{"id":443,"date":"2021-02-16T10:19:00","date_gmt":"2021-02-16T09:19:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=443"},"modified":"2023-12-18T09:32:40","modified_gmt":"2023-12-18T08:32:40","slug":"a-mascarada","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/02\/16\/a-mascarada\/","title":{"rendered":"A mascarada"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>Lac\u00f3n con grelos, orellas e filloas \u00e1 mesa acompa\u00f1adas duns bos licores do pa\u00eds \u2013con sentidi\u00f1o!\u2013 escoitando de fondo \u00e1 charanga popular, que este ano ter\u00e1 que ser en diferido a trav\u00e9s da t\u00faa plataforma de contido audiovisual preferida, e oculto baixo unha m\u00e1scara de <em>peliqueiro<\/em>, <em>cigarr\u00f3n<\/em>, <em>boteiro<\/em> ou <em>pantalla. <\/em>Reivindico dende este pequeno espazo a importancia, ou mellor dito, a necesidade de disfrazarse cando chegan estas datas, xa sexa de xeito tradicional ou moderno, nenos e nenas, adultos ben medrados, sen vergo\u00f1a nin prexu\u00edzo.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 10 - A mascarada\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/_Lf_zOhkgfw?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Ser\u00e1 porque nac\u00edn nunha madrugada fr\u00eda de m\u00e9rcores de cinza, ou porque mi\u00f1a nai rompeu augas namentres andaba a preparar unhas filloas, pero sempre me gustou o Entroido por riba de calquera outra festa popular. Disfrazarse \u00e9 un acto revolucionario dende o momento no que rexeitamos a seriedade e o saber estar, rexeitamos os roles que nos impo\u00f1en no d\u00eda a d\u00eda, deixamos a un lado a vergo\u00f1a e nos mostramos \u00f3 mundo dun xeito totalmente diferente. En ocasi\u00f3ns, incluso nos mostramos moito m\u00e1is preto das nosas verdadeiras identidades; aquelas que ocultamos, paradoxicamente, no coti\u00e1n.<\/p>\n\n\n\n<p>O Entroido \u00e9 un fen\u00f3meno cultural moi local. Cel\u00e9brase de formas moi diversas en puntos concretos do globo e a nosa terra, Galiza, \u00e9 un deles, mais tam\u00e9n R\u00edo de Janeiro ou Venezia. Nos EUA, por\u00e9n, a \u00fanica manifestaci\u00f3n deste fen\u00f3meno cultural d\u00e1se de maneira moi localizada en New Orleans, baixo o nome franc\u00f3fono de Mardi Gras. O resto do pa\u00eds prefire outra data para disfrazarse, o <em>Halloween<\/em>, parello \u00f3 noso Sama\u00edn. Isto explica a pouca incidencia da tem\u00e1tica do Entroido no cinema m\u00e1is popular, enmarcado no sistema de estudos de Hollywood. Mais xa vemos que isto de po\u00f1er un disfrace ou unha m\u00e1scara e pasalo ben tampouco lles \u00e9 alleo.<\/p>\n\n\n\n<p>Antes de continuar deberiamos establecer unha primeira fronteira de significados, pois non \u00e9 o mesmo unha m\u00e1scara que un disfrace. Ambos son elementos principais do Entroido, por suposto, pero existen matices que tam\u00e9n condicionan o seu uso como recurso no cinema. A m\u00e1scara, por unha banda, ten unha funci\u00f3n clara e diferenciada: ocultar a identidade do que a porta. \u00c9 un elemento presente en varios x\u00e9neros cinematogr\u00e1ficos que pouco ou nada te\u00f1en que ver coa festa que nos ocupa; l\u00e9vana xusticeiros an\u00f3nimos, superheroes \u2013a\u00ednda que ultimamente penso que s\u00f3 Batman contin\u00faa esta tradici\u00f3n\u2013 vil\u00e1ns e, incluso, persoas con alg\u00fan tipo de deformidade como a figura arquet\u00edpica da Pantasma da \u00d3pera; e habitualmente serve \u00f3s enmascarados para realizar calquera acto que s\u00f3 ousar\u00eda facer dende o anonimato. O anonimato \u00e9, de feito, un estupendo recurso para empurrar os acontecementos dunha trama. A m\u00e1scara, como unha barreira, imp\u00eddenos acceder \u00e1 verdadeira identidade, tanto f\u00edsica como psicol\u00f3xica, dunha personaxe. E dou fe que o fai ben! V\u00f3s non notastes o dif\u00edcil que \u00e9 imaxinar a face de algu\u00e9n a quen s\u00f3 tivestes a ocasi\u00f3n de ver cunha m\u00e1scara hixi\u00e9nica? Non tratastes de recrear o seu rostro na vosa mente e, se por un casual o vedes sen m\u00e1scara, non se parece en nada \u00f3 que pensabades? A min, todo o tempo.<\/p>\n\n\n\n<p>O disfrace, por outra banda, ten outra funci\u00f3n que \u00e9 a de axudarnos a adoptar un rol espec\u00edfico. Aqu\u00ed est\u00e1 a maxia do Entroido: por un d\u00eda somos impert\u00e9rritos xinetes do lonxano Oeste ou salvaxes piratas dos Mares do Sur, cambiamos de profesi\u00f3n, probamos como nos veriamos se pertenceramos \u00f3 sexo oposto, se foramos louros ou morenos, se foramos m\u00e1is extravertidos, m\u00e1is graciosos ou m\u00e1is guapos. No cinema, os actores fano todo o tempo. \u00c9 o seu traballo. Mais, de cando en cando, o papel esixe un disfrace, un papel dentro do papel, o que habitualmente sup\u00f3n todo un desaf\u00edo actoral e, unha vez m\u00e1is, un paradoxo. Curiosamente, o cambio de x\u00e9nero \u00e9 un dos disfraces m\u00e1is socorridos nas tramas de cinema dende os seus comezos, cando Alice Guy se atreveu a inverter os roles dos homes e das mulleres da sociedade<em> edwardiana<\/em>, \u00e9 dicir, de comezos do s\u00e9culo XX, nunha curta que me gustar\u00eda poder compartir con v\u00f3s, mais foime imposible de atopar, que trataba de expo\u00f1er o absurdo duns roles de x\u00e9nero tan dispares como os daquela \u00e9poca. Incluso podemos retroceder a\u00ednda m\u00e1is at\u00e9 o teatro isabelino e a Shakespeare, unha vez m\u00e1is, que \u00e9 tan aficionado a <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/02\/09\/de-aparecidos\/\" data-type=\"post\" data-id=\"412\">expo\u00f1er a culpa das s\u00faas personaxes a trav\u00e9s de pantasmas vingativos<\/a> como a cambiar de x\u00e9nero \u00e1s personaxes femininas para enredalas a\u00ednda m\u00e1is nas s\u00faas tramas en obras como <em>Merchant of Venice <\/em>ou <em>Twefth Night, <\/em>todas elas con adaptaci\u00f3ns cinematogr\u00e1ficas. A\u00ednda \u00e9 m\u00e1is confuso cando sabes que na \u00e9poca de Shakespeare as mulleres ti\u00f1an prohibido dedicarse \u00e1s artes esc\u00e9nicas e que, polo tanto, pod\u00edas atoparte observando a un actor no rol dunha muller que est\u00e1 a facerse pasar por un home.<\/p>\n\n\n\n<p>Desenredemos esta mara\u00f1a e volvamos \u00f3 esencial. Porque, \u00f3 final, diso se trata: ocultar ou cambiar a identidade \u00f3s ollos dos demais. Pode parecer unha farsa, unha excepci\u00f3n que permitimos durante as datas do Entroido, vinculadas \u00e1s <em>Lupercalia<\/em> romanas ou a calquera outra festividade ancestral que celebre a vida e a liberdade, mais non \u00e9 as\u00ed. \u00d3 longo da nosa vida estamos seguido a actuar. Ocultamos a nosa identidade e disfraz\u00e1monos t\u00f3dolos d\u00edas: a min non se me ocorrer\u00eda acudir a unha entrevista de traballo co meu sudadoiro vello, ese que tanto me gusta e que me nego a xubilar; e ocultar\u00eda a incomodidade que me comporta venderme a min mesma como empregada ideal cun sorriso amplo e amable, como se se tratase dunha m\u00e1scara que me protexe e agocha as mi\u00f1as inseguridades; as redes sociais es\u00edxenos contar con diferentes m\u00e1scaras e disfraces axeitados para cada plataforma. En realidade, disfr\u00e1zome t\u00f3dolos d\u00edas. Act\u00fao como o far\u00eda unha verdadeira <em>movie star<\/em>.<\/p>\n\n\n\n<p>Por iso reivindiquei, e reivindico, a necesidade de disfrazarnos no Entroido, comer orellas e filloas doces ou salgadas, cantarlles \u00f3s nosos problemas, bailar, festexar e repenicar. E, a\u00ednda que este ano non nos permita cumprir coa faceta social e colectiva desta celebraci\u00f3n, non nos resignemos a pasalo como un d\u00eda m\u00e1is do calendario. Disfrac\u00e9monos a\u00ednda que ningu\u00e9n nos mire. Prom\u00e9tovos que eu tam\u00e9n o farei.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Lac\u00f3n con grelos, orellas e filloas \u00e1 mesa acompa\u00f1adas duns bos licores do pa\u00eds \u2013con sentidi\u00f1o!\u2013 escoitando de fondo \u00e1 charanga popular, que este ano ter\u00e1 que ser en diferido a trav\u00e9s da t\u00faa plataforma de contido audiovisual preferida, e oculto baixo unha m\u00e1scara de peliqueiro, cigarr\u00f3n, boteiro ou pantalla. Reivindico dende este pequeno espazo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":916,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[228,8,44,224,45,46,213,229],"class_list":["post-443","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-caracterizacion","tag-cinema","tag-entroido","tag-festas","tag-mascaras","tag-misterio","tag-obxectos","tag-vestiario"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/443","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=443"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/443\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":662,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/443\/revisions\/662"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/916"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=443"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=443"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=443"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}