{"id":513,"date":"2022-05-10T22:49:00","date_gmt":"2022-05-10T20:49:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=513"},"modified":"2023-12-18T09:34:00","modified_gmt":"2023-12-18T08:34:00","slug":"bang-bang","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/05\/10\/bang-bang\/","title":{"rendered":"Bang, bang!"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>Vaia por diante que aqu\u00ed non nos gusta banalizar con asuntos serios. O problema \u00e9 que ao cinema si, dende sempre. Dende case o primeiro d\u00eda, a arte cinematogr\u00e1fica, como calquera outra arte narrativa, acudiu \u00e1 representaci\u00f3n da violencia, do perigo e da ameaza para aportar conflito \u00e1s s\u00faas historias. Isto, por suposto, non implica de maneira intr\u00ednseca o banalizar nada. Como xa mencionamos en artigos&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/10\/19\/de-cubas-e-bocois\/\" data-type=\"post\" data-id=\"479\">sobre a relaci\u00f3n entre o consumo de alcol e o cinema,<\/a>&nbsp;existen maneiras sensibles e axeitadas para abordar os problemas sociais a trav\u00e9s das pel\u00edculas. Non se cumpre sempre, iso si.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 32 - Bang, bang!\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/rAVq43O-rCo?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Cando a morte, a violencia \u2013ou o alcol\u2013 forman parte das convenci\u00f3ns do x\u00e9nero no que te est\u00e1s a mover \u2013o&nbsp;<em>noir<\/em>, o&nbsp;<em>western<\/em>, o&nbsp;<em>thriller<\/em>, o terror\u2026\u2013, compr\u00e9ndese que se traten estes temas coa superficialidade que require a historia. Aceptamos a realidade violenta e desagradable da ficci\u00f3n, afast\u00e1ndoa do noso d\u00eda a d\u00eda, e incluso chegamos a desfrutar dela durante a experiencia cinematogr\u00e1fica, non sen certa culpabilidade. Un sa\u00fado dende aqu\u00ed ao mestre Tarantino\u2026!<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/4eaefb1091af2d0a66828021a1cd0093\/d2b2257b13b76826-93\/s540x810\/7591916d90b13d26a009217dae0816bc5402d348.jpg\" alt=\"\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>O caso \u00e9 que, cando decid\u00edn dedicar este comezo de temporada a abordar as distintas facetas do x\u00e9nero de <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/06\/10\/laranxas-e-metralladoras-a-historia-do-gangster-no-cinema\/\" data-type=\"post\" data-id=\"210\">cinema de gangsters<\/a>, souben que ter\u00eda que adicar unha reflexi\u00f3n aos arquetipos referentes \u00e1s armas de fogo, que adquiren un grande protagonismo nestas narrativas. Xa falamos&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/01\/18\/luces-da-cidade\/\" data-type=\"post\" data-id=\"494\">da cidade como espazo a habitar polos gangsters<\/a>,&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/02\/01\/mais-alta-e-a-caida\/\" data-type=\"post\" data-id=\"496\">da trama de auxe e ca\u00edda propia das biograf\u00edas destas personaxes<\/a>,&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/03\/02\/lobo-con-pel-de-ano\/\" data-type=\"post\" data-id=\"502\">das s\u00faas aparencias enganosas<\/a>,&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/03\/15\/terra-de-oportunidades\/\" data-type=\"post\" data-id=\"505\">da s\u00faa&nbsp;<em>backstory&nbsp;<\/em>unida ao fen\u00f3meno das migraci\u00f3ns<\/a>,&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/02\/15\/o-trono\/\" data-type=\"post\" data-id=\"498\">e at\u00e9 da cadeira de brazos como met\u00e1fora da posici\u00f3n de poder que rexentan<\/a>. Hoxe, polo tanto, falaremos das metralladoras&nbsp;<em>thompson<\/em>&nbsp;que foron esenciais \u2013tanto na realidade como no eido da ficci\u00f3n\u2013 para instaurar o seu reino de terror durante a Lei Seca nos anos 20 do s\u00e9culo pasado. E non s\u00f3 a&nbsp;<em>tommy gun<\/em>: parece que hai unha arma de fogo emblem\u00e1tica para cada x\u00e9nero ou arquetipo, unida sempre a un tipo de personaxe, dende os rev\u00f3lveres do lonxano Oeste at\u00e9 as pistolas l\u00e1ser da ciencia ficci\u00f3n.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/d621f1a5ece05b53fb002245935a4706\/d2b2257b13b76826-b2\/s540x810\/84afe5132c00cc4dba1690f3c2ae4961ec098d9d.jpg\" alt=\"\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Penso que xa est\u00e1 explicada a raz\u00f3n da existencia das armas de fogo no cinema \u2013en xeral, de calquera arma\u2013 coa necesidade de inserir o conflito na trama e po\u00f1er en xogo os destinos dos protagonistas. Revestir de gravidade o asunto para que nos impliquemos, como espectadores, na historia. Mais onde est\u00e1 a orixe? No cinema que se adoita denominar \u201cprimitivo\u201d \u2013isto \u00e9, o cinema mudo e en branco e negro&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/03\/09\/creando-unha-linguaxe\/\" data-type=\"post\" data-id=\"181\">anterior \u00e1 noci\u00f3n de linguaxe cinematogr\u00e1fica<\/a>&nbsp;que reco\u00f1ecemos na actualidade\u2013 un dos primeiros x\u00e9neros que xurdiron foi o&nbsp;<em>western<\/em>. En realidade, daquela non contaban como pel\u00edculas \u201cde \u00e9poca\u201d, pois os primeiros cineastas estadounidenses eran pouco menos que coet\u00e1neos das grandes personaxes hist\u00f3ricas do&nbsp;<em>far west.<\/em>&nbsp;Algunhas das persoas que acud\u00edan \u00e1s salas de cinema para ver, por exemplo, a aparici\u00f3n do tren transcontinental no filme&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0015016\/\"><em>The Iron Horse&nbsp;<\/em>de John Ford (1924)<\/a>, estaban vivos cando se puxo a derradeira&nbsp;<a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Golden_spike\">estaca de ouro \u2013un 10 de Maio, coma hoxe, por certo\u2013&nbsp;<\/a>das v\u00edas do tren 55 anos antes.&nbsp;<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/28bdbd87468b253875930ac3cf56308a\/d2b2257b13b76826-b1\/s540x810\/a49a0b8367a2096d44e8f96635354fca4aac03b4.png\" alt=\"\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Neste senso, a realidade dos vaqueiros cos seus rev\u00f3lveres, dos ladr\u00f3ns de gando e mais dos&nbsp;<em>saloons<\/em>&nbsp;non estaba tan afastada dos espectadores de comezos do s\u00e9culo. O&nbsp;<em>western<\/em>&nbsp;non era un x\u00e9nero como tal, a\u00ednda non o era en 1903 cando<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0000439\/\">&nbsp;Edwin S. Porter rodou&nbsp;<em>The Great Train Robbery,<\/em><\/a>&nbsp;no que os asaltadores do tren titular disparan os seus rev\u00f3lveres mentres fuxen a cabalo das autoridades. A xente que acudiu a ver este filme non se sorprendeu tanto da ambientaci\u00f3n como do derradeiro plano, que mostra a un dos foraxidos disparando fronte \u00e1 c\u00e1mara, dirixido ao espectador. \u00c9 un plano peculiar, polo que correron r\u00edos de tinta, pois tr\u00e1tase dunha imaxe que non se corresponde coa trama cronol\u00f3xica do filme, que se presenta como un cadro final simb\u00f3lico, pero non narrativo. Tan importante foi, como para que Martin Scorsese o utilizara de novo, igualmente f\u00f3ra da di\u00e9xese, para o seu filme&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0099685\/\"><em>Goodfellas<\/em>&nbsp;(1990)&nbsp;<\/a>case cen anos m\u00e1is tarde.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/3d6aab4cd8c3eb73c9b03fb1a21df2bc\/d2b2257b13b76826-5c\/s540x810\/1a417551d01da66e4bac5acdf0704d25de3f1eff.png\" alt=\"\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Entre o plano de Porter e o de Scorsese dez d\u00e9cadas nos contemplan, no que as armas de fogo protagonizaron unha grande parte dos conflitos nas pel\u00edculas. Pasou a ser un complemento que atribu\u00edr a unha personaxe, un elemento que pod\u00eda revelar trazos da s\u00faa psicolox\u00eda ou do seu comportamento, ou como unha ferramenta propia de segundo que oficio \u2013a ambos lados da lei!\u2013; a escopeta da personaxe de Lillian Gish en&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0048424\/\"><em>The night of the hunter<\/em>&nbsp;(Charles Laughton, 1955)<\/a>&nbsp;c\u00f3ntanos como \u00e9 unha muller forte e autosuficiente, que vive soa, que ten uns f\u00e9rreos principios morais, e que chegar\u00e1 \u00e1s derradeiras consecuencias por protexer a inocencia das crianzas protagonistas da ameaza do&nbsp;<em>cazador<\/em>&nbsp;titular.&nbsp;A Tony Camonte br\u00edllanlle os ollos a primeira vez que sost\u00e9n unha&nbsp;<em>thompson<\/em>, por volver ao tema dos gangsters, e conv\u00e9rtea nun complemento absolutamente imprescindible da s\u00faa imaxe, da s\u00faa identidade. Xa non falemos de&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0058461\/\"><em>Per un pugno de dollari<\/em>&nbsp;(Sergio Leone, 1964)<\/a>&nbsp;no que non s\u00f3&nbsp;<em>the man with no name<\/em>&nbsp;co rostro impert\u00e9rrito de Clint Eastwood esgrime o revolver como unha parte de si mesmo, como unha extensi\u00f3n do seu brazo, sen\u00f3n que o vil\u00e1n que lle da a r\u00e9plica converte o conflito central na pel\u00edcula nun curioso \u201ca mi\u00f1a escopeta \u00e9 m\u00e1is grande que o teu rev\u00f3lver\u201d, que se resolve no cl\u00edmax da pel\u00edcula. Aparte de axudar \u00e1 caracterizaci\u00f3n de personaxes, as armas de fogo foron protagonistas de un cento de clich\u00e9s como, precisamente, o de que \u201co tama\u00f1o importa\u201d, un clich\u00e9 que desvela a visi\u00f3n da masculinidade \u2013fr\u00e1xil, que queredes que vos diga\u2013 de certos creadores no eido cinematogr\u00e1fico. Outros clich\u00e9s m\u00f3vense pola comicidade voluntaria ou involuntaria: nos debuxos animados, \u00e9 posible obstru\u00edr un can\u00f3n cun dedo; os malos nunca acertan sobre os bos, por moita metralla que lles manden; as metralladoras sempre se carretan en fundas de viol\u00edn\u2026 se trato de enumeralos todos poder\u00eda ficar aqu\u00ed todo o d\u00eda, as\u00ed que podedes quedarvos coa idea de que existen moitos arquetipos e clich\u00e9s unidos \u00e1 utilizaci\u00f3n de armas de fogo, alg\u00fans provenientes de outras disciplinas art\u00edsticas, outros ligados \u00e1s convenci\u00f3ns de x\u00e9nero e a maior\u00eda susceptibles de parodia.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/d0b0317430f0a469288e3e2ffb87abe3\/d2b2257b13b76826-a0\/s540x810\/3626221b09fa1e4a9eaba94ac63264c8965dc350.jpg\" alt=\"\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Gustar\u00edame pararme, iso si, nun arquetipo on nome de arma de fogo, pola s\u00faa conveniencia \u00e1 hora de compo\u00f1er narrativas cinematogr\u00e1ficas: a pistola de Chekhov. Para&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Anton_Chekhov\">Anton Chekhov<\/a>, escritor de orixe ruso, ning\u00fan elemento dunha historia debe estar a\u00ed por estar, todo ten que ter unha funci\u00f3n. Nas s\u00faas palabras:<\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Se dixeches no primeiro cap\u00edtulo que hab\u00eda un rifle pendurado na parede, no segundo ou terceiro este debe de ser descolgado inevitablemente. Se non vai ser disparado, non deber\u00eda ser posto a\u00ed.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p>Por suposto, a existencia de outros recursos como o&nbsp;<em><a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Red_herring\">red herring<\/a>&nbsp;<\/em>ou o&nbsp;<a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/MacGuffin\"><em>MacGuffin<\/em>&nbsp;<\/a>\u2013tranquilos, quedan moitos m\u00e1is episodios de Kinocube para explicar cada un deles\u2013 entra en contradici\u00f3n con este principio. Por\u00e9n, podemos ter sempre presente ao amigo Chekhov cando escribamos as nosas historias, sexa para o medio cinematogr\u00e1fico ou para outro medio. Cando introducimos un elemento nun filme, o espectador \u2013que non \u00e9 parvo\u2013 conformar\u00e1 certas expectativas, e \u00e9 a labor do autor xogar con tales expectativas cumpr\u00edndoas, contradic\u00edndoas ou transcend\u00e9ndoas. Un pouqui\u00f1o o mesmo que ocorre cos arquetipos, non si?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Vaia por diante que aqu\u00ed non nos gusta banalizar con asuntos serios. O problema \u00e9 que ao cinema si, dende sempre. Dende case o primeiro d\u00eda, a arte cinematogr\u00e1fica, como calquera outra arte narrativa, acudiu \u00e1 representaci\u00f3n da violencia, do perigo e da ameaza para aportar conflito \u00e1s s\u00faas historias. Isto, por suposto, non implica [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":878,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[142,230,8,213,144],"class_list":["post-513","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-armas","tag-armas-de-fogo","tag-cinema","tag-obxectos","tag-western"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/513","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=513"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/513\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":968,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/513\/revisions\/968"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/878"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=513"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=513"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=513"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}