{"id":412,"date":"2021-02-09T22:34:00","date_gmt":"2021-02-09T21:34:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=412"},"modified":"2023-12-18T09:25:54","modified_gmt":"2023-12-18T08:25:54","slug":"de-aparecidos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/02\/09\/de-aparecidos\/","title":{"rendered":"De aparecidos"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>Que \u00e9 unha pantasma? Non, tranquilos, non vou introducir o mon\u00f3logo de <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0256009\/\">El espinazo del Diablo (Guillermo del Toro, 2001)<\/a> que tanto lle gusta a certos investigadores do estra\u00f1o. Prefiro comezar m\u00e1is ben por establecer catro aclaraci\u00f3ns antes de entrar en materia. Primeiro, quero revelar que son unha esc\u00e9ptica total, unha descrida; non me ides escoitar defendendo a existencia de realidades preternaturais, causas intelixentes, fantasmox\u00e9neses, encontros imposibles nin nada semellante.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 9 - De aparecidos\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/s9vncuYQqtk?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Iso si, non quere dicir que non desfrute como unha nena da est\u00e9tica do macabro e do sobrenatural, que non fantas\u00ede con entrever as luci\u00f1as da Compa\u00f1a entre as \u00e1rbores nunha fraga escura de madrugada, que non salte as fogueiras da noite do Lume Novo, que non inunde a mi\u00f1a imaxinaci\u00f3n de&nbsp;<em>y\u014dkai,&nbsp;<\/em>de&nbsp;<em>qilin<\/em>, de&nbsp;<em>trolls,&nbsp;<\/em>trasnos e&nbsp;<em>merfolk<\/em>&nbsp;sen prexu\u00edzo das mi\u00f1as crenzas \u2013ou descrenzas\u2013.<\/p>\n\n\n\n<p>A maxia vai da man da creatividade e a creatividade produce cultura. A partir de aqu\u00ed podemos retomar a pregunta inicial e dar unha resposta, se non definitiva, pr\u00e1ctica para o asunto que nos ocupa: que \u00e9 unha pantasma? Unha construci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Constru\u00edmos criaturas m\u00e1xicas arredor de sentimentos tan humanos e reais como a culpa, o arrepentimento, o loito ou a vinganza. A receita \u00e9 sinxela: sabas brancas, \u00f3sos \u00e1 vista, cadeas que anuncian a s\u00faa chegada, sangue, calquera elemento macabro \u00f3 gusto, ou ning\u00fan deles. A chave \u00e9 o momento da aparici\u00f3n, ese instante no que o vivo se decata de que est\u00e1 a ver algo imposible. Por iso falamos esta semana \u201cde aparecidos\u201d, xa que a aparici\u00f3n \u00e9 o elemento com\u00fan \u00f3s espectros de todas as culturas.<\/p>\n\n\n\n<p>Un aparecido conv\u00e9rtese en tal cando se mostra, non antes. M\u00f3strase para atormentar \u00f3s vivos ou para esixir ou suplicar que se cumpran asuntos pendentes ou vinganzas persoais. Disto sabe ben Hamlet, desafortunado pr\u00edncipe de Dinamarca, cuxo pai volve da tomba para esixir unha reparaci\u00f3n. Que se pregunta unha se non pod\u00eda no canto aparec\u00e9rselle a Claudio, o usurpador, como fixeron as pantasmas de todos os asasinados por Ricardo III noutra obra do mesmo autor, William Shakespeare, moi afeccionado a materializar o arrepentimento e a culpa en forma de esp\u00edritos abafantes.<\/p>\n\n\n\n<p>A pantasma \u00e9 un arquetipo que transcende todas as disciplinas art\u00edsticas, pois a s\u00faa transversalidade, que o traslada dunha a outra cultura \u00f3 longo do globo e lle permite tomar aparencias moi diversas, tam\u00e9n o fai un concepto moi atraente para a pintura, a literatura\u2026 e tam\u00e9n, por suposto, o cinema.<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c9 curioso, de feito, o tan poboado que estaba o cinema primitivo de pantasmas, demos, trasnos e magos. O\u00a0<em>stop trick<\/em>\u00a0de <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/03\/09\/creando-unha-linguaxe\/\" data-type=\"post\" data-id=\"181\">Georges M\u00e9li\u00e8s<\/a>, que consist\u00eda simplemente en apagar a c\u00e1mara, quitar ou po\u00f1er un elemento na escena e volvela a acender gardando certo\u00a0<em>racord<\/em>\u00a0para que na metraxe \u201capareceran\u201d e desapareceran obxectos e personaxes, foi un dos primeiros trucos ou efectos especiais do cinema, a\u00ednda non ben entrado o s\u00e9culo XX. Despois a dobre exposici\u00f3n do metraxe permitiu inserir pantasmas transparentes que se fund\u00edan coas personaxes vivas, creando imaxes fascinantes que engaiolaban \u00f3 p\u00fablico e o somerx\u00edan na atmosfera espiritual dos filmes. Imaxes como a da carruaxe pantasma de <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0012364\/\">K\u00f6rkarlen (Victor Sj\u00f6str\u00f6m, 1921)<\/a>, tan aterradora e impo\u00f1ente hoxe como hai cen anos.<\/p>\n\n\n\n<p>Tam\u00e9n hai que ter en conta as raz\u00f3ns contextuais polas que as pantasmas e o sobrenatural eran temas principais no cinema m\u00e1is antigo, pois os primeiros cineastas eran herdeiros \u00f3 mesmo tempo do racionalismo ilustrado, cient\u00edfico e t\u00e9cnico que permitiu a invenci\u00f3n do cinemat\u00f3grafo, a fotograf\u00eda e o vapor, e do romanticismo decimon\u00f3nico que valoraba m\u00e1is a fantas\u00eda, as lendas e a espiritualidade que a raz\u00f3n seria e gris. Un pouco a mesma dicotom\u00eda que me representa e que confesei na introduci\u00f3n deste artigo: a racionalidade e o escepticismo loitando contra a fascinaci\u00f3n pola a mitolox\u00eda, polo enxe\u00f1o humano \u00e1 hora de crear historias afastadas da realidade tanxible.<\/p>\n\n\n\n<p>O s\u00e9culo XIX foi o escenario desta xenial dualidade, cuxos froitos puideron ser fen\u00f3menos tan absurdos como o espiritismo \u2013e a s\u00faa relaci\u00f3n de amor e odio coa fotograf\u00eda\u2013 namentres se xestaba unha nova maneira de expresarse que permitiu crear historias inveros\u00edmiles e universos fant\u00e1sticos, xuntando por primeira vez no mesmo plano a un espello da nosa realidade con elementos m\u00e1xicos do al\u00e9n. Do al\u00e9n da nosa imaxinaci\u00f3n, por suposto.<\/p>\n\n\n\n<p>At\u00e9 a semana vindeira!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Que \u00e9 unha pantasma? Non, tranquilos, non vou introducir o mon\u00f3logo de El espinazo del Diablo (Guillermo del Toro, 2001) que tanto lle gusta a certos investigadores do estra\u00f1o. Prefiro comezar m\u00e1is ben por establecer catro aclaraci\u00f3ns antes de entrar en materia. Primeiro, quero revelar que son unha esc\u00e9ptica total, unha descrida; non me ides [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":917,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[8,223,41,40,123,42],"class_list":["post-412","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-cinema","tag-ilusion","tag-medo","tag-pantasmas","tag-personaxes","tag-terror"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/412","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=412"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/412\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":661,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/412\/revisions\/661"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/917"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=412"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=412"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=412"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}