{"id":471,"date":"2021-08-24T10:57:00","date_gmt":"2021-08-24T08:57:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=471"},"modified":"2023-12-01T08:44:52","modified_gmt":"2023-12-01T07:44:52","slug":"o-grande-espectaculo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/08\/24\/o-grande-espectaculo\/","title":{"rendered":"O grande espect\u00e1culo"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>Cubrir o proceso de xestaci\u00f3n do cinema cl\u00e1sico \u2013o que, de maneira m\u00e1is espec\u00edfica e quizabes un pouco pedante denominamos o <em>sistema de estudios de Hollywood\u2013<\/em> \u00e9 todo un reto para esta humilde comunicadora. Representar con precisi\u00f3n t\u00f3dolos factores, t\u00f3dalas influenzas que moldearon o que se converteu no cinema <em>mainstream<\/em>, na corrente dominante, poder\u00edame levar o equivalente a unha tese doutoral. Non \u00e9 plan.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Cineastas 4 - O grande espect\u00e1culo (Griffith, DeMille, Von Stroheim, Von Sternberg)\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/0FL5rcLURjw?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Quizabes haxa outra maneira de enfocar este convulso per\u00edodo de innovaci\u00f3n continua que estableceu as bases do cinema <em>de masas<\/em>, nominalmente o cinema americano de masas. Por iso, quero po\u00f1er a atenci\u00f3n no momento no que o cinemat\u00f3grafo pasou de ser <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/06\/29\/ring-ring\/\" data-type=\"post\" data-id=\"463\">unha curiosidade froito do empuxe tecnol\u00f3xico do s\u00e9culo XIX<\/a> a converterse na actividade cultural e de entretemento maioritaria durante todo o s\u00e9culo XX. Deste intre da historia vou destacar catro cineastas claves \u2013por delimitar, tam\u00e9n, catro figuras dentro dunha rede de influenzas, novidades e mudanzas constantes nos que moitos m\u00e1is tam\u00e9n se poder\u00edan salientar\u2013 que son <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/David_Wark_Griffith\">D. W. Griffith<\/a>, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Cecil_B._DeMille\">Cecil B. DeMille<\/a>, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Erich_von_Stroheim\">Erich Von Stroheim<\/a> e <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Josef_von_Sternberg\">Josef Von Sternberg<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0004972\/\"><em>The Birth of a Nation<\/em> (D. W. Griffith, 1915)<\/a> \u00e9 universalmente co\u00f1ecida por d\u00faas cousas:<\/p>\n\n\n\n<p><strong>a)<\/strong> ser a primeira pel\u00edcula como tal, <em>full length feature <\/em>ou pel\u00edcula de duraci\u00f3n completa e<\/p>\n\n\n\n<p><strong>b)<\/strong> ser incrible e inescusablemente racista.<\/p>\n\n\n\n<p>A segunda non ten discusi\u00f3n. Resist\u00edame a tratar este director xunto cos demais pois, quen m\u00e1is e quen menos, at\u00e9 o de agora sempre sent\u00edn e expresei simpat\u00eda polos cineastas dos que falo nesta bit\u00e1cora e non ser\u00eda capaz de empatizar cun \u201ccabaleiro sure\u00f1o\u201d educado entre a apolox\u00eda da escravitude e o clasismo m\u00e1is exacerbado. Por\u00e9n, ignorar as melloras formais que Griffith introduce na narrativa cinematogr\u00e1fica \u00e9 como pasar por alto un elefante no cuarto. Se ben Griffith cae no cinemat\u00f3grafo dende a herdanza da tradici\u00f3n teatral, pois foi aspirante a dramaturgo na s\u00faa xuventude, \u00e9 indubidable que a transcende para estandarizar o primeiro plano con efecto dram\u00e1tico \u2013<em>All right, Mr. DeMille, I\u2019m ready for my close-up, <\/em>dir\u00eda o personaxe de Norma Desmond en <em><a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0043014\/\">Sunset Boulevard<\/a><\/em> (Billy Wilder, 1950), adiantando o seguinte cineasta do que falaremos a continuaci\u00f3n\u2013, complexas montaxes e decorados cheos de extras que m\u00e1is tarde en<em> <\/em><a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0006864\/\"><em>Intolerance: Love\u2019s struggle through the ages<\/em> (D. W. Griffith, 1916)<\/a> ser\u00e1n m\u00e1is grandes, m\u00e1is custosos e ambiciosos ca nunca.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/78004a59573fbcc6d25c7f9be2e3bf5d\/efc436e2354eb6a3-34\/s540x810\/57916b4f86c52ac408086bcd3a103bf1db58dc73.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p><em>Intolerance<\/em> s\u00fabese \u00e1 cola do <a href=\"https:\/\/diccineario.com\/2019\/06\/04\/colosalismo-cabiria\/\"><em>colosalismo<\/em>, un movemento cinematogr\u00e1fico<\/a> que ser\u00e1 decisivo para a instauraci\u00f3n do modelo produtivo cinematogr\u00e1fico de Hollywood, cos seus enormes presupostos e rodaxes masivos para contar historias \u00e9picas, e que ten a orixe en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Cinecitt%C3%A0\">Cinecitt\u00e0, en Italia<\/a>. E a\u00ed precisamente est\u00e1 a trampa: <em>The Birth of a Nation<\/em> estr\u00e9ase un ano m\u00e1is tarde que <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0003740\/\"><em>Cabiria <\/em>(Giovanni Pastrone, 1914)<\/a> un filme italiano e colosalista que tam\u00e9n supera as d\u00faas horas de duraci\u00f3n\u2026 polo que xa sabemos que aquela primeira afirmaci\u00f3n era un mito. Griffith non puxo o fito da primeira <em>full length feature<\/em>. Nin tampouco Pastrone, e aproveito para dicir que, se non lle din un lugar neste artigo no que tanto se falou e se falar\u00e1 de colosalismo, \u00e9 porque o estou reservando para o seu propio lugar de honra xunto a outros pioneiros do cinema italiano.<\/p>\n\n\n\n<p>Se non foi Griffith nin Pastrone\u2026 quen fixo o primeiro filme como tal? Pois o seguinte da lista:<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Cecil_B._DeMille\"> Cecil B. DeMille<\/a>, co seu filme <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0004635\/\"><em>The Squaw Man<\/em> (tam\u00e9n do 1914)<\/a>. DeMille tra\u00eda tam\u00e9n a s\u00faa bagaxe teatral, do <em><a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/11\/16\/sorrisos-e-silencios\/\" data-type=\"post\" data-id=\"483\">vaudeville<\/a><\/em>, pero deseguido entendeu que o cinema estaba a converterse nunha enorme m\u00e1quina de producir so\u00f1os e xerar beneficios. Converteuse no primeiro cineasta-estrela, producindo os seus filmes \u2013e os dos dem\u00e1is\u2013 e coidando a s\u00faa imaxe p\u00fablica \u00f3 nivel das grandes actrices e actores do momento. DeMille tam\u00e9n se subiu \u00f3 carro do colosalismo, m\u00e1is grande e m\u00e1is ambicioso que ning\u00fan outro; e ga\u00f1oulle a batalla \u00f3 son, adapt\u00e1ndose con axilidade \u00e1s circunstancias que tumbaron a outros grandes cineastas entre os que se contan Griffith ou Von Stroheim, do que falaremos no ep\u00edgrafe seguinte.<\/p>\n\n\n\n<p>Mais non podemos pensar en DeMille como nun executivo sen coraz\u00f3n, nun mercenario da arte, pois a sensibilidade que desprenden moitos dos seus filmes, con t\u00e9cnicas herdadas da s\u00faa etapa teatral como a <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Rembrandt_lighting\">iluminaci\u00f3n Rembrandt<\/a>, unha revoluci\u00f3n para a expresividade na \u00e9poca, e cun perfeccionismo art\u00edstico que non era incompatible co sistema <em><a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Taylorismo\">taylorista<\/a><\/em> de produci\u00f3n cinematogr\u00e1fica no que sempre estivo enmarcado. Como apunte, dicir que este perfeccionismo o levou a facer <em><a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0009650\/\">remakes<\/a><\/em> <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0022428\/\">continuos<\/a> dos seus propios filmes. S\u00f3 para po\u00f1er o fincap\u00e9 en que isto de refacer pel\u00edculas con poucos anos de diferencia non \u00e9 un fen\u00f3meno recente.<\/p>\n\n\n\n<p>O seguinte cineasta \u00e9 un caso particular. Pouco se sabe certo de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Erich_von_Stroheim\">Erich Von Stroheim<\/a>, un home tam\u00e9n moi preocupado da s\u00faa imaxe persoal, que mantivo as s\u00faas orixes humildes ocultas baixo un veo de medias verdades e mentiras enteiras, como cando dic\u00eda que era fillo de arist\u00f3cratas austr\u00edacos. O certo \u00e9 que Von Stroheim recaeu no cinema dende as s\u00faas mesmas entra\u00f1as: foi dobre de acci\u00f3n, asesor en temas militares \u2013parece que si era certo que ti\u00f1a formaci\u00f3n militar\u2013 e actor. Foi precisamente esta faceta a que o converteu en toda unha personaxe do incipiente Hollywood: cando comezou a dirixir e a protagonizar filmes, met\u00edase no rol dun militar prusiano astuto, malvado e carism\u00e1tico capaz de engaiolar \u00e1s mulleres e enganar aos seus maridos, como nos evidentes t\u00edtulos <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0009937\/\"><em>Blind Husbands<\/em> (1919)<\/a> e <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0013140\/\"><em>Foolish Wives<\/em> (1922)<\/a>. En palabras dos publicistas da \u00e9poca, Von Stroheim foi <em>The Man you Love to Hate<\/em>. Aquela era a imaxe que ti\u00f1a entre o p\u00fablico dos seus filmes, e o mesmo deb\u00edan de pensar del os produtores \u2013como DeMille, no seu momento\u2013 e as grandes estrelas da actuaci\u00f3n cando se enfrontaban \u00f3 tremendo ego de Von Stroheim, despedido de m\u00e1is dunha produci\u00f3n por diferencias creativas. Isto non lle impediu ser o art\u00edfice de obras como a marabillosamente excesiva <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0015881\/\"><em>Greed<\/em> (1924)<\/a>, na que, por primeira vez, levou a rodaxe \u00e1s r\u00faas de San Francisco e \u00f3 <em><a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Valle_de_la_Muerte\">Death Valley<\/a><\/em> en condici\u00f3ns extremas para conseguir imaxes suxestivas e \u00fanicas.<\/p>\n\n\n\n<p>Despois de moitos desgustos, retirouse do rol de cineasta para ficar na memoria cinematogr\u00e1fica universal con dous papeis principais: o seu rol predilecto de malvado e astuto militar \u2013aquel home que nos encantaba odiar!\u2013 como o capit\u00e1n <em>Von Rauffenstein<\/em> en <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0028950\/?ref_=nv_sr_srsg_0\"><em>La grande illusion<\/em> de Jean Renoir (1937)<\/a>, e o trasunto de si mesmo que creou Billy Wilder para el en <em>Sunset Boulevard. <\/em>Dixen xa que esta \u00e9 a mellor pel\u00edcula para entender a \u00e9poca?<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/866c61f37db299beb156961790e350c3\/efc436e2354eb6a3-e3\/s540x810\/76b797bf76df3ff5ee75fe5a90605daad2816375.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Finalmente, quer\u00eda mencionar a <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Josef_von_Sternberg\">Josef von Sternberg<\/a>, que non se adoita meter no mesmo caix\u00f3n que estes tres xenios porque o seu auxe chegou co cinema falado nos anos 30 mais, na mi\u00f1a opini\u00f3n, est\u00e1 fortemente vinculado \u00f3s outros tres. Von Sternberg, como Stroheim, non prov\u00e9n do teatro sen\u00f3n dos traballos menos agradecidos do cinema, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Montaxe\">sobre todo como editor<\/a>. Desta maneira, o seu estilo \u00e9 o m\u00e1is puramente cinematogr\u00e1fico, sen influenzas da grande novela decimon\u00f3nica \u2013como Griffith e Von Stroheim\u2013 ou do teatro \u2013como Griffith e DeMille\u2013. Os filmes de Von Sternberg, foran para Hollywood ou para a UFA alemana, desenvolven un estilo propio, unha voz \u00fanica e indiscutible e o que hoxe chamariamos un universo ficcional propio baseado en tres piares: localizaci\u00f3ns ex\u00f3ticas para o p\u00fablico americano da \u00e9poca, historias de crime e paix\u00f3n \u2013dirixiu a que pod\u00eda considerarse primeira pel\u00edcula de gangsters, a muda <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0018526\/\"><em>Underworld<\/em> (1927)<\/a>\u2013 e <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Marlene_Dietrich\">Marlene Dietrich<\/a> representando <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/07\/27\/a-tentacion-absoluta\/\" data-type=\"post\" data-id=\"467\">a ambig\u00fcidade sexual e de x\u00e9nero, desdebuxando as fronteiras do feminino e do masculino <\/a>que noutrora marcaran a narrativa de DeMille.<\/p>\n\n\n\n<p>Para finalizar este repaso polo primeiro cinema de estudios de Hollywood par\u00e9ceme importante mencionar o grande conflito que emerxe nesta \u00e9poca de mudanzas, da rede de artistas implicados no sistema cinematogr\u00e1fico: a tensi\u00f3n entre o arte e o negocio, a liberdade creativa e o oficio, presente en todas e cada unha das biograf\u00edas referidas neste artigo: dende Griffith, que se uniu a Charles Chaplin, Mary Pickford e Douglas Fairbanks na creaci\u00f3n da <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/United_Artists\">United Artists<\/a> para defender os seus dereitos como creadores; DeMille, que atopou no rol de produtor o cami\u00f1o que lle permitiu controlar as s\u00faas propias pel\u00edculas; Von Sternberg, mant\u00e9ndose firme a pesar da controversia que pod\u00edan chegar a xerar os seus filmes; e Von Stroheim, caendo en desgracia m\u00e1is dunha vez na loita pola s\u00faa visi\u00f3n creativa. Todos eles contribu\u00edron a establecer o que despois se co\u00f1ecer\u00eda como cinema cl\u00e1sico, pero tam\u00e9n \u00f3 revolucionario concepto do director como autor, como artista, como personaxe que nos ensina a s\u00faa visi\u00f3n concreta, que amosa dende o seu enfoque persoal e que escoitamos coa s\u00faa voz particular mentres nos leva da man a trav\u00e9s das imaxes e das palabras, da m\u00fasica e do movemento, a trav\u00e9s do cinema. &nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cubrir o proceso de xestaci\u00f3n do cinema cl\u00e1sico \u2013o que, de maneira m\u00e1is espec\u00edfica e quizabes un pouco pedante denominamos o sistema de estudios de Hollywood\u2013 \u00e9 todo un reto para esta humilde comunicadora. Representar con precisi\u00f3n t\u00f3dolos factores, t\u00f3dalas influenzas que moldearon o que se converteu no cinema mainstream, na corrente dominante, poder\u00edame levar [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":897,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[15],"tags":[96,8,93,21,95,97,92,98,91,94],"class_list":["post-471","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-kc-cineastas","tag-cecil-b-demille","tag-cinema","tag-cinema-pre-codigo","tag-cinema-silente","tag-d-w-griffith","tag-erich-von-stroheim","tag-hollywood","tag-josef-von-sternberg","tag-kinocube-cineastas","tag-precode"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/471","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=471"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/471\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":987,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/471\/revisions\/987"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/897"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=471"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=471"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=471"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}