{"id":410,"date":"2021-01-26T22:32:00","date_gmt":"2021-01-26T21:32:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=410"},"modified":"2023-12-18T09:24:40","modified_gmt":"2023-12-18T08:24:40","slug":"correde-insensatos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/26\/correde-insensatos\/","title":{"rendered":"Correde, insensatos!"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>Te\u00f1o un amigo que est\u00e1 convencido de que, en Hollywood, se engades unha persecuci\u00f3n \u00e1 t\u00faa pel\u00edcula, levas subvenci\u00f3n. Non vou ser eu quen llo discuta, pois \u00e9 certo que os filmes de acci\u00f3n americanos te\u00f1en unha tendencia clara a utilizar persecuci\u00f3ns como momento clim\u00e1tico en calquera x\u00e9nero de acci\u00f3n: todo o&nbsp;<em>noir<\/em>, os filmes de esp\u00edas, sobre a mafia, de carreiras, de secuestros, b\u00e9licas, carcerarias,&nbsp;<em>western,&nbsp;<\/em>etc\u2026 Sen esquecernos do x\u00e9nero humor\u00edstico, que dende sempre se prodigou en carreiras tolas \u00e1s que lles acaer\u00eda ben a m\u00fasica do show de Benny Hill.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 7 - Correde, insensatos!\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/mfwcNIiB_Ts?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Ent\u00e9ndoo, a verdade: unha persecuci\u00f3n \u2013a p\u00e9, en coche ou con calquera veh\u00edculo que se nos ocorra\u2013 aporta un ritmo fren\u00e9tico, tensi\u00f3n, suspense. \u00c9 unha pena, en realidade, que estean tan trilladas. Polo que a min respecta, \u00e9 ver unha persecuci\u00f3n xen\u00e9rica en coche e entrarme ganas de coller o mando a distancia e pulsar o bot\u00f3n de&nbsp;<em>fast forward<\/em>. Ademais, ad\u00f3itase caer en tropos case inevitables: cando un coche fuxe por San Francisco adiante, sempre ser\u00e1 por aquelas pintorescas r\u00faas empinadas, costa abaixo \u2013nunca, nunca o far\u00e1 costa arriba\u2013 e nalg\u00fan momento chegar\u00e1 a saltar perigosamente para planear durante uns segundos a c\u00e1mara lenta.<\/p>\n\n\n\n<p>Claro que hai excepci\u00f3ns notables: os grandes directores e directoras, ou polo menos aqueles que se atopen nun bo momento de inspiraci\u00f3n, conseguen darlle a volta \u00f3s estereotipos e ofrecernos momentos que merece a pena desfrutar. Oc\u00f3rreseme o James Bond de Roger Moore, un axente que nos ten acostumado aos seus Aston Martins brillantes e cheos de cachifallos de espionaxe, escapando nun Citr\u00f6en 2 CV amarelo \u2013un\u00a0<em>dous cabalos,\u00a0<\/em>para entendernos\u2013 polas r\u00faas dun pobi\u00f1o mediterr\u00e1neo en\u00a0<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0082398\/\"><em>For Your Eyes Only<\/em>\u00a0(John Glen, 1981)<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<p>Ben, quer\u00eda comezar a falar de cinema europeo e falei de cinema brit\u00e1nico. \u00c9 a costume, a\u00ednda non adaptei os meus esquemas mentais \u00f3 Brexit recentemente consumado. En Europa, por alg\u00fan motivo, non existe esa proliferaci\u00f3n de persecuci\u00f3ns; polo menos, non con ese ritmo endia\u00f1ado. G\u00fastame particularmente o \u00e9xodo lento e desesperado do pobo de \u201cBeauregard\u201d Bennet, cun ex\u00e9rcito de cazarecompensas \u00f3s tal\u00f3ns, no\u00a0<em>spaghetti western <\/em><a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0061636\/\"><em>Faccia a Faccia<\/em>\u00a0(Sergio Solima, 1967)<\/a>. Ou, no extremo contrario, os nenos perseguindo \u00f3s seus mestres pola r\u00faa en\u00a0<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0024803\/\"><em>Z\u00e9ro de conduite<\/em>\u00a0(Jean Vigo, 1933)<\/a>. Persecuci\u00f3ns lentas ou fren\u00e9ticas, persecuci\u00f3ns serias ou c\u00f3micas, violentas, inocentes, con calquera motivaci\u00f3n, con diferentes resultados, nas que os \u201cbos\u201d son perseguidos ou nas que se perseguen \u00f3s \u201cmalos\u201d. Hai para t\u00f3dolos gustos. Hai incluso filmes que en si mesmos son persecuci\u00f3ns de hora e media, como a evidente\u00a0<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0264464\/\"><em>Catch Me if You Can\u00a0<\/em>(Steven Spielberg, 2002)<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<p>\u00d3 final \u00e9 todo cuesti\u00f3n de ritmo e tensi\u00f3n, d\u00faas das ferramentas m\u00e1is \u00fatiles para os cineastas \u00e1 hora de constru\u00edr tramas e escenas que nos mante\u00f1an pegados \u00e1 pantalla. De que maneira?<\/p>\n\n\n\n<p>O ritmo, pola s\u00faa banda, \u00e9 moi f\u00e1cil de conseguir con planos curtos de poucos segundos e, de feito, esta \u00e9 a maneira m\u00e1is estendida no cinema de acci\u00f3n actual, pero non \u00e9 a \u00fanica: existe un ritmo interno do plano, que se logra acelerando o movemento dos personaxes e das cousas. Por exemplo, po\u00f1endo unha personaxe a correr e, se \u00e9 posible, dun lado a outro do plano e non de atr\u00e1s a adiante, pois a mesma velocidade perc\u00edbese moito m\u00e1is lenta cando o obxecto se move na profundidade do plano.<\/p>\n\n\n\n<p>Por outra banda, a tensi\u00f3n, que non precisa estar acompa\u00f1ada sempre dun ritmo fren\u00e9tico. A tensi\u00f3n xesti\u00f3nase a partir do suspense, do que xa falamos nalgunha ocasi\u00f3n. Sufrir a ansiedade do momento que vai chegar, ese intre no que a conta atr\u00e1s chega a cero e os perseguidores capturan \u00e1s s\u00faas presas. Salvo claro, que sexas Wile E. Coyote e saibas perfectamente que nunca vas chegar a trincarlle o dente \u00f3 Correcami\u00f1os.<\/p>\n\n\n\n<p>Si, o artigo desta semana tivo un ton m\u00e1is lixeiro, un pouco como contrapunto \u00e1 triste realidade dunha terceira ola que nos persegue e nos limita. Que non nos pille. \u00c9 un bo momento para ficar na casa cunha manti\u00f1a, unha cunca de t\u00e9, caf\u00e9 ou chocolate e unha pel\u00edcula. Se queredes unhas poucas recomendaci\u00f3ns, navegade polas p\u00e1xinas desta bit\u00e1cora e deix\u00e1devos sorprender pola maxia do cinema.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Te\u00f1o un amigo que est\u00e1 convencido de que, en Hollywood, se engades unha persecuci\u00f3n \u00e1 t\u00faa pel\u00edcula, levas subvenci\u00f3n. Non vou ser eu quen llo discuta, pois \u00e9 certo que os filmes de acci\u00f3n americanos te\u00f1en unha tendencia clara a utilizar persecuci\u00f3ns como momento clim\u00e1tico en calquera x\u00e9nero de acci\u00f3n: todo o&nbsp;noir, os filmes de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":919,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[34,8,33,35,222,218,187,212],"class_list":["post-410","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-carreira","tag-cinema","tag-correr","tag-fuxida","tag-humor","tag-tramas","tag-transporte","tag-vehiculos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/410","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=410"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/410\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":645,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/410\/revisions\/645"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/919"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=410"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=410"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=410"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}