{"id":498,"date":"2022-02-15T18:37:00","date_gmt":"2022-02-15T17:37:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=498"},"modified":"2023-12-18T09:31:59","modified_gmt":"2023-12-18T08:31:59","slug":"o-trono","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/02\/15\/o-trono\/","title":{"rendered":"O trono"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>Os arquetipos residen a mi\u00fado nos obxectos coti\u00e1s, aqueles que utilizamos cada d\u00eda sen outorgarlle maior transcendencia pero que, ao seu paso polo celuloide, se ven cargados de significados e matices. Que importancia lle damos a unha cadeira? A que ten, para ser xustos: que sexa c\u00f3moda para aliviar as horas que pasamos sentados diante dun ordenador na oficina ou no teletraballo, que haxa abondas cadeiras para todos os parentes nun banquete familiar, que vaia a xogo coas curtinas da sala\u2026<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 28 - O trono\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/ekH7rgLjDPA?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Por\u00e9n, todo isto pasa a un segundo plano no cinema. Parecer\u00e1 trivial que unha personaxe pronuncie as s\u00faas li\u00f1as de p\u00e9 ou sentado, mais nesta bit\u00e1cora xa sabemos que nada se deixa \u00f3 azar na rodaxe dunha pel\u00edcula. Imaxinemos ao protagonista dun thriller de acci\u00f3n, que, preto do cl\u00edmax da s\u00faa pel\u00edcula, chega por fin \u00e1 guarida do seu antagonista. At\u00e9 agora nunca lle viu a face, soamente sabe da s\u00faa existencia polos obst\u00e1culos que foi po\u00f1endo ao seu paso. O noso protagonista chega \u00f3 despacho principal para ver unha cadeira de costas, unha cadeira de brazos negra e impo\u00f1ente, que vira amodi\u00f1o para revelar a unha personaxe co rostro desfigurado por unha cicatriz e un animali\u00f1o d\u00f3cil \u2013un gato ou un can pequeno\u2013 no colo. A que soa familiar?<\/p>\n\n\n\n<p>Por iso, neste novo episodio de Kinocube, imos tratar o concepto de \u201ctrono\u201d, que non \u00e9 m\u00e1is que unha cadeira con certa categor\u00eda, en relaci\u00f3n \u00e1 narrativa cinematogr\u00e1fica. Un trono \u00e9 un lugar f\u00edsico que implica unha posici\u00f3n privilexiada, pois s\u00f3 tes dereito a ocupalo se es unha persoa con poder; da mesma maneira, a cadeira de brazos negra do noso antagonista imaxinario tam\u00e9n \u00e9 un \u201ctrono\u201d ao que s\u00f3 se pode acceder se se pos\u00fae certo privilexio \u2013neste caso, o de liderar un imperio criminal\u2013.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/ede0331119be33204ddfa69b82701bf5\/28bf1cc1563ce58c-46\/s540x810\/7639740c5832f60c32b416ed181374a4b98e0302.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Ao igual que&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/05\/filmar-a-ausencia\/\" data-type=\"post\" data-id=\"404\">a metonimia, aquel recurso literario que nos permit\u00eda revelar o que est\u00e1 ausente,<\/a>&nbsp;a met\u00e1fora \u00e9 outra t\u00e9cnica literaria que se pode aplicar ao contexto cinematogr\u00e1fico. O metaf\u00f3rico, a \u201cposici\u00f3n\u201d privilexiada, v\u00f3lvese literal no cinema na forma dun asento, dunha posici\u00f3n f\u00edsica real. Non deixa de ser un recurso para caracterizar a unha personaxe, un recurso que revela os seus trazos internos mediante arquetipos visuais perfectamente reco\u00f1ecibles polo p\u00fablico. Tam\u00e9n serve para colocar as personaxes en situaci\u00f3ns determinadas, po\u00f1endo unhas a mercede das outras, mostrando a distancia que hai entre elas, a diferencia de clase ou o poder que te\u00f1en unhas sobre as outras. Precisamente, diso se trata a<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Puesta_en_escena\">&nbsp;<em>posta en escena<\/em>&nbsp;ou&nbsp;<\/a><em><a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Puesta_en_escena\">mise en sc\u00e8ne<\/a>,<\/em>&nbsp;un concepto provinte das artes esc\u00e9nicas que, no cinema, serve para definir un dos traballos m\u00e1is importantes dun cineasta: colocar todos os elementos da escena \u2013personaxes e atrezzo inclu\u00eddos\u2013 para aproveitar ao m\u00e1ximo todos os recursos dram\u00e1ticos e expresivos. No cinema franc\u00e9s, de feito, p\u00f3dese referir a un cineasta como&nbsp;<em>metteur-en-sc\u00e8ne<\/em>, \u00e9 dicir, o encargado da posta en escena. Sentar a unha personaxe nunha cadeira de brazos ou nun trono dourado, con todos os significados que iso implica, tam\u00e9n \u00e9&nbsp;<em>mise en sc\u00e8ne<\/em>.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/01f49b526a0396ef0c09b424ed5973d1\/28bf1cc1563ce58c-f7\/s540x810\/e5058ac9c70b94766085a51d76dd52cc880a0d25.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Existen moitas personaxes arquet\u00edpicas que ocupan posici\u00f3ns privilexiadas, dende&nbsp;<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Ricardo_III_(obra_de_teatro)\">os reis \u2013lex\u00edtimos ou non\u2013 do teatro isabelino<\/a>&nbsp;at\u00e9 os&nbsp;<em><a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/06\/10\/laranxas-e-metralladoras-a-historia-do-gangster-no-cinema\/\" data-type=\"post\" data-id=\"210\">gangsters&nbsp;<\/a><\/em>do cine negro, pasando polos antagonistas m\u00e1is estereotipados provenientes&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/James_Bond\">das aventuras de certos axentes secretos do MI6<\/a>&nbsp;e, por extensi\u00f3n, de calquera calco ou parodia deste tipo de&nbsp;<em>thrillers<\/em>&nbsp;de acci\u00f3n. E tam\u00e9n, como non, produtores de cinema e pol\u00edticos. Personaxes que coinciden a mi\u00fado con aqueles susceptibles de padecer&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/02\/01\/mais-alta-e-a-caida\/\" data-type=\"post\" data-id=\"496\">un arco de ascenso e ca\u00edda como os que describimos no episodio anterior<\/a>. Nada \u00e9 casual.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/b9c99ca83786d55e1aacfa6ca8f1765b\/28bf1cc1563ce58c-13\/s540x810\/98344cdcd55c20ea86db1daa0066fc897c749aa3.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Ademais da posici\u00f3n de privilexio, este arquetipo xoga con outros significados que o p\u00fablico \u00e9 capaz de desencriptar sen recorrer ao di\u00e1logo: a soidade do que chega \u00e1 cima, a degradaci\u00f3n moral, o ego descontrolado \u2013habitualmente proporcional ao tama\u00f1o da cadeira ou trono, \u00e1 s\u00faa suntuosidade ou \u00e1 distancia co resto de personaxes\u2013 ou a acumulaci\u00f3n de responsabilidades. \u00c9 m\u00e1is, a postura sobre a cadeira \u2013relaxada, tensa, altiva, afundida \u2013 tam\u00e9n \u00e9 reveladora dos conflitos internos, do sentir da personaxe. Tam\u00e9n infl\u00fae a maneira na que \u00e9 filmada: \u00e9 f\u00e1cil adivi\u00f1ar que o noso antagonista imaxinario \u2013un vil\u00e1n, un&nbsp;<em>gangster<\/em>, un persoeiro corrupto, un monarca ilex\u00edtimo, tanto ten \u2013 se sinte s\u00f3 na cima, despois de pisar ou eliminar a aqueles que se interpuxeron no seu cami\u00f1o, cando o plano que o enmarca \u00e9 amplo, aberto e baleiro de vida.&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/19\/mar-e-liberdade\/\" data-type=\"post\" data-id=\"408\">Como noutras ocasi\u00f3ns, non precisamos unha&nbsp;<em>voz over<\/em>&nbsp;que nos describa os seus pensamentos,<\/a>&nbsp;porque a maxia do cinema reside<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Show,_don%27t_tell\">&nbsp;no mostrar sen palabras<\/a>; o que os angloparlantes resumen na frase&nbsp;<em>show, don\u2019t tell<\/em>. Ens\u00ednamo, non mo contes.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os arquetipos residen a mi\u00fado nos obxectos coti\u00e1s, aqueles que utilizamos cada d\u00eda sen outorgarlle maior transcendencia pero que, ao seu paso polo celuloide, se ven cargados de significados e matices. Que importancia lle damos a unha cadeira? A que ten, para ser xustos: que sexa c\u00f3moda para aliviar as horas que pasamos sentados diante [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":885,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[124,8,121,29,213,125],"class_list":["post-498","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-cadeira","tag-cinema","tag-gangsters","tag-noir","tag-obxectos","tag-trono"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/498","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=498"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/498\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":975,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/498\/revisions\/975"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/885"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=498"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=498"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=498"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}