{"id":469,"date":"2021-08-10T10:54:00","date_gmt":"2021-08-10T08:54:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=469"},"modified":"2023-12-18T09:29:32","modified_gmt":"2023-12-18T08:29:32","slug":"o-marco-universal","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/08\/10\/o-marco-universal\/","title":{"rendered":"O marco universal"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>A quen non lle pasou aquilo de ter unha cousa na cabeza, un pensamento ef\u00e9mero, un recado a facer, e tan cedo como traspasou o marco dunha porta esquec\u00e9uselle por completo? \u00c9 un deses efectos que provoca o noso cerebro, con nome propio \u2013<a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/The_Doorway_Effect\">efecto limiar<\/a>, traduci\u00f3n libre da expresi\u00f3n inglesa <em>doorway effect<\/em>\u2013 para aforrar esforzos innecesarios, un truqui\u00f1o froito da necesidade de segmentar a nosa realidade. Ao pasar polo limiar dunha porta, entramos nun novo espazo diferenciado do anterior, e o cerebro fai <em>reset<\/em>.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 18 - O marco universal\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/DD5Oaqbp2hc?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>O cinema, por suposto, nunca foi alleo a esta capacidade case sobrenatural das portas de delimitar a nosa realidade da maneira espacial. Pois podemos debater que o cinema, como ten dito alg\u00fan, \u00e9 \u201cesculpir no tempo\u201d, mais tam\u00e9n implica ocupar un espazo irreal. Un espazo virtual que a c\u00e1mara percorre e a porta, segundo a s\u00faa actitude, limita ou expande. Entend\u00e1monos: \u00e9 certo que o espazo existe, son decorados e localizaci\u00f3ns reais, pero o esquema, o plano, a planta e o alzado que nos imaxinamos cando contemplamos un filme est\u00e1 soamente na nosa cabeza, baseado nas \u00fanicas pistas visuais que a c\u00e1mara ten a ben amosarnos.<\/p>\n\n\n\n<p>Sempre me sorprendeu ver tantas portas no primeiro cinema cl\u00e1sico dos anos 30 ou 40. Portas grandes, altas, de dobre folla das mansi\u00f3ns dos burgueses que protagonizaban aquelas comedias de enredos e melodramas da \u00e9poca. Portas que, como xa dixemos, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2020\/12\/22\/ollar-pola-fechadura\/\" data-type=\"post\" data-id=\"400\">poden pecharse para evitar olladas indiscretas -ou intentalo, polo menos<\/a>&#8211; ou abrirse de par en par para expandir a nosa vista dunha a outra habitaci\u00f3n. Non \u00e9 raro que se utilizaran tanto este tipo de localizaci\u00f3ns interiores e dom\u00e9sticas, tendo en conta que naquela \u00e9poca \u2013con excepci\u00f3ns notables, iso si\u2013 a maior parte de filmes se rodaban en estudos con decorados falsos constru\u00eddos, destru\u00eddos e reutilizados unha e outra vez.<\/p>\n\n\n\n<p>Pero m\u00e1is al\u00e1 da dimensi\u00f3n pr\u00e1ctica, estou segura de que a importancia das portas e dos limiares no cinema est\u00e1 tam\u00e9n arraigado na narrativa humana m\u00e1is antiga, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/05\/18\/no-profundo-do-bosque\/\" data-type=\"post\" data-id=\"456\">como outros elementos arquet\u00edpicos dos que xa temos falado<\/a>. Falamos dende o amencer da humanidade de portas \u00f3 inferno nas covas xeol\u00f3xicas naturais, de arcos de triunfo erguidos para celebrar, de port\u00f3ns de grandes cidades e murallas,<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Torii\"> de <em>toriis,<\/em> no Xap\u00f3n<\/a>, que representan o paso do noso mundo cara \u00f3 Al\u00e9n xinto\u00edsta\u2026 cruzar unha porta, un arco, adentrarse na abertura dunha cova, sempre tivo un significado importante na narrativa humana. Lembremos o <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/10\/11\/covas-cavernas-e-tobos\/\" data-type=\"post\" data-id=\"537\">mito da caverna<\/a>! Atoparse unha porta pechada pode ter consecuencias fatais, \u00e9 a desesperanza materializada. Cruzala pode significar escapar, fuxir, liberarse dunha carga\u2026 ou comprometerse e aceptar unha situaci\u00f3n. Como sempre, os arquetipos chegan cargadi\u00f1os de ambig\u00fcidade.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/9778323e7ceb6560e2fef2b580859c9e\/e5314067aefe946d-f1\/s540x810\/bdad819d6e5899661364341e29288f6f3a51b9ef.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Quizabes por ese mesmo motivo, as personaxes que dubidan antes de entrar ou que fican un momento no limiar son as m\u00e1s atractivas. En <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0049730\/\">The Searchers (John Ford, 1956)<\/a>, no <em>doorway shot <\/em>\u2013como poderedes adivi\u00f1ar, <em>plano do limiar<\/em>\u2013 m\u00e1is co\u00f1ecido da historia do cinema, a ollada que dirixe Ethan Edwards cara \u00f3 interior do fogar d\u00e1nos a entender que non pertence al\u00ed, que non ousar\u00e1 traspasar o marco e que o seu lugar est\u00e1 f\u00f3ra, no deserto, errando por toda a eternidade coma unha pantasma dun tempo que rematou. \u00c9 quizabes un dos planos m\u00e1is homenaxeados da cinefilia e con toda a raz\u00f3n: \u00e9 a maneira perfecta de reflectir a esas personaxes grises, desarraigadas, que buscan o seu lugar. Ademais, volvendo \u00e1 t\u00e9cnica, ese contraluz tan belo tam\u00e9n provoca un efecto visual particular: a porta enmarca a figura. Por iso falamos do <em>marco universal. <\/em>A porta \u00e9 o elemento m\u00e1is evidente para enmarcar personaxes, pois ten as dimensi\u00f3ns perfectas para esta tarefa. Cando ocupamos o marco da porta con d\u00faas personaxes, ill\u00e1molas, obrig\u00e1molas a achegarse entre si, relacion\u00e1molas a unha coa outra. Enmarcar, como vedes, \u00e9 unha maneira de aportar significado sen di\u00e1logos nin palabras innecesarias.<\/p>\n\n\n\n<p>Poder\u00eda tam\u00e9n po\u00f1erme t\u00e9cnica e falarvos das bondades do <em>deep focus <\/em>ou profundidade focal, que permite ver nitidamente o que ocorre dentro e f\u00f3ra dun destes marcos universais, pero vou determe aqu\u00ed coa idea de que a pantalla do cinema \u00e9 quizabes un limiar, un limiar interdimensional \u2013po\u00f1\u00e9ndonos fant\u00e1sticos\u2013 que nos permite perdernos no tempo e ocupar un espazo que non nos pertence\u2026 at\u00e9 que se apagan as luces e comeza o espect\u00e1culo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A quen non lle pasou aquilo de ter unha cousa na cabeza, un pensamento ef\u00e9mero, un recado a facer, e tan cedo como traspasou o marco dunha porta esquec\u00e9uselle por completo? \u00c9 un deses efectos que provoca o noso cerebro, con nome propio \u2013efecto limiar, traduci\u00f3n libre da expresi\u00f3n inglesa doorway effect\u2013 para aforrar esforzos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":898,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[8,90,213,89],"class_list":["post-469","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-cinema","tag-limiar","tag-obxectos","tag-portas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/469","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=469"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/469\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":988,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/469\/revisions\/988"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/898"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=469"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=469"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=469"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}