{"id":524,"date":"2022-08-02T22:56:00","date_gmt":"2022-08-02T20:56:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=524"},"modified":"2023-12-18T09:34:40","modified_gmt":"2023-12-18T08:34:40","slug":"as-masas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/08\/02\/as-masas\/","title":{"rendered":"As masas"},"content":{"rendered":"\n<p><strong><a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Zoon_politik%C3%B3n\">\u201cO ser humano \u00e9 un animal social\u201d<\/a>&nbsp;par\u00e9ceme unha boa frase para comezar este artigo, no que exploraremos o tratamento das masas e multitudes nas pantallas do cinema. \u00c9 un bo comezo porque resume moi ben de que trata todo isto: se somos sociais por natureza, g\u00fastanos relacionarnos cos demais, e a maior parte de manifestaci\u00f3ns art\u00edsticas narrativas inciden na maneira das persoas de interactuar entre si. As persoas son animais sociais coa capacidade de xuntarse en grupos e sociedades, en organizaci\u00f3ns e en multitudes, para actuar fronte a un est\u00edmulo de maneira conxunta. Fac\u00e9molo moi a mi\u00fado, de feito: acudimos en masa a un concerto, a ver un partido; fund\u00edmonos&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2020\/12\/15\/tren-e-cinema\/\" data-type=\"post\" data-id=\"87\">nunha multitude de turistas<\/a>&nbsp;ou de manifestantes; somos capaces de cantar, berrar consignas, chorar e rir a coro; somerx\u00e9monos xuntos na di\u00e9xese dunha pel\u00edcula cando acudimos a unha sala de cinema. E despois dunha experiencia traum\u00e1tica colectiva, como foi a parte m\u00e1is dura da pandemia, na que renunciamos a participar nas multitudes, agora valoramos m\u00e1is os aspectos positivos de xuntarse \u2013ou non, tam\u00e9n se comprende \u00e1 xente que non o acha de menos\u2013.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 34 - As masas\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/bG42Z5rafHo?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>As persoas son animais sociais,<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/03\/23\/espello-espellino\/\" data-type=\"post\" data-id=\"445\">&nbsp;e as personaxes tam\u00e9n, sendo un reflexo do que somos.<\/a>&nbsp;O cinema, ademais, ten as caracter\u00edsticas ideais para mostrar as masas e as multitudes en toda a s\u00faa extensi\u00f3n. A escena teatral, por exemplo, non ten a cabida f\u00edsica para aloxar a unha multitude e debe acudir a outros recursos para representar grandes masas de persoas \u2013certas acotaci\u00f3ns, a&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/05\/filmar-a-ausencia\/\" data-type=\"post\" data-id=\"404\">metonimia<\/a>, o f\u00f3ra de escena\u2026\u2013.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/09d04f40301ea797eadb1f86e9dd3ad8\/a19e38937feeb6b4-ca\/s540x810\/2a90504ebd6786d4788d253f7731bcfa307b068f.jpg\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>De feito, da necesidade de separar o cinema do Film d\u2019Art franc\u00e9s, que ti\u00f1a como base a tradici\u00f3n teatral, nace&nbsp;<a href=\"https:\/\/historiadelcine2019.wordpress.com\/2019\/02\/20\/el-cine-colosal-italiano\/\">o&nbsp;<em>colosalismo<\/em><\/a>. O colosalismo foi un dos primeiros movementos cinematogr\u00e1ficos, pertencente aos inicios da historia do cinema, e consist\u00eda en produci\u00f3ns masivas e extravagantes con decorados cicl\u00f3peos e milleiros de extras para representar, sobre todo, grandes episodios hist\u00f3ricos ou lendarios, as grandes epopeas da humanidade e da relixi\u00f3n. A corrente colosalista nace en Italia, nos tempos de Vittorio Emanuele III, nun contexto social no que xurd\u00eda pouco a pouco unha ideolox\u00eda moi perigosa e que no que a vontade das masas ti\u00f1a un papel fundamental: o&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Fascismo\">fascismo<\/a>. A nostalxia por un pasado nacional levou a vista dos artistas italianos a Roma e a outras epopeas mitol\u00f3xicas ou cristi\u00e1s; isto, sumado \u00e1 ambici\u00f3n por&nbsp;<em>sets<\/em>&nbsp;cada vez m\u00e1is colosais e abarrotados que o novo cinemat\u00f3grafo agora era capaz de capturar, deu lugar a grandes obras como&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0002445\/\"><em>Quo Vadis?<\/em>&nbsp;(Enrico Guazzoni, 1912)<\/a>, a primeira adaptaci\u00f3n&nbsp;<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Quo_vadis%3F_(novela)\">da novela de Henryk Sienkiewicz<\/a>&nbsp;sobre a Roma de Ner\u00f3n, e&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0003740\/\"><em>Cabiria&nbsp;<\/em>(Giovanni Pastrone, 1914)<\/a>. Olli\u00f1o, que ambas rebasan as d\u00faas horas de duraci\u00f3n e se estrearon antes que a inaugural&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0004972\/\"><em>The Birth of a Nation<\/em>&nbsp;(D. W. Griffith, 1915)<\/a>,&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/08\/24\/o-grande-espectaculo\/\" data-type=\"post\" data-id=\"471\">como xa temos contado nalgunha ocasi\u00f3n.&nbsp;<\/a>Todo \u00e9 m\u00e1is grande, m\u00e1is complexo e m\u00e1is longo.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/93b40b1053949e12d5ab2faed00b0be8\/a19e38937feeb6b4-1c\/s540x810\/4589d726ec73fbdd3f4c37732c2d7f9027293184.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Un factor fundamental no desenvolvemento dos colosalismos \u00e9, xa non s\u00f3 a capacidade do cinema para capturar a grandiosidade das narrativas, sen\u00f3n a capacidade da industria cinematogr\u00e1fica, que comeza a asentarse a ambos lados do Atl\u00e1ntico \u2013tanto Griffith como Cecil B. DeMille filmar\u00edan obras colosalistas\u2013, para soster unha produci\u00f3n complexa. E di\u00f1eiro para pagar os extras e os decorados, e inversi\u00f3ns que se recuperar\u00e1n nas salas de cinema cando os espectadores acudan \u2013en masa!\u2013 a marabillarse e emocionarse con aqueles filmes. A partir de 1914 cando o colosalismo comeza a decaer, primeiro en Europa e despois nos EUA, en parte porque a<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Primeira_guerra_mundial\">&nbsp;Primeira Guerra Mundial<\/a>&nbsp;afastou ao p\u00fablico das salas de cinema, loxicamente, e polo tanto deixaron de seren rentables as grandes produci\u00f3ns.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/229a2d6bacbd6fa2000932fd3e449c1a\/a19e38937feeb6b4-dc\/s540x810\/586c38a4ed965849fb38804be5b79720bcad34b2.jpg\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Por\u00e9n, as multitudes non desapareceron. S\u00f3 minguaron para adaptarse \u00e1s distintas narrativas que o requir\u00edan. Os sovi\u00e9ticos utilizaron&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/05\/04\/a-clase-obreira\/\" data-type=\"post\" data-id=\"452\">as multitudes manifestantes como met\u00e1fora da vontade do pobo<\/a>&nbsp;fronte \u00e1 ditadura das oligarqu\u00edas, como os mari\u00f1eiros do acoirazado Potemkin e mailo pobo de Odessa no filme&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0015648\/\"><em>\u0411\u0440\u043e\u043d\u0435\u043d\u043e\u0301\u0441\u0435\u0446 \u00ab\u041f\u043e\u0442\u0451\u043c\u043a\u0438\u043d\u00bb<\/em>&nbsp;(Serguei M. Eisenstein, 1925)<\/a>. Non \u00e9 un uso moi diferente que o que fai o director americano&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Frank_Capra\">Frank Capra<\/a>&nbsp;coas personaxes coletivas dos seus filmes: as clases medias americanas en&nbsp;<em><a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0033891\/\">Meet John Doe<\/a><\/em>&nbsp;(1941) e mais a poboaci\u00f3n de Bedford Falls en&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0038650\/\"><em>It\u2019s a wonderful life<\/em>&nbsp;(1946)<\/a>&nbsp;son a vontade de todo o pobo estadounidense que act\u00faa en pos dun ideal motivado por unha figura exemplar (John Doe e George Bailey, respectivamente). Mais as multitudes tam\u00e9n te\u00f1en unha parte negativa, lonxe da loita social, que se materializa en histerias colectivas e linchamentos.&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/06\/01\/expresion-e-sombras\/\" data-type=\"post\" data-id=\"459\">Fritz Lang<\/a>, na s\u00faa etapa hollywoodiense, filmar\u00eda a multitude como un colectivo de xente que se deixa levar pola maior\u00eda e castiga cegamente a un falso culpable no filme&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0027652\/\">Fury (1936)<\/a>; mais Lang xa ti\u00f1a experiencia en filmar persoas que renuncian \u00e1 individualidade para deixarse levar pola mentalidade colectiva en&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0017136\/\"><em>Metropolis<\/em>&nbsp;(1927)<\/a>. Tam\u00e9n se pode salientar o uso das multitudes na filmograf\u00eda de&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Akira_Kurosawa\">Akira Kurosawa<\/a>, non s\u00f3 pola habilidade \u00e1 hora de crear personaxes colectivas como os habitantes da aldea de&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0047478\/\"><em>\u4e03\u4eba\u306e\u4f8d<\/em>&nbsp;(<em>Shichinin no Samurai<\/em>, 1954)<\/a>&nbsp;sen\u00f3n tam\u00e9n \u00e1 hora de utilizar o movemento de tales masas como elemento compositivo e r\u00edtmico.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Cando o x\u00e9nero do&nbsp;<em><a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/P%C3%A9plum\">p\u00e9plum<\/a><\/em>, que ten precisamente a s\u00faa orixe no colosalismo italiano, fixo a s\u00faa breve incursi\u00f3n no cinema cl\u00e1sico \u00e1 fin dos anos 50 e en plena era&nbsp;<em>technicolor<\/em>, foi necesario volver a traer as grandes masas de extras en superproduci\u00f3ns como&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0052618\/\"><em>Ben\u2013Hur<\/em>&nbsp;(William Wyler, 1959)<\/a>&nbsp;ou&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0054331\/\"><em>Spartacus&nbsp;<\/em>(Stanley Kubrick, 1960)<\/a>. Por\u00e9n, tampouco estaban os tempos \u2013nin as audiencias\u2013 para grandes inversi\u00f3ns, e o&nbsp;<em>p\u00e9plum<\/em>&nbsp;decaeu unha vez m\u00e1is. Houbo outro pequeno&nbsp;<em>revival<\/em>, se se lle pode chamar as\u00ed, a principios do novo milenio con filmes como&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0172495\/\"><em>Gladiator&nbsp;<\/em>(Ridley Scott, 2000)<\/a>, que recorreron tanto a extras reais como a efectos especiais e dixitais para representar as masas de espectadores do coliseo romano.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/ca0fa76fd0aaa75750330345429f2f79\/a19e38937feeb6b4-70\/s540x810\/5b9bea6c9328b424895e6ddbc7d28707feaa0aad.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Por\u00e9n, existe outra maneira de tratar a unha multitude: no canto de refer\u00edrmonos a unha personaxe colectiva, falamos dunha suma de individualidades no caso do cinema de&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/11\/16\/sorrisos-e-silencios\/\" data-type=\"post\" data-id=\"483\">Jacques Tati&nbsp;<\/a>ou de&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Luis_Garc%C3%ADa_Berlanga\">Luis Garc\u00eda Berlanga<\/a>. O primeiro, en&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0062136\/\"><em>Playtime<\/em>&nbsp;(1967)<\/a>&nbsp;ou en&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0069400\/\"><em>Trafic<\/em>&nbsp;(1971)<\/a>, enche a pantalla de personaxes que realizan acci\u00f3ns absurdas e que nos fan rir por acumulaci\u00f3n. Un personaxe bailando raro pode ser ou non gracioso, pero con vinte personaxes bailando raro cada un \u00e1 s\u00faa maneira nun s\u00f3 plano \u00e9 imposible non rir. Luis Garc\u00eda Berlanga, pola s\u00faa banda, foi o grande experto en filmar o caos dunha multitude. Bos exemplos son&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0045554\/\"><em>Bienvenido Mr. Marshall<\/em>&nbsp;<\/a>(1952), coa totalidade da poboaci\u00f3n de Villar del R\u00edo preparando a chegada dos americanos cada un pola s\u00faa banda, coas s\u00faas propias expectativas e roles; ou&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0055310\/\"><em>Pl\u00e1cido<\/em>&nbsp;<\/a>(1961) cunha morea de personaxes bailando en planos secuencia, entrando e sa\u00edndo de campo, aportando a s\u00faa opini\u00f3n, as s\u00faas man\u00edas e os seus prexu\u00edzos \u00e1 acci\u00f3n narrativa. E o mellor \u00e9 que non te perdes en ning\u00fan momento. Hai unha orde narrativa dentro do caos, ou mellor dito, hai un caos perfectamente descifrable na pantalla. Pois ningu\u00e9n escribe e filma unha multitude tan ben como o fixeron Azcona e Berlanga.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/b00fcfaed8607ff8af0f02799c9c949c\/a19e38937feeb6b4-9f\/s540x810\/66f97e2b5a8e1776c913216ec6cdd40d6d08c262.jpg\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>\u00c9 unha m\u00e1goa que as multitudes quedaran relegadas, nos \u00faltimos tempos, a masas de personaxes con roles relativamente pasivos \u2013os soldados dunha guerra espacial, os espectadores dun evento deportivo\u2013, salvo contadas e notables excepci\u00f3ns. Ser\u00e1 a era do cinema de superheroes, un x\u00e9nero altamente individualista no que os protagonistas, a\u00ednda que se xunten en agrupaci\u00f3ns m\u00e1is ou menos grandes, adoitan ter cada un a s\u00faa escena individual de lucimento en detrimento das apostas m\u00e1is colectivas. Hai que dicir que tam\u00e9n ten, como sempre tivo, un factor de recursos econ\u00f3micos e materiais: o cinema<em>&nbsp;indie<\/em>&nbsp;nunca foi af\u00edn \u00e1s multitudes debido aos orzamentos m\u00e1is medidos.Na actualidade tampouco acudimos en masa \u00e1s salas coma antes \u2013algunha vez trataremos este tema coa profundidade que merece\u2013 e podemos desfrutar dunha estrea na intimidade \u2013e na individualidade\u2013 da nosa casa a trav\u00e9s dunha plataforma dixital.<\/p>\n\n\n\n<p>Pero isto non \u00e9 unha decadencia, sen\u00f3n unha evoluci\u00f3n: xa que o cinema reflicte tam\u00e9n a sociedade, non dubido en que o retorno a mensaxes m\u00e1is colectivas traer\u00e1 de volta \u00e1s multitudes \u00e1 arte cinematogr\u00e1fica.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u201cO ser humano \u00e9 un animal social\u201d&nbsp;par\u00e9ceme unha boa frase para comezar este artigo, no que exploraremos o tratamento das masas e multitudes nas pantallas do cinema. \u00c9 un bo comezo porque resume moi ben de que trata todo isto: se somos sociais por natureza, g\u00fastanos relacionarnos cos demais, e a maior parte de manifestaci\u00f3ns [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":873,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[8,152,123,48],"class_list":["post-524","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-cinema","tag-masas","tag-personaxes","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/524","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=524"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/524\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":964,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/524\/revisions\/964"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/873"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=524"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=524"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=524"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}