{"id":452,"date":"2021-05-04T10:33:00","date_gmt":"2021-05-04T08:33:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=452"},"modified":"2023-12-18T09:27:29","modified_gmt":"2023-12-18T08:27:29","slug":"a-clase-obreira","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/05\/04\/a-clase-obreira\/","title":{"rendered":"A clase obreira"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>O cinema pode ser, entre moitas outras cousas, unha ferramenta \u00fatil para o cambio social. Moitos cineastas o consideraron como tal, dende&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2023\/02\/28\/a-arte-da-montaxe-sovietica\/\" data-type=\"post\" data-id=\"670\">Serguei M. Eisenstein<\/a>&nbsp;a&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Ken_Loach\">Ken Loach<\/a>&nbsp;pasando por&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Elio_Petri\">Elio Petri<\/a>, e non albergaron ningunha d\u00fabida do seu poder para mover vontades entre o p\u00fablico, crear conciencia \u2013de clase\u2013 e motivar revoluci\u00f3ns m\u00e1is grandes ou m\u00e1is pequenas.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 13 A clase obreira\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/HIURvqOQXoo?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Mentres que segue a ser certo que unha grande parte do corpus f\u00edlmico hist\u00f3rico tende \u00f3 escapismo mental,&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/04\/20\/abrir-as-portas-da-creatividade\/\" data-type=\"post\" data-id=\"449\">a deixarse levar cara a mundos ex\u00f3ticos ou imaxinarios<\/a>&nbsp;nos que substitu\u00edmos os nosos problemas reais por outros moito m\u00e1is satisfactorios, \u00e9picos, dram\u00e1ticos e belos \u2013e non serei eu quen rexeite esta funci\u00f3n case terap\u00e9utica do audiovisual\u2013, non deixa de ser certo que existe un cinema cos p\u00e9s na terra e co foco posto na realidade: aquilo que habitualmente denominamos cinema social. A etiqueta \u00e9 un pouco ambigua, porque at\u00e9 do cinema m\u00e1is comercial e escapista se poden extraer mensaxes de car\u00e1cter social, protestas contra o poder e reivindicaci\u00f3ns dun mundo mellor. Un&nbsp;<em>western<\/em>, polo tanto, tam\u00e9n pode ser cinema social.<\/p>\n\n\n\n<p>A clase traballadora adoita ser a protagonista colectiva dos filmes que podemos considerar de tem\u00e1tica social, do cinema ancorado \u00e1 realidade de cada d\u00eda no que nos erguemos, almorzamos e nos desprazamos at\u00e9 un lugar no que recibimos un soldo a cambio da nosa forza de traballo. Isto conv\u00e9rtese en arquetipo cando empregamos a metonimia,<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/05\/filmar-a-ausencia\/\" data-type=\"post\" data-id=\"404\">&nbsp;da que xa temos falado nalgunha ocasi\u00f3n<\/a>, para representar o groso da clase obreira \u2013da que tam\u00e9n forman parte, como non, tanto&nbsp;<em>cowboys<\/em>&nbsp;como estrelas de cinema, artistas, detectives ou calquera outro oficio m\u00e1is fotox\u00e9nico para a gran pantalla\u2013 en pequenos colectivos de traballadores localizados nunhas coordenadas e nun tempo concretos, cuns problemas espec\u00edficos e un inimigo personificado nun xefe ou nunha c\u00fapula de directivos que fan o que sexa por beneficiarse sen prexu\u00edzo do que sufran os seus empregados.<\/p>\n\n\n\n<p>Para que o arquetipo sexa efectivo, os filmes nos que a clase obreira \u00e9 a protagonista adoitan orbitar arredor de sectores na que a precariedade laboral e a opresi\u00f3n son m\u00e1is evidentes: o arduo traballo do campo ou&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/12\/mar-e-perigo\/\" data-type=\"post\" data-id=\"406\">do mar<\/a>, a tediosa burocracia de oficina e o duro, repetitivo e en ocasi\u00f3ns perigoso sector industrial.<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c9 necesario, para entender a estreita relaci\u00f3n entre o cinema e a industria, acudir \u00e1 s\u00faa historia. Pois a mesma&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Revoluci%C3%B3n_Industrial\">revoluci\u00f3n industrial<\/a>&nbsp;que impulsou o progreso tecnol\u00f3xico entre a \u00e9poca vitoriana e os comezos do intenso s\u00e9culo XX \u00e9 a culpable da precariedade laboral e da brecha de clases denunciada polo cinema social e tam\u00e9n \u00e9 a raz\u00f3n pola que podemos sentarnos a gozar dunha pel\u00edcula nas nosas horas de ocio, xa que<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/03\/09\/creando-unha-linguaxe\/\" data-type=\"post\" data-id=\"181\">&nbsp;o cinemat\u00f3grafo \u00e9 un dos froitos desta \u00e9poca de velocidade, de mecanicismo e de enxe\u00f1o<\/a>. Coa desigualdade e a inxustiza chegan os movementos sociais que tratan de contrarrestalas: o marxismo, os soviets, a Revoluci\u00f3n Rusa, o triunfo bolxevique e o cinema pu\u00f1o de Serguei M. Eisenstein, a quen podedes co\u00f1ecer pola&nbsp;<a href=\"https:\/\/youtu.be\/1sEPFd-1Dm8?t=491\">famosa escena do carro de beb\u00e9 caendo polas escadas de Odessa mentres os soldados do tsar descenden, disparando a matar, en&nbsp;<em>\u0411\u0440\u043e\u043d\u0435\u043d\u043e\u0441\u0435\u0446 \u041f\u043e\u0442\u0451\u043c\u043a\u0438\u043d<\/em>&nbsp;ou&nbsp;<em>O acoirazado Potemkin<\/em>&nbsp;(1925)<\/a>. Tam\u00e9n \u00e9 interesante analizar a visi\u00f3n do cinema europeo nacente que, en propostas como a colosal <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0017136\/\">Metropolis (Fritz Lang, 1927)<\/a>, trata de reconciliar a clase obreira coa burguesa nun discurso que se parece moito \u00f3 que enarboraban os primeiros fascistas, que se proclamaban a si mesmos como a soluci\u00f3n a todos os problemas sociais. Xa sabemos como remata a historia.<\/p>\n\n\n\n<p>O cinema sovi\u00e9tico foi o que mantivo a masa traballadora diante dos focos durante m\u00e1is tempo, mentres que no sistema de estudos de Hollywood \u2013o cinema \u201ccl\u00e1sico\u201d\u2013 ocorr\u00eda xusto o contrario. Despois da Segunda Guerra Mundial, o capitalismo coa faciana m\u00e1is amable invadiu os fogares dos EUA: o do so\u00f1o americano, o consumismo e a clase media traballadora pero acomodada que pod\u00eda permitirse comprar un microondas e aforrar un pouco de tempo para ir \u00f3 cine as fins de semana. Mentres, os problemas sociais e a precariedade laboral non desaparec\u00eda, mais calquera intento de visibilizala pod\u00eda ser motivo de sospeita durante a \u00e9poca m\u00e1is vergo\u00f1enta dos estudos de Hollywood:<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Macartismo\">&nbsp;o macartismo ou a \u201cCaza de Bruxas\u201d<\/a>, un periodo hist\u00f3rico caracterizado polo medo \u00f3 \u201cperigo vermello\u201d durante a x\u00e9nese da Guerra Fr\u00eda, un medo paranoico a que calquera cidad\u00e1n americano fose un esp\u00eda sovi\u00e9tico tratando de propagar a s\u00faa ideolox\u00eda, po\u00f1endo a diana sobre os traballadores do cinema en Hollywood, nun momento no que exerc\u00edan unha grande influencia sobre a sociedade. Defender \u00f3 obreiro converteuse nun tab\u00fa e poucos directores se atreveron a desafiar \u00e1 censura, como John Ford adaptando&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0032551\/?ref_=nv_sr_srsg_0\"><em>The&nbsp;<\/em><em>g<\/em><em>rapes of&nbsp;<\/em><em>w<\/em><em>rath<\/em>&nbsp;(1940)<\/a>&nbsp;ou&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0033729\/?ref_=nv_sr_srsg_0\"><em>How&nbsp;<\/em><em>g<\/em><em>reen&nbsp;<\/em><em>w<\/em><em>as&nbsp;<\/em><em>m<\/em><em>y&nbsp;<\/em><em>v<\/em><em>alley<\/em>&nbsp;(1941),<\/a>&nbsp;amosando as penurias da clase obreira sen filtros. Nalg\u00fan momento teremos que abordar as complexidades da figura de John Ford nesta bit\u00e1cora. Todo chegar\u00e1!<\/p>\n\n\n\n<p>O caso \u00e9 que o macartismo se consumiu a si mesmo na s\u00faa espiral de censura, sospeita e delaci\u00f3n. Cando os anos sesenta introduciron aire fresco tanto no cinema estadounidense como no europeo \u2013co antecedente do neorrealismo italiano, que tam\u00e9n se achegaba \u00f3s problemas da clase traballadora\u2013, os novos cinemas recolleron o esp\u00edrito do Maio do 68, \u00f3 igual que outras disciplinas como a m\u00fasica folk e a literatura, e cineastas como&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Jean-Luc_Godard\">Godard<\/a>&nbsp;utilizaron \u00f3 colectivo dos estudantes como unha personaxe coral que representaba a avanzada dunha revoluci\u00f3n obreira. As crises sucesivas e o&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Margaret_Thatcher\">neoliberalismo<\/a>&nbsp;tam\u00e9n provocaron reacci\u00f3ns e protestas en forma de cinema social, sempre coa intenci\u00f3n de motivar o cambio.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/0f868cff7cfecbb0cf30960674f599ee\/8e4e2122f754c623-a6\/s500x750\/809111d6311cd49f195b0c8a6a59548a7a6df430.png\" alt=\"image\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>E aqu\u00ed finalizan os meus apuntamentos hist\u00f3ricos, pois o arquetipo relacionado coa loita da clase obreira, ademais dunha evoluci\u00f3n complexa como a que acabamos de relatar, ten caracter\u00edsticas e lugares com\u00fans que se extraen da an\u00e1lise de filmes de diferentes \u00e9pocas, nacionalidades e x\u00e9neros. Xa mencionamos cales eran os sectores laborais m\u00e1is agradecidos nas historias centradas nos traballadores. Destes sectores proceden os espazos m\u00e1is habituais para o noso arquetipo: o rural, a oficina e, sobre todo, a f\u00e1brica.<\/p>\n\n\n\n<p>Mentres que o rural adoita ser espazo para conflitos entre os labregos e os terratenentes ou sobre a supervivencia en \u00e9pocas de escaseza e a oficina, unha gaiola na que os traballadores se debaten entre a submisi\u00f3n a un xefe e a un sistema ou a persecuci\u00f3n dos seus so\u00f1os, nunha tendencia m\u00e1is individualista, a f\u00e1brica \u00e9 o espazo para a folga e a loita polos dereitos do colectivo. Un lugar moito m\u00e1is espec\u00edfico pero con caracter\u00edsticas especiais para converterse no espazo perfecto para estas historias \u00e9 o da mina, cun dos oficios m\u00e1is duros e perigosos nos que a morte axexa en cada esquina en forma de derrubamento, fuga ou explosi\u00f3n e incluso cando chega o retiro se arrastran as consecuencias dunha vida de desgaste f\u00edsico e psicol\u00f3xico terrible.<\/p>\n\n\n\n<p>Unido a estes espazos de traballo industrial existen tropos visuais que se repiten para crear a atmosfera ideal: o fume da m\u00e1quina de vapor, a faciana do obreiro tinguida de carb\u00f3n ou de graxa e, por riba de todo, as poleas, engrenaxes e mecanismos da m\u00e1quina. O binomio obreiro-m\u00e1quina est\u00e1 presente neste tipo de historias dende o comezo, en filmes como&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0027977\/?ref_=nv_sr_srsg_0\"><em>Modern&nbsp;<\/em><em>t<\/em><em>imes<\/em>&nbsp;(Charles Chaplin, 1936)<\/a>&nbsp;no que o progreso tecnol\u00f3xico aparece como un inimigo, nun discurso case&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Ludismo\">ludista<\/a>&nbsp;no que o traballador, no canto de verse beneficiado pola automatizaci\u00f3n dos procesos, vese obrigado a competir coa m\u00e1quina forzando a s\u00faa produtividade ou sendo totalmente substitu\u00eddo por ela no peor dos casos. \u00c9 un debate en plena actualidade, se queredes a mi\u00f1a opini\u00f3n, en tempos de intelixencia artificial e veh\u00edculos aut\u00f3nomos.<\/p>\n\n\n\n<p>Fican temas no tinteiro, incluso afast\u00e1ndose do cinema social, pois os obreiros oprimidos constit\u00faen v\u00edtimas perfectas para que un heroe \u2013ch\u00e1mese superhome, cabaleiro, pistoleiro ou samurai\u2013 as salve do seu opresor, por po\u00f1er un exemplo. Mais prefiro finalizar aqu\u00ed mesmo, lembrando a frase coa que comecei este artigo e reflexionando arredor da idea de que o cinema pode ser un veh\u00edculo de propaganda e alienaci\u00f3n, de escapismo barato ou caro\u2026 m\u00e1is tam\u00e9n, nas mans adecuadas, unha ferramenta para o cambio social, un altofalante para as voces silenciadas, unha arma contra a inxustiza,&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/03\/23\/espello-espellino\/\" data-type=\"post\" data-id=\"445\">un espello da sociedade<\/a>,&nbsp;<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/04\/06\/a-catedral\/\" data-type=\"post\" data-id=\"447\">un canto \u00e1 humanidade e \u00e1 esperanza<\/a>&nbsp;e <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2023\/09\/19\/aaaaah\/\" data-type=\"post\" data-id=\"590\">un berro de liberdade<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O cinema pode ser, entre moitas outras cousas, unha ferramenta \u00fatil para o cambio social. Moitos cineastas o consideraron como tal, dende&nbsp;Serguei M. Eisenstein&nbsp;a&nbsp;Ken Loach&nbsp;pasando por&nbsp;Elio Petri, e non albergaron ningunha d\u00fabida do seu poder para mover vontades entre o p\u00fablico, crear conciencia \u2013de clase\u2013 e motivar revoluci\u00f3ns m\u00e1is grandes ou m\u00e1is pequenas. Mentres que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":911,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[8,62,60,61,152,123,48],"class_list":["post-452","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-cinema","tag-cinema-social","tag-clase","tag-clase-obreira","tag-masas","tag-personaxes","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/452","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=452"}],"version-history":[{"count":5,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/452\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":996,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/452\/revisions\/996"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/911"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=452"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=452"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=452"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}