{"id":483,"date":"2021-11-16T15:38:00","date_gmt":"2021-11-16T14:38:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=483"},"modified":"2023-12-01T08:43:31","modified_gmt":"2023-12-01T07:43:31","slug":"sorrisos-e-silencios","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/11\/16\/sorrisos-e-silencios\/","title":{"rendered":"Sorrisos e silencios"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>A comedia e humor tiveron que loitar, dende o comezo, polo seu status dentro das artes en xeral e do cinema en particular, reivindicando a s\u00faa calidade e a s\u00faa influenza na sociedade \u00e1 mesma altura que o drama. Esta \u00e9 unha cuesti\u00f3n moi vella, pois moito antes da invenci\u00f3n do cinema xa se consideraba \u00e1 \u00f3pera c\u00f3mica, \u00e1 bufa ou calquera das s\u00faas variantes como un \u201cx\u00e9nero menor\u201d. E as\u00ed con todo!<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Cineastas 5 - Sorrisos e silencios (Chaplin, Keaton, Tati)\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/qleCtsYJtNI?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Por\u00e9n, reto a aqueles que non se toman en serio a comedia \u2013valga o ox\u00edmoron\u2013 a que vexan <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0012349\/?ref_=nv_sr_srsg_6\"><em>The kid<\/em> (Charles Chaplin, 1921)<\/a>, pois de seguro que cambiar\u00e1n de opini\u00f3n. Para comezar, unha cousa \u00e9 imbatible: antes que doutras disciplinas ou movementos art\u00edsticos, o cinema nutriuse do <em><a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Vodevil\">vaudeville<\/a><\/em>, dos espect\u00e1culos populares, das artes para as masas. Precisamente do <em>vaudeville<\/em>, do <em><a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Music_hall\">music hall<\/a><\/em> e do circo prove\u00f1en os cineastas dos que quero falar neste artigo: Charles Chaplin, Buster Keaton e Jacques Tati.<\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Charlie_Chaplin\">Charles Spencer Chaplin<\/a> foi un artista polifac\u00e9tico: actor e director, pero tam\u00e9n guionista, compositor, escritor, editor\u2026 quizabes por provir dunha familia dedicada tam\u00e9n \u00f3 espect\u00e1culo, pero seguramente tam\u00e9n para sacar a s\u00faa tr\u00e1xica vida adiante aprendendo a facer de todo para subsistir. A\u00ednda que se criou en Inglaterra, foi cando emigrou aos Estados Unidos cando a s\u00faa carreira despegou, primeiro nos estudos<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/26\/correde-insensatos\/\" data-type=\"post\" data-id=\"410\"> Keystone, onde o que se levaban eran as pel\u00edculas de acci\u00f3n fren\u00e9tica \u2013os <em>thrillers!<\/em><\/a>\u2013 e dun humor visual que depend\u00eda moito dos golpes e malleiras que sufr\u00edan os seus protagonistas:<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Slapstick\"> o <em>slapstick<\/em><\/a>. Foi precisamente na Keystone onde Chaplin presentou \u00f3 mundo en 1914 \u201cO Vagabundo\u201d \u2013<em>The Tramp<\/em>\u2013 , que seguramente co\u00f1eceredes polo nome de Charlot. A descrici\u00f3n co\u00f1ec\u00e9dela incluso mellor ca min: un pequeno chapeu fungo, un mostacho cadrado, roupa demasiado grande ou demasiado pequena, un andar rid\u00edculo e un bastonci\u00f1o flexible de bamb\u00fa que xiraba \u00f3 seu comp\u00e1s.&nbsp;<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/9566edf4a1205aeb685345f109c21274\/a8249f7efaa8b005-98\/s540x810\/58c4eb62812d0030c0b858ac7a1bf6576a00f968.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Chaplin \u2013e Charlot\u2013 ga\u00f1aron coas primeiras longametraxes do Vagabundo unha fama internacional sen precedentes que o converteron en s\u00edmbolo inequ\u00edvoco do cinema e da comedia a nivel global. Foi pioneiro \u2013a\u00ednda que existen alg\u00fans precedentes, non o imos negar\u2013 na construci\u00f3n da personaxe c\u00f3mica, unha personaxe que se funde coa propia personalidade do autor e que est\u00e1 moldeada \u00f3 gusto do p\u00fablico da \u00e9poca: un individuo apoucado pero enxe\u00f1oso, sempre en problemas, cun rostro tristeiro que, por\u00e9n, \u00e9 capaz de arrincar de n\u00f3s os maiores sorrisos\u2026 estou falando de Charlot, pero tam\u00e9n do alter ego de Buster Keaton, e de Monsieur Hulot, a ic\u00f3nica personaxe de Jacques Tati.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/dc180fb1f710e1d9350482bd10157291\/a8249f7efaa8b005-44\/s540x810\/b4c6c90776eab3e9c54ca5c990291a0037da900f.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Mais non adiantemos acontecementos. Charles Chaplin non s\u00f3 foi Charlot; foi tam\u00e9n un brillante cineasta que, grazas \u00e1 s\u00faa vis c\u00f3mica, \u00e1s s\u00faas m\u00faltiples facetas art\u00edsticas e \u00f3 seu perfeccionismo mani\u00e1tico f\u00edxonos chegar algunhas das mellores pel\u00edculas da historia. Falamos de <em>The Kid<\/em>, pero tam\u00e9n de <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0027977\/?ref_=tt_sims_tt_i_1\"><em>Modern Times<\/em> (1931)<\/a>&nbsp;e posteriormente, xa afastado da personaxe do Vagabundo, unha f\u00e1bula social totalmente revolucionaria como<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0032553\/?ref_=nm_knf_i1\"> <em>The Great Dictator<\/em> (1941)<\/a> \u2013non esquezamos que foi estreada en pleno auxe do nazismo!\u2013 ou a retrospectiva case biogr\u00e1fica que marca en <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0044837\/?ref_=nm_knf_i3\"><em>Limelight<\/em> (1957)<\/a>. Todos estes filmes est\u00e1n tam\u00e9n caracterizados, a parte do fino sentido da comedia <em>slapstick <\/em>ou falada, por unha sensibilidade suprema que nos fai chorar de emoci\u00f3n, sentir a dor e a inxustiza e manter a esperanza, canda os seus protagonistas, cara un futuro mellor.<\/p>\n\n\n\n<p>Algu\u00e9n me dixo que, se a infancia de Charlie Chaplin segue o modelo da de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Oliver_Twist\">Oliver Twist<\/a>, a de Buster Keaton ser\u00eda equivalente \u00e1 de <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Las_aventuras_de_Tom_Sawyer\">Tom Sawyer<\/a>. Nado como Joseph Keaton, fillo, tam\u00e9n provi\u00f1a do <em>music hall<\/em>, no que debutou dende moi pequeno co seu pai, e educouse a golpe de <em>slapstick<\/em>. O <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Harry_Houdini\">co\u00f1ecido ilusionista Harry Houdini, amigo da familia<\/a>, foi quen lle puxo o alcume de <em>Buster<\/em>, \u00f3 advertir o talento do rapaz como<em> stuntman<\/em> para recibir golpes e malleiras, caendo e sendo lanzado polo seu pai en trucos que hoxe non considerar\u00edamos, digamos, axeitados para un neno. Aparentemente, sen sufrir dano ning\u00fan.<\/p>\n\n\n\n<p>Keaton comeza a despuntar ao car\u00f3n do soado<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Roscoe_Arbuckle\"> Roscoe <em>Fatty<\/em> Arbuckle<\/a>, quen xa fora unha figura influ\u00ednte para Chaplin nos seus comezos, <a href=\"https:\/\/elpais.com\/icon\/2021-09-06\/gritos-en-la-habitacion-1219-el-juicio-mediatico-que-cambio-el-rumbo-de-hollywood.html\">mais o esc\u00e1ndalo afundiu a carreira de Arbuckle<\/a> e o noso Buster pasou \u00f3 primeiro plano coas s\u00faas primeiras curtas e longametraxes. Tam\u00e9n foi vital para el a creaci\u00f3n da s\u00faa personaxe, neste caso sen nome, mais sempre caracterizada por unha expresi\u00f3n <em>stone face<\/em>, cara de pedra, de pau ou de p\u00f3quer, \u00e9 dicir, a inexpresividade m\u00e1is expresiva; e mais pola proliferaci\u00f3n de escenas de alto risco nas que Buster Keaton realmente se xogaba o pelello para impresionar \u00f3 seu p\u00fablico.&nbsp;<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/6afb9e43d9eb4a30d8367b3e45cf6c3a\/a8249f7efaa8b005-a3\/s540x810\/690f8cbac2915a6c0b3345c30ccd613470866f59.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Comezou tam\u00e9n a tomar o rol de dirixir os seus filmes, dando lugar \u00f3s que, sen d\u00fabida, podemos considerar como os mellores da s\u00faa carreira. Algunhas delas son codirixidas, e noutras aparecen acreditados outros cineastas a\u00ednda que est\u00e1 demostrado que te\u00f1en a man creativa de Keaton detr\u00e1s. Destacarei dous filmes, ambos da s\u00faa autor\u00eda, que sobresaen por riba dos demais: <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0015324\/?ref_=nv_sr_srsg_0\"><em>Sherlock Jr.<\/em> (1924),<\/a> polo seu enxe\u00f1o, polo seu caracter metacinematogr\u00e1fico e on\u00edrico que xoga coa ficci\u00f3n e a realidade \u2013mais ben coa ficci\u00f3n dentro da ficci\u00f3n\u2013 e apela directamente a n\u00f3s como espectadores e como amantes do cinema; e a s\u00faa obra mestra, <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0017925\/?ref_=nv_sr_srsg_2\"><em>The General <\/em>(1926)<\/a>, unha proeza t\u00e9cnica que conta con alg\u00fans dos <em>stunts<\/em> m\u00e1is perigosos e coa narrativa m\u00e1is elaborada e acertada da s\u00faa carreira. Por desgraza, foi unha carreira curta en continua tensi\u00f3n con outras estrelas do <em>slapstick<\/em> como Chaplin ou <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Harold_Lloyd\">Harold Lloyd,<\/a> e que finalizou abruptamente coa chegada do son e a incapacidade de Keaton de adaptarse a el, como outras moitas estrelas da \u00e9poca. O seu rol en <em>Limelight, <\/em>de Chaplin, ou o cameo en&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0043014\/?ref_=nv_sr_srsg_0\"><em>Sunset Blvd.&nbsp;<\/em>(Billy Wilder, 1950)<\/a> son d\u00faas das s\u00faas derradeiras aparici\u00f3ns no celuloide, papeis breves pero significativos que revelan as tr\u00e1xicas consecuencias do esquecemento.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/5daa74db478ca083d3b0559549232ced\/a8249f7efaa8b005-91\/s540x810\/a6674699144a84bd74e25c769934cb5988bd59f5.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Mencionei a Harold Lloyd e \u00e9 certo que, no seu momento, foi unha estrela do <em>slapstick <\/em>cun alter ego tam\u00e9n reco\u00f1ecido \u00f3 instante. Durante moito tempo, a imaxe de Lloyd colgando dun enorme reloxo en<em> <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0014429\/?ref_=nv_sr_srsg_0\">Safety Last<\/a><\/em><a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0014429\/?ref_=nv_sr_srsg_0\"> (F. Newmeyer e S. Taylor, 1923)<\/a> acompa\u00f1ou a outros fotogramas m\u00edticos do cinema como icona indiscutible do cinema. Por\u00e9n, o seu traballo como director foi m\u00e1is limitado, case sempre sen aparecer nos cr\u00e9ditos, e sen destacar da mesma maneira que os seus competidores.<\/p>\n\n\n\n<p>Por ese mesmo motivo, decid\u00edn que o terceiro en completar a Sant\u00edsima Trinidade do Humor \u2013a expresi\u00f3n non \u00e9 mi\u00f1a\u2013 ser\u00eda algu\u00e9n m\u00e1is afastado no tempo e aparentemente na forma: <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Jacques_Tati\">Jacques Tati<\/a>. Aparentemente, pois a idolatr\u00eda de Tati por Keaton e Chaplin \u00e9 de sobra reco\u00f1ecida, as\u00ed que non \u00e9 raro que a s\u00faa filmograf\u00eda estea chea de similitudes e influenzas directas dos dous cineastas.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Jacques Tatischeff, fillo de arist\u00f3cratas de orixe rusa, comezou tam\u00e9n no <em>music hall<\/em> e no deporte, que ten tam\u00e9n certa presenza nas s\u00faas longametraxes. Constru\u00edu a s\u00faa personaxe, Monsieur Hulot, \u00e1 imaxe e semellanza da de Buster e a de Charlot: unha personaxe entra\u00f1able cuns trazos peculiares \u2013a pipa, o sombreiro e a gabardina\u2013 e cunha personalidade \u00fanica, a ideal para meterse en problemas.&nbsp;<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/48f9cda022b211d289a415a798b5a658\/a8249f7efaa8b005-68\/s540x810\/5f4ec9b52f90a6c8b492c95850a61d1921d2393d.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Curiosamente, a\u00ednda que entramos de cheo no cinema sonoro, Hulot \u00e9 unha personaxe case muda, que segue a expresarse en termos de <em>slapstick<\/em> a partir dos anos 50, cando esta forma de humor visual levaba moito tempo superada. Tati constr\u00fae o mundo arredor de Hulot, deixando que as personaxes secundarias non se limiten a complementar \u00f3 protagonista, sen\u00f3n que forman en conxunto un cadro \u2013como unha pintura\u2013 no que compiten coas s\u00faas excentricidades pola nosa atenci\u00f3n.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/7e48ecea5e9ad222395156322d6e5704\/a8249f7efaa8b005-fd\/s540x810\/6dfae3f2328076db182ad2a18d139e4a984bb21d.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Neste caos, herdeiro de Chaplin e Keaton, pero tam\u00e9n da Keystone e do primeiro cinema silente, Tati pon especial mimo \u00f3 que escoitamos e percibimos, fiando a banda sonora \u2013entendida como o conxunto de voces, ambientes, efectos e m\u00fasica\u2013 como un tapiz. Pois, a\u00ednda que o silencio \u00e9 caracter\u00edstico dos tres cineastas, \u00e9 o son o que define en realidade as s\u00faas traxectorias: pois mentres Keaton era asolagado pola chegada das <em>talkies<\/em> e Tati representa o mutismo en pleno auxe cinema sonoro, Chaplin reflicte \u00e1 perfecci\u00f3n o tr\u00e1nsito dunha a outra linguaxe. Esta transici\u00f3n faise expl\u00edcita en Modern Times, un filme mudo que, sen que nos decatemos, vaise convertendo pouco a pouco nunha pel\u00edcula sonora.<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c9 certo que nos \u00faltimos tempos, as\u00ed como a imaxe de Harold Lloyd foi perdendo a consideraci\u00f3n como s\u00edmbolo do cinema, Charlot tampouco est\u00e1 tan presente na nosa imaxinaci\u00f3n colectiva como noutras d\u00e9cadas, salvo quizabes en c\u00edrculos sociais espec\u00edficos. Mentres, o bo de Buster experimentou unha progresiva revalorizaci\u00f3n, froito da reivindicaci\u00f3n m\u00e1is ou menos popular. \u00c9 posible que sexa unha icona m\u00e1is axeitada para a \u00e9poca do <em>microblogging<\/em> e do GIF, sabendo que algunha das s\u00faas escenas de risco sorprenden a\u00ednda hoxe, na \u00e9poca do croma e do CGI. Pola mi\u00f1a banda, calquera dos tres se poden considerar artistas \u00e1 altura dos grandes cineastas do drama silente, cunha influenza innegable no cinema posterior, sobre todo pola s\u00faa labor \u00f3 dotar de emoci\u00f3n e sensibilidade a comedia m\u00e1is desatada.<\/p>\n\n\n\n<p>Aproveito para recomendar, se \u00e9 que quedan a\u00ednda entradas, a proxecci\u00f3n de <a href=\"https:\/\/www.cineuropa.gal\/ficha\/the-pilgrim\/\">The Pilgrim (Charles Chaplin, 19) musicada pola Real Filharm\u00f3nica de Galicia<\/a> \u2013coa partitura do propio Chaplin!\u2013 no marco do Cineuropa 35.&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A comedia e humor tiveron que loitar, dende o comezo, polo seu status dentro das artes en xeral e do cinema en particular, reivindicando a s\u00faa calidade e a s\u00faa influenza na sociedade \u00e1 mesma altura que o drama. Esta \u00e9 unha cuesti\u00f3n moi vella, pois moito antes da invenci\u00f3n do cinema xa se consideraba [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":891,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[15],"tags":[111,110,8,109,112],"class_list":["post-483","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-kc-cineastas","tag-buster-keaton","tag-charles-chaplin","tag-cinema","tag-comedia","tag-jacques-tati"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/483","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=483"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/483\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":981,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/483\/revisions\/981"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/891"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=483"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=483"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=483"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}