{"id":511,"date":"2022-04-26T22:48:00","date_gmt":"2022-04-26T20:48:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=511"},"modified":"2023-12-18T09:33:41","modified_gmt":"2023-12-18T08:33:41","slug":"era-unha-vez","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/04\/26\/era-unha-vez\/","title":{"rendered":"Era unha vez"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>Os libros sempre se levaron ben co medio audiovisual. Cando o cinema era novo, a literatura nutriu as narrativas dos primeiros filmes, adaptando unha e outra vez grandes cl\u00e1sicos internacionais, novelas e relatos emocionantes e ex\u00f3ticos para que o p\u00fablico&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2020\/12\/29\/negra-sombra\/\" data-type=\"post\" data-id=\"402\">se transportase lonxe no tempo e no espazo<\/a>, dende a Persia intemporal d\u2019<em><a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/As_mil_e_unha_noites\">As Mil e unha Noites<\/a><\/em>&nbsp;at\u00e9 as profundidades da selva india que trazou Rudyard Kipling n\u2019<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/O_libro_da_selva\"><em>O<\/em>&nbsp;<em>Libro da Selva<\/em><\/a>.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 31 - Era unha vez\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/5uO0k1WyjWw?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Tam\u00e9n os contos flu\u00eddos e atemporais propios da oralidade e da tradici\u00f3n se traduciron ao novo medio nacente, no que rapidamente a animaci\u00f3n \u2013e Walt Disney concretamente\u2013 se adiantou para crear o binomio m\u00e1is atractivo para crianzas e maiores na s\u00faa \u00e9poca: os contos de fadas animados. Foi precisamente neste formato, na primeira longametraxe animada da factor\u00eda Disney \u2013<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/04\/20\/abrir-as-portas-da-creatividade\/\" data-type=\"post\" data-id=\"449\">pois xa sabemos que non foi a primeira da historia<\/a>\u2013 na que atopamos por primeira vez na historia o arquetipo desta semana.&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0029583\/\"><em>Snow White and the seven dwarfs<\/em>&nbsp;(1937)<\/a>&nbsp;inicia a historia cun libro \u2013en acci\u00f3n real, ollo!\u2013 que se abre para introducirnos no universo ficcional, no mundo atemporal do conto de fadas.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/6b6ef8a587deafac8b76a1e8de3bf82b\/5b518561c34bbd59-cd\/s540x810\/775d4bed04d8491d94486adf8b51354357811acc.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Pero podemos retroceder moito m\u00e1is. Moit\u00edsimo m\u00e1is, porque a nosa historia comeza cando as persoas iniciaron<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/05\/18\/no-profundo-do-bosque\/\" data-type=\"post\" data-id=\"456\">&nbsp;o proveitoso costume de contarse contos os uns aos outros ao car\u00f3n da lareira.<\/a>&nbsp;Na s\u00faa orixe, as lendas e os contos de fadas coexist\u00edan en m\u00faltiples versi\u00f3ns e serv\u00edan a mi\u00fado como ferramenta para a transmisi\u00f3n de co\u00f1ecementos necesarios para a vida, como met\u00e1foras de situaci\u00f3ns reais: as\u00ed, a malvada madrastra pod\u00eda representar o abuso no interior da familia namentres que o lobo era unha maneira de chamarlle ao desco\u00f1ecido que axexa \u00e1 espreita agardando para facernos dano. Volveremos sobre isto m\u00e1is adiante, porque a as historias se cargan tam\u00e9n&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/03\/23\/espello-espellino\/\" data-type=\"post\" data-id=\"445\">do contido moral propio da s\u00faa \u00e9poca,<\/a>&nbsp;co que as sucesivas adaptaci\u00f3ns te\u00f1en que lidar.<\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Charles_Perrault\">Charles Perrault<\/a>,&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Irm%C3%A1ns_Grimm\">os irm\u00e1ns Jacob e Wilhelm Grimm<\/a>&nbsp;e posteriormente outros autores como&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Hans_Christian_Andersen\">Hans Christian Andersen<\/a>&nbsp;recolleron a testemu\u00f1a oral imprim\u00edndoa sobre as p\u00e1xinas dos libros, fixando os seus canons e, en ocasi\u00f3ns, censurando os elementos m\u00e1is sinistros para convertelos en relatos axeitados \u2013segundo eles\u2013 para as crianzas. O libro triunfa como soporte e comeza a formar parte&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/19\/mar-e-liberdade\/\" data-type=\"post\" data-id=\"408\">do sistema simb\u00f3lico&nbsp;<\/a>dos contos de fadas; cando pensamos na Bela Durminte ou na Carapuchi\u00f1a Vermella v\u00e9nnos \u00e1 cabeza o vello libro de contos.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/58cf1b9ed6096ae61037ba0d02fbe8cd\/5b518561c34bbd59-d1\/s540x810\/f9589352c739e6347e4c2dae6cedd8ce7535294a.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>O universo m\u00e1xico das fadas, as meigas, os pr\u00edncipes e os castelos deu o salto no s\u00e9culo XIX ao teatro popular \u2013<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/11\/16\/sorrisos-e-silencios\/\" data-type=\"post\" data-id=\"483\">lembremos que o cinema se alimentou tam\u00e9n dos elementos do&nbsp;<em>vaudeville<\/em><\/a>\u2013 en forma de&nbsp;<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/F%C3%A9erie\"><em>f\u00e9eries<\/em>, obri\u00f1as de teatro fant\u00e1sticas que representaban contos de fadas<\/a>&nbsp;val\u00e9ndose de todas as innovaci\u00f3ns t\u00e9cnicas e art\u00edsticas da \u00e9poca: m\u00fasica, baile, pantomima, acrobacias, enxe\u00f1osos efectos visuais e mec\u00e1nicos que fac\u00edan voar aos actores ou xogos de luces. \u00c9 neste contexto de alarde t\u00e9cnico e modernidade fant\u00e1stica no que se comezan a desenvolver&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/02\/02\/a-caixa-de-musica\/\" data-type=\"post\" data-id=\"413\">aqueles xoguetes que precederon e contribu\u00edron \u00e1 invenci\u00f3n do cinemat\u00f3grafo \u2013lanternas m\u00e1xicas,&nbsp;<em>fenaquistiscopios<\/em>,&nbsp;<em>zo\u00f3tropos<\/em>\u2013<\/a>&nbsp;&nbsp;polo que debemos de considerar \u00e1s&nbsp;<em>f\u00e9eries<\/em>&nbsp;como&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/02\/09\/de-aparecidos\/\" data-type=\"post\" data-id=\"412\">un de tantos antecedentes<\/a>&nbsp;que promoveron a invenci\u00f3n do cinema.<\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/03\/09\/creando-unha-linguaxe\/\" data-type=\"post\" data-id=\"181\">Georges M\u00e9li\u00e8s, un dos pioneiros do cinemat\u00f3grafo&nbsp;<\/a>dos que xa falamos nesta bit\u00e1cora, foi quizabes o primeiro en decatarse da conveniencia do novo medio para representar as&nbsp;<em>f\u00e9eries<\/em>&nbsp;que tanto gustaban ao p\u00fablico moderno. A s\u00faa adaptaci\u00f3n de&nbsp;<a href=\"https:\/\/youtu.be\/s1hzP9yzb_U\"><em>Cendrillon<\/em>&nbsp;(<em>Cincenta<\/em>, 1899)<\/a>&nbsp;foi a primeira obra con orixe neste x\u00e9nero, e tam\u00e9n o primeiro conto de fadas, que foi adaptado ao cinema. M\u00e9li\u00e8s cultivou as narrativas fant\u00e1sticas durante toda a s\u00faa filmograf\u00eda, mais non foi o \u00fanico:&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/03\/09\/creando-unha-linguaxe\/\" data-type=\"post\" data-id=\"181\">Alice Guy-Blach\u00e9<\/a>&nbsp;xa estreara&nbsp;<a href=\"https:\/\/youtu.be\/c_xvf-ZEH7I\">La F\u00e9e aux Choux (A fada dos repolos, 1896)<\/a>&nbsp;e&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/04\/20\/abrir-as-portas-da-creatividade\/\" data-type=\"post\" data-id=\"449\">Segundo de Chom\u00f3n ou Lotte Reiniger<\/a>&nbsp;far\u00edan voar ao p\u00fablico con belas historias provintes da tradici\u00f3n oral moito antes de que Walt Disney decidira, como os irm\u00e1ns Grimm cen anos antes, que aqueles contos estaban destinados aos nenos e, en consecuencia, monopolizou a narrativa fant\u00e1stica a trav\u00e9s do medio animado durante d\u00e9cadas.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/4428b825221c264f6690b756a84f5e96\/5b518561c34bbd59-96\/s540x810\/85c927da7811161b4513b82c46dfd676432f43bc.jpg\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>A modernidade cinematogr\u00e1fica \u2013a partir da decadencia do sistema de estudios de Hollywood, arredor dos anos 60\u2013 e a chegada das novas olas tam\u00e9n trouxo aire fresco \u00e1s adaptaci\u00f3ns dos contos de fadas no cinema. Propostas como<em>&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0066207\/\">Peau d\u2019\u00e2ne<\/a><\/em><a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0066207\/\">&nbsp;(Jacques Demy, 1970)<\/a>&nbsp;voltan \u00e1 tradici\u00f3n&nbsp;<em>f\u00e9erie<\/em>&nbsp;e os contos de fadas para actualizar as narrativas tradicionais, darlles a volta e innovar. Os contos, na s\u00faa etapa oral, sempre foron susceptibles ao cambio e \u00e1 coexistencia de m\u00faltiples versi\u00f3ns, como xa mencionamos. Polo tanto, \u00e9 o material axeitado para ser sometido a novos enfoques, novas interpretaci\u00f3ns; traballar con elementos co\u00f1ecidos de sobra para o p\u00fablico permite a maleabilidade coa que directores como Demy esculpe o conto de Pel de Asno, permite cambiar o marco \u00e9tico,&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2020\/12\/22\/ollar-pola-fechadura\/\" data-type=\"post\" data-id=\"400\">sometelos \u00e1 cr\u00edtica feminista<\/a>&nbsp;ou \u00e1 an\u00e1lise psicol\u00f3xica, ao gusto. Como adiant\u00e1bamos hai un anaco, \u00e1s veces \u00e9 a \u00fanica maneira de lidar cos est\u00e1ndares morais das \u00e9pocas nas que foron escritas ou fixadas as historias.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/a26e958366b9919aae9ebd34c3a0a9b9\/5b518561c34bbd59-2e\/s540x810\/8f3638f22505556bab4117aedb1543bb3cc44180.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Neste artigo, que pretend\u00eda vir a ton co D\u00eda do Libro 2022, falamos m\u00e1is de contos de fadas \u2013que ironicamente, te\u00f1en a s\u00faa orixe na oralidade, moito antes da invenci\u00f3n da imprenta\u2013 que de obras literarias adaptadas ao medio cinematogr\u00e1fico. Por suposto, o arquetipo que quer\u00eda tratar tam\u00e9n foi aplicado a adaptaci\u00f3ns de libros publicados e con autor reco\u00f1ecido, como alg\u00fans exemplos que aparecen no v\u00eddeo introdutorio. O libro que se abre para introducirnos na s\u00faa narrativa, ou o libro que se escribe a medida que avanza a metraxe, son arquetipos aos que un cineasta recorre cando quere po\u00f1er o acento na orixe literaria da historia que quere contar, cando quere trasladarnos \u00e1s coordenadas espazo-temporais indeterminadas do conto de fadas ou cando quere, simplemente,&nbsp;<em>enmarcar a s\u00faa narraci\u00f3n<\/em>.<\/p>\n\n\n\n<p>O marco narrativo \u2013<em>framing device<\/em>&nbsp;en ingl\u00e9s\u2013 \u00e9 un recurso estil\u00edstico que utiliza o cinema para colocarnos, como espectadores, no lugar axeitado para suspender a nosa credibilidade e deixarnos levar pola narrativa, empatizar cos seus personaxes e, en definitiva, sentirnos parte da historia. Non \u00e9 un recurso exclusivo do cinema: a historia de do rei Shariar e Sherezade, a contacontos, non \u00e9 m\u00e1is que un marco narrativo para os centos de relatos que cont\u00e9n a obra d\u2019<em>As mil e unha noites<\/em>. No cinema, existen moitas maneiras de enmarcar a narraci\u00f3n: a&nbsp;<em>voz over<\/em>&nbsp;dun personaxe que monologa sobre a s\u00faa vida, como&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0043014\/\">Joe Gillis en&nbsp;<em>Sunset Blvd.&nbsp;<\/em>(Billy Wilder, 1950)<\/a>&nbsp;ou&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0099685\/\">Henry Hill en&nbsp;<em>Goodfellas<\/em>&nbsp;(Martin Scorsese, 1990)<\/a>; un&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Prolepse\"><em>flashforward<\/em>&nbsp;ou&nbsp;<em>prolepse<\/em><\/a><em>&nbsp;<\/em>que adianta os acontecementos futuros para incitar as preguntas no seu p\u00fablico \u2013<em>Como se chegou a esta situaci\u00f3n?\u2013;&nbsp;<\/em>ou, precisamente, un libro que se abre prometendo contarnos unha historia antiga e de interese. Cando o filme te atrapa desta maneira, o mellor e deixarse levar.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os libros sempre se levaron ben co medio audiovisual. Cando o cinema era novo, a literatura nutriu as narrativas dos primeiros filmes, adaptando unha e outra vez grandes cl\u00e1sicos internacionais, novelas e relatos emocionantes e ex\u00f3ticos para que o p\u00fablico&nbsp;se transportase lonxe no tempo e no espazo, dende a Persia intemporal d\u2019As Mil e unha [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":879,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[8,139,141,140,65,213],"class_list":["post-511","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-cinema","tag-conto","tag-dia-do-libro","tag-literatura","tag-literatura-oral","tag-obxectos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/511","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=511"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/511\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":969,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/511\/revisions\/969"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/879"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=511"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=511"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=511"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}