{"id":459,"date":"2021-06-01T10:39:00","date_gmt":"2021-06-01T08:39:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=459"},"modified":"2023-12-18T09:28:05","modified_gmt":"2023-12-18T08:28:05","slug":"expresion-e-sombras","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/06\/01\/expresion-e-sombras\/","title":{"rendered":"Expresi\u00f3n e sombras"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Recordo a experiencia de ver un filme expresionista por primeira vez como un rito de paso na carreira de fondo da cinefilia. Trat\u00e1base de <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0017136\/?ref_=nv_sr_srsg_0\"><em>Metropolis<\/em>, de Fritz Lang (1927)<\/a>, esa obra cicl\u00f3pea de ciencia ficci\u00f3n e ambici\u00f3ns b\u00edblicas <a href=\"https:\/\/pics.filmaffinity.com\/metropolis-434117468-large.jpg\">cuxos cartaces promocionais son carne de p\u00f3ster para as habitaci\u00f3ns de estudantes <em>culturetas<\/em><\/a>. <\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Cineastas 3 - Expresi\u00f3n e Sombras (Lang, Murnau, Pabst)\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/OcTkDTT2QzQ?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Nesta bit\u00e1cora xa tivemos a ocasi\u00f3n de falar un chisco de expresionismo alem\u00e1n coa escusa de analizar <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2020\/12\/29\/negra-sombra\/\" data-type=\"post\" data-id=\"402\">o papel das sombras sobre o celuloide<\/a>. Non te\u00f1o a intenci\u00f3n de repetir aquelas catro pinceladas sobre a historia desta corrente, as\u00ed que vou aforrar o alento para centrarme na loa a tres das s\u00faas figuras m\u00e1is importantes: <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Friedrich_Wilhelm_Murnau\">F. W. Murnau<\/a>, <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Fritz_Lang\">Fritz Lang<\/a> e <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Georg_Wilhelm_Pabst\">Georg Wilhelm Pabst<\/a>. Como nota aclaratoria, ning\u00fan dos tres inscribiu toda a s\u00faa filmograf\u00eda dentro do movemento titular e quizabes outros cineastas sexan m\u00e1is representativos do expresionismo m\u00e1is puro \u2013penso en <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Paul_Wegener\">Paul Wegener<\/a> e <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Robert_Wiene\">Robert Wiene<\/a>, fundadores e pioneiros desta corrente\u2013 mais quixen salientar estes autores precisamente pola visi\u00f3n particular, persoal e intransferible do cinema expresionista.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O expresionismo alem\u00e1n ven delimitado por dous factores fundamentais, que xa adiantaba no episodio dedicado \u00e1 sombra: a carencia dun bo presuposto, que obriga a pensar de maneira m\u00e1is creativa e flexible e o rexeitamento \u00e1 tradici\u00f3n f\u00edlmica e \u00f3 naturalismo en favor de abrazar a modernidade e as novas ideas radicais que agromaban na literatura, na pintura, na arquitectura ou na escultura. <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/05\/04\/a-clase-obreira\/\" data-type=\"post\" data-id=\"452\">Da m\u00e1quina<\/a>, a ciencia, a velocidade e a <a href=\"https:\/\/images.adsttc.com\/media\/images\/55e6\/6ac3\/4d8d\/5d67\/1100\/0751\/large_jpg\/metropolis17.jpg?1441163966\">xeometr\u00eda de <em>Metropolis<\/em><\/a> ou do doutor Caligari \u00e1 superstici\u00f3n e a espiritualidade de Nosferatu ou Fausto, pasando polo realismo social e a cr\u00f3nica criminal do doutor Mabuse ou do vampiro de Dusseldorf. \u00c1ngulos aguzados e grandes alturas nos decorados e xestos en\u00e9rxicos e expresi\u00f3ns deformadas nos rostros dos protagonistas. E detr\u00e1s dos gui\u00f3ns, mensaxes profundos de desesperaci\u00f3n e angustia \u2013lembremos que nos atopamos na <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Rep%C3%BAblica_de_Weimar\">Weimar do per\u00edodo de entreguerras<\/a>\u2013 mais tam\u00e9n de inconformismo e de esperanza.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">F. W. Murnau, influenciado dende novo por unha manchea de xenios como Shakespeare, Ibsen ou Nietzsche, destaca dentro do panorama do filme expresionista con adaptaci\u00f3ns de grandes obras literarias escuras e fant\u00e1sticas como <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0013442\/?ref_=fn_al_tt_3\"><em>Nosferatu, eine Symphonie des Grauens<\/em> (1922)<\/a> baseada no <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Dr%C3%A1cula\">Dr\u00e1cula de Stoker<\/a> \u2013debidamente disimulado para evitar leas co copyright\u2013, <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0011348\/?ref_=nm_flmg_dr_18\"><em>Der Janus-Kopf<\/em> (1920)<\/a> baseada no <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Dr._Jekyll_e_Mr._Hyde\">Doutor Jekyll e Mr. Hyde de Stevenson<\/a> ou o <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0016847\/?ref_=nm_flmg_dr_5\"><em>Faust<\/em> (1926) <\/a>de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Fausto_(Goethe)\">Goethe<\/a>. Murnau crea e recrea mitos antigos e modernos arredor de temas como a morte, o monstro, a deformidade ou o inferno durante a s\u00faa etapa expresionista, mais sobrepasa esta visi\u00f3n triste e escura da vida e do ser humano cando salta a Hollywood para crear unha obra l\u00edrica e sensible como <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0018455\/?ref_=nm_flmg_dr_4\"><em>Sunrise: A song of two humans<\/em> (1927)<\/a>. \u00c9 unha pequena trampa no v\u00eddeo introdutorio de hoxe, pois Sunrise non pertence \u00f3 cinema alem\u00e1n de entreguerras. Iso si, como ocorre con moitas obras non expresionistas destes grandes cineastas, pos\u00fae a\u00ednda alg\u00fans trazos desta corrente. No caso de <em>Sunrise<\/em>, na mi\u00f1a opini\u00f3n totalmente subxectiva, hai reminiscencias do <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/06\/15\/o-monstro\/\" data-type=\"post\" data-id=\"461\">home-monstro-lun\u00e1tico<\/a> expresionista \u2013lembremos a Fausto ou \u00f3 doutor Jekyll\u2013 no momento en que o protagonista sen nome (George O\u2019Brien) se deixa levar polos seus baixos instintos e decide asasinar \u00e1 s\u00faa muller (Lillian Gish).<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Fritz Lang, por outra banda, \u00e9 quizabes o m\u00e1is ambicioso do tr\u00edo protagonista desta bit\u00e1cora. Foi un verdadeiro \u00e9xito comercial na s\u00faa \u00e9poca cos seus trepidantes thrillers criminais e un xenio sutil capaz de amosar a parte m\u00e1is bela do ser humano en filmes como <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0012494\/?ref_=nm_flmg_dr_39\"><em>Der m\u00fcde Tod<\/em> (1922)<\/a>, un fermoso conto que, a trav\u00e9s da estrutura tripartita da f\u00e1bula e da narraci\u00f3n popular, relata a loita dunha muller por recuperar \u00f3 seu amado das garras da morte. Non podemos continuar sen facer unha menci\u00f3n especial a <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Thea_von_Harbou\">Thea von Harbou<\/a>, compa\u00f1eira na vida e no cinema de Lang, unha das guionistas m\u00e1is brillantes da historia \u2013que tam\u00e9n se puxo detr\u00e1s da c\u00e1mara nun par de ocasi\u00f3ns\u2013 sen a cal ningunha das grandes pel\u00edculas da etapa alem\u00e1 deste cineasta ser\u00edan posibles. O estilo de Lang \u00e9 en ocasi\u00f3ns \u00e9pico e elevado, cando as s\u00faas personaxes claman \u00f3s ceos e \u00e1s inxustizas, mentres que noutras, o estilo v\u00f3lvese quedo, calado, est\u00e1tico, sutil. \u00c9 un dos cineastas m\u00e1is vers\u00e1tiles e inclasificables pola s\u00faa variada filmograf\u00eda. Fican unha chea de filmes no tinteiro m\u00e1is quero destacar finalmente <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0022100\/?ref_=hm_rvi_tt_i_1\"><em>M &#8211; Eine Stadt sucht einen M\u00f6rder<\/em> (1931)<\/a>, unha proposta que polas s\u00faas caracter\u00edsticas entra de cheo no caix\u00f3n do expresionismo e destaca polo <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/05\/filmar-a-ausencia\/\" data-type=\"post\" data-id=\"404\">enxe\u00f1oso uso do son<\/a> tanto para a montaxe como na propia trama, na que ten especial importancia. Este filme influ\u00edu de maneira decisiva nas formas e contido do cinema negro posterior.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/7637defeda9075e3ecbaa9276cf6b753\/b184c0ef4baa372e-29\/s540x810\/b9f2e7a666817753492313be0448d9f03a8789ee.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Finalmente, quero salientar a obra de Georg Wilhelm Pabst, menos co\u00f1ecido a nivel popular \u2013e te\u00f1o que reco\u00f1ecer humildemente que, a pesares de levar sete anos estudando cinema, decateime da s\u00faa existencia neste \u00faltimo mes\u2013 e cun expresionismo menos evidente. De feito, dende que me recomendaron a s\u00faa filmograf\u00eda, pasei un par de d\u00edas debatendo comigo mesma se deb\u00eda enmarcalo da mesma maneira que Lang e Murnau. Todo at\u00e9 que vin a escena de <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0018737\/?ref_=hm_rvi_tt_i_8\"><em>Die B\u00fcchse der Pandora<\/em> (1929)<\/a> inclu\u00edda no v\u00eddeo introdutorio desta semana, que me despexou t\u00f3dalas d\u00fabidas. Pabst rexeita as tem\u00e1ticas fant\u00e1sticas, futuristas e macabras que caracterizan \u00f3 expresionismo puro en favor dun realismo social con conciencia dunha sociedade en crise. Pabst recorre, iso si, \u00e1s formas e recursos que definen \u00e1 corrente como a xestualidade desatada, as formas aguzadas e a sombra. No seu universo f\u00edlmico ten lugar a deformidade, se ben moral, e as baixas paix\u00f3ns, froito dun contexto social hostil. Te\u00f1o que admitir que levei unha sorpresa agradable con <em>Die B\u00fcchse der Pandora<\/em>, pois a sinopse me levaba a pensar na t\u00edpica historia moralista na que unha muller independente, con axencia propia, \u00e9 castigada pola s\u00faa vida disoluta. Por\u00e9n, a medida que o filme se desenvolv\u00eda diante dos meus ollos, fun atopando o que me pareceu o verdadeiro enfoque autoral, que me revelaba que as desgracias de Lul\u00fa, a protagonista, non eran culpa dela sen\u00f3n da sociedade corrupta que a rodea, que a sexualiza, que a obxectifica e se aproveita dela para despois abandonala \u00e1 s\u00faa sorte.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O expresionismo alem\u00e1n \u00e9 unha das correntes cinematogr\u00e1ficas m\u00e1is populares dentro e f\u00f3ra da cinefilia. Por que? \u00c1 parte de tratar temas adiantados \u00f3 seu tempo e canalizar a angustia dunha sociedade particular como a da Weimar de entreguerras, quizabes o m\u00e1is importante foi o pouso que deixou, o legado que aportou \u00f3 cinema posterior. Fritz Lang chegou a Hollywood cos cimentos do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Cinema_negro\">cinema negro<\/a> \u00e1s s\u00faas costas; grandes directores \u00f3s dous lados do atl\u00e1ntico reco\u00f1eceron e reco\u00f1ecen hoxe en d\u00eda a s\u00faa influencia. Vemos a mesma Morte de <em>Der m\u00fcde Tod<\/em> no <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/O_s%C3%A9timo_selo\"><em>S\u00e9timo Selo <\/em>de Bergman (<em>Det sjunde inseglet,<\/em> 1957)<\/a>, as formas cicl\u00f3peas e aguzadas de <em>Metropolis<\/em> en <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0083658\/?ref_=nv_sr_srsg_3\"><em>Blade Runner<\/em> (Ridley Scott, 1982)<\/a> e o horror estilizado da figura de Nosferatu en toda a obra de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Tim_Burton\">Tim Burton<\/a>. Se nos anos vinte o cinema comezou a <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/04\/20\/abrir-as-portas-da-creatividade\/\" data-type=\"post\" data-id=\"449\">abrir as portas da creatividade<\/a>, imaxinando mundos ex\u00f3ticos e fant\u00e1sticos cheos de luz e cor, o expresionismo cavou un buraco \u00f3 m\u00e1is profundo e escuro da nosa existencia, abrindo un cami\u00f1o para que a <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2020\/12\/29\/negra-sombra\/\" data-type=\"post\" data-id=\"402\">sombras <\/a>finalmente se introduciran no cinema para quedarse.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Recordo a experiencia de ver un filme expresionista por primeira vez como un rito de paso na carreira de fondo da cinefilia. Trat\u00e1base de Metropolis, de Fritz Lang (1927), esa obra cicl\u00f3pea de ciencia ficci\u00f3n e ambici\u00f3ns b\u00edblicas cuxos cartaces promocionais son carne de p\u00f3ster para as habitaci\u00f3ns de estudantes culturetas. Nesta bit\u00e1cora xa tivemos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":903,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[15],"tags":[70,8,67,72,71,73,69,223,68],"class_list":["post-459","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-kc-cineastas","tag-cineastas","tag-cinema","tag-expresionismo-aleman","tag-f-w-murnau","tag-fritz-lang","tag-g-w-pabst","tag-historia-do-cinema","tag-ilusion","tag-sombras"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/459","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=459"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/459\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":994,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/459\/revisions\/994"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/903"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=459"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=459"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=459"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}