{"id":449,"date":"2021-04-20T10:28:00","date_gmt":"2021-04-20T08:28:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=449"},"modified":"2024-04-18T15:47:39","modified_gmt":"2024-04-18T13:47:39","slug":"abrir-as-portas-da-creatividade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/04\/20\/abrir-as-portas-da-creatividade\/","title":{"rendered":"Abrir as portas da creatividade"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>Cando xorde unha nova linguaxe, unha nova forma de expresi\u00f3n art\u00edstica, \u00e9 o momento de maior impulso \u00e1 liberdade creativa. Antes de fixar as normas segundo o que permite a evoluci\u00f3n da t\u00e9cnica ou o que demandan as audiencias que comezan a establecerse como tales, d\u00e1se un per\u00edodo no que a experimentaci\u00f3n \u00e9 o \u00fanico cami\u00f1o. No que todo vale at\u00e9 que se demostre o contrario.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Cineastas 2 - Abrir as portas da creatividade (Cohl, Chom\u00f3n, Reiniger)\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/qhitg0TyDKU?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Durante as primeiras d\u00e9cadas da xestaci\u00f3n do cinema, mentres pioneiros como os irm\u00e1ns <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/03\/09\/creando-unha-linguaxe\/\" data-type=\"post\" data-id=\"181\">Lumi\u00e8re, Georges M\u00e9li\u00e8s e Alice Guy-Blach\u00e9<\/a> cimentaban os piares da representaci\u00f3n audiovisual da realidade e da ficci\u00f3n, xurd\u00edan propostas nas marxes destas correntes, baseados na idea de que a imaxe en movemento ten infinitas posibilidades. Falamos, por suposto, da animaci\u00f3n, mais non exclusivamente. T\u00e9cnicas como as que M\u00e9li\u00e8s ou Segundo de Chom\u00f3n desenvolveron -estoume adiantando un chisco-, que podemos considerar os primeiros efectos especiais da historia, tam\u00e9n son formas de expresi\u00f3n innovadoras, son experimentos creativos arredor da nova linguaxe nacente.<\/p>\n\n\n\n<p>Expo\u00f1amos brevemente a historia da animaci\u00f3n, un mundo aparte que se manifesta incluso antes que o propio cinema. Pois aqueles primeiros xoguetes, dende a lanterna m\u00e1xica \u00f3 zoopraxiscopio, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/02\/02\/a-caixa-de-musica\/\" data-type=\"post\" data-id=\"413\">que antecederon \u00f3 cinemat\u00f3grafo na s\u00faa busca da representaci\u00f3n en movemento<\/a>, xa animaban debuxos feitos a man. Aqu\u00ed <em>animar<\/em> significa dar vida, dotar de <em>\u00e1nima<\/em> a un obxecto inerte mediante a ilusi\u00f3n de movemento. Case dez anos antes de que os Lumi\u00e8re agasallaran \u00f3 mundo coa primeira proxecci\u00f3n do seu cinemat\u00f3grafo, <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=426mqlB-kAY\">Charles-\u00c9mile Reynaud<\/a> expo\u00f1\u00eda o seu Teatro \u00d3ptico con pequenas animaci\u00f3ns ou <em>pantomimas luminosas<\/em> sobre as personaxes da <em>Commedia dell\u2019arte<\/em>. Un pouco despois J. Stuart Blackton comeza a desenvolver a idea de \u201cdebuxo animado\u201d con curtas como <em><a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=wGh6maN4l2I&amp;ab_channel=LibraryofCongress\">Humorous phases of funny faces<\/a> <\/em>(1906).<\/p>\n\n\n\n<p>Por\u00e9n, de todo este conxunto de pioneiros da animaci\u00f3n, qu\u00e9dome cunha figura moi concreta, <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/%C3%89mile_Cohl\">\u00c9mile Cohl<\/a>, pois este artista franc\u00e9s comprendeu antes ca ningu\u00e9n cal era a principal vantaxe creativa da animaci\u00f3n, a plasticidade, e plasmouna nas s\u00faas m\u00faltiples curtas con resultados que a\u00ednda hoxe impresionan. No canto de representar fielmente a realidade a trav\u00e9s do debuxo, Cohl estirou, cortou, moldeou e transformou \u00f3s monigotes que protagonizaron a s\u00faa primeira curta, <em>Fantasmagorie<\/em>, at\u00e9 as \u00faltimas consecuencias, convertendo botellas en can\u00f3ns e elefantes en edificios. A primeira porta da imaxinaci\u00f3n, a de quebrantar as leis da f\u00edsica e da natureza, ficou aberta de par en par.<\/p>\n\n\n\n<p>\u00d3 mesmo tempo, como xa fomos adiantando, M\u00e9li\u00e8s e <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Segundo_de_Chom%C3%B3n\">Segundo de Chom\u00f3n<\/a> inventaron e perfeccionaron t\u00e9cnicas que trasladaban esta plasticidade a o que hoxe entendemos por acci\u00f3n real. O <em>stop trick<\/em> de M\u00e9li\u00e8s, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/02\/09\/de-aparecidos\/\" data-type=\"post\" data-id=\"412\">do que xa falamos nesta bit\u00e1cora<\/a>, foi o primeiro paso dun proceso que culminou no desenvolvemento do <em>stop motion<\/em>. Este formato, que continua o seu legado na actualidade como a maneira m\u00e1is artesanal de producir animaci\u00f3n, foi cultivado con mestr\u00eda por Segundo de Chom\u00f3n en curtas como <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0000516\/\">El Hotel El\u00e9ctrico (1908)<\/a>, ademais doutras ilusi\u00f3ns \u00f3pticas. A t\u00e9cnica na que est\u00e1 baseado \u00e9 a do <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Animaci%C3%B3n_en_volumen\">paso de manivela<\/a>; a mesma, precisamente, que utilizaron Blackton e Cohl para animar as s\u00faas curtas.<\/p>\n\n\n\n<p>Segundo de Chom\u00f3n foi un dos primeiros t\u00e9cnicos de efectos especiais, dirixiu curtas e incluso inventou t\u00e9cnicas para tinguir fotogramas a man e producir filmes en cor. Sen d\u00fabida, un xenio que mantivo a imaxinaci\u00f3n e os azos de experimentar como forza motriz durante a s\u00faa carreira, sempre \u00f3 servizo da expansi\u00f3n do cinema como forma de expresi\u00f3n total.<\/p>\n\n\n\n<p>Nunha \u00e9poca de tanta creatividade, foron moitos os nomes que poderiamos destacar pola s\u00faa importancia na historia destes formatos \u00e1 marxe, como o <em>stop motion <\/em>e a animaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=-_c15oS5i5I&amp;ab_channel=CamilaHamdan_Education\">Winsor McCay<\/a>, <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=xdgBDgWFre4&amp;ab_channel=Uncutcartoons247\">Max Fleischer<\/a>, <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=7HskWL82GeQ\">Otto Messmer<\/a> ou Quirino Cristiani, o artista arxentino que sementou o miliario da primeira longametraxe de animaci\u00f3n co filme <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0007646\/\">El Ap\u00f3stol (1917)<\/a> a\u00ednda que os seus filmes, por desgracia, non se conservaron at\u00e9 os nosos d\u00edas. Nos anos vinte continuaron os experimentos con propostas como a dos <em><a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Non-narrative_film#1920s:_The_absolute_film_movement\">Absolute films<\/a> <\/em>que, coincidindo no tempo con vangardas doutras disciplinas art\u00edsticas, buscaba a abstracci\u00f3n absoluta que s\u00f3 pod\u00eda ofrecer o medio da animaci\u00f3n. <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=3zeeuFaClkg&amp;ab_channel=bestCharlieChaplin%E2%80%99scomedy\">Walter Ruttman<\/a>, entre outros artistas que se acolleron \u00f3 movemento, creou filmes carentes de relato ou narratividade, que trataban de expresar ideas e sentimentos abstractos con formas xeom\u00e9tricas e cromatismos, tratando de emular esa caracter\u00edstica da m\u00fasica de movernos sen a necesidade de apelar \u00e1 iconicidade.<\/p>\n\n\n\n<p>Todas estas persoas deixaron abertas as portas da creatividade para que talentos como o de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Lotte_Reiniger\">Lotte Reiniger<\/a> as traspasaran para deixar a s\u00faa propia pegada no mundo da imaxinaci\u00f3n. Esta cineasta alem\u00e1, influ\u00edda pola obra dos precursores como M\u00e9li\u00e8s, comezou a traballar con Paul Wegener, figura importante do <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/06\/01\/expresion-e-sombras\/\" data-type=\"post\" data-id=\"459\">expresionismo alem\u00e1n<\/a>, creando siluetas de cart\u00f3n para os seus t\u00edtulos e outros efectos. Cando comezou a desenvolver as s\u00faas primeiras curtas animadas, empregando as mesmas siluetas recortadas, decatouse de que at\u00e9 aquel ent\u00f3n a animaci\u00f3n ti\u00f1a un marcado car\u00e1cter c\u00f3mico e lixeiro, polo que nin interesaba alongar as metraxes m\u00e1is al\u00e1 dos dez minutos nin contar historias que tivesen outra motivaci\u00f3n que a de facer rir \u00f3 espectador. Coas s\u00faas tesoiras e coa axuda dunha c\u00e1mara <em>multiplano<\/em> da s\u00faa invenci\u00f3n -anos m\u00e1is tarde Ub Iwerks e Walt Disney <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=YdHTlUGN1zw&amp;ab_channel=fireurgunz\">utilizar\u00e1n un dispositivo semellante para os seus filmes<\/a> animados-, Reiniger creou a longametraxe animada m\u00e1is antiga que se conserva: <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0015532\/\"><em>Die Abenteuer des Prinzen Achmed <\/em>(1926)<\/a>, unha obra sublime que asentou a idea de que a animaci\u00f3n era o medio ideal para contar contos, once anos antes da <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0029583\/\">Brancaneves de Disney<\/a>. O acto de <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/04\/26\/era-unha-vez\/\" data-type=\"post\" data-id=\"511\">contar un conto<\/a> \u00e9 unha das formas de expresi\u00f3n m\u00e1is antigas e importantes da cultura; \u00e9 transmitir unha historia xeraci\u00f3n tras xeraci\u00f3n, de forma oral, deixando que a narraci\u00f3n se transforme e se moldee \u00f3 narrador, \u00f3s valores e \u00e1 \u00e9poca, evadindo a realidade coti\u00e1 con ambientaci\u00f3ns lonxincuas e irreais e con pura maxia.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/64.media.tumblr.com\/0e5dd25e615a60e882df7c0932cd3038\/0906d96f68f8fc2a-9d\/s540x810\/1983ac83c59d7347938d6e6b2c962c095fd20976.png\" alt=\"\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Lotte Reiniger cambiou as palabras dos contos por siluetas \u00e1s que deu vida cunha sensibilidade at\u00e9 daquela nunca vista, cun movemento flu\u00eddo e plenamente consciente da s\u00faa capacidade narrativa que \u00e9 capaz de traspasar o tempo e marabillarnos a n\u00f3s case cen anos despois.<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c9mile Cohl, Segundo de Chom\u00f3n ou Lotte Reiniger comprenderon dende o comezo a capacidade do cinema para traspasar a realidade e crear novos mundos suxeitos \u00e1s s\u00faas propias regras. Dende este espazo queremos reivindicar a animaci\u00f3n non como un x\u00e9nero -pois<em> x\u00e9nero<\/em> \u00e9 unha palabra que imp\u00f3n fronteiras no seu af\u00e1n de delimitar caracter\u00edsticas com\u00fans- sen\u00f3n unha forma de expresi\u00f3n independente e autosuficiente capaz de chegar a calquera p\u00fablico, contar todo tipo de historias e expresar todas as ideas que imaxinen as persoas. Se o cinema \u00e9 unha ilusi\u00f3n, a m\u00e1is bela de todas, todas as linguaxes que abarca son capaces de arrastrarnos a outras dimensi\u00f3ns, chorar e rir cos seus protagonistas, penetrar en espazos impos\u00edbles, vivir experiencias que doutra forma non experimentar\u00edamos e somerxernos en realidades que non existen \u00f3 outro lado da pantalla.<\/p>\n\n\n\n<p>Antes de despedirme quer\u00eda agradecer \u00e1 plataforma <a href=\"https:\/\/www.agora.gal\/\">agora.gal<\/a> a oportunidade de que este pequeno espazo de reflexi\u00f3n sexa difundido e desfrutado por m\u00e1is xente \u00e1 que pod\u00eda chegar por min mesma. Non deixamos de recomendarvos que entredes no seu portal para acceder cun s\u00f3 clic a unha enorme oferta de informaci\u00f3n en galego de toda caste: cultura, actualidade, entretemento, divulgaci\u00f3n\u2026 incluso receitas de coci\u00f1a! E, a partir desta semana, tam\u00e9n Kinocube. Estade atentos!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cando xorde unha nova linguaxe, unha nova forma de expresi\u00f3n art\u00edstica, \u00e9 o momento de maior impulso \u00e1 liberdade creativa. Antes de fixar as normas segundo o que permite a evoluci\u00f3n da t\u00e9cnica ou o que demandan as audiencias que comezan a establecerse como tales, d\u00e1se un per\u00edodo no que a experimentaci\u00f3n \u00e9 o \u00fanico [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":912,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[15],"tags":[58,59,52,8,20,56,53,55,54],"class_list":["post-449","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-kc-cineastas","tag-58","tag-59","tag-animacion","tag-cinema","tag-cinema-primitivo","tag-creatividade","tag-emile-cohl","tag-lotte-reiniger","tag-segundo-de-chomon"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/449","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=449"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/449\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":997,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/449\/revisions\/997"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/912"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=449"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=449"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=449"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}