{"id":463,"date":"2021-06-29T10:43:00","date_gmt":"2021-06-29T08:43:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=463"},"modified":"2023-12-18T09:28:53","modified_gmt":"2023-12-18T08:28:53","slug":"ring-ring","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/06\/29\/ring-ring\/","title":{"rendered":"Ring, ring!"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Chegamos, pasi\u00f1o a pasi\u00f1o, a un arquetipo inevitable. Est\u00e1 en todas partes, f\u00f3ra ou dentro da di\u00e9xese. Un obxecto e un concepto arraigado na nosa vida coti\u00e1 dende a s\u00faa invenci\u00f3n a finais do s\u00e9culo XIX, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/05\/04\/a-clase-obreira\/\" data-type=\"post\" data-id=\"452\">naquel tempo de progreso tecnol\u00f3xico imparable<\/a>, e que medra, se actualiza e mellora at\u00e9 converterse, na actualidade, nun complemento indispensable para as persoas: imos falar do tel\u00e9fono.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube E. 16 - Ring, ring!\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/iplUZPyXQ9g?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A s\u00faa invenci\u00f3n, en realidade, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Tel%C3%A9fono\">s\u00f3 precede vinte anos \u00e1 do noso benquerido cinemat\u00f3grafo<\/a>. Son fillos da mesma \u00e9poca de grandes ambici\u00f3ns e confianza na ciencia, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2020\/12\/15\/tren-e-cinema\/\" data-type=\"post\" data-id=\"87\">xunto co cabalo de ferro<\/a>, o aeroplano ou a fonograf\u00eda; en definitiva, todas son invenci\u00f3ns destinadas a acurtar distancias, a comunicar, contar, transmitir e trasladar o que ocorre no recuncho m\u00e1is afastado do planeta. A globalizaci\u00f3n, \u00e1 que hoxe lle vemos os dentes, parec\u00eda un obxectivo m\u00e1is que desexable para as mulleres e os homes daquel s\u00e9culo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O meu an\u00e1lise dos arquetipos relacionados co tel\u00e9fono part\u00eda da asunci\u00f3n \u2013do prexu\u00edzo, para ser sinceros\u2013 de que non ter\u00eda moito sentido para o cinema silente representar unha chamada telef\u00f3nica, pois resultar\u00eda unha escena aburrida e sosa ao carecer de di\u00e1logos. Fiquei realmente sorprendida cando o marabilloso mundo do cinema silente me levou a contraria con numerosos exemplos de escenas que incl\u00faen aqueles aparatosos e elegantes tel\u00e9fonos de principios de s\u00e9culo, algunhas delas brillantes polo adiantado \u00e1 s\u00faa \u00e9poca, como a pantalla partida que se mostra en <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0003424\/?ref_=fn_al_nm_1a\"><em>Suspense<\/em>, de Lois Weber (1913)<\/a>, axudada do sistema de intert\u00edtulos para que escoitemos \u2013metaforicamente\u2013 o que as personaxes se transmiten. De al\u00ed en diante e sen parar at\u00e9 hoxe en d\u00eda, os tel\u00e9fonos sempre formaron parte intr\u00ednseca da narrativa cinematogr\u00e1fica. Representar unha chamada telef\u00f3nica comezou sendo un reto para a representaci\u00f3n audiovisual, pois rompe a <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Escena_(artes_esc%C3%A9nicas)\">unidade de tempo e lugar que caracteriza \u00e1 escena tradicional<\/a>: das d\u00faas personaxes que dialogan, unha sit\u00faase noutro espazo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Por suposto, guionistas e cineastas desenvolveron unha chea de recursos e ferramentas para representar unha chamada telef\u00f3nica. En ocasi\u00f3ns, ch\u00e9ganos con ouvir a un dos interlocutores e os guionistas arranxan o texto para que nos ofreza a maior informaci\u00f3n posible s\u00f3 coas s\u00faas intervenci\u00f3ns. Se precisamos ouvir, mais non ver \u00f3 que est\u00e1 \u00f3 outro lado da li\u00f1a, p\u00f3dese engadir a s\u00faa pista de son pasada por un filtro que imite \u00f3 son deformado que nos chega polo altavoz. Ser\u00eda un son subxectivo, vinculado \u00e1 perspectiva da personaxe que vemos en pantalla. Pois na realidade, habitualmente, non conseguimos escoitar con claridade o que sae dun tel\u00e9fono a unha certa distancia. Digo habitualmente, xa sei que hai xente que lle sube moito o volume.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Se precisamos das d\u00faas partes da conversaci\u00f3n e ademais co\u00f1ecer a ambas personaxes visualmente, observar as s\u00faas expresi\u00f3ns e comprender as acci\u00f3ns que ocorren \u00f3 seu arredor, podemos probar outros recursos creativos. Ademais da <a href=\"https:\/\/www.escuelacine.com\/la-pantalla-dividida-fundamentos-y-usos\/\">pantalla partida<\/a>, pola que mostramos \u00f3 mesmo tempo d\u00faas localizaci\u00f3ns totalmente diferentes \u2013e hai que ter coidado con este recurso, pois como cineastas debemos conducir a atenci\u00f3n do espectador nunha soa direcci\u00f3n, non confundilo esix\u00edndolle mirar cara a todas partes \u00f3 mesmo tempo\u2013 temos <a href=\"https:\/\/historiadelcine.es\/glosario-terminos-cinematograficos\/tipos-montaje-cinematografico-ejemplos\/\">a montaxe paralela<\/a>, quizabes a m\u00e1is usada, que simplemente alterna planos dun e do outro lado da li\u00f1a, case como se fose unha conversaci\u00f3n presencial. Se queremos potenciar esta sensaci\u00f3n de presencialidade, podemos recorrer \u00f3 socorrido plano-contraplano, a maneira m\u00e1is habitual de representar di\u00e1logos, pola que mostramos os primeiros planos dos interlocutores mentres cada un olla a un lado oposto da pantalla creando a ilusi\u00f3n de que est\u00e1n fronte a fronte. O feito de que as persoas, instintivamente, deixamos a ollada perdida cara a adiante cando falamos por tel\u00e9fono como se estiv\u00e9semos enfronte do noso interlocutor tam\u00e9n axuda a dotar de credibilidade a montaxe paralela.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/1e3fd659f13e0c3e075add4169c88916\/cd07e48e32ac67e5-f8\/s540x810\/01972b7aaceddedb48f0a86fec1d9df94b6d1f46.png\" alt=\"\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">E existen unha morea de recursos e combinaci\u00f3ns das escenas que acabo de explicar, tanto como para que haxa filmes nos que est\u00e1n continuamente falando por tel\u00e9fono, como en <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0032599\/?ref_=nv_sr_srsg_0\"><em>His girl friday <\/em>(Howard Hawks, 1940)<\/a> ou en <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0071524\/?ref_=nv_sr_srsg_0\"><em>The front page <\/em>(Billy Wilder, 1974)<\/a>, ambas adaptaci\u00f3ns da mesma obra teatral arredor da redacci\u00f3n dun xornal. A s\u00faa versatilidade ao conectar escenas que ocorren en diferentes lugares s\u00f3 a trav\u00e9s da voz humana, ocultando o que realmente ocorre \u00e1 vista dos interlocutores \u2013en ocasi\u00f3ns, como xa vimos, tam\u00e9n \u00f3s espectadores\u2013 &nbsp;e deix\u00e1ndolles imaxinalo unicamente mediante o son, \u00e9 o motivo polo que as chamadas telef\u00f3nicas se relacionan cunha multiplicidade de arquetipos narrativos que enriquecen os relatos cinematogr\u00e1ficos. Podemos mencionar como exemplo a morte de algu\u00e9n \u00f3 tel\u00e9fono, mentres que a personaxe \u00f3 outro lado da li\u00f1a s\u00f3 pode escoitar, impotente, o derradeiro queixume do finado. Ou a chamada do an\u00f3nimo con voz distorsionada que imp\u00f3n as condici\u00f3ns dun rescate ou dun suborno. Ou a chamada desesperada e urxente que pode salvar unha vida, que ningu\u00e9n colle at\u00e9 o \u00faltimo momento. Isto rec\u00f3rdame \u00e1 an\u00e9cdota dunha persoa, desculpade se non recordo quen ou como a contaba, \u00e1 que lle po\u00f1\u00eda dos nervios que soase un tel\u00e9fono nun filme e ningu\u00e9n contestase. A verdade \u00e9 que pode chegar a ser abafante, mais quizabes esa \u00e9 a intenci\u00f3n da pel\u00edcula, pois \u00e9 unha boa maneira de <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/26\/correde-insensatos\/\" data-type=\"post\" data-id=\"410\">xerar tensi\u00f3n<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A nivel narrativo, unha chamada telef\u00f3nica tam\u00e9n pode revelar un segredo e converterse no punto de inflexi\u00f3n dunha trama. Pode ser unha ameaza \u2013<em>chamarei \u00e1 polic\u00eda!<\/em>\u2013, unha advertencia ou unha delaci\u00f3n. Hai infinitas posibilidades ,e a medida que se converte nunha extensi\u00f3n da nosa intelixencia en forma de <em>smartphone,<\/em> acumulando funci\u00f3ns novas como a mensaxer\u00eda instant\u00e1nea ou a videochamada, conect\u00e1ndonos cada vez m\u00e1is preto, o tel\u00e9fono seguir\u00e1 a ter presencia no cinema, medrando canda el e adoptando novas formas de retroalimentarse. Un exemplo m\u00e1is de como<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/03\/23\/espello-espellino\/\" data-type=\"post\" data-id=\"445\"> o cinema exerce de espello no que se mira a sociedade<\/a>, unha sociedade en constante evoluci\u00f3n no que, por\u00e9n, hai cousas que permanecen, como engado que o cinema provoca no m\u00e1is profundo do noso sentir.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Chegamos, pasi\u00f1o a pasi\u00f1o, a un arquetipo inevitable. Est\u00e1 en todas partes, f\u00f3ra ou dentro da di\u00e9xese. Un obxecto e un concepto arraigado na nosa vida coti\u00e1 dende a s\u00faa invenci\u00f3n a finais do s\u00e9culo XIX, naquel tempo de progreso tecnol\u00f3xico imparable, e que medra, se actualiza e mellora at\u00e9 converterse, na actualidade, nun complemento [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":901,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[8,213,10,78,79],"class_list":["post-463","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-cinema","tag-obxectos","tag-s-xix","tag-tecnoloxia","tag-telefono"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/463","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=463"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/463\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":991,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/463\/revisions\/991"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/901"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=463"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=463"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=463"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}