{"id":527,"date":"2022-08-16T22:58:00","date_gmt":"2022-08-16T20:58:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=527"},"modified":"2023-12-18T09:34:54","modified_gmt":"2023-12-18T08:34:54","slug":"chanzo-a-chanzo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/08\/16\/chanzo-a-chanzo\/","title":{"rendered":"Chanzo a chanzo"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>Chanzo a chanzo imos percorrendo unhas escadas. A onde nos levan? Subimos ou baixamos? Descendemos unha ampla escaleira de opulencia colonial, cunha man no suntuoso pasam\u00e1ns e a outra a termar do noso vestido para non tropezar. Abaixo ag\u00e1rdannos as olladas dos pretendentes, dos amigos e dos rivais. Rubimos unhas inc\u00f3modas escadas de emerxencia, coa cara ciscada de p\u00f3lvora, cara o alto dunha torre onde nos agarda o noso destino. Descendemos de novo, desta vez cara a escuridade dun soto que leva anos sen abrir, que fede a humidade.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 35 - Chanzo a chanzo\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/rJqihxyuWm8?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>A escaleira, en todas as s\u00faas variantes (de man, de chan, de espiral, de emerxencias, encartable, dupla, tripla, magna\u2026) \u00e9 un elemento presente dende o comezo na narrativa cinematogr\u00e1fica. \u00c9 curioso, porque estamos a falar dun&nbsp;<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Liminalidad\">espazo liminar<\/a>,&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/08\/10\/o-marco-universal\/\" data-type=\"post\" data-id=\"469\">dun lugar de paso<\/a>&nbsp;no que, na vida coti\u00e1, non adoitan ocorrer cousas interesantes. Sempre que percorremos os chanzos dunha escaleira \u00e9 en direcci\u00f3n a outro lugar; non habitamos o espazo, non o utilizamos m\u00e1is que para desprazarnos. De a\u00ed que, ao situar unha escena clave no espazo liminar dunha escaleira, rompemos o tecido do coti\u00e1 e espertamos o interese do p\u00fablico. Poboamos o espazo con personaxes, aderez\u00e1molo cunha discusi\u00f3n, un asasinato, unha declaraci\u00f3n de amor, unha ollada, unha confesi\u00f3n e transcendemos as\u00ed a s\u00faa funci\u00f3n na realidade para convertela nun s\u00edmbolo.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/5a92d6c75e789900241e27027f1136da\/7f4ab9c72e8ae598-52\/s540x810\/fc416b13474b527c2e2f2200ca63279f28f2f440.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Nesta bit\u00e1cora adoitamos insistir no feito de que todo elemento cinematogr\u00e1fico prov\u00e9n&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/07\/19\/vai-un-sol-de-carallo\/\" data-type=\"post\" data-id=\"522\">dunha decisi\u00f3n art\u00edstica e consciente,<\/a>&nbsp;que unha peza de atrezzo, unha localizaci\u00f3n espec\u00edfica, ven sempre planificada e ten unha raz\u00f3n de ser. En ocasi\u00f3ns esa decisi\u00f3n v\u00e9n tomada por raz\u00f3ns pr\u00e1cticas, ou est\u00e9ticas. \u00c1s veces vai m\u00e1is al\u00e1, e b\u00fascase&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/19\/mar-e-liberdade\/\" data-type=\"post\" data-id=\"408\">un determinado simbolismo<\/a>, que na maior parte dos casos xa ven reflectido no gui\u00f3n, e polo tanto imbricado no tecido narrativo da historia.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/98581fe4d4686651ce76053fe7642837\/7f4ab9c72e8ae598-22\/s540x810\/2cec169a3590a2bdf7fc7fe854fe65ef8732f30f.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Comecemos polas raz\u00f3ns m\u00e1is profanas que poden levar a un cineasta a situar unha determinada escena nunha escaleira, porque tam\u00e9n te\u00f1en a s\u00faa importancia. Non todo vai ser simbolismo nesta vida.<\/p>\n\n\n\n<p>A escaleira aporta, a nivel visual, un efecto de profundidade. De&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Espazo_tridimensional\">tridimensionalidade<\/a>. Sit\u00faa aos personaxes nun plano superior ou inferior e, incluso, no fondo ou nun primeiro plano. Consegues unha escena complexa, cunha sensaci\u00f3n de volume real. Consegues habitar o espazo sen desaproveitar ningunha das tres dimensi\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p>A tridimensionalidade, por\u00e9n, \u00e9 s\u00f3 unha de tantas maneiras de organizar o espazo en termos de composici\u00f3n. A historia do arte ens\u00ednanos, por exemplo, que na arte bizantina as personaxes situ\u00e1banse e escal\u00e1banse&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.3minutosdearte.com\/generos-y-tecnicas\/perspectiva-jerarquica\/\">seguindo unha xerarqu\u00eda<\/a>, non unha&nbsp;<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Perspectiva\">perspectiva lineal ou a\u00e9rea<\/a>:&nbsp;<a href=\"https:\/\/historia-arte.com\/_\/eyJ0eXAiOiJKV1QiLCJhbGciOiJIUzI1NiJ9.eyJpbSI6WyJcL2FydHdvcmtcL2ltYWdlRmlsZVwvcGFudG9jcmF0b3ItdGF1bGwuanBnIiwicmVzaXplLDgwMCJdfQ.fbN8hiZqeJT8vyPeRPOnLTv4V-9X6SGQ1yuGW8h4MA0.jpg\">Xes\u00fas Pantocr\u00e1tor<\/a>&nbsp;deb\u00eda aparecer m\u00e1is grande que os anxos de arredor. Da mesma maneira, p\u00f3dense utilizar os chanzos dunha escaleira para xerarquizar determinadas personaxes con respecto a outras, colocando a quen ten o control da situaci\u00f3n, por exemplo, na parte superior. En&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0036775\/\"><em>Double Indemnity<\/em>&nbsp;(Billy Wilder, 1944)<\/a>, a&nbsp;<em>femme fatale<\/em>&nbsp;Phyllis Dietrichson fai a s\u00faa aparici\u00f3n estelar dende o piso superior dunha escaleira. Vienna, a protagonista de&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0047136\/\"><em>Johnny Guitar<\/em>&nbsp;(Nicholas Ray, 1954)<\/a><em>,&nbsp;<\/em>toma o control da situaci\u00f3n situ\u00e1ndose da mesma maneira. Hai un feixe de escenas coma estas!<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/5583a198958d5072e3ee39210c680f86\/7f4ab9c72e8ae598-bf\/s540x810\/a79559bf846ae71a9e5beee2ceb1fbb5b9f9a3d5.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Mais xa cruzamos a li\u00f1a da narrativa e do simbolismo, agora non hai volta atr\u00e1s. Podemos falar tam\u00e9n de que como situar aos personaxes en diferentes alturas forza a ambos a ollarse cara arriba ou cara abaixo, respectivamente, o que pode significar o uso de&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.escuelacine.com\/que-es-el-plano-subjetivo-en-cine\/\">planos subxectivos&nbsp;<\/a>-\u00e9 dicir, dende o punto de vista dos personaxes-<a href=\"https:\/\/www.casanovafoto.com\/blog\/2014\/02\/planos-cine-segun-angulacion\/\">&nbsp;picados ou contrapicados<\/a>, nun \u00e1ngulo que transforma a perspectiva -literalmente, pero tam\u00e9n metaforicamente- que temos sobre eles: un plano picado pode converter a algu\u00e9n nunha persoa indefensa, vulnerable, superada polas circunstancias ou por outras persoas; un contrapicado el\u00e9vaa a unha posici\u00f3n privilexiada, poder, control, epicidade, determinaci\u00f3n. \u00c9 todo cuesti\u00f3n de perspectiva.<\/p>\n\n\n\n<p>Por\u00e9n, sen necesidade de utilizala para xerarquizar, a escaleira en si mesma cont\u00e9n todo un universo simb\u00f3lico que pode transmitir ao espectador. \u00c9 un deses obxectos que, segundo as s\u00faas formas e funcionalidades espec\u00edficas, pode representar \u00e1s personaxes e ao mundo que a rodea; non \u00e9 o mesmo unha grande escaleira central&nbsp;<em><a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0031381\/\">nunha mansi\u00f3n sudista en Xeorxia, EUA<\/a><\/em>&nbsp;que unha escaleira de metal oxidada&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0055614\/\">nun bloque de edificios no&nbsp;<em>West Side<\/em>&nbsp;de Nova Iorque.<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>Mais, aparte do evidente, unha escaleira pode m\u00faltiples significados. Pode ser a met\u00e1fora dunha sa\u00edda, dun escape.&nbsp;<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Escalera_de_Jacob\">A escaleira ao ceo<\/a>&nbsp;ou o&nbsp;<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Infierno_(Divina_comedia)\">descenso aos infernos de Dante<\/a>. As escadas infinitas que se perden na escuridade, como un pozo sen fondo, mais tam\u00e9n o longo ascenso \u00e1 gloria, a superaci\u00f3n dos derradeiros chanzos como representaci\u00f3n dun reto, un desaf\u00edo ou dunha inseguridade a superar, como en&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0075148\/\"><em>Rocky<\/em>&nbsp;(John G. Avildsen, 1976).<\/a>&nbsp;Se \u00e9 unha escada de espiral, retorcida, complicada, estra\u00f1a, pode ser unha manifestaci\u00f3n visual da paranoia que asola \u00e1 personaxe que a percorre -disto sab\u00edan no Expresionismo Alem\u00e1n- e se ascende dereita cara a luz pode tratarse dunha met\u00e1fora da Caverna de Plat\u00f3n. Se se fica no medio, pode ser un sinal de indecisi\u00f3n da personaxe -non coma n\u00f3s, que sabemos perfectamente se subimos ou baixamos-. No filme&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0042192\/\"><em>All about Eve<\/em>&nbsp;(Joseph L. Mankiewicz, 1950)<\/a>, as escadas reflicten a posici\u00f3n -e o ascenso- social das personaxes nunha carreira polo privilexio e a notoriedade.&nbsp;<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/8cd8022d185e408309d62bc2f6a2c5d1\/7f4ab9c72e8ae598-fc\/s540x810\/ca0be599fbeb86c9a05495181004526812710356.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>De todas estas posibilidades, gustar\u00edame quedarme coa idea de que o cinema transforma o coti\u00e1 -a escaleira, o espazo liminar, o d\u00eda a d\u00eda-, transc\u00e9ndeo na busca de significado, de tensi\u00f3n dram\u00e1tica e de profundidade narrativa para ofrecernos novas perspectivas. Pode ser unha simple escaleira; pero, no cinema, nunca ser\u00e1 soamente unha escaleira.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Chanzo a chanzo imos percorrendo unhas escadas. A onde nos levan? Subimos ou baixamos? Descendemos unha ampla escaleira de opulencia colonial, cunha man no suntuoso pasam\u00e1ns e a outra a termar do noso vestido para non tropezar. Abaixo ag\u00e1rdannos as olladas dos pretendentes, dos amigos e dos rivais. Rubimos unhas inc\u00f3modas escadas de emerxencia, coa [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":872,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[154,8,153,225],"class_list":["post-527","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-chanzos","tag-cinema","tag-escaleiras","tag-lugares"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/527","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=527"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/527\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":963,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/527\/revisions\/963"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/872"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=527"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=527"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=527"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}