{"id":481,"date":"2021-11-02T15:36:00","date_gmt":"2021-11-02T14:36:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=481"},"modified":"2023-12-18T09:31:10","modified_gmt":"2023-12-18T08:31:10","slug":"a-dama-branca","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/11\/02\/a-dama-branca\/","title":{"rendered":"A Dama Branca"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Neste Sama\u00edn \u2013ou Halloween, ou Defuntos, ou D\u00eda das Bruxas, n\u00f3s aqu\u00ed estamos abertos a todo\u2013 \u00edmonos centrar nun arquetipo moi antigo, un arquetipo que non adoita figurar entre os disfraces que locen as crianzas na noite do 31, mais que considero intimamente relacionado co medo e co Al\u00e9n e que, por suposto, ten unha ampla representaci\u00f3n na historia do cinema.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 23 - A dama branca\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/8Jbaq_KAAWw?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ref\u00edrome \u00e1 Dama Branca. A denominaci\u00f3n, a falta dun consenso, \u00e9 propia desta bit\u00e1cora. Non quero apelar \u00f3 que os afeccionados \u00f3 misterio nomean \u201cdama branca\u201d \u2013nin \u201cmozas da curva\u201d, nin pantasmas de mulleres nobres en pazos ou castelos\u2013 sen\u00f3n \u00e1 personaxe feminina, habitualmente viva, que entra en consonancia co horroroso e co sobrenatural, convert\u00e9ndose a mi\u00fado en v\u00edtimas ou c\u00f3mplices <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/06\/15\/o-monstro\/\" data-type=\"post\" data-id=\"461\">dos monstros<\/a>, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/02\/09\/de-aparecidos\/\" data-type=\"post\" data-id=\"412\">pantasmas<\/a> ou criaturas. Unha muller virtuosa, branca \u2013en m\u00e1is dun sentido\u2013 e virxinal que sirve como ponte entre o aqu\u00ed e o Al\u00e9n.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/147c163625040fe3b388c30b224c7253\/bf3bff57d55e9dae-c4\/s540x810\/dffd131737393574ad463713fa11d218c23dc193.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Por alg\u00fan motivo, dende o Renacemento europeo, foi frecuente a relaci\u00f3n entre a xuventude e a beleza coa morte e a fatalidade; o que o fil\u00f3sofo <a href=\"https:\/\/elvuelodelalechuza.com\/2017\/12\/26\/el-vertigo-que-anuda-lo-bello-y-lo-siniestro-eugenio-trias-y-el-cine-de-hitchcock\/\">Eugenio Tr\u00edas describiu como \u201co belo e o sinistro\u201d<\/a>. A morte e a doncela \u2013\u00e9 dicir, a Morte personificada que recolle a alma dunha muller nova\u2013 volveuse unha tem\u00e1tica recorrente <a href=\"https:\/\/commons.wikimedia.org\/wiki\/File:La_Jeune_Fille_et_la_Mort-Marianne_Stokes-IMG_8224.JPG\">na pintura<\/a>, como na prosa, <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=DgvM0g4fGBE&amp;ab_channel=chellist\">na poes\u00eda e na m\u00fasica<\/a>. Tam\u00e9n en culturas orientais como a xaponesa se ten relacionado \u00e1s mulleres novas e a morte, <a href=\"https:\/\/www.jotdown.es\/2020\/04\/kusozu-las-nueve-etapas-de-la-descomposicion\/\">en pr\u00e1cticas como o <\/a><em><a href=\"https:\/\/www.jotdown.es\/2020\/04\/kusozu-las-nueve-etapas-de-la-descomposicion\/\">kus\u00f6zu<\/a>,<\/em> como un recordatorio de que a beleza terreal \u00e9 ef\u00e9mera. \u00c9 curioso que este fen\u00f3meno sexa com\u00fan a culturas nas que as crenzas e relixi\u00f3ns coloquen \u00e1 muller e todo o que a rodea na \u00f3rbita do pecado e frivolidade.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Esta concepci\u00f3n patriarcal \u00e9 precisamente un dos factores que colocan \u00e1s mulleres \u2013que non son as \u00fanicas que poden ser belas, novas, vaidosas ou virtuosas\u2013 no centro desta tem\u00e1tica. Por\u00e9n, dende a <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/A_divina_comedia\">Beatrice da Divina Comedia,<\/a> o amor plat\u00f3nico revestiu o arquetipo para convertelas en mulleres virxinais e virtuosas, beatas e honradas, como as hero\u00ednas da novela g\u00f3tica decimon\u00f3nica: <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/A_pantasma_da_%C3%B3pera\">Christine<\/a>, <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/El_fantasma_de_Canterville\">Virginia<\/a>, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Dr%C3%A1cula\">Mina Harker<\/a>, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/O_corvo\">Lenore<\/a>\u2026 Na \u00e9poca vitoriana \u00e9 onde atopamos con m\u00e1is frecuencia a representaci\u00f3n da morte a destempo, nun per\u00edodo hist\u00f3rico no que a tuberculose e outras enfermidades infecciosas \u2013ou, sen ir m\u00e1is lonxe, a <a href=\"https:\/\/blogs.20minutos.es\/ciencia-para-llevar-csic\/2017\/11\/16\/cuando-el-arsenico-se-usaba-para-decorar-los-hogares\/\">man\u00eda de empapelar a casa con ars\u00e9nico<\/a> e<a href=\"https:\/\/www.bbc.com\/mundo\/noticias\/2014\/10\/141016_los_peligros_del_plomo_finde_bd\"> pintar os xoguetes con chumbo<\/a>\u2013 levaron por diante a vida de moitas crianzas e xente moza.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Precisamente no x\u00e9nero g\u00f3tico, a Dama Branca toma a s\u00faa forma definitiva, a que estamos a buscar neste episodio a trav\u00e9s do cinema. Pois nas sucesivas adaptaci\u00f3ns das novelas do s\u00e9culo XIX, que constitu\u00edron no seu momento un bo material para a produci\u00f3n de pel\u00edculas sobre todo durante os primeiros cincuenta anos de arte cinematogr\u00e1fico, o arquetipo foi omnipresente. Podemos apreciar certos cambios nesta personaxe, relacionada quizabes cos valores morais propios de cada \u00e9poca: no cinema silente e no cl\u00e1sico \u2013falamos de entre 1910 e 1960, nada menos\u2013 a muller adoita colocarse no rol de v\u00edtima, e cando se achega ao monstro ou criatura sobrenatural \u00e9 sendo seducida ou enganada\u2013, no cinema neog\u00f3tico dos anos noventa e en diante as personaxes empatizan co monstro incomprendido convert\u00e9ndose en c\u00f3mplices, no bo sentido, redim\u00edndoo e salv\u00e1ndoo. En <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0112642\/?ref_=nv_sr_srsg_0\"><em>Casper<\/em> (Brad Silberling, 1995)<\/a>, por exemplo, ambos son igual de inocentes, tanto a nena como a pantasma.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">E a\u00ednda que a fonte orixinal decimon\u00f3nica, como en <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0103874\/?ref_=nv_sr_srsg_2\"><em>Bram Stoker\u2019s Dracula<\/em> de Francis F. Coppola (1992)<\/a> ou en <em>T<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0293508\/?ref_=nv_sr_srsg_3\">he Phantom of the Opera<\/a><\/em><a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0293508\/?ref_=nv_sr_srsg_3\"> (Joel Schumacher, 2004)<\/a>, a criatura titular sexa mal\u00e9vola e virtualmente imposible de redimir, nos monstros do cinema de finais do s\u00e9culo XX atopar\u00e9monos visos de arrepentimento e empat\u00eda que lles den a raz\u00f3n \u00e1s nosas hero\u00ednas, a\u00ednda que sexa de maneira puntual.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/372b2831099911dd1f81bf57d48bd4d5\/bf3bff57d55e9dae-d4\/s540x810\/6ffaed84b73ebe83c7ba5c63ebe79137ca4e4815.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Na cronolox\u00eda da Dama Branca atopamos un baleiro, correspondente \u00e1s d\u00e9cadas dos setenta e oitenta. Cal \u00e9 a raz\u00f3n? O cinema de exploitation e o de x\u00e9nero promoveron cambios substanciais no arquetipo, transform\u00e1ndoo por completo: no cinema de exploitation \u2013<em><a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2023\/07\/14\/un-coitelo-sobre-veludo-amarelo-os-arquetipos-do-giallo\/\" data-type=\"post\" data-id=\"212\">giallo<\/a>, <\/em>destape, etc.\u2013 a muller, como v\u00edtima, foi deshumanizada e despoxada por completo de axencia, convert\u00e9ndose en carnaza <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2020\/12\/22\/ollar-pola-fechadura\/\" data-type=\"post\" data-id=\"400\">para o desfrute da ollada masculina<\/a>; no <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Slasher\">x\u00e9nero do terror <em>slasher<\/em><\/a> acu\u00f1ouse un clich\u00e9 concreto, o de <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Chica_final\"><em>final girl<\/em>, a moza que, \u00f3 contrario das s\u00faas compa\u00f1eiras viciosas e promiscuas, \u00e9 capaz de sobrevivir \u00e1 ameaza correspondente<\/a>, polo menos at\u00e9 a seguinte secuela. \u00d3 final \u00e9 o mesmo sobre o que moralizaban os autores decimon\u00f3nicos: premiar \u00e1 virtude e \u00e1 discreci\u00f3n mentres se castiga o pecado e o descaro.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Por iso a cor branca, que no mundo occidental est\u00e1 relacionada coa pureza, adoita dominar no vestiario da personaxe que protagoniza esta reflexi\u00f3n. Por iso, e tam\u00e9n porque o contraste \u00e9 unha das caracter\u00edsticas que se perseguen neste tipo de historias: a morte e a doncela, o monstro feo e a muller bela, o negro e o branco, a escuridade e a luz, o sinistro e o belo, o mal e o ben. Claro, aqu\u00ed tam\u00e9n est\u00e1 presente a problem\u00e1tica dicotom\u00eda que equivale fealdade e maldade, que no cinema cl\u00e1sico era a representaci\u00f3n dominante, mentres que no cinema actual atopa cada vez m\u00e1is detractores e, consecuentemente, representaci\u00f3ns que se enfrontan a esta relaci\u00f3n, que a negan e a contrad\u00edn.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/e807bb154b9cad123442000884b0ed89\/bf3bff57d55e9dae-b5\/s540x810\/8ee1f582a89bf9db8148028259090a46d5d47d78.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A iconograf\u00eda desta personaxe tam\u00e9n se axusta a uns par\u00e1metros, m\u00e1is al\u00e1 do contraste. \u00c9 frecuente atoparse con personaxes femininas de longos cabelos soltos \u2013en parte signo de xuventude, pois a muller madura vitoriana recolle o seu cabelo\u2013 que moran en casas encantadas \u2013quizabes o pr\u00f3ximo Sama\u00edn podemos cubrir este outro arquetipo\u2013 e que, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/09\/21\/nocturno-no-1-as-tebras\/\" data-type=\"post\" data-id=\"475\">no medio da noite<\/a>, son increpadas polo sobrenatural. Rep\u00edtese a mi\u00fado a escena na que a nosa Dama Branca percorre en silencio os corredores da casa encantada, cun camis\u00f3n branco \u2013como non!\u2013 &nbsp;\u00e1 luz tenue dun candelabro ou un quinqu\u00e9. Nese contexto aparecen os murmurios, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/02\/02\/a-caixa-de-musica\/\" data-type=\"post\" data-id=\"413\">a m\u00fasica que soa f\u00f3ra de lugar<\/a> ou <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2020\/12\/29\/negra-sombra\/\" data-type=\"post\" data-id=\"402\">a sombra da criatura.<\/a><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Este arquetipo \u00e9 s\u00f3 unha mostra m\u00e1is de como o cinema se alimentou de tem\u00e1ticas que xa estaban presentes antes do seu nacemento; de como a literatura, a arte pict\u00f3rica ou o teatro nutriu o imaxinario popular de quen despois se converter\u00eda en guionista, director ou espectador de cinema. Pois a nosa participaci\u00f3n como espectadores, os nosos anhelos, medos e expectativas retroalimentan a novena arte transformando nun continuo os arquetipos que herdamos dende tempos inmemoriais.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Neste Sama\u00edn \u2013ou Halloween, ou Defuntos, ou D\u00eda das Bruxas, n\u00f3s aqu\u00ed estamos abertos a todo\u2013 \u00edmonos centrar nun arquetipo moi antigo, un arquetipo que non adoita figurar entre os disfraces que locen as crianzas na noite do 31, mais que considero intimamente relacionado co medo e co Al\u00e9n e que, por suposto, ten unha [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":892,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[8,108,41,74,123,107,42],"class_list":["post-481","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-cinema","tag-dama-branca","tag-medo","tag-monstro","tag-personaxes","tag-samain","tag-terror"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/481","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=481"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/481\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":982,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/481\/revisions\/982"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/892"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=481"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=481"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=481"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}