{"id":509,"date":"2022-04-12T22:46:00","date_gmt":"2022-04-12T20:46:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=509"},"modified":"2023-12-01T08:40:39","modified_gmt":"2023-12-01T07:40:39","slug":"a-aventura-da-modernidade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/04\/12\/a-aventura-da-modernidade\/","title":{"rendered":"A aventura da modernidade"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>Fagamos un pequeno exercicio de imaxinaci\u00f3n e situ\u00e9monos nos anos 30. O cinema leva corenta anos perfeccionando a s\u00faa linguaxe,&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/03\/09\/creando-unha-linguaxe\/\" data-type=\"post\" data-id=\"181\">dende as primeiras propostas pioneiras<\/a>&nbsp;e mais&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/04\/20\/abrir-as-portas-da-creatividade\/\" data-type=\"post\" data-id=\"449\">os experimentos \u00e1 marxe da norma<\/a>, at\u00e9 que&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/08\/24\/o-grande-espectaculo\/\" data-type=\"post\" data-id=\"471\">os cineastas de Hollywood inauguraron a era do cinema-espect\u00e1culo<\/a>. A estas alturas, a arte cinematogr\u00e1fica est\u00e1 totalmente asentada. As persoas acoden \u00e1s salas en masa\u2026 que \u00e9 o que queren ver? \u00c1s grandes estrelas como&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Jean_Harlow\">Jean Harlow<\/a>&nbsp;ou<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/George_Raft\">&nbsp;George Raft<\/a>? Rir coas comedias de enredos ou chorar cun drama hist\u00f3rico? Unha b\u00e9lica, unha de gangsters, quizabes un bo&nbsp;<em>western<\/em>?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Cineastas 6 - A aventura da modernidade (Walsh, Wellman, Hawks)\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/PBFPsu-1dYA?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Non \u00e9 probable que Jane Doe, unha espectadora hipot\u00e9tica que sae dunha sala de San Francisco para a sesi\u00f3n de tarde en 1932, dixera algo como: \u201ccomo me gustou o \u00faltimo filme de&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Frank_Capra\">Frank Capra<\/a>!\u201d. \u00c9 m\u00e1is probable que se referira \u00e1 pel\u00edcula pola estrela titular ou polo seu x\u00e9nero.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/73908bdc2a327db0ce71b1fadf703e85\/e59fc8f8531f0b8c-d3\/s540x810\/d216f3c1e27d410cc1fdca8c4dd1735f476d9eb2.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>A cinefilia actual out\u00f3rgalle unha importancia capital \u00e1 direcci\u00f3n cinematogr\u00e1fica como sin\u00f3nimo de autor\u00eda, pero isto non foi as\u00ed sempre. Adoita falarse, cando se trata dos albores do cinema cl\u00e1sico, de \u201ccineastas artes\u00e1ns\u201d, como contraposici\u00f3n aos \u201ccineastas-autor\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>De onde ven esta distinci\u00f3n? Nos anos 50-60, coincidindo coa ruptura dos canons do cinema cl\u00e1sico e a chegada das olas de modernidade cinematogr\u00e1fica,&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Nouvelle_Vague\">os&nbsp;<em>enfants terribles<\/em>&nbsp;da Nouvelle Vague \u2013a nova ola de cinema franc\u00e9s\u2013<\/a>&nbsp;como o cr\u00edtico e te\u00f3rico<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Andr%C3%A9_Bazin\">&nbsp;Andr\u00e9 Bazin<\/a>&nbsp;fundaron&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Cahiers_du_cin%C3%A9ma\">Cahiers du Cinema, unha publicaci\u00f3n peri\u00f3dica que revolucionou a arte de pensar o cinema.<\/a>&nbsp;Cambiaron a maneira de facer cr\u00edtica cinematogr\u00e1fica, revalorizaron aos vellos cineastas do Hollywood cl\u00e1sico e reivindicaron o papel dos directores como autores e autoras totais.<\/p>\n\n\n\n<p>Aqueles artistas novos, rupturistas \u00e1 par que id\u00f3latras, subiron a directores como&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Alfred_Hitchcock\">Hitchcock<\/a>&nbsp;\u00f3 podio do cinema. Mais tampouco \u00e9 que descubriran a p\u00f3lvora, pois Hitchcock xa era unha celebridade no auxe do cinema cl\u00e1sico. Quizabes a nosa amiga Jane Doe si puidera acudir \u00e1 sala de San Francisco baixo o reclamo do novo filme de Hitchcock, mago do suspense e rei dos cameos sen disimulo. E seguramente as persoas que acudiran a ver&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0043014\/?ref_=nv_sr_srsg_2\"><em>Sunset Boulevard&nbsp;<\/em>(Billy Wilder, 1950)<\/a>, polo menos unha parte, eran capaces de reco\u00f1ecer a&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Cecil_B._DeMille\">Cecil B. DeMille<\/a>&nbsp;no seu breve cameo, canda a&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Buster_Keaton\">Buster Keaton<\/a>&nbsp;e a&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Erich_von_Stroheim\">Erich von Stroheim<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<p>Poderiamos, quizabes, concretar que os amigos de&nbsp;<em>Cahiers du Cinema<\/em>&nbsp;inventaron, como quen di, a cinefilia. \u00c9 dicir, o concepto de idealizar a visi\u00f3n autoral dunha filmograf\u00eda. Os artistas que pasaron do caderno \u00e1 c\u00e1mara para realizar os seus propios filmes, como&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Fran%C3%A7ois_Truffaut\">Fran\u00e7ois Truffaut<\/a>&nbsp;e&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Jean-Luc_Godard\">Jean-Luc Godard<\/a>, fix\u00e9rono en calidade de autores. A partir dese momento, aparece no discurso a distinci\u00f3n entre o autor consciente e o cineasta artes\u00e1n que compo\u00f1\u00eda os filmes por encargo dun produtor.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/9398ae56da4090f056ef8ae26ed2e200\/e59fc8f8531f0b8c-30\/s540x810\/f50d77dff84e58aad9ba60a63d8cc1a5021f5202.jpg\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Mais, como podemos ver, a li\u00f1a \u00e9 difusa. Son Raoul Walsh, William A. Wellman e Howard Hawks, os protagonistas deste artigo, cineastas artes\u00e1ns? Aceptaban encargos, rend\u00edanse \u00e1s tendencias da \u00e9poca e axeit\u00e1banse aos x\u00e9neros cinematogr\u00e1ficos, ao que ped\u00eda o p\u00fablico. Que Jane Doe quer\u00eda ver, en plena&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Gran_Depresi%C3%B3n\">Gran Depresi\u00f3n<\/a>, gangsters impolutos, bandas rivais e violencia desmedida? Walsh, Wellman e Hawks dar\u00edanlle todo iso e m\u00e1is. Imped\u00edalles este feito desenvolver filmograf\u00edas con pegadas autorais indiscutibles, innovar na t\u00e9cnica e na narrativa e romper cos canons establecidos? Eu penso que non. Entremos en materia, que non \u00e9 sen tempo, e presentemos aos cineastas titulares do episodio de hoxe.<\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Raoul_Walsh\">Albert Edward Walsh, co\u00f1ecido como Raoul Walsh<\/a>, entrou no cinema pola porta grande: da man do pioneiro D. W. Griffith. Ademais de ser o seu asistente e actuar para el, pois fixo do asasino de Lincoln en&nbsp;<em><a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0004972\/?ref_=nv_sr_srsg_0\">The birth of a nation (1915)<\/a><\/em>, na primeira longametraxe da historia, subiuse rapidamente \u00e1 cadeira de director estreando o primeiro filme de gangsters,&nbsp;<em><a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0005960\/?ref_=nv_sr_srsg_0\">The regeneration<\/a><\/em>\u2026 o mesmo ano! Despois de servir no ex\u00e9rcito na Primeira Guerra Mundial, volve de novo ao cinema, tanto diante como detr\u00e1s das c\u00e1maras. Deixa o oficio actoral cando perde un ollo nun accidente de tr\u00e1fico provocado por unha lebre.<\/p>\n\n\n\n<p>O seu esp\u00edrito aventureiro levouno polos x\u00e9neros de acci\u00f3n, narrativas \u00e9picas e localizaci\u00f3ns ex\u00f3ticas; el mesmo foi un aventureiro, ao ter que abandonar o fogar con 15 anos a ga\u00f1ar a s\u00faa vida, polo que as s\u00faas personaxes reflicten a vida como unha grande aventura, \u00e1s veces cara a gloria e \u00e1s veces cara o abismo. Por iso Walsh quixo contar historias de gangsters, de heroes de guerra, de ladr\u00f3ns, piratas ou vaqueiros.<\/p>\n\n\n\n<p>Walsh comp\u00f3n os filmes \u2013segundo as propias palabras\u2013 como quen pinta un cadro, mais eu engadir\u00eda que o fai con grandes pinceladas r\u00e1pidas, que con dous trazos xa se reco\u00f1ece un rostro, un car\u00e1cter, un subtexto. Raoul Walsh achega a c\u00e1mara aos personaxes, sobre todo en escenas de grande calado emocional como as de romance, fac\u00e9ndonos part\u00edcipes do que ocorre. Nos ollos de Ida Lupino \u2013outra grande cineasta\/actriz da que tocar\u00e1 falar nalgunha ocasi\u00f3n\u2013 durante o cl\u00edmax de&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0033717\/?ref_=nv_sr_srsg_0\"><em>High Sierra<\/em>&nbsp;(Raoul Walsh, 1941)<\/a>&nbsp;at\u00f3pase a verdade do cinema enteiro.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/ceffeada60b5a920849ca431b97911cd\/e59fc8f8531f0b8c-24\/s540x810\/2b2a51ad951704f5b9264e123233fb46b0923243.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Os comezos de<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/William_A._Wellman\">&nbsp;William Augustus Wellman<\/a>&nbsp;tampouco foron para botar foguetes. A\u00ednda que non provi\u00f1ese dun estrato social baixo, a s\u00faa xuventude achegouno ao l\u00edmite mesmo da delincuencia xuvenil \u2013un dato que fai a\u00ednda m\u00e1is interesante a trama de&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0022286\/?ref_=nv_sr_srsg_0\"><em>The Public Enemy<\/em>&nbsp;(1931)<\/a>&nbsp;sobre un neno gamberro que medra para converterse nun gangster abocado \u00e1 fatalidade\u2013 at\u00e9 a s\u00faa participaci\u00f3n, como Walsh, na Primeira Guerra Mundial. Durante o conflito armado meteuse a piloto de avi\u00f3ns e incluso foi condecorado e alcumado \u201cWild Bill\u201d. Non \u00e9 estra\u00f1o que un dos seus primeiros grandes \u00e9xitos fora o filme mudo&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0018578\/?ref_=nv_sr_srsg_6\"><em>Wings&nbsp;<\/em>(1927)<\/a>, sobre avi\u00f3ns de combate,&nbsp;<a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/1st_Academy_Awards\">ga\u00f1ador do premio&nbsp;<em>Outstanding Picture<\/em>&nbsp;na prime\u00edr\u00edsima edici\u00f3n dos premios da Academia do Cinema de Hollywood<\/a>&nbsp;\u2013que, por certo contaba con Walsh entre os seus fundadores\u2013. A\u00ednda non se chamaban Oscars, claro.<\/p>\n\n\n\n<p>A s\u00faa innata capacidade de adaptaci\u00f3n \u2013filmou dende<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Comedia_screwball\">&nbsp;<em>screwball comedies<\/em>&nbsp;<\/a>at\u00e9&nbsp;<em>westerns<\/em>\u2013 levouno a comprender e aplicar o turbulento esp\u00edrito dos anos 30 \u00e1 acci\u00f3n r\u00e1pida e trepidante, con violencia desmedida pre-<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/06\/10\/laranxas-e-metralladoras-a-historia-do-gangster-no-cinema\/\" data-type=\"post\" data-id=\"210\">c\u00f3digo Hays<\/a>, con personaxes que son din\u00e1micos at\u00e9 cando est\u00e1n quietos, con innovaci\u00f3ns t\u00e9cnicas que lle permit\u00edan meter c\u00e1maras at\u00e9 nas cabinas das avionetas de combate. A partir dos anos corenta, acouga un pouco para ofrecer filmes de combusti\u00f3n m\u00e1is lenta, como a tensa&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0036244\/?ref_=nv_sr_srsg_0\"><em>The Ox-bow incident&nbsp;<\/em>(1942)<\/a>, na que ofrece un enfoque sobre o prexu\u00edzo e a inocencia moi adiantado ao seu tempo.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/7f36f8a2961bb861eafbab36d050e565\/e59fc8f8531f0b8c-6f\/s540x810\/1f641c32928bad00c714db75d668981131b57e32.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Wellman d\u00e9ixase influenciar polo derradeiro dos cineastas deste episodio, un bo amigo del e un dos m\u00e1is grandes cineastas do seu tempo:&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Howard_Hawks\">Howard Winchester Hawks.<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>Falamos unha vez m\u00e1is dun aventureiro, doutro mozo que triunfa no cinema \u00e1 s\u00faa volta da Primeira Guerra Mundial e que, como os anteriores, se adapta a calquera tipo de historia e a calquera x\u00e9nero cinematogr\u00e1fico. M\u00e1is que adaptar, b\u00f3rdaos. S\u00f3 fixo unha pel\u00edcula de gangsters nos anos 30, pero fixo a mellor. Tocou a&nbsp;<em>screwball comedy&nbsp;<\/em>nun par de ocasi\u00f3ns, mais unha delas \u00e9&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0029947\/?ref_=nv_sr_srsg_5\"><em>Bringing up baby<\/em>&nbsp;(1938)<\/a>, probablemente a m\u00e1is lembrada. Ademais do t\u00e1ndem Cary Grant-Katharine Hepburn, Hawks foi o culpable de xuntar na pantalla a Humphrey Bogart e a Lauren Bacall asentando as bases do cinema&nbsp;<em>noir<\/em>&nbsp;con&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0038355\/?ref_=nv_sr_srsg_6\"><em>The Big Sleep&nbsp;<\/em>(1946)<\/a>. Por non mencionar os&nbsp;<em>westerns<\/em>&nbsp;dos anos 60.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/301d3b05cf1d1e709f6c600b9884341b\/e59fc8f8531f0b8c-ac\/s540x810\/84ba715791910d58e258bb3d189dabdf6aeb1a9c.jpg\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>O seu estilo estaba despoxado de artificialidade, el mesmo se contentaba coa etiqueta de \u201cbo artes\u00e1n\u201d e, por\u00e9n, a\u00ednda podemos atopar as s\u00faas pegadas autorais tanto na narrativa como na t\u00e9cnica: camaradar\u00eda masculina, homes enfrontados ao mundo, mulleres fortes e independentes, humor ben situado at\u00e9 nos momentos m\u00e1is tensos, c\u00e1mara ao servizo da acci\u00f3n, secuencias impecables\u2026<\/p>\n\n\n\n<p>Tres personaxes da s\u00faa \u00e9poca, tres aventureiros, tres grandes cineastas do Hollywood cl\u00e1sico, tres\u2026 artes\u00e1ns ou artistas? Este \u00e9 o momento no que vos animo \u00e1 reflexi\u00f3n, pois non hai unha \u00fanica resposta v\u00e1lida. \u00c9 certo que a cinefilia, en ocasi\u00f3ns, peca de elitismo cultural, de ser unha comunidade moi pechada ou moi dogm\u00e1tica, de ser moi selectiva en canto \u00e1 etnia ou ao x\u00e9nero das personaxes que escolle reivindicar. Defendo por\u00e9n que, despoxada de dogmas e prexu\u00edzos, o que mola da cinefilia \u00e9 a (re)descuberta de grandes cineastas e de filmes como os que Walsh, Wellman e Hawks nos legaron. Abrir os ollos ao pasado e ao presente e deixarse asombrar de novo pola maxia do cinema.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fagamos un pequeno exercicio de imaxinaci\u00f3n e situ\u00e9monos nos anos 30. O cinema leva corenta anos perfeccionando a s\u00faa linguaxe,&nbsp;dende as primeiras propostas pioneiras&nbsp;e mais&nbsp;os experimentos \u00e1 marxe da norma, at\u00e9 que&nbsp;os cineastas de Hollywood inauguraron a era do cinema-espect\u00e1culo. A estas alturas, a arte cinematogr\u00e1fica est\u00e1 totalmente asentada. As persoas acoden \u00e1s salas en [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":880,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[15],"tags":[8,121,138,29,136,137],"class_list":["post-509","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-kc-cineastas","tag-cinema","tag-gangsters","tag-howard-hawks","tag-noir","tag-raoul-walsh","tag-william-a-wellman"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/509","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=509"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/509\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":971,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/509\/revisions\/971"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/880"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=509"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=509"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=509"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}