{"id":522,"date":"2022-07-19T22:55:00","date_gmt":"2022-07-19T20:55:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=522"},"modified":"2025-03-21T14:07:13","modified_gmt":"2025-03-21T13:07:13","slug":"vai-un-sol-de-carallo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/07\/19\/vai-un-sol-de-carallo\/","title":{"rendered":"Vai un sol de carallo"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>Comecei a preparar esta entrada da bit\u00e1cora cando a calor estaba no seu c\u00e9nit, mais luc\u00eda case como un meme tanto nas redes sociais coma nas r\u00faas. Mentres suabamos como porcos nas nosas casas \u2013que na nosa terra non adoitan estar preparadas para illarnos das altas temperaturas que acadamos este xullo\u2013, a preocupaci\u00f3n era m\u00e1is un f\u00edo de fondo, unha certa tensi\u00f3n, un pensamento que nos lembraba a crise clim\u00e1tica e a incerteza do futuro, mais as s\u00faas consecuencias estaban lonxe abondo \u2013\u00e9 un dicir\u2013 como para permitir botar unha chanza sobre o tema.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 33 - Vai un sol de carallo\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/jIluL8fENQw?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Unha semana despois, xa \u00e9 diferente. A calor l\u00e9mbranos ao lume, a fa\u00edsca devoradora que nos envolve e nos queima, as lapas que consumen \u00e1rbores, casas, animais e persoas e a auga que non chega, nin dende as nubes nin dende os hidroavi\u00f3ns. \u00c9 curioso como pode cambiar o imaxinario colectivo dun d\u00eda para o outro. O clima social infl\u00fae na nosa maneira de ver as cousas. Os galegas e galegas que queiran ver estes d\u00edas&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/O_que_arde\"><em>O que arde<\/em>&nbsp;(Oliver Laxe, 2019)<\/a>&nbsp;non atopar\u00e1n m\u00e1is que m\u00e1goa e impotencia.<\/p>\n\n\n\n<p>Dito isto, falemos do noso, do cinema. Trataremos nesta ocasi\u00f3n a calor ao longo do seu espectro de significado a trav\u00e9s do s\u00e9timo arte. A calor abafante, a calor que paraliza, que impide pensar con claridade e que oprime a raz\u00f3n; a calor que xera intranquilidade, medo e impotencia.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/fa6573a35dd21a56b39319b6e8b8e0ef\/bc551cfd24de21fc-c2\/s540x810\/4db389eba8eceaa4a36380bf880638db376874bd.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Como representamos a calor, que \u00e9 unha sensaci\u00f3n t\u00e1ctil e f\u00edsica, a trav\u00e9s dun medio audiovisual que \u2013como o seu nome indica\u2013 s\u00f3 permite a representaci\u00f3n de son e imaxes? Por que hai filmes que fan uso da calor como elemento narrativo? A maneira de facelo \u00e9 a trav\u00e9s da metonimia e da sinestesia.<\/p>\n\n\n\n<p>A&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Metonimia\">metonimia&nbsp;<\/a>\u00e9 un tropo que consiste en designar unha cousa co nome doutra, namentres exista entre elas alg\u00fan tipo de relaci\u00f3n. No cinema, como xa temos falado nesta mesma bit\u00e1cora, a metonimia apl\u00edcase escollendo un motivo visual ou sonoro para representar un elemento non audiovisual ou un concepto abstracto.<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/05\/filmar-a-ausencia\/\" data-type=\"post\" data-id=\"404\">&nbsp;Unha cadeira baleira reflicte a ausencia dunha persoa&nbsp;<\/a>e unha gota de suor reflicte a calor \u2013ou, e isto ser\u00e1 importante m\u00e1is adiante, a tensi\u00f3n psicol\u00f3xica, o malestar e o nerviosismo\u2013. &nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Por outra banda, a metonimia conv\u00e9rtese en&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Sinestesia\">sinestesia&nbsp;<\/a>cando entran os sentidos no xogo de significados. A sinestesia def\u00ednese como asociaci\u00f3n de dous conceptos relativos a dominios sensoriais distintos: \u201cunha voz brillante\u201d, \u201cunha cor c\u00e1lida\u201d. Como recurso literario ou como variaci\u00f3n da percepci\u00f3n humana porque n\u00f3s, as persoas, podemos chegar a percibir unha sensaci\u00f3n co sentido equivocado.<\/p>\n\n\n\n<p>No cinema, alterar as cores dunha paisaxe neutra poden alterar a nosa percepci\u00f3n at\u00e9 o punto de permitirnos localizala nun ou outro punto do planeta segundo un determinado clima ou atmosfera \u2013o que non deixa de ser un estereotipo, en ocasi\u00f3ns dani\u00f1o\u2013. Non reparastes en que o cinema de Hollywood converte California en M\u00e9xico&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.cracked.com\/article_30837_the-mexican-movie-filter-is-worse-than-we-thought.html\">mediante o truco de maxia de tinguir a escena de amarelo?<\/a>&nbsp;O fen\u00f3meno dos estereotipos nacionais dar\u00e1, de seguro, para outro artigo.<\/p>\n\n\n\n<p>Polo tanto a sinestesia, como recurso, \u00e9 unha forma espec\u00edfica de metonimia que implica os nosos sentidos. As cores que denominamos como \u201cc\u00e1lidas\u201d \u2013o amarelo, o vermello e o laranxa\u2013 fannos sentir calor. Mais a cor, na historia do cinema, \u00e9 un asunto complexo! Xa antes da invenci\u00f3n do cinemat\u00f3grafo houbo tentativas \u2013e alg\u00fan \u00e9xito!\u2013 de&nbsp;<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Fotograf%C3%ADa_en_color#La_primera_fotograf%C3%ADa\">fotografar a realidade con toda a s\u00faa cor,<\/a>&nbsp;mais o cinema tivo que agardar a que&nbsp;<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Color_(cine)\">Technicolor perfeccionara as s\u00faas t\u00e9cnicas<\/a>&nbsp;arredor dos anos 30, e a\u00ednda as\u00ed era un proceso moi custoso que non se estandarizou at\u00e9 ben entrados os anos 60. No cinema silente era moi habitual o coloreado a man dos fotogramas, como fixeron&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/03\/09\/creando-unha-linguaxe\/\" data-type=\"post\" data-id=\"181\">M\u00e9li\u00e8s<\/a>&nbsp;e&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/04\/20\/abrir-as-portas-da-creatividade\/\" data-type=\"post\" data-id=\"449\">Segundo de Chom\u00f3n<\/a>,&nbsp;ou tinguir os fotogramas de determinadas cores para representar atmosferas concretas: de azul para a noite, de verde para a selva, de laranxa para o deserto ou para o solleiro do mediod\u00eda. Mais os filmes en branco e negro tam\u00e9n eran capaces de transmitirnos o fr\u00edo ou a calor con metonimias e sinestesias m\u00e1is sut\u00eds. Xa veremos como!<\/p>\n\n\n\n<p>En ocasi\u00f3ns a calor toma formas visuais concretas e exclusivas do fen\u00f3meno como a&nbsp;<a href=\"https:\/\/cosaspracticas.lasprovincias.es\/sabemos-por-que\/noticias\/201503\/13\/podemos-ondas-calor-20150313123522.html\">refracci\u00f3n da luz<\/a>&nbsp;ou a&nbsp;<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Fata_Morgana\">Fata Morgana<\/a>&nbsp;\u2013as ondas \u201cde calor\u201d que vemos xurdir do asfalto nos d\u00edas de maior temperatura ou os espellismos nas superficies ch\u00e1s que reflicten o ceo fac\u00e9ndonos ver obxectos e persoas a flotar\u2013. Todo isto util\u00edzase no cinema ao favor da narrativa, fac\u00e9ndonos ver de maneira realista que en determinada escena ou pel\u00edcula \u201cvai calor\u201d.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/c67509b4461792553a8ded9f1278ea0a\/bc551cfd24de21fc-66\/s540x810\/223cd9be483e4c616be918b60c8ed2a2ce25140a.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>O m\u00e1is evidente, por\u00e9n, \u00e9 centrarnos nas consecuencias da calor e m\u00e1is dos elementos que a acompa\u00f1an na realidade: a suor, por suposto, como motivo m\u00e1is reiterado, pero tam\u00e9n os elementos que utilizamos as persoas para combater as temperaturas altas \u2013un ventilador, por exemplo\u2013, os sons dos animais propios de climas ou estaci\u00f3ns c\u00e1lidas \u2013os grilos e carricantas que acompa\u00f1an todo o metraxe de<em>&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0060223\/\">La Caza<\/a><\/em><a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0060223\/\">&nbsp;(Carlos Saura, 1966)<\/a>\u2013 ou, de maneira a\u00ednda m\u00e1is sutil, no cansazo, o fast\u00edo ou a pouca lucidez na psicolox\u00eda das personaxes. Por que si, as persoas estamos m\u00e1is cansas, m\u00e1is parvas e m\u00e1is amoladas no ver\u00e1n, e polo tanto as nosas personaxes tam\u00e9n.<\/p>\n\n\n\n<p>O interesante da suor, concretamente, \u00e9 que sempre se trata dunha decisi\u00f3n art\u00edstica consciente. Dende a secci\u00f3n de maquillaxe dunha produci\u00f3n, proc\u00e9dese a eliminar ou minimizar a suor en filmes que non o precisan \u2013suar sempre foi habitual nos sets das pel\u00edculas debido \u00e1 acci\u00f3n dos focos\u2013, mais tam\u00e9n se aplican t\u00e9cnicas para esaxerar a suor en contextos narrativos que o piden. En&nbsp;<em><a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0081398\/\">Raging Bull<\/a><\/em>&nbsp;(Martin Scorsese, 1981) a suor empapa a personaxe protagonista en cada combate, dunha maneira excesiva, para reflectir a violencia desatada do&nbsp;<em>ring<\/em>. Isto acadouse aplicando vaselina no corpo de DeNiro e bot\u00e1ndolle auga a caldeiros, que por efecto da vaselina fux\u00eda da pel da personaxe con cada movemento.&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.denofgeek.com\/movies\/how-do-make-up-artists-create-sweat-in-the-movies\/\">Por\u00e9n, o habitual \u00e9 usar auga ou glicerina \u2013que ten a mesma densidade que a suor\u2013.<\/a><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/4c4b8f15a1d726ead43f335866e81de7\/bc551cfd24de21fc-47\/s540x810\/4c34a018340f88437ba0a1f1f31c47169a0404fb.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Sabendo isto, f\u00edxoseme estra\u00f1o a ausencia de suor nas personaxes de&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt1160419\/\"><em>Dune<\/em>&nbsp;(Denis Villeneuve, 2021)<\/a>. Concretamente, nas persoas con poder social ou econ\u00f3mico como a familia protagonista. Non fac\u00eda tanta calor en Arrakis? Par\u00e9ceme curioso&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=z96KzZ4Gpac\">\u2013e non s\u00f3 a min, polo que sei\u2013<\/a>&nbsp;que, tendo que escoller, se decidise eliminar a suor como recurso principal para representar as temperaturas extremas en favor de reservala para determinados momentos de tensi\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Ambos elementos narrativos \u2013a calor, a suor\u2013 te\u00f1en precisamente varias caracter\u00edsticas que os enchen de significado. As persoas, cando estamos alteradas, notamos calor e suamos \u2013en quente ou en fr\u00edo\u2013; a calor conv\u00e9rtese, na nosa imaxinaci\u00f3n, nun s\u00edntoma de alteraci\u00f3n psicol\u00f3xica. Por iso, cando o cinema fai uso da calor, adoita servir para aumentar a tensi\u00f3n psicol\u00f3xica dunha escena ou dun filme, para apremiar aos personaxes a actuar ou para potenciar o suspense.&nbsp;<em>La Caza<\/em>&nbsp;(Carlos Saura, 1966) \u00e9 un exemplo desta capacidade da calor para levar as personaxes ao l\u00edmite.<\/p>\n\n\n\n<p>Ademais, como dixemos antes, a calor oprime \u00e1s persoas, c\u00e1nsaas, paral\u00edzaas e d\u00e9ixaas na miseria. Polo tanto, narrativamente, \u00e9 unha certeira met\u00e1fora de calquera opresi\u00f3n social: o racismo en<em>&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0061811\/\">In the Heat of the Night<\/a><\/em><a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0061811\/\">&nbsp;(Norman Jewison, 1967)<\/a>&nbsp;ou o militarismo e a pobreza en&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0058122\/\">Os Fuzis (Ruy Guerra, 1964)<\/a>&nbsp;son representados pola calor opresora ou polo sol intransixente.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/4eae7348ff9d26e3aee2de139fa83990\/bc551cfd24de21fc-1a\/s540x810\/6d245cdf291cb00f1825983941e422544444d8ba.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Os significados que gardan os arquetipos narrativos tam\u00e9n son susceptibles de mutaci\u00f3ns, matices e evoluci\u00f3ns a trav\u00e9s do tempo. Os filmes calorosos dos anos 60 poden producir tam\u00e9n en n\u00f3s, persoas do s\u00e9culo XXI, unha urxencia, unha tensi\u00f3n que daquela apenas comezaba a despuntar: a ansiedade clim\u00e1tica, o medo a unha crise que nos afecta a todos por igual, a\u00ednda que alg\u00fans a\u00ednda non se decaten. Que a calor e o lume non poidan con n\u00f3s.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Comecei a preparar esta entrada da bit\u00e1cora cando a calor estaba no seu c\u00e9nit, mais luc\u00eda case como un meme tanto nas redes sociais coma nas r\u00faas. Mentres suabamos como porcos nas nosas casas \u2013que na nosa terra non adoitan estar preparadas para illarnos das altas temperaturas que acadamos este xullo\u2013, a preocupaci\u00f3n era m\u00e1is [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":874,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[150,8,217,151,199,219,83],"class_list":["post-522","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-calor","tag-cinema","tag-fenomenos-naturais","tag-lume","tag-metonimia","tag-natureza","tag-veran"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/522","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=522"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/522\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":965,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/522\/revisions\/965"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/874"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=522"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=522"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=522"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}