{"id":456,"date":"2021-05-18T10:36:00","date_gmt":"2021-05-18T08:36:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=456"},"modified":"2023-12-18T09:27:46","modified_gmt":"2023-12-18T08:27:46","slug":"no-profundo-do-bosque","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/05\/18\/no-profundo-do-bosque\/","title":{"rendered":"No profundo do bosque"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>Hai un par de noites tiven un dos so\u00f1os m\u00e1is enigm\u00e1ticos que podo recordar. Atop\u00e1bame percorrendo un cami\u00f1o de pedra cara \u00f3 profundo dun bosque de enormes \u00e1rbores de copas mestas e escuras e, a cada certo tempo, abr\u00edase unha corredoira cara un escenario novo: un mar de herba l\u00edquida de cuxas ondas emerx\u00edan as ru\u00ednas de altos edificios comidos pola hedra pezo\u00f1enta, un labirinto circular de pedra fr\u00eda e gris cuberta de neve e de petr\u00f3glifos, un deserto de area vermella no que intricadas construci\u00f3ns de cristal refractaban a luz da l\u00faa en cores inimaxinables\u2026 Estaba completamente soa percorrendo as corredoiras daquela fraga surrealista, fuxindo lentamente de quen sabe que en direcci\u00f3n \u00e1 \u00fanica escapatoria: o espertar.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 14 - No profundo do bosque\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/t7Cyc-h5Ekk?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>\u00c9 curioso como os arquetipos poden chegar a gravarse na nosa mente at\u00e9 o mesmo subconsciente, influ\u00edndo nos pensamentos intrusivos, nos medos irracionais e nos so\u00f1os. Ocorre, por suposto, con aqueles m\u00e1is antigos e m\u00e1is reiterados dende que o ser humano decidiu comezar a contar historias.<\/p>\n\n\n\n<p>O bosque \u00e9 un deles. E quen di bosque di fraga, selva, xungla ou taiga: calquera masa forestal mesta e escura onde orientarse se torne unha tarefa complicada e onde a presenza humana \u00e9 escasa ou nula. O bosque escapa do noso af\u00e1n civilizador, do noso control, e por iso situamos nel os peores medos e os tesouros meirandes. Disto sabemos os galegos, que poboamos as nosas fragas de mouros, encantos e compa\u00f1as, as\u00ed como no conto tradicional europeo recompilado polos<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Irm%C3%A1ns_Grimm\"> irm\u00e1ns Grimm<\/a> ou <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Charles_Perrault\">Charles Perrault<\/a> alb\u00e9rganse as cabanas das bruxas e os tobos dos lobos feroces. Unha advertencia \u00f3s infantes de outras \u00e9pocas para afastalos do perigo real que sup\u00f3n perderse na espesura e non atopar o cami\u00f1o \u00e1 casa, como Polgari\u00f1o, ou ter un encontro non desexado cun animal perigoso, como a Carapuchi\u00f1a Vermella.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c9 precisamente esta faceta m\u00e1is misteriosa, a da natureza salvaxe chea de perigos e aventuras, a que primeiro da o salto \u00f3 cinema. Os contos tradicionais pasan \u00f3 celuloide en sucesivas adaptaci\u00f3ns dende <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/04\/20\/abrir-as-portas-da-creatividade\/\" data-type=\"post\" data-id=\"449\">os primeiros filmes animados de Lotte Reiniger<\/a> e Walt Disney at\u00e9 as \u00faltimas revisi\u00f3ns do x\u00e9nero como <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0457430\/\"><em>El Laberinto del Fauno<\/em> de Guillermo del Toro (2006)<\/a> ou <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt4263482\/\"><em>The VVitch<\/em>, de Robert Eggers (2015)<\/a>. Non \u00e9 casualidade que as revisi\u00f3ns dos <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/04\/26\/era-unha-vez\/\" data-type=\"post\" data-id=\"511\">contos tradicionais<\/a> estean tan ligados \u00f3 x\u00e9nero do terror, que tam\u00e9n entendeu as potencialidades do bosque como escenario dos crimes m\u00e1is horrendos e da loita pola supervivencia.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Estas mesmas caracter\u00edsticas que fan do bosque un lugar dif\u00edcil de acceder e explorar son as que o converten nun <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/10\/05\/nocturno-no-2-o-refuxio\/\" data-type=\"post\" data-id=\"477\">refuxio<\/a> perfecto, ademais, para foraxidos da talla de Robert de Locksley \u2013m\u00e1is co\u00f1ecido como Robin Hood\u2013, maquis da guerra civil espa\u00f1ola ou asociaci\u00f3ns e sociedades m\u00e1is ou menos secretas. Atop\u00e1monos que, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/19\/mar-e-liberdade\/\" data-type=\"post\" data-id=\"408\">como ocorr\u00eda co arquetipo do mar<\/a>, o bosque comeza a ensinarnos a s\u00faa dualidade: ame\u00e1zanos co medo \u00f3 desco\u00f1ecido ou ac\u00f3llenos cando a sociedade nos da as costas. O arquetipo tam\u00e9n est\u00e1 ligado \u00e1 soidade dos que erran,<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/26\/correde-insensatos\/\" data-type=\"post\" data-id=\"410\"> fuxindo ou perseguindo un obxectivo<\/a>, dos que sobreviven, dos que est\u00e1n perdidos e confusos ou dos que procuran activamente o illamento.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/c50a013bcf55c352643b79c444266d62\/b0220eec5c61c782-44\/s540x810\/9ee78f0fcdabb4c13e7cb31996e7718125184fe5.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>O bosque exerce sobre n\u00f3s unha atracci\u00f3n inexplicable. Cando a\u00ednda non ti\u00f1amos a ciencia para explicar a nosa existencia, fixemos do bosque o noso santuario, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/04\/06\/a-catedral\/\" data-type=\"post\" data-id=\"447\">unha catedral arb\u00f3rea na que os sentidos se anegaban de est\u00edmulos e sensaci\u00f3ns<\/a>; e hoxe en d\u00eda seguimos a consideralos como tal, xa sen ligalos a un <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Animismo\">animismo <\/a>antigo e sagrado, sen\u00f3n \u00e1 pureza da natureza virxe, do ecosistema que sobrevive \u00f3 embate do ser humano e a s\u00faa civilizaci\u00f3n. Dende <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Dersu_Uzala_(filme_de_1975)\"><em>Dersu Uzala<\/em> (Akira Kurosawa, 1975)<\/a> at\u00e9 <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/O_que_arde\"><em>O que arde<\/em> (Oliver Laxe, 2019),<\/a> pasando pola meirande parte de filmes de animaci\u00f3n do<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Studio_Ghibli\"> estudio Ghibli<\/a>, o cinema f\u00edxose eco da reivindicaci\u00f3n da natureza polo seu dereito a permanecer salvaxe, e do deber do ser humano de respectar e coidar a s\u00faa entorna nunha simbiose xusta e rec\u00edproca. Podemos mencionar aqu\u00ed o papel do lume como principal inimigo do bosque, tendo en conta a s\u00faa dimensi\u00f3n aleg\u00f3rica como representaci\u00f3n da ameaza da modernidade, da industria ou do ego\u00edsmo humano, segundo a mensaxe que queira transmitirnos a historia.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>A dualidade do arquetipo do bosque refl\u00edctese no cinema tam\u00e9n a trav\u00e9s das expresividades do medio audiovisual. Por unha banda, o bosque claro e luminoso que nos acolle como un ser vivo m\u00e1is, como unha pequena parte do espazo natural, no que os raios do sol esvaran entre a follaxe aloumi\u00f1ando e quencendo as nosas fazulas mentres os paxaros asub\u00edan melod\u00edas ef\u00e9meras, in\u00e9ditas e irrepetibles. Pola outra, o bosque da noite e <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/11\/08\/fume-e-neboa\/\" data-type=\"post\" data-id=\"542\">da n\u00e9boa<\/a> entre os troncos h\u00famidos, fr\u00edos e \u00e1speros, no que <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2023\/10\/24\/a-luz-do-candil\/\" data-type=\"post\" data-id=\"594\">a luz alaranxada dun candil<\/a> pode ser un inimigo ou unha v\u00edtima e no que a madeira renxe ameazando con tronzarse sobre as nosas cabezas namentres grallan os corvos e p\u00edan as curuxas nun ton mon\u00f3tono e grave. At\u00e9 no m\u00e1is profundo do bosque hai claros que nos devolven \u00e1 realidade, mostr\u00e1ndonos que a pesar da<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/09\/21\/nocturno-no-1-as-tebras\/\" data-type=\"post\" data-id=\"475\"> noite sen fin<\/a> debaixo da mesta follaxe existe un ceo por riba, como a luz \u00f3 final dun t\u00fanel, que nos revela o cami\u00f1o a trav\u00e9s das estrelas para volver \u00e1 casa.<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c9 curioso porque a\u00ednda que a nosa realidade coti\u00e1 se vaia afastando dos bosques, o arquetipo siga presente at\u00e9 os nosos d\u00edas, imperturbable. O cinema pode ser o \u00faltimo v\u00ednculo destas realidades antigas coa nosa sociedade tecnol\u00f3xica e urbana, o derradeiro reduto para que o arquetipo se desenvolva, medre e mude cos tempos, e que contin\u00fae gravado a lume na nosa memoria colectiva. E seguir\u00e1 a mantelo vivo a un tempo que crea e desenvolve arquetipos e s\u00edmbolos novos para continuar a alimentar os nosos so\u00f1os con <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/12\/mar-e-perigo\/\" data-type=\"post\" data-id=\"406\">mares embravecidos<\/a>, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2020\/12\/29\/negra-sombra\/\" data-type=\"post\" data-id=\"402\">sombras<\/a>, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/02\/09\/de-aparecidos\/\" data-type=\"post\" data-id=\"412\">espectros <\/a>e bosques perdidos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai un par de noites tiven un dos so\u00f1os m\u00e1is enigm\u00e1ticos que podo recordar. Atop\u00e1bame percorrendo un cami\u00f1o de pedra cara \u00f3 profundo dun bosque de enormes \u00e1rbores de copas mestas e escuras e, a cada certo tempo, abr\u00edase unha corredoira cara un escenario novo: un mar de herba l\u00edquida de cuxas ondas emerx\u00edan as [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":910,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[63,8,64,66,65,225,219],"class_list":["post-456","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-bosque","tag-cinema","tag-contos","tag-labirinto","tag-literatura-oral","tag-lugares","tag-natureza"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/456","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=456"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/456\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":995,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/456\/revisions\/995"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/910"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=456"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=456"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=456"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}