00e9n \u00e9 posible utilizar unha festa para ocultar a identidade dun personaxe -mellor, a\u00ednda, se a festa<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/02\/16\/a-mascarada\/\" data-type=\"post\" data-id=\"443\">&nbsp;\u00e9 unha mascarada<\/a>&#8211; ou unha acci\u00f3n, como o bico tr\u00e1xico de Michael Corleone ao seu irm\u00e1n Fredo en&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0071562\/\">The Godfather: Part II (Francis Ford Coppola, 1974)<\/a>.&nbsp;<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/5e45ec66bc10092f30e0fc647e7e19ff\/ca615ddb6347bdb3-03\/s540x810\/8fca6ec4ccc8f117e7be3c3b4418893323a09d9b.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Pero hai moitos tipos de festa. Hai celebraci\u00f3ns puntuais relacionadas cun determinado acontecemento, pero tam\u00e9n a troula urbana dos s\u00e1bados \u00e1 noite, no que non existe un motivo concreto que celebrar m\u00e1is que a necesidade de pasalo ben. Tam\u00e9n se representan no cinema as celebraci\u00f3ns de sal\u00f3n decimon\u00f3nicas onde se visten grandes vestidos, se baila o valse e se cea seguindo r\u00edxidos protocolos, un contexto que en ocasi\u00f3ns se converte nun campo de batalla para as urdimes dos arist\u00f3cratas en materia de negocios e relaci\u00f3ns.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/aeb21c77e0492dab96be86fe3ed1926f\/ca615ddb6347bdb3-c0\/s540x810\/83855b61a6b89ac156b18aec098bcb2243a81a8f.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Outras veces o mellor \u00e9 rebentar a festa cun suceso inesperado. A aparici\u00f3n dunha personaxe misteriosa -ou ameazadora- ou un s\u00fabito estrondo -unha pu\u00f1ada, unha bomba, unha tormenta- resoan mellor cando ocorren no medio dunha celebracion; falamos&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/11\/02\/a-dama-branca\/\" data-type=\"post\" data-id=\"481\">do contraste, un vello co\u00f1ecido desta bit\u00e1cora<\/a>: para amplificar unha emoci\u00f3n negativa \u00e9 necesario establecer un punto de partida positivo, pois cando&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/02\/01\/mais-alta-e-a-caida\/\" data-type=\"post\" data-id=\"496\">m\u00e1is alta \u00e9 a ascensi\u00f3n, m\u00e1is dura \u00e9 a ca\u00edda<\/a>. Por iso, situar unha mala nova ou unha sorpresa desagradable, \u00e9 interesante situalo nun contexto de troula. Da mesma maneira, \u00e9 un xeito \u00f3ptimo de aumentar o suspense, reunindo nun espazo a&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/08\/02\/as-masas\/\" data-type=\"post\" data-id=\"524\">unha gran cantidade de persoas susceptibles de convert\u00e9rense en v\u00edtimas.<\/a>&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Hai filmes como <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0056732\/\">El \u00c1ngel Exterminador (Luis Bu\u00f1uel, 1962)<\/a>, no que a propia festa \u00e9 o verdugo dos seus asistentes, conden\u00e1ndoos a unha sorte de arresto domiciliario no que os seus modais burgueses, as s\u00faas m\u00e1scaras sociais, van caendo conforme as personaxes se van desesperando.&nbsp;Tam\u00e9n a esmorga acaba coas vontades de Cibr\u00e1n, o Bocas e o Milhomes, protagonistas d\u2019A Esmorga, o libro de Eduardo Blanco Amor e mailo filme de Ignacio Vilar (2014); \u00e9 a espiral de autodestruci\u00f3n crecente a que os conduce<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/10\/19\/de-cubas-e-bocois\/\" data-type=\"post\" data-id=\"479\">&nbsp;entre licores e pelexas<\/a>&nbsp;cara o seu final.&nbsp;<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/fbf969d61734349fc0bf21d2da3bd6d9\/ca615ddb6347bdb3-a6\/s540x810\/5efb022830ba21ec43f27185b2fc7370a021d99f.jpg\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>En definitiva, a troula \u00e9 unha parte m\u00e1is da nosa humanidade, algo que leva con n\u00f3s dende o berce da nosa existencia como unha homenaxe \u00e1 nosa felicidade e benestar; o cinema s\u00f3 recolle eses anaqui\u00f1os da cotiandade, m\u00e1is importantes do que pode parecer a simple vista, e os transcende, os converte e os resignifica.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Poucas cousas hai m\u00e1is humanas que celebrar cando as cousas saen ben. En realidade, calquera cousa \u00e9 unha boa excusa para festexar: un aniversario, un nacemento, unha uni\u00f3n, un triunfo, unha conquista, unha boa nova, que a noite \u00e9 pl\u00e1cida, que remata o ano ou que somos xoves e vai sol, como dic\u00eda unha viandante [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":865,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[8,164,165,224,218,163],"class_list":["post-544","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-cinema","tag-esmorga","tag-festa","tag-festas","tag-tramas","tag-troula"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/544","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=544"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/544\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":956,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/544\/revisions\/956"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/865"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=544"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=544"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=544"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}