{"id":505,"date":"2022-03-15T22:43:00","date_gmt":"2022-03-15T21:43:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=505"},"modified":"2023-12-18T09:32:57","modified_gmt":"2023-12-18T08:32:57","slug":"terra-de-oportunidades","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/03\/15\/terra-de-oportunidades\/","title":{"rendered":"Terra de oportunidades"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>Nestes tempos convulsos, tanto na xeopol\u00edtica como na socioeconom\u00eda, atop\u00e1monos fronte a unha crise de refuxiados. Non \u00e9 a primeira vez, pois os movementos migratorios causados pola guerra e o conflito social representan un fen\u00f3meno continuado na historia da humanidade. Noutras ocasi\u00f3ns, as migraci\u00f3ns tiveron outras causas como a falta de recursos e oportunidades dos pa\u00edses de orixe, como ben sabemos os galegos.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 30 - Terra de oportunidades\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/gkj8likgbeg?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Non vos preocupedes, seguides a ler unha bit\u00e1cora arredor do cinema. Pareceume axeitado lembrar antes de nada que os arquetipos cinematogr\u00e1ficos te\u00f1en<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/05\/04\/a-clase-obreira\/\" data-type=\"post\" data-id=\"452\">&nbsp;a mi\u00fado fortes v\u00ednculos cos problemas sociais de hoxe ou de antano<\/a>. Atopamos un reflexo da vida como refuxiado na recente&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt8430054\/?ref_=nv_sr_srsg_1\"><em>Flee&nbsp;<\/em>(Jonas Poher Rasmussen, 2021) nominada a tres Oscars da Academia de Hollywood<\/a>. Mais \u00e9 quizabes o segundo tipo de migraci\u00f3ns das d\u00faas que mencionamos ao comezo o que se fixou en forma de arquetipo a trav\u00e9s do&nbsp;<em>corpus f\u00edlmico&nbsp;<\/em>-do conxunto de filmes- da historia do cinema. Polo tanto, nesta ocasi\u00f3n, o arquetipo no que nos imos centrar ser\u00e1 a emigraci\u00f3n cara a terra das oportunidades.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/201a85f20ddb6f207e700885dcad100e\/1e44f53e6273aa50-fb\/s540x810\/915bfd0508a488d6c0adaf88d406c93a6814e3fa.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Cal \u00e9 primeiro lugar, como cidad\u00e1n do mundo occidental, que se nos pode ocorrer cando se menciona o ep\u00edteto \u201cterra de oportunidades\u201d? Os Estados Unidos de Am\u00e9rica, ao mellor? Ser\u00e1 a influenza medi\u00e1tica exercida polos EUA, ser\u00e1 polo insistentes que son as ficci\u00f3ns estadounidenses \u00e1 hora de vincular ambos termos ou ser\u00e1 porque o groso do cinema que se consume nesta parte do mundo prov\u00e9n do sistema de estudios de Hollywood.<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c9 curioso que en Galiza cheguemos a pensar as\u00ed, sabendo que a nosa \u201cterra de oportunidades\u201d foi no seu momento Cuba, Arxentina ou M\u00e9xico, m\u00e1is que os Estados Unidos. De feito, na historia do cinema latinoamericano si existiron exemplos de arquetipos relacionados con inmigrantes galegos, como&nbsp;<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Nin%C3%AD_Marshall\">a arxentina de orixe galego Nin\u00ed Marshall e o seu co\u00f1ecido rol de C\u00e1ndida en&nbsp;<em>Una&nbsp;gallega en M\u00e9xico<\/em>&nbsp;(Juli\u00e1n Soler, 1949)<\/a>. Outro tipo de migraci\u00f3n representada amplamente, neste caso no cinema espa\u00f1ol, \u00e9 o \u00e9xodo rural das familias que deixan as s\u00faas aldeas natais para buscar traballo nas capitais de provincia -nominalmente en Madrid-, dando lugar a pesimistas reflexi\u00f3ns sociais como&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0044092\/?ref_=nv_sr_srsg_0\"><em>Surcos<\/em>&nbsp;(Jos\u00e9 Antonio Nieves Conde, 1951)<\/a>&nbsp;ou&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Paco_Mart%C3%ADnez_Soria\">comedias de situaci\u00f3n como as de Paco Mart\u00ednez Soria, da caste de&nbsp;<em>La ciudad no es para m\u00ed<\/em>&nbsp;(Pedro Lazaga, 1966).<\/a>&nbsp;Queiras que non,&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/01\/18\/luces-da-cidade\/\" data-type=\"post\" data-id=\"494\">a cidade, todas as cidades, eran tam\u00e9n o s\u00edmbolo dunha terra prometida.<\/a>&nbsp;Terra, unha vez m\u00e1is, de oportunidades.<\/p>\n\n\n\n<p>Por\u00e9n, a imaxe m\u00edtica das migraci\u00f3ns -polo menos en Hollywood- \u00e9 a da chegada en barco ao<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Puerto_de_Nueva_York\">&nbsp;New York Harbor,<\/a>&nbsp;amoreados e desnutridos, pero coa esperanza nos ollos ao albiscar a forma da estatua da Liberdade recortada sobre o ceo despexado. Unha met\u00e1fora, digamos, pouco sutil. E despois o control de aduana, as preguntas \u00e1s que se enfrontan as persoas tan cedo como po\u00f1en un p\u00e9 en terra, as olladas de rexeitamento e os fardos ao ombreiro.<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c9 unha escena habitual nas pel\u00edculas de&nbsp;<em>gangsters<\/em>, sobre todo aquelas situadas na primeira metade do s\u00e9culo XX, que sit\u00faan a&nbsp;<em>backstor<\/em><em>y<\/em>&nbsp;dos&nbsp;<em>gangsters<\/em>&nbsp;protagonistas nas vagas de emigraci\u00f3n europea cara as Am\u00e9ricas a comezos de s\u00e9culo. Pois o habitual \u00e9 relacionar&nbsp;<em>gangs<\/em>&nbsp;con Mafia e Cosa Nostra, e plantarlle o sambenito case exclusivamente \u00e1 comunidade italoamericana nos EUA, pero nada m\u00e1is lonxe: na \u201cterra de oportunidades\u201d houbo Tr\u00edadas chinesas, bandas irlandesas, de orixe xudeu ou de descendentes dos primeiros colonos, como as que describe Martin Scorsese en<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0217505\/?ref_=nv_sr_srsg_3\">&nbsp;Gangs of New York (2002)<\/a>. Outro exemplo \u00e9&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0086250\/?ref_=nv_sr_srsg_0\">Tony Montana,&nbsp;<em>Scarface<\/em><\/a>, que no remake de Brian de Palma (1983) ten orixe cubano -que chega aos estados unidos nunha migraci\u00f3n moi particular, o<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/%C3%89xodo_del_Mariel\">&nbsp;\u00e9xodo de Mariel<\/a>&#8211; mentres que o&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0023427\/?ref_=nv_sr_srsg_3\">Tony Camonte, o&nbsp;<em>Scarface&nbsp;<\/em>orixinal<\/a>&nbsp;do filme de Howard Hawks (1932) \u00e9 de orixe italiano.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/c5e4723ed2b376dcfe217242668a252e\/1e44f53e6273aa50-e7\/s540x810\/b1b187d33beef2b1ecb9e30f6627e315275cc459.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Cal \u00e9 o motivo de que se vincule ao gangster estranxeiro con este arquetipo, con estas migraci\u00f3ns que son parte da historia? Por que \u00e9 tan atractivo reflectir, como no caso de<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0071562\/?ref_=nv_sr_srsg_3\">&nbsp;Vito Corleone en The Godfather: Part II (Francis Ford Coppola, 1974)<\/a>, que o que hoxe se alza como un&nbsp;<em>capo<\/em>, como un xefe impert\u00e9rrito dos baixos fondos, foi un mozo asustado diante dun control aduaneiro? Eu atopo varias raz\u00f3ns, entre elas o mostrar o ascenso social, dende a vida miserenta que lle espera \u00e1 personaxe ao chegar, en guetos m\u00e1is ou menos pechados e baixo a ameaza do desemprego e da pobreza, at\u00e9 que se vai convertendo nunha persoa respectada e poderosa, habitualmente seguida dunha ca\u00edda a mans da lei, da sociedade ou dos seus propios erros. En definitiva,<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/02\/01\/mais-alta-e-a-caida\/\" data-type=\"post\" data-id=\"496\">&nbsp;para asentar a din\u00e1mica&nbsp;<em>rise and fall<\/em>&nbsp;da que xa temos falado.<\/a>&nbsp;Paralelamente, tam\u00e9n podemos falar da construci\u00f3n do so\u00f1o americano, de como o inmigrante \u00e9 despoxado pouco a pouco das s\u00faas particularidades culturais at\u00e9 que se considera a si mesmo un verdadeiro cidad\u00e1n americano. Non \u00e9 un filme de gangsters, pero no documental&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0117196\/\"><em>Nobody\u2019s Business,&nbsp;<\/em>de Alan Berliner (1996)<\/a>&nbsp;este \u00e9 un dos temas que se fan patentes a trav\u00e9s da historia da familia do autor.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/0543057c17066f5ef6582bc15786b330\/1e44f53e6273aa50-57\/s540x810\/0af0ba07b297d9efc7eaa9aa41e6e1c81c543730.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Volvendo aos filmes de&nbsp;<em>gangsters<\/em>, semella que relacionar un pasado tr\u00e1xico e unha vida dura \u00e1 nosa personaxe protagonista f\u00f3ra da lei \u00e9 unha maneira de asegurar certo nivel de empat\u00eda cara ela e as\u00ed implicar ao espectador emocionalmente. Se de algo serve o cinema, agardo que sexa para isto: para empatizar cos colectivos migrantes, coas persoas que os forman, independentemente da s\u00faa nacionalidade, e estender \u00e1 realidade a empat\u00eda a trav\u00e9s dun trato humano e xusto.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nestes tempos convulsos, tanto na xeopol\u00edtica como na socioeconom\u00eda, atop\u00e1monos fronte a unha crise de refuxiados. Non \u00e9 a primeira vez, pois os movementos migratorios causados pola guerra e o conflito social representan un fen\u00f3meno continuado na historia da humanidade. Noutras ocasi\u00f3ns, as migraci\u00f3ns tiveron outras causas como a falta de recursos e oportunidades dos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":882,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[8,128,130,48,218],"class_list":["post-505","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-cinema","tag-emigracion","tag-historia","tag-sociedade","tag-tramas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/505","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=505"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/505\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":973,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/505\/revisions\/973"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/882"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=505"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=505"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=505"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}