{"id":542,"date":"2022-11-08T23:07:00","date_gmt":"2022-11-08T22:07:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=542"},"modified":"2025-03-21T14:07:13","modified_gmt":"2025-03-21T13:07:13","slug":"fume-e-neboa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/11\/08\/fume-e-neboa\/","title":{"rendered":"Fume e n\u00e9boa"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>Contando os d\u00edas para que chegue o inverno, comezamos a ver -de maneira un tanto tard\u00eda, para ser xustos- as s\u00faas sinais: os d\u00edas son m\u00e1is curtos, vai fr\u00edo, chove, venta e \u00e9rguese polas ma\u00f1\u00e1s unha n\u00e9boa mesta e h\u00famida que cala os \u00f3sos. A xente, como contrapartida, acende a cheminea -no pasado acender\u00eda a coci\u00f1a de ferro- e ent\u00f3n comeza a batalla do fume contra o vapor, do fr\u00edo e do quente, que caracteriza a atmosfera das ma\u00f1\u00e1s fr\u00edas de novembro -para alg\u00fans,&nbsp;<em><a href=\"https:\/\/www.quever.news\/cine\/2022\/10\/29\/que-es-el-noirvember-la-movida-que-nacio-como-continuacion-del-octubre-de-terror-20892.html\">noirvemb<\/a>ro-<\/em>.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 40 - Fume e N\u00e9boa\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/ac-eUyYvGko?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>N\u00e9boa, fume, vapor, bafo. Ademais de seren maneiras de representar o fr\u00edo -ou&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/07\/19\/vai-un-sol-de-carallo\/\" data-type=\"post\" data-id=\"522\">a calor, segundo o contexto<\/a>&#8211; son elementos visuais que aportan significado \u00e1s narrativas cinematogr\u00e1ficas. Non estou a falar nesta ocasi\u00f3n dun arquetipo, sen\u00f3n dunha multitude deles, que comparten en ocasi\u00f3ns significados, ou formas, ou utilizaci\u00f3ns; pero que sempre te\u00f1en en com\u00fan o pertencer&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Estado_de_agregaci%C3%B3n_da_materia\">a un determinado estado da materia<\/a>&nbsp;e aparecer tam\u00e9n na vida coti\u00e1, na nosa realidade, de maneira habitual.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/d8ae8bd3123923f409fe7e540b23715d\/e9b72ee253c65e1a-24\/s540x810\/78d211b6800abc364cbf030ea99470e49e32cc48.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Pode que o primeiro que se nos ve\u00f1a \u00e1 cabeza cando pensamos en&nbsp;<em>fume<\/em>&nbsp;\u00e9 a expresi\u00f3n&nbsp;<em>cortina de fume<\/em>, que designa unha t\u00e1ctica de distracci\u00f3n dese\u00f1ada para cubrir -como o fume cubre a nosa visi\u00f3n- unha realidade inc\u00f3moda ou non axeitada. \u00c9 un recurso habitual na pel\u00edcula, pero tam\u00e9n en todo tipos de narrativas, inclu\u00eddas as cinematogr\u00e1ficas. O que pasa \u00e9 que \u00e1s persoas que traballan no cinema g\u00fastalles&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/05\/filmar-a-ausencia\/\" data-type=\"post\" data-id=\"404\">materializar os conceptos, volvelos visibles<\/a>. O eterno&nbsp;<em>show, don\u2019t tell, \u201c<\/em>ensina, non contes\u201d. Por ese motivo \u00e9 habitual esconder as acci\u00f3ns das personaxes, as s\u00faas identidades e motivaci\u00f3ns tras varias capas de fume, neste caso literal.<\/p>\n\n\n\n<p>O fume pode provir da&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2020\/12\/15\/tren-e-cinema\/\" data-type=\"post\" data-id=\"87\">cheminea dunha locomotora de tren<\/a>&nbsp;ao entrar nunha estaci\u00f3n, dun abano na boca dunha personaxe poderosa, dun incendio ou de calquera outra fonte semellante. Adoita ter, a diferencia de outros gases cinematogr\u00e1ficos que trataremos a continuaci\u00f3n, unha fonte espec\u00edfica -o abano, a cheminea, a fogueira- que tam\u00e9n permite focalizar o efecto fumegante nunha personaxe, acci\u00f3n ou escena espec\u00edfica sen chegar a cubrir outros elementos en pantalla. \u00c9 un recurso moi agradecido, se me preguntan, que tam\u00e9n se usa nas artes esc\u00e9nicas e nos espect\u00e1culos en directo, cecais polo dramatismo que transmite ao espectador.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/6cd2095066924ef8b2139e82c607032a\/e9b72ee253c65e1a-0f\/s540x810\/93b095c5701f53421ab57eba6a1f3f781f973424.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>O fume cobre, e tam\u00e9n o fai a n\u00e9boa, pero dun xeito diferente.&nbsp;<a href=\"https:\/\/ejercicios-fyq.com\/Efecto-de-la-niebla-sobre-la-luz-0001\">As particulas que conforman o vapor de auga te\u00f1en a particularidade de dispersar a luz<\/a>, reducindo a s\u00faa velocidade de maneira que deixamos de ver o que ocorre a tres pasos de n\u00f3s. Non temos claro a s\u00faa fonte e pode presentarse de varias maneiras; d\u00faas delas especialmente cinematogr\u00e1ficas: a n\u00e9boa baixa que chega at\u00e9 a cadeira, deixando sobre a paisaxe unha capa p\u00e1lida que oculta os cami\u00f1os ou a n\u00e9boa xeneralizada e mesta que desdebuxa as facci\u00f3ns dos personaxes e oculta as acci\u00f3ns que ocorren a pouca distancia, e que ocupa toda a pantalla. Mentres a primeira \u00e9 un recurso propio do cinema de terror e g\u00f3tico, de calquera filme que queira dar unha atmosfera de suspense, a segunda \u00e9 un recurso moi interesante que lle outorga aos cineastas un lenzo en branco sobre o que pintar personaxes e outros elementos sen influxo do lugar f\u00edsico onde se atopan. Sen contexto, polo tanto. Unha maneira brillante de confundir ao espectador deix\u00e1ndolle ver s\u00f3 o que ti queres que vexa.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/870e57096b1f39189ff2ab20dd4f2e3f\/e9b72ee253c65e1a-a3\/s540x810\/5f65f85d32224e436f16d687567140444f0bf9de.jpg\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/cbc8ff440ffb1a98a49a520d55b6c0d2\/e9b72ee253c65e1a-97\/s540x810\/41fdfae3c199ab59e46360f6cf9bcde96b107871.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p><em>Na imaxe, as bruxas de Macbeth en d\u00faas adaptaci\u00f3ns cinematogr\u00e1ficas: a de Orson Welles&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0040558\/\">(1948)<\/a>&nbsp;e a de Joel Coen&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt10095582\/\">(2021)<\/a>, \u201cpintadas\u201d na n\u00e9boa.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>A n\u00e9boa pode tam\u00e9n acoller un valor metaf\u00f3rico relacionado con esa capacidade para cubrir: cubrir as almas, esconder o mal, como no filme&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0048434\/\"><em>Nuit et Bruillard<\/em>&nbsp;(Alan Resnais, 1956)<\/a>&nbsp;a n\u00e9boa representa ao silenzo que arrodeaba \u00e1s terribles acci\u00f3ns do nazismo. Unha vez m\u00e1is,<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/10\/11\/covas-cavernas-e-tobos\/\" data-type=\"post\" data-id=\"537\">&nbsp;voltamos ao mito da caverna.<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>Tam\u00e9n existe o&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Smog\"><em>smog<\/em>, unha especie de h\u00edbrido entre o fume&nbsp;<em>-smoke-&nbsp;<\/em>e a n\u00e9boa &#8211;<em>fog<\/em>&#8211;<\/a>&nbsp;que basicamente describe \u00e1 contaminaci\u00f3n industrial visible en forma de n\u00e9boa mesta e gris, incluso amarelenta, que estaba por exemplo moi presente no London victoriano do s\u00e9culo XIX debido \u00e1 expansi\u00f3n do tecido industrial das primeiras revoluci\u00f3ns tecnol\u00f3xicas da \u00e9poca. Tanto \u00e9 as\u00ed que no imaxinario ligouse para sempre a \u00e9poca, a cidade e mailo fen\u00f3meno de n\u00e9boa perpetua: sempre imaxinamos a&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Jack_o_Destripador\">Jack the Ripper<\/a>&nbsp;envolto na humidade do&nbsp;<em>smog<\/em>, de noite, co seu perfil recortado levemente pola luz amb\u00e1rica das farolas de gas.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/6c1c593a3191cfacfba5216ea0caeee5\/e9b72ee253c65e1a-b1\/s540x810\/b1567f4bd0d85b1b9f9ccdef556d698b77d1e20d.jpg\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Existe outro arquetipo que relaciona a unha cidade cun tipo de emisi\u00f3ns de gas concretas: o New York do s\u00e9culo XX ad\u00f3itase representar a trav\u00e9s dos ra\u00f1aceos, dos taxis amarelos, pero tam\u00e9n dos pequenos g\u00e9isers artificiais que xorden do chan e se deforman co paso dos veh\u00edculos nas r\u00faas molladas da gran urbe. Tr\u00e1tase, en realidade, do&nbsp;<em><a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/New_York_City_steam_system\">New York Steam System<\/a><\/em>, un sistema de calefacci\u00f3n que fai percorrer o vapor a trav\u00e9s dos subterr\u00e1neos da cidade. En ocasi\u00f3ns, o vapor tense que despexar a trav\u00e9s de tubos que o despiden cara a cidade. \u00c9 curioso que este sistema fose tan representado no cinema, tanto que para representar cidades diferentes tam\u00e9n se percorra a instalar pequenas fontes de fume ou vapor que axuden a constru\u00edr a atmosfera urbana axeitada para un filme. O concepto en si mesmo do vapor,&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/M%C3%A1quina_de_vapor\">da&nbsp;<\/a><em><a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/M%C3%A1quina_de_vapor\">m\u00e1quina de vapor<\/a>&nbsp;<\/em>que, a partir da primeira Revoluci\u00f3n Industrial, comezou a po\u00f1er en marcha a era das grandes invenci\u00f3ns -e con isto, como xa temos contado, tam\u00e9n chega a \u00e9poca da telefon\u00eda, a fotograf\u00eda ou do cinemat\u00f3grafo- foi capaz de inspirar todo un subx\u00e9nero da ciencia ficci\u00f3n, unha est\u00e9tica, a do&nbsp;<em><a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Steampunk\">steampunk<\/a>,&nbsp;<\/em>con algunha incursi\u00f3n cinematogr\u00e1fica.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/10d5502ad9df64b835b44fd41faeeeae\/e9b72ee253c65e1a-46\/s540x810\/c34169f0938c75abb16b4d50d7f3fa61afb2f53b.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Mencionamos xa en varias ocasi\u00f3ns neste mesmo artigo unha das palabras clave:&nbsp;<em><a href=\"https:\/\/aleph.org.mx\/que-es-la-atmosfera-en-el-cine\">atmosfera<\/a><\/em>. \u00c9 un termo utilizado en todas as artes, pero a n\u00f3s inter\u00e9sanos a s\u00faa aplicaci\u00f3n no eido cinematogr\u00e1fico. Def\u00ednese habitualmente como o \u201cestado psicol\u00f3xico\u201d no que queremos introducir ao espectador, contraposto ao&nbsp;<em>ambiente<\/em>, que ser\u00eda o lugar. Pero para producir un estado psicol\u00f3xico contreto ao espectador, tam\u00e9n nos facemos valer de recursos de&nbsp;<em>ambientaci\u00f3n,<\/em>&nbsp;como o \u00e9 introducir un elemento como a n\u00e9boa ou o fume \u00e1 posta en escena. Po\u00f1erlle n\u00e9boa a unha secuencia sempre aporta un valor, que se complementa con outras decisi\u00f3ns est\u00e9ticas como a luz ou o decorado. Cando falamos do fume comentamos o concepto, por exemplo, de&nbsp;<em>cubrir<\/em>&nbsp;unha acci\u00f3n ou un personaxe. Isto xa pode contribu\u00edr a que o espectador se sinta confundido, enganado ou preocupado. De maneira semellante \u00e1 <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/10\/05\/nocturno-no-2-o-refuxio\/\" data-type=\"post\" data-id=\"477\">noite<\/a>, a n\u00e9boa ou o fume cubren as acci\u00f3ns negativas dos personaxes. Non adoita aparecer, iso si, como un refuxio amable que envolve aos personaxes para acollelos, salvo momentos concretos nos que o contexto, a m\u00fasica, o di\u00e1logo ou a coreograf\u00eda ax\u00fadannos a decodificar o significado da n\u00e9boa desa precisa maneira. Po\u00f1amos por caso a n\u00e9boa que envolve a un barco nunha persecuci\u00f3n mar\u00edtima: para o perseguidor a n\u00e9boa pode ser unha ameaza aos seus intereses, pero para o perseguido pode representar a s\u00faa \u00fanica oportunidade de sa\u00edr indemne da situaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/dbb1da0e49a778e34a6a01d654721737\/e9b72ee253c65e1a-4a\/s540x810\/7c9394d27bff65b83d2ed5c29b8e2dfa8063e276.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p><em>En&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0043278\/\">An american in Paris (Vincente Minelli, 1951)<\/a>&nbsp;a n\u00e9boa si \u00e9 representada como un refuxio, neste caso, para dous amantes.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>A atmosfera \u00e9 unha das principais cartas coas que xoga o cinema para sorprender ao espetador. Disp\u00f3n de todos os elementos visuais, esc\u00e9nicos e sonoros para transmitir unha idea atmosf\u00e9rica concreta; tam\u00e9n se fai valer, por suposto, dos arquetipos que, como espectadores, temos interiorizados. Unha vez m\u00e1is, o cinema s\u00e9rvese da nosa propia percepci\u00f3n para introducirnos nunha historia e comprometernos con ela at\u00e9 o final.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Contando os d\u00edas para que chegue o inverno, comezamos a ver -de maneira un tanto tard\u00eda, para ser xustos- as s\u00faas sinais: os d\u00edas son m\u00e1is curtos, vai fr\u00edo, chove, venta e \u00e9rguese polas ma\u00f1\u00e1s unha n\u00e9boa mesta e h\u00famida que cala os \u00f3sos. A xente, como contrapartida, acende a cheminea -no pasado acender\u00eda a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":866,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[8,217,41,219,29,42],"class_list":["post-542","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-cinema","tag-fenomenos-naturais","tag-medo","tag-natureza","tag-noir","tag-terror"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/542","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=542"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/542\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":957,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/542\/revisions\/957"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/866"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=542"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=542"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=542"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}