{"id":529,"date":"2022-08-30T22:59:00","date_gmt":"2022-08-30T20:59:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=529"},"modified":"2023-12-18T09:35:05","modified_gmt":"2023-12-18T08:35:05","slug":"badaladas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/08\/30\/badaladas\/","title":{"rendered":"Badaladas"},"content":{"rendered":"\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p><em>\u2014Con la iglesia hemos dado, Sancho.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>\u2014Ya lo veo \u2014respondi\u00f3 Sancho\u2014, y plega a Dios que no demos con nuestra sepultura, que no es buena se\u00f1al andar por los cimenterios a tales horas [\u2026]<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>&#8211;<\/em>Miguel de Cervantes Saavedra<\/p>\n\n\n\n<p><em>(Segunda parte del ingenioso caballero don Quijote de la Mancha, 1605)<\/em><\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 36 - Badaladas\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/GDPN0iIBRL0?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>A\u00ednda que unha sexa descrida, non pode negar a influenza da relixi\u00f3n na historia da arte. Para estudar as belas artes europeas \u00e9 importante co\u00f1ecer a mitolox\u00eda grega e a latina, as mitolox\u00edas n\u00f3rdicas, a relixi\u00f3n cat\u00f3lica, cos seus cismas e ramificaci\u00f3ns; da mesma maneira que para reco\u00f1ecer as belas artes asi\u00e1ticas tam\u00e9n se debe reco\u00f1ecer os postulados do budismo, do hindu\u00edsmo, do xinto\u00edsmo\u2026 O cinema, por suposto, non \u00e9 alleo a esta influenza.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Tan cedo como o cinemat\u00f3grafo foi inventado, o seu uso estendeuse inmediatamente a trav\u00e9s dos camar\u00f3grafos que traballaban para&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/03\/09\/creando-unha-linguaxe\/\" data-type=\"post\" data-id=\"181\">os irm\u00e1ns Lumi\u00e8re.<\/a>&nbsp;Cando digo inmediatamente, non esaxero: isto ocorreu nos poucos anos que transcorreron entre a invenci\u00f3n do aparello e o cambio de s\u00e9culo. Por\u00e9n, \u00e9 certo que a industria do cinema comezou a ga\u00f1ar peso en pa\u00edses occidentais,&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/08\/24\/o-grande-espectaculo\/\" data-type=\"post\" data-id=\"471\">sobre todo os EUA<\/a>, pero tam\u00e9n en Francia,&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/08\/02\/as-masas\/\" data-type=\"post\" data-id=\"524\">Italia<\/a>&nbsp;ou&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2020\/12\/29\/negra-sombra\/\" data-type=\"post\" data-id=\"402\">Alema\u00f1a<\/a>. Por ese motivo, a relixi\u00f3n cristi\u00e1 presente nestes pa\u00edses marcou moitos dos arquetipos que percorrer\u00eda a historia do cinema.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Para representar as instituci\u00f3ns cristi\u00e1s e a s\u00faa relixi\u00f3n de maneira cinematogr\u00e1fica, polo tanto audiovisual, rec\u00f3rrese aos conceptos f\u00edsicos e tanxibles como os espazos&nbsp; \u2013as igrexias cat\u00f3licas ou protestantes,<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/04\/06\/a-catedral\/\" data-type=\"post\" data-id=\"447\">&nbsp;as grandes catedrais,<\/a>&nbsp;as pequenas capelas, os cemiterios confesionais\u2026 \u2013, as personaxes \u2013persoas relixiosas, anxos, demos\u2026 \u2013 ou os obxectos relacionados ben coa mitolox\u00eda cristi\u00e1, ben coa celebraci\u00f3n do culto, como pode ser a cruz. En ocasi\u00f3ns, por\u00e9n, \u00e9 suficiente cun son. O que ouvides, un son; un est\u00edmulo auditivo que relacionamos inequivocamente coa instituci\u00f3n \u00e1 que acompa\u00f1a, porque tradicionalmente estivo ligado de maneira case exclusiva ao uso relixioso: falamos das camp\u00e1s, falamos das badaladas.&nbsp;<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/ccb9524891f1db8f1e962265b1bd9f7f\/1b19c1ad08c6fce3-94\/s540x810\/3db5b58a154151cc80dabc106a17c12c2f63f1e1.png\" alt=\"\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Neste sentido, o tanguemento das camp\u00e1s pode servir simplemente para ambientar, para ancorar o significado, para advertirnos que aquel edificio de pedra que vemos ao lonxe se trata dun convento ou dun mosteiro, ou calquera outro centro relixioso. Neste sentido, temos que aclarar que tam\u00e9n existe este arquetipo noutras sociedades e relixi\u00f3ns, pois o son caracter\u00edstico dun&nbsp;<em><a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Bonsh%C5%8D\">Bonsh\u014d<\/a>&nbsp;<\/em>tam\u00e9n indica a presenza dun centro relixioso budista no Xap\u00f3n, por po\u00f1er un exemplo.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Por\u00e9n,&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/05\/filmar-a-ausencia\/\" data-type=\"post\" data-id=\"404\">a trav\u00e9s da metonimia<\/a>&nbsp;e da asociaci\u00f3n de ideas podemos ampliar o significado do arquetipo das badaladas&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/19\/mar-e-liberdade\/\" data-type=\"post\" data-id=\"408\">no contexto dun sistema simb\u00f3lico cinematogr\u00e1fico<\/a>. Po\u00f1amos por caso: como a relixi\u00f3n enterra e as camp\u00e1s poden tocar a morto, o son das badaladas pode representar a morte de maneira abstracta. Incluso extra\u00e9ndoas do seu contexto relixioso! \u00c9 posible que os arquetipos leven unidos tanto tempo que xa non precisemos pensar na relixi\u00f3n cando se unen na pantalla os conceptos de morte e camp\u00e1s. De feito, hai un clich\u00e9 moi habitual que \u00e9 a inclusi\u00f3n de badaladas na banda sonora dun filme, de maneira extradiex\u00e9tica, no momento da morte dunha personaxe. Non ten sentido l\u00f3xico que unha camp\u00e1 soe tan cedo, co \u00f3bito a\u00ednda quente no chan, e seguramente a quil\u00f3metros do centro relixioso m\u00e1is preto. Por iso lle chamamos&nbsp;<a href=\"https:\/\/aprendercine.com\/musica-diegetica\/\">\u201cson extradiex\u00e9tico\u201d,<\/a>&nbsp;\u00e9 dicir, que non pertence \u00e1 narrativa sen\u00f3n \u00e1 banda sonora, e que ten un prop\u00f3sito emocional ou narrativo e non de ambientaci\u00f3n da escena con sons da realidade. Este clich\u00e9 s\u00f3 ten sentido cando analizamos a relaci\u00f3n entre as camp\u00e1s e a defunci\u00f3n da persoa, a trav\u00e9s do concepto da relixi\u00f3n e do soterramento.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Pero o das badaladas e a morte \u00e9 moito m\u00e1is complexo, pois xurde dunha evoluci\u00f3n l\u00f3xica: badalada &#8211; igrexa &#8211; soterramento &#8211; morte &#8211; perigo &#8211; presaxio. Desta maneira, as camp\u00e1s tam\u00e9n poden acompa\u00f1ar de maneira diex\u00e9tica ou extradiex\u00e9tica a unha personaxe ou situaci\u00f3n sinistra, relacionada coa morte, perigosa. Tr\u00e1tase dun presaxio, en ocasi\u00f3ns, de que algo malo vai ocorrer na trama. \u00c1 fin, tr\u00e1tase doutra&nbsp;<em><a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/05\/10\/bang-bang\/\" data-type=\"post\" data-id=\"513\">pistola de Chejov<\/a><\/em>&nbsp;que, ben colocada, anuncia o que ocorrer\u00e1 \u00edntres m\u00e1is tarde.&nbsp;<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/28747e857803bc37480eee0d069c4523\/1b19c1ad08c6fce3-85\/s540x810\/ae1c06d4f2e3cd68abb3d9a29a2679f1c3ba496d.png\" alt=\"\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Por\u00e9n, as\u00ed como hai moitos toques de camp\u00e1, tam\u00e9n existe un binomio de significados positivos e negativos arredor das badaladas \u2013<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/12\/mar-e-perigo\/\" data-type=\"post\" data-id=\"406\">como co oc\u00e9ano<\/a>&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/09\/21\/nocturno-no-1-as-tebras\/\" data-type=\"post\" data-id=\"475\">ou coa noite<\/a>\u2013. En ocasi\u00f3ns a igrexa non enterra, sen\u00f3n que celebra un nacemento, un casamento ou un acontecemento. As camp\u00e1s nese momento son unha&nbsp;<em>fanfarra<\/em>&nbsp;que soa \u00e1 gloria do ceo cristi\u00e1n. Se a camp\u00e1 solitaria \u00e9 a morte, a fanfarra de badaladas soa a \u00e9xito, a celebraci\u00f3n, a uni\u00f3n e fraternidade. \u00c9 moi propio das fins das pel\u00edculas, tan cedo como aparece o&nbsp;<em>The End&nbsp;<\/em>en pantalla, cando estas rematan cunha voda ou unha vitoria, por exemplo.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>E a\u00ednda poderiamos seguir buscando simbolismos! Se relacionamos a igrexa&nbsp; \u2013isto \u00e9 moi propio das culturas cat\u00f3licas\u2013 coa pureza, o celibato e a ausencia de pecado, unha camp\u00e1 pode trasladar ese mesmo significado a contextos non relixiosos e&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/11\/02\/a-dama-branca\/\" data-type=\"post\" data-id=\"481\">falarnos da inocencia ou da pureza<\/a>. Un exemplo, nesta ocasi\u00f3n si relacionado coa relixi\u00f3n cat\u00f3lica, \u00e9<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0039192\/?ref_=nv_sr_srsg_0\">&nbsp;Black Narcissus (Michael Powell e Emeric Pressburger, 1947)<\/a>. Noutras ocasi\u00f3ns simboliza a salvaci\u00f3n, relixiosa ou non, como no segmento final de <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0032455\/\"><em>Fantas\u00eda<\/em>&nbsp;(1940)<\/a>, cando o demo do Monte Pelado se agocha porque chega a luz do d\u00eda ao noso rescate.&nbsp;<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/6c987a2d035628f7489654927d0b293a\/1b19c1ad08c6fce3-1a\/s540x810\/135b3286bfe4c2e4495325d04cf684854c05c29b.png\" alt=\"\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>A particularidade deste arquetipo con respecto a outros que temos tratado nesta bit\u00e1cora \u00e9 que se trata<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/02\/02\/a-caixa-de-musica\/\" data-type=\"post\" data-id=\"413\">&nbsp;dun arquetipo sonoro, musical<\/a>. \u00c9ntranos polas orellas canda a banda sonora. Pois o cinema, incluso cando era silente, nunca foi mudo.&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u2014Con la iglesia hemos dado, Sancho. \u2014Ya lo veo \u2014respondi\u00f3 Sancho\u2014, y plega a Dios que no demos con nuestra sepultura, que no es buena se\u00f1al andar por los cimenterios a tales horas [\u2026] &#8211;Miguel de Cervantes Saavedra (Segunda parte del ingenioso caballero don Quijote de la Mancha, 1605) A\u00ednda que unha sexa descrida, non [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":871,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[156,155,8,213,157],"class_list":["post-529","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-badaladas","tag-campas","tag-cinema","tag-obxectos","tag-son"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/529","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=529"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/529\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":962,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/529\/revisions\/962"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/871"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=529"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=529"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=529"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}