{"id":490,"date":"2021-12-14T15:45:00","date_gmt":"2021-12-14T14:45:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=490"},"modified":"2023-12-01T08:42:52","modified_gmt":"2023-12-01T07:42:52","slug":"25-episodios-1o-aniversario","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/12\/14\/25-episodios-1o-aniversario\/","title":{"rendered":"25 Episodios &#8211; 1\u00ba Aniversario"},"content":{"rendered":"\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p><em>Cando comecei a planificar esta pequena iniciativa ti\u00f1a claro que quer\u00eda navegar entre as imaxes que todos vimos algunha vez nunha pantalla grande, ese tipo de imaxes que un lembra pero non sabe identificar cun filme en particular. <\/em><em>[\u2026]<\/em><\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 25 - Primeiro aniversario \ud83c\udf89\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/yj7fuqgiM1w?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Esta cita pertence ao primeiro episodio de Kinocube, publicado un 15 de Decembro de 2020. Un pequeno <em>milestone, miliario <\/em>ou fito persoal que non imaxinaba que \u00eda ter o percorrido e a importancia na mi\u00f1a vida que est\u00e1 a ter agora mesmo. Xuntos, seguimos a navegar entre imaxes. Percorremos a historia do cinema a trav\u00e9s dos seus arquetipos, dende <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2020\/12\/15\/tren-e-cinema\/\" data-type=\"post\" data-id=\"87\">a despedida no apeadeiro dunha estaci\u00f3n de tren<\/a> at\u00e9 a <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/11\/02\/a-dama-branca\/\" data-type=\"post\" data-id=\"481\">Dama Branca que redime ao monstro<\/a>. Revelamos t\u00e9cnicas como <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2020\/12\/22\/ollar-pola-fechadura\/\" data-type=\"post\" data-id=\"400\">o keyhole shot<\/a>, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/05\/filmar-a-ausencia\/\" data-type=\"post\" data-id=\"404\">a metonimia cinematogr\u00e1fica que nos serve para mostrar o que non existe<\/a>, o<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/26\/correde-insensatos\/\" data-type=\"post\" data-id=\"410\"> ritmo interno e externo dunha montaxe<\/a>, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/02\/09\/de-aparecidos\/\" data-type=\"post\" data-id=\"412\">as fantasmagor\u00edas mediante o <em>stop trick <\/em>e a dobre exposici\u00f3n<\/a>, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/06\/29\/ring-ring\/\" data-type=\"post\" data-id=\"463\">a montaxe paralela que nos permite conectar escenas que ocorren a quil\u00f3metros de distancia<\/a>, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2020\/12\/29\/negra-sombra\/\" data-type=\"post\" data-id=\"402\">a acci\u00f3n que ocorre f\u00f3ra de campo<\/a> ou as t\u00e9cnicas para representar a ausencia de luz <a href=\"https:\/\/kinocube.tumblr.com\/post\/664240153927319552\/nocturno-n%C2%BA-2-o-refuxio\">como a evocadora<\/a><em><a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/10\/05\/nocturno-no-2-o-refuxio\/\" data-type=\"post\" data-id=\"477\"> noite americana<\/a>.<\/em> Todas as ferramentas e recursos que xorden da necesidade de representar o irrepresentable, de facer soar o silencio e alumar a escuridade, de contar sen palabras, de xerar tensi\u00f3n <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/02\/16\/a-mascarada\/\" data-type=\"post\" data-id=\"443\">ocultando e revelando informaci\u00f3n<\/a>, de esculpir o tempo e o espazo coa c\u00e1mara. Que o cinema\u2026<\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p><em>[\u2026] transcende a pantalla e crea historias capaces de desbordala, capaces de po\u00f1er capas e capas de significado e ofrecernos portas entre elas \u2014por exemplo, unha sombra\u2014 para que as atravesemos impunemente. [\u2026]<\/em><\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p>E atraves\u00e1molas con gusto, pois\u2026<\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p><em>[\u2026] non \u00e9 iso o principio fundamental no cinema? Non \u00e9 verdade que o espectador vix\u00eda impunemente as vidas privadas das personaxes dende a s\u00faa butaca, sen temor a ser sorprendido? [\u2026]<\/em><\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/2ae6e464a0c6abde2f6cbfaac94d3159\/060a20fd59d9daa4-a3\/s500x750\/330041401d6b4d50e358d6ffcc61a8303bceeef6.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Non sei v\u00f3s, pero a min enc\u00e1ntame a maneira na que <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/02\/02\/a-caixa-de-musica\/\" data-type=\"post\" data-id=\"413\">un xoguete do s\u00e9culo XIX<\/a>, froito dunha era de mecanicismo e enxe\u00f1o, de desenvolvemento industrial, de desigualdade social, se converte nunha maneira de capturar a \u00e1nima das cousas,<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/05\/filmar-a-ausencia\/\" data-type=\"post\" data-id=\"404\"> loitar contra ausencia atrapando a realidade ef\u00e9mera en celuloide<\/a>,<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/03\/23\/espello-espellino\/\" data-type=\"post\" data-id=\"445\"> de reflectir a sociedade como un espello,<\/a> e tam\u00e9n de constru\u00edr pantasmas e irrealidades a partir de emoci\u00f3ns e sentimentos humanos <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/19\/mar-e-liberdade\/\" data-type=\"post\" data-id=\"408\">a trav\u00e9s da creaci\u00f3n de universos simb\u00f3licos<\/a>; de converterse <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/08\/10\/o-marco-universal\/\" data-type=\"post\" data-id=\"469\">nun limiar interdimensional a un espazo e a un tempo que non nos pertence<\/a>, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/05\/04\/a-clase-obreira\/\" data-type=\"post\" data-id=\"452\">nunha ferramenta para fomentar o cambio social e,<\/a> en definitiva, na m\u00e1is bela das ilusi\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p><em>[\u2026] Pero non nos enganemos. Todo, absolutamente todo \u00e9 falso. Detr\u00e1s dun espello sempre hai un director de fotograf\u00eda desesperado porque non se vexa a percha de son no plano. Diso se trata o cinema, en xogar coa realidade para crear ilusi\u00f3ns. En converter o falso en verdadeiro. Cando miramos unha pel\u00edcula vemos sempre un reflexo de n\u00f3s mesmos como &nbsp;individuos ou como colectividade. Un reflexo constru\u00eddo sobre unha mentira, pero que garda no seu interior a verdade m\u00e1is pura. [\u2026]<\/em><\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p>Quizabes pecamos de sobrevalorar a capacidade do cinema para abraiarnos, para representar a<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/10\/19\/de-cubas-e-bocois\/\" data-type=\"post\" data-id=\"479\"> realidade e os seus prexu\u00edzos<\/a> ou para transportarnos lonxe dela. Como se fose o primeiro arte que desenvolveu a humanidade! Como se non houbese pintura, literatura, escultura, m\u00fasica capaz de transformarnos! Admito que neste tema me deixo levar pola mi\u00f1a propia subxectividade. Pero engado, na mi\u00f1a defensa, que <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/04\/06\/a-catedral\/\" data-type=\"post\" data-id=\"447\">o principio cinematogr\u00e1fico xa estaba a\u00ed s\u00e9culos antes da invenci\u00f3n do cinemat\u00f3grafo<\/a>. Se o cinema<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/11\/02\/a-dama-branca\/\" data-type=\"post\" data-id=\"481\"> se alimentou de recursos, est\u00e9ticas e tem\u00e1ticas que xa estaban presentes noutras disciplinas art\u00edsticas<\/a>; tam\u00e9n \u00e9 certo que existe o concepto do <em>precinema<\/em>, de aquelas propostas e experimentaci\u00f3ns previas \u00e1 invenci\u00f3n dos irm\u00e1ns Lumi\u00e8re que tentan achegarse \u00e1s formas que s\u00f3 ser\u00e1n posibles despois, coa manipulaci\u00f3n da luz e a captura do movemento no celuloide.<\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p><em>[\u2026] Cando observo a luz entrar polo roset\u00f3n dunha catedral g\u00f3tica, filtrada polo espectro de infinitas cores das vidreiras, d\u00e1me a impresi\u00f3n de estar vendo o haz luminoso que emit\u00edan os antigos proxectores sobre as paredes brancas das salas de cinema. Nos piares e nas b\u00f3vedas vense proxectados entre as luces e os relevos personaxes, acci\u00f3ns, secuencias e escenas de moitos s\u00e9culos de antig\u00fcidade, que os mestres canteiros tallaron e pintaron para ensinar \u00f3s fieis de outras \u00e9pocas as ensinanzas do seu credo. Que \u00e9 o P\u00f3rtico da Gloria sen\u00f3n unha pel\u00edcula gravada en pedra? [\u2026]<\/em><\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p>Por iso, antes da chegada do cinema, o arquetipo xa estaba a\u00ed: <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/06\/15\/o-monstro\/\" data-type=\"post\" data-id=\"461\">eran os nosos medos irracionais,<\/a> as nosas esperanzas, as nosas preocupaci\u00f3ns, os nosos so\u00f1os e fantas\u00edas. E a\u00ednda que a realidade coti\u00e1 se afaste dos tropos e dos temas antigos, hoxe extintos, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/05\/18\/no-profundo-do-bosque\/\" data-type=\"post\" data-id=\"456\">hai arquetipos que permanecen grazas \u00e1s pel\u00edculas.<\/a><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>[\u2026]O cinema pode ser o \u00faltimo v\u00ednculo destas realidades antigas coa nosa sociedade tecnol\u00f3xica e urbana, o derradeiro reduto para que o arquetipo se desenvolva, medre e mude cos tempos, e que contin\u00fae gravado a lume na nosa memoria colectiva. [\u2026]<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/08db3ba71501371d1e02e83022264a9c\/060a20fd59d9daa4-bc\/s500x750\/46ea1455a5bf50192e4221bb4f64b71718034f5e.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Si, falamos moi a mi\u00fado das historias que nos contamos as persoas dende o inicio da linguaxe, presentes no desenvolvemento do cinema. E tam\u00e9n falamos das voces que as articularon, dos autores e das autoras que sentaron as bases fundacionais do cinema. Falamos de pioneiros e pioneiras, como un colectivo, como un proceso en construci\u00f3n continua dende aquelas persoas que crearon a nova linguaxe audiovisual <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/03\/09\/creando-unha-linguaxe\/\" data-type=\"post\" data-id=\"181\">\u2013Lumi\u00e8re, Guy-Blach\u00e9, M\u00e9li\u00e8s\u2013<\/a>, as que experimentaron nas marxes <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/04\/20\/abrir-as-portas-da-creatividade\/\" data-type=\"post\" data-id=\"449\">\u2013Cohl, Chom\u00f3n, Reiniger\u2013<\/a>, as que introduciron as tebras nas nosas pantallas<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/06\/01\/expresion-e-sombras\/\" data-type=\"post\" data-id=\"459\"> \u2013Lang, Murnau, Pabst\u2013<\/a>, as que convertiron o xoguete decimon\u00f3nico no grande espect\u00e1culo <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/08\/24\/o-grande-espectaculo\/\" data-type=\"post\" data-id=\"471\">\u2013Griffith, DeMille, Von Stroheim, Von Sternberg\u2013<\/a> e os que nos emocionaron a trav\u00e9s da comedia, refinando a expresividade do cinema silente<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/11\/16\/sorrisos-e-silencios\/\" data-type=\"post\" data-id=\"483\"> \u2013Chaplin, Keaton, Tati\u2013<\/a>. Non ser\u00e1n os derradeiros! Fican no tinteiro, agardando pola s\u00faa quenda, John Ford, Joseph L. Mankiewicz, Ida Lupino, Luis Bu\u00f1uel, Maya Deren, Truffaut, Kurosawa, Chris Marker, Agn\u00e8s Varda, Francis Ford Coppola e a s\u00faa filla Sofia\u2026<\/p>\n\n\n\n<p>E non s\u00f3 falamos de persoas importantes, sen\u00f3n que falamos con persoas importantes, xente que vive o cinema, con opini\u00f3ns formadas e ben documentadas seguindo a estela das reflexi\u00f3ns que nos gustan nesta bit\u00e1cora. A eles&nbsp; \u2013<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/07\/27\/a-tentacion-absoluta\/\" data-type=\"post\" data-id=\"467\">Marta P\u00e9rez Pereiro<\/a>, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/09\/07\/extra-extra\/\" data-type=\"post\" data-id=\"473\">Lois Alcayde<\/a>, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/11\/30\/a-hiperbole-animada\/\" data-type=\"post\" data-id=\"488\">Raquel Besteiro<\/a>\u2013 todo o noso agradecemento, as\u00ed como a todos os que me animastes a continuar este pequeno proxecto axudando \u00e1 s\u00faa difusi\u00f3n e retroaliment\u00e1ndonos cos vosos comentarios. Tentaremos que a vindeira tempada estea \u00e1 altura do que merecedes, tanto na bit\u00e1cora, como nas redes sociais, como na canle audiovisual que estamos a preparar con moito cari\u00f1o.<\/p>\n\n\n\n<p>S\u00f3 me queda un comentario para finalizar este marabilloso ano que me deixastes compartir con v\u00f3s. Un prop\u00f3sito de ano novo, quizabes:<\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p><em>[\u2026] Fagamos do cinema tam\u00e9n un legado, un canto \u00e1 humanidade que fique para reivindicarnos durante s\u00e9culos. \u201cGo on singing\u201d, dic\u00eda Welles. Sigamos filmando.<\/em><\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cando comecei a planificar esta pequena iniciativa ti\u00f1a claro que quer\u00eda navegar entre as imaxes que todos vimos algunha vez nunha pantalla grande, ese tipo de imaxes que un lembra pero non sabe identificar cun filme en particular. [\u2026] Esta cita pertence ao primeiro episodio de Kinocube, publicado un 15 de Decembro de 2020. Un [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":889,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[114,8,113],"class_list":["post-490","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-aniversario","tag-cinema","tag-recopilatorio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/490","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=490"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/490\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":979,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/490\/revisions\/979"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/889"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=490"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=490"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=490"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}