{"id":447,"date":"2021-04-06T10:24:00","date_gmt":"2021-04-06T08:24:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=447"},"modified":"2023-12-18T09:26:57","modified_gmt":"2023-12-18T08:26:57","slug":"a-catedral","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/04\/06\/a-catedral\/","title":{"rendered":"A catedral"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>Nesta ocasi\u00f3n imos falar dun arquetipo quizabes non tan frecuente como outros, pero presente na memoria universal dende moitos s\u00e9culos antes da chegada do cinema: o templo, cuxa m\u00e1xima expresi\u00f3n na cultura cat\u00f3lica \u00e9 a figura da catedral. As\u00ed como expresei a mi\u00f1a descrenza cando tocou falar de <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/02\/09\/de-aparecidos\/\" data-type=\"post\" data-id=\"412\">fen\u00f3menos paranormais<\/a>, quero deixar constancia do meu total rexeitamento \u00e1 idea da divindade. Son esc\u00e9ptica, atea e trato de afastarme de toda crenza e superstici\u00f3n.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 12 - A Catedral\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/Wq-_KUzvy5M?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Isto non me impide admirar a cultura e a arte arredor das relixi\u00f3ns. Non se me ocorre un momento m\u00edstico, \u00edntimo e de contemplaci\u00f3n tan profundo como \u00e9 o entrar nun grande templo, sexa xinto\u00edsta, isl\u00e1mico, cat\u00f3lico ou de calquera outra doutrina. Non \u00e9 tanto a proximidade coa divindade como a atmosfera de concentraci\u00f3n, de calma e de respecto que provoca observar en silencio unha grande obra arquitect\u00f3nica que, no caso das catedrais, se pode incluso definir como teatral ou escenogr\u00e1fica: todos os elementos, dende o profundo olor do incenso at\u00e9 a luz colorida das vidreiras, pasando polo frescor da pedra, o son harm\u00f3nico e temible das camp\u00e1s ou a beleza das tallas e esculturas de madeira e de ouro, est\u00e1 dese\u00f1ado para provocar sensaci\u00f3ns e impresionar \u00f3s visitantes coa s\u00faa solemnidade.<\/p>\n\n\n\n<p>Arredor da figura da catedral x\u00fantanse diversos motivos e emoci\u00f3ns contraditorias; a culpa e a penitencia, a tiran\u00eda e o poder \u2013eclesi\u00e1stico, territorial ou pol\u00edtico\u2013, a esperanza e a seguridade, a piedade e o perd\u00f3n\u2026 e o cinema, por suposto, quixo dende un primeiro momento aproveitar o seu car\u00e1cter teatral e toda esta gama de significados para transmitir os seus relatos.<\/p>\n\n\n\n<p>A trav\u00e9s da mi\u00f1a viaxe polos templos do cinema atopei unha clara predilecci\u00f3n froito da idealizaci\u00f3n de certos lugares e m\u00e1is do herdo literario precedente. Ref\u00edrome, por suposto, \u00e1 Catedral de Notre Dame de Paris, \u00e1 que Victor Hugo fixo un grande homenaxe <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Notre-Dame_de_Par%C3%ADs\">na s\u00faa novela hom\u00f3nima<\/a>. Aquel relato de paix\u00f3n prohibida, de hipocris\u00eda, traiz\u00f3n e inxustiza saltou \u00f3 cinema como unha das narrativas m\u00e1is recorrentes baixo o t\u00edtulo habitual d\u2019<em>O Corcovado de Notre Dame<\/em>, que conta con m\u00e1is dunha ducia de adaptaci\u00f3ns f\u00edlmicas. Por\u00e9n, nin \u00e9 a \u00fanica catedral do celuloide nin o do Corcovado o \u00fanico relato que xorde de entre os grosos muros de pedra. En <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0068646\/\"><em>The Godfather<\/em> (Francis Ford Coppola, 1972)<\/a> o fillo de Michael Corleone \u00e9 bautizado na antiga catedral de St. Patrick en Manhattan ao mesmo tempo que caen a tiros os \u00faltimos inimigos da familia mafiosa, nun arrepiante montaxe paralelo no que confl\u00faen vida e morte, corrupci\u00f3n e inocencia, violencia e desenfado. A escolla dunha catedral cat\u00f3lica como contrapunto \u00e1 masacre non \u00e9 casual: simboliza o poder da familia e da tradici\u00f3n que Don Vito constru\u00edu e legou \u00f3s seus descendentes. No filme <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0178721\/\"><em>Amantes<\/em> (1999)<\/a>, Vicente Aranda sit\u00faa o caso dun crime real ocorrido nos anos corenta \u00f3s p\u00e9s da Catedral de Burgos, no que o templo se ergue como unha personaxe m\u00e1is que observa \u00f3s protagonistas e xulga as s\u00faas acci\u00f3ns con dureza. Pois as catedrais adoitan ser testemu\u00f1as silentes do pecado nas historias de culpa e arrepentimento.<\/p>\n\n\n\n<p>A Catedral de Santiago de Compostela tam\u00e9n serviu en moitas ocasi\u00f3ns de espazo para filmes de todo x\u00e9nero, dende o melodrama d\u2019<em><a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0014764\/\">A Casa da Troya<\/a><\/em> \u2013dirixida polo mesmo autor da novela orixinal, P\u00e9rez Lug\u00edn, en 1925\u2013 at\u00e9 as recentes <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0351867\/\"><em>Trece Badaladas<\/em> (Xavier Villaverde, 2003)<\/a> ou <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt1441912\/\"><em>The Way<\/em> (Emilio Estevez, 2010)<\/a>. Tivo, incluso, alg\u00fan papel no que actuou como outro espazo, fac\u00e9ndose pasar por unha <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/The_Pride_and_the_Passion\">catedral diferente noutro punto do planeta<\/a>. Moi apropiado para unha catedral que agocha a s\u00faa verdadeira <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/P%C3%B3rtico_da_Gloria\">natureza rom\u00e1nica<\/a> detr\u00e1s dunha fachada barroca.<\/p>\n\n\n\n<p>Despois de todo, non me estra\u00f1a nada que as catedrais tiveran sempre un oco na historia do cinema. Cando observo a luz entrar polo roset\u00f3n dunha catedral g\u00f3tica, filtrada polo espectro de infinitas cores das vidreiras, d\u00e1me a impresi\u00f3n de estar vendo o haz luminoso que emit\u00edan os antigos proxectores sobre as paredes brancas das salas de cinema. Nos piares e nas b\u00f3vedas vense proxectados entre as luces e os relevos personaxes, acci\u00f3ns, secuencias e escenas de moitos s\u00e9culos de antig\u00fcidade, que os mestres canteiros tallaron e pintaron para ensinar \u00f3s fieis de outras \u00e9pocas as ensinanzas do seu credo. Que \u00e9 o P\u00f3rtico da Gloria sen\u00f3n unha pel\u00edcula gravada en pedra?<\/p>\n\n\n\n<p>Orson Welles, no fermoso discurso central de <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0072962\/\">F for Fake (1973)<\/a>, reclama as catedrais como os \u201cbosques de pedra\u201d que ficar\u00e1n cando as nosas cidades se convertan en po, aquilo que escollemos para marcar a nosa pegada no mundo. Fagamos do cinema tam\u00e9n un legado, un canto \u00e1 humanidade que fique para reivindicarnos durante s\u00e9culos. \u201c<em>Go on singing<\/em>\u201d, dic\u00eda Welles. Sigamos filmando.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nesta ocasi\u00f3n imos falar dun arquetipo quizabes non tan frecuente como outros, pero presente na memoria universal dende moitos s\u00e9culos antes da chegada do cinema: o templo, cuxa m\u00e1xima expresi\u00f3n na cultura cat\u00f3lica \u00e9 a figura da catedral. As\u00ed como expresei a mi\u00f1a descrenza cando tocou falar de fen\u00f3menos paranormais, quero deixar constancia do meu [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":913,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[50,8,225,49,51],"class_list":["post-447","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-catedral","tag-cinema","tag-lugares","tag-monumento","tag-relixion"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/447","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=447"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/447\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":667,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/447\/revisions\/667"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/913"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=447"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=447"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=447"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}