{"id":477,"date":"2021-10-05T15:33:00","date_gmt":"2021-10-05T13:33:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=477"},"modified":"2025-03-21T14:07:13","modified_gmt":"2025-03-21T13:07:13","slug":"nocturno-no-2-o-refuxio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/10\/05\/nocturno-no-2-o-refuxio\/","title":{"rendered":"Nocturno n\u00ba 2 &#8211; O refuxio"},"content":{"rendered":"\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p><em>A ser\u00e1n \u00e9 moi doce<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>e son moi t\u00e9pedas as noites.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>O reise\u00f1or canta longamente<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>baixo a luz das estrelas<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>o seu amor. O seu cantar<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>mainamente me enche o coraz\u00f3n.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>\u2013 Manuel Mar\u00eda<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>(Remol, 1970)<\/em><\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 21 - Nocturno N\u00ba2: O refuxio\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/EPyzTrArYIk?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/09\/21\/nocturno-no-1-as-tebras\/\" data-type=\"post\" data-id=\"475\">Como adiantabamos no episodio anterior<\/a>, a dificultade que sup\u00f3n a noite para o cinema \u00e9 que a c\u00e1mara, \u00f3 contrario que os nosos ollos, non \u00e9 sensible dabondo en condici\u00f3ns de baixa luminosidade. Isto ocorr\u00eda coas antigas pel\u00edculas de <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Celuloide\">celuloide<\/a> e segue a ocorrer cos nosos<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Sensor_de_imagen\"> sensores dixitais<\/a> actuais, a\u00ednda que en menor medida. &nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Por este mesmo motivo, sempre foi habitual que as escenas nocturnas se gravaran, ora en interiores recreados en estudo, nos que os focos de luz artificial est\u00e1n controlados e son xustificados pola presencia de velas ou l\u00e1mpadas na escena; ora mediante a <em><a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Noche_americana\">noite americana<\/a><\/em> \u2013que os americanos, por outra banda, denominan simplemente <em>day for night, <\/em><a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0070460\/\">e tam\u00e9n \u00e9 o nome dunha fermosa pel\u00edcula de Truffaut<\/a>\u2013, que consiste en filmar de d\u00eda e recorrer a pequenos trucos visuais para que no metraxe final os espectadores percibamos a escena como nocturna.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Estes pequenos trucos pasan, na maior parte dos casos, por <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Exposici%C3%B3n_(fotograf%C3%ADa)\">subexpo\u00f1er a pel\u00edcula \u2013\u00e9 dicir, gravala un chisco m\u00e1is escura, con menos exposici\u00f3n<\/a>\u2013 e po\u00f1erlle un filtro de tons azulados. De feito, no cinema silente en branco e negro era habitual \u2013como xa temos visto nalgunha ocasi\u00f3n\u2013 tinguir as escenas nocturnas directamente de azul, namentres que nas pel\u00edculas a cor simplemente se aplica un filtro que mude a <em><a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Temperatura_de_color\">temperatura de cor<\/a><\/em> cara tons m\u00e1is fr\u00edos. Isto p\u00f3dese facer tanto coa c\u00e1mara, axud\u00e1ndose <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Filtro_de_densidad_neutra\">de filtros de densidade neutra<\/a>, como en posproduci\u00f3n, na fase de correcci\u00f3n de cor. Se engadimos, ademais, un chisco de luz de contra que recorte as siluetas do fondo como o far\u00eda o luar, xa temos cunha fermosa escena nocturna. Directores como F. W. Murnau ou John Ford axud\u00e1ronse destas t\u00e9cnicas, que hoxe en d\u00eda xa non est\u00e1n tan estendidas debido \u00e1s melloras que supuxeron as novas tecnolox\u00edas dixitais. De cando en cando, a\u00ednda as\u00ed, a noite americana segue a ser unha soluci\u00f3n totalmente v\u00e1lida \u00e1s dificultades que entra\u00f1a rodar de noite.<\/p>\n\n\n\n<p>Merece a pena? Vendo apostas como <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0048424\/\"><em>The night of the hunter <\/em>(Charles Laughton, 1955)<\/a>, nos cremos que si. A noite americana non luce como a noite de verdade, sen\u00f3n que a evoca. N\u00f3s somos capaz de interpretar as escenas gravadas de d\u00eda como escenas nocturnas, porque estamos inmersos no sistema de imaxes que os filmes crean para n\u00f3s e decodificamos o que vemos baixo as s\u00faas regras. Seguramente, ademais, esa noite artificial e evocadora aporte m\u00e1is significados que envolvan a narrativa con capas de irrealidade, so\u00f1o e fantas\u00eda, como no filme que acabamos de mencionar. Unha noite de conto de fadas. E non son poucos os contos e lendas populares que aluden \u00e1 medianoite, como a hora m\u00e1xica que marca o l\u00edmite dos feitizos e esconxuros. No cinema, sobre todo o de animaci\u00f3n, existe a asociaci\u00f3n entre a maxia, o so\u00f1o, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/04\/26\/era-unha-vez\/\" data-type=\"post\" data-id=\"511\">a infancia \u2013principal p\u00fablico dos contos<\/a>\u2013 e a noite. <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0046183\/\"><em>Peter Pan<\/em> (H. Luske e outros, 1953)<\/a> fai a s\u00faa aparici\u00f3n estelar durante a madrugada, cando a cidade dorme e Wendy e os seus irm\u00e1ns est\u00e1n f\u00f3ra da supervisi\u00f3n dos pais. Tr\u00e1tase, polo tanto, do \u00fanico momento no poden permitirse so\u00f1ar con outros mundos e voar.<\/p>\n\n\n\n<p>Diciamos que a cidade dorme, pois en xeral, cando estamos en sociedade, os seres humanos somos di\u00farnos. Por esa raz\u00f3n tememos \u00e1 noite e \u00e1 escuridade. Mais, que ocorre cando, por raz\u00f3ns m\u00e1is terreais, as nosas personaxes lle temen \u00f3 d\u00eda? Porque, como diciamos no episodio anterior, os segredos non te\u00f1en por que ser negativos. As nosas personaxes poden evitar a luz do d\u00eda e fuxir da sociedade di\u00farna por diversas motivaci\u00f3ns \u2013amor, culpa, inxustiza, arrepentimento\u2013, como a xove parella de<em> <\/em><a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0040872\/\"><em>They live by night<\/em> (Nicholas Ray, 1948)<\/a>, que ten a polic\u00eda \u00f3s tal\u00f3ns por un delito que, se ben participaron del, non te\u00f1en tanta culpa como se lles atrib\u00fae. A s\u00faa \u00e9 unha causa perdida, pero at\u00e9 certo punto de vista p\u00f3dese empatizar con ela.&nbsp;<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/2507e71cf3418480b5f0ef8c0d91dee2\/8c7cca84a7e4d284-8a\/s540x810\/5dd1bbe8b45e27662eabe404cf58890a065a3c26.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Depende do punto de vista que cineastas ou guionistas nos propo\u00f1an: podemos crer que a infidelidade de<em> Brief encounter<\/em> (David Lean, 1941) est\u00e1 mal \u2013ti\u00f1an esa certeza, polo menos, aqueles que a viron no seu contexto hist\u00f3rico e social\u2013 mais o filme ponnos do lado dos protagonistas, polo que a noite que esconde as s\u00faas paix\u00f3ns \u00e9 tam\u00e9n a nosa aliada, como a deles. Sentimos alivio cando conseguen agocharse, e a tensi\u00f3n aumenta cando aparece a luz do d\u00eda, como se fose o foco dunha torre de garda perseguindo a uns fuxitivos. Xusto \u00f3 contrario que os exemplos nos que falabamos no primeiro nocturno, nos que o amencer era a met\u00e1fora visual da salvaci\u00f3n das personaxes.<\/p>\n\n\n\n<p>Para aqueles que foxen, a noite \u00e9 o seu refuxio. Tam\u00e9n o \u00e9 para os que rexeitan a sociedade \u2013de novo, di\u00farna\u2013 vivindo as s\u00faas vidas na madrugada, personaxes grises e feridas, que arrastran pasados que esquecer, insomnios incurables ou circunstancias que os superan, como o Travis Bickle de <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0075314\/\"><em>Taxi driver<\/em> (Martin Scorsese, 1976)<\/a> ou a protagonista de <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0050783\/\"><em>Le notti di Cabiria<\/em> (Federico Fellini, 1957)<\/a>.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/a1b8788830247709f140d0c962550653\/8c7cca84a7e4d284-06\/s540x810\/a0580757e80f2921dda35f2dd090f86b35d07a3b.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>A noite protexe da mesma maneira \u00f3s pequenos orfos de <em>The night of the hunter<\/em> do seu perseguidor, a\u00ednda que neste conto de fadas a madrugada represente a maldade pura do cazador. Os significados, en ocasi\u00f3ns, son complexos e se compenetran en m\u00e1is dun sentido. Non \u00e9 un ox\u00edmoro que a noite protexa, defenda, ameace e entristeza \u00e1s nosas personaxes por igual, mentres as nosas personaxes sexan tridimensionais e con matices.<\/p>\n\n\n\n<p>S\u00f3 me fica lembrar que a noite cinematogr\u00e1fica, como refuxio e como aliada, tam\u00e9n pode converterse no escenario ideal <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/02\/16\/a-mascarada\/\" data-type=\"post\" data-id=\"443\">dunha festa<\/a>; pois, por alg\u00fan motivo social ou cultural que agora se me escapa, \u00f3s seres humanos enc\u00e1ntanos celebrar noites e v\u00e9speras, sa\u00edr a pasalo ben cando a l\u00faa est\u00e1 no alto e \u201cvivir a noite\u201d. E o acto de ir a ver un filme en sesi\u00f3n nocturna, cando m\u00e1is presta, \u00e9 en si mesmo unha celebraci\u00f3n da arte e da humanidade. Ap\u00e1ganse as luces e sent\u00edmonos a gusto, no noso fogar. No noso refuxio.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A ser\u00e1n \u00e9 moi doce e son moi t\u00e9pedas as noites. O reise\u00f1or canta longamente baixo a luz das estrelas o seu amor. O seu cantar mainamente me enche o coraz\u00f3n. \u2013 Manuel Mar\u00eda (Remol, 1970) Como adiantabamos no episodio anterior, a dificultade que sup\u00f3n a noite para o cinema \u00e9 que a c\u00e1mara, \u00f3 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":894,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[8,217,219,103,221,105,68],"class_list":["post-477","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-cinema","tag-fenomenos-naturais","tag-natureza","tag-noite","tag-positivo","tag-refuxio","tag-sombras"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/477","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=477"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/477\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":984,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/477\/revisions\/984"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/894"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=477"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=477"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=477"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}