{"id":445,"date":"2021-03-23T10:21:00","date_gmt":"2021-03-23T09:21:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=445"},"modified":"2023-12-18T09:26:40","modified_gmt":"2023-12-18T08:26:40","slug":"espello-espellino","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/03\/23\/espello-espellino\/","title":{"rendered":"Espello, espelli\u00f1o"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>O cinema est\u00e1 colmado de espellos. \u00c9 unha audacia, tendo en conta a dificultade que entra\u00f1a gravar preto de superficies reflectoras cun equipo que pode ocupar ben a metade dunha estancia de tama\u00f1o medio con c\u00e1maras enormes, longas perchas de son, carr\u00eds, xente tentando gardar silencio\u2026 un espello implica recolocar todo o dispositivo de rodaxe para evitar que se vexa no \u00e1ngulo reflectido. E a\u00ednda as\u00ed hai espellos por todas partes, mires onde mires, en calquera \u00e9poca da longa historia do cinema.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 11 - Espello, espelli\u00f1o\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/bJWdT5t3o-k?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Con raz\u00f3n, se me preguntades. O espello \u00e9 outra desas <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2020\/12\/29\/negra-sombra\/\">portas das que temos falado, como a sombra<\/a>, que permiten \u00f3 espectador traspasar o f\u00f3ra de campo e esculcar o que acontece ao outro lado. \u00c9 un dos recursos m\u00e1is agradecidos para agrandar o espazo e establecer o que vemos como unha realidade diex\u00e9tica. \u00c9 dicir, convencer \u00f3 espectador para que se somerxa na nosa pel\u00edcula e crea que m\u00e1is al\u00e1 dos planos enmarcados pola c\u00e1mara hai vida, hai acci\u00f3ns, hai historias.<\/p>\n\n\n\n<p>Hai que engadir que, como arquetipo, o espello ven cargadi\u00f1o de simbolismo. Utilizouse historicamente, por exemplo, como met\u00e1fora da vaidade feminina. Digo feminina, pois na mi\u00f1a busca de exemplos de reflexos polo corpus f\u00edlmico hist\u00f3rico atopei que no cine cl\u00e1sico americano hai unha tendencia clara a amosar mulleres mir\u00e1ndose \u00f3 espello recre\u00e1ndose na s\u00faa beleza. Un pouco como a <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Venus_del_espejo#\/media\/Archivo:RokebyVenus.jpg\">Venus do Espello de Vel\u00e1zquez<\/a>, ou a ra\u00ed\u00f1a malvada de Brancaneves, para entendernos.<\/p>\n\n\n\n<p>A vaidade, iso si, non \u00e9 exclusiva do x\u00e9nero feminino; as\u00ed atopamos a Travis Bickle preguntando \u00f3 seu reflexo \u201cAre you talkin\u2019 to me?\u201d en <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0075314\/\"><em>Taxi Driver<\/em> (Martin Scorsese, 1976)<\/a>, recreando escenas imaxinarias nas que domina a situaci\u00f3n grazas \u00e1 s\u00faa afouteza, \u00e1 s\u00faa virilidade e \u00e1 s\u00faa pistola novi\u00f1a do trinque. Iso si, non atopei moitos homes at\u00e9 a chegada dos Novos Cinemas al\u00e1 polos anos 60. Lembremos que Narciso, aquela personaxe da mitolox\u00eda grega que namorou do seu propio reflexo nun r\u00edo e acabou afogando na s\u00faa vaidade, era un home.<\/p>\n\n\n\n<p>No eido contrario, a vaidade non \u00e9 a \u00fanica raz\u00f3n pola que unha muller se mira \u00f3 espello. En <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0049043\/\"><em>Calle Mayor,<\/em> de J. A. Bardem (1956)<\/a> son a inseguridade de Isabel, os seus medos e a s\u00faa vergo\u00f1a as raz\u00f3ns polas que, na soidade da s\u00faa habitaci\u00f3n, busca no seu reflexo a seguridade e o consolo. E non os atopa: o espello dev\u00f3lvelle igualmente a imaxe dunha solteirona de trinta anos \u2013as\u00ed de dura era sociedade e a moral cat\u00f3lica no Franquismo\u2013 que s\u00f3 vive de so\u00f1os e paxaros na cabeza. En fin, que o espello serve, nun \u00faltimo caso, para que a personaxe se explore a unha mesma f\u00edsica ou psicoloxicamente. Para que se estude a si mesma.<\/p>\n\n\n\n<p>A escena arquet\u00edpica na que se enmarcan estas situaci\u00f3ns pode ser tam\u00e9n derivada dun contexto m\u00e1is pr\u00e1ctico que outra cousa. Existen moitos filmes da \u00e9poca cl\u00e1sica ambientados no mundo teatral, como <em>To be or not to be<\/em> de Ernst Lubitsch (1942). O espello neste caso \u00e9 un elemento de atrezzo indispensable como v\u00ednculo entre o actor de teatro e o rol que representa, como <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/02\/16\/a-mascarada\/\" data-type=\"post\" data-id=\"443\">marco para a introduci\u00f3n da disfrace<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<p>En <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0042192\/\"><em>All about Eve<\/em> (Joseph L. Mankiewicz, 1950)<\/a> hai moitos espellos, mais unha escena \u2013presente no v\u00eddeo introdutorio\u2013 s\u00e9rveme de escusa perfecta para desviarme do arquetipo, \u00e9 dicir, da personaxe que se mira \u00f3 espello directamente, cara outras maneiras de utilizar os reflexos: na escena \u00e1 que me remito unha muller case an\u00f3nima aproveita que se lle deixou a cargo do vestiario dunha grande actriz para mirarse nas follas m\u00f3biles dun espello coa vestimenta posta. Ademais de alimentar a s\u00faa vaidade e ambici\u00f3n, un tema central no filme, a forma do espello dev\u00f3lvenos non s\u00f3 unha, sen\u00f3n m\u00faltiples imaxes en varios \u00e1ngulos. Multiplica, neste senso, o n\u00famero de persoas na escena para que a muller an\u00f3nima se sinta arroupada por un p\u00fablico. Da mesma maneira, Orson Welles aproveita en <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0040525\/\"><em>The lady from Shanghai<\/em> (1947)<\/a> unha estancia chea de espellos para multiplicar as imaxes da muller do t\u00edtulo e do seu perseguidor fomentando a confusi\u00f3n do espectador. Neste caso o espello non axuda \u00e1 comprensi\u00f3n do espazo, sen\u00f3n todo o contrario. Oculta o lugar real onde se atopa cada personaxe, creando imaxes ilusorias das que non podemos adivi\u00f1ar se son verdadeiras ou falsas.<\/p>\n\n\n\n<p>Os espellos tam\u00e9n nos advirten, en ocasi\u00f3ns, da dualidade de certos individuos que agochan a s\u00faa personalidade \u00f3 espectador e \u00f3 resto de personaxes que os rodean. Nunca \u00e9 un reflexo consciente: o suxeito non se mira \u00f3 espello directamente, pois non quere revelarnos o que oculta. \u00c9 o espello o que o vix\u00eda e nos devolve a outra face da s\u00faa personalidade sen que este se decate.<\/p>\n\n\n\n<p>Os reflexos son, en definitiva, un recurso moi pr\u00e1ctico \u00e1 par que dif\u00edcil de dominar no eido cinematogr\u00e1fico. Dif\u00edcil, pois require un manexo sutil pero firme da realidade diex\u00e9tica, \u00e9 dicir, da realidade dentro do filme, m\u00e1is al\u00e1 do que vemos na pantalla; do que est\u00e1 dentro do car\u00e1cter dos personaxes, do que est\u00e1 na s\u00faa mente, do que \u00e9 verdade e do que \u00e9 mentira.<\/p>\n\n\n\n<p>Pero non nos enganemos. Todo, absolutamente todo \u00e9 falso. Detr\u00e1s dun espello sempre hai un director de fotograf\u00eda desesperado porque non se vexa a percha de son no plano. Diso se trata o cinema, en xogar coa realidade para crear ilusi\u00f3ns. En converter o falso en verdadeiro. Cando miramos unha pel\u00edcula vemos sempre un reflexo de n\u00f3s mesmos como &nbsp;individuos ou como colectividade. Un reflexo constru\u00eddo sobre unha mentira, pero que garda no seu interior a verdade m\u00e1is pura.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O cinema est\u00e1 colmado de espellos. \u00c9 unha audacia, tendo en conta a dificultade que entra\u00f1a gravar preto de superficies reflectoras cun equipo que pode ocupar ben a metade dunha estancia de tama\u00f1o medio con c\u00e1maras enormes, longas perchas de son, carr\u00eds, xente tentando gardar silencio\u2026 un espello implica recolocar todo o dispositivo de rodaxe [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":914,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[8,47,223,213,48],"class_list":["post-445","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-cinema","tag-espellos","tag-ilusion","tag-obxectos","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/445","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=445"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/445\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":654,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/445\/revisions\/654"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/914"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=445"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=445"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=445"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}