{"id":408,"date":"2021-01-19T22:30:00","date_gmt":"2021-01-19T21:30:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=408"},"modified":"2025-03-21T14:07:13","modified_gmt":"2025-03-21T13:07:13","slug":"mar-e-liberdade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/19\/mar-e-liberdade\/","title":{"rendered":"Mar e Liberdade"},"content":{"rendered":"\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p><em>Let me flow into the ocean,<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>let me get back to the sea.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>Let me be stormy, let me be calm,<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>let the tide in and set me free,<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>set me free!<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>\u201c<em>Drowned\u201d<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>(do \u00e1lbum Quadrophenia)<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>&#8211; The Who<\/em><\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 6 - Mar e Liberdade\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/4-pfkzSLhu8?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/12\/mar-e-perigo\/\" data-type=\"post\" data-id=\"406\">Na\u00a0\u00faltima reflexi\u00f3n\u00a0desta bit\u00e1cora<\/a> explorei o mar como imaxe ou s\u00edmbolo arquet\u00edpico do cinema na s\u00faa faceta negativa, perigosa, agresiva. Como adiantei naquel ent\u00f3n, esta semana retorno \u00f3 concepto do oc\u00e9ano para vagar sobre os seus significados positivos. Anoto que a maior parte de exemplos que atopei datan de m\u00e1is al\u00e1 dos anos 50, \u00f3 contrario que no artigo anterior, que parec\u00edan deterse a partir desa mesma \u00e9poca. Non digo que non haxa exemplos de mares negativos a partir dos 50 ou mares positivos antes desa data, pero deixan de ser maioritarios. Isto parece confirmar a teor\u00eda de que a sociedade deixou de preocuparse tanto polos perigos do oc\u00e9ano e abriuse paso unha tendencia xeneralizada a idealizalo.<\/p>\n\n\n\n<p>Agora p\u00eddovos que imaxinedes a un individuo, tanto ten a s\u00faa orixe, sexo, x\u00e9nero ou idade; o noso individuo cami\u00f1a de costas a n\u00f3s pola beiri\u00f1a do mar, deixando a s\u00faa pegada sobre a area. Tanto ten, en realidade, se est\u00e1 triste e atribulado ou resolto e decidido: cando o noso individuo olla o mar \u00e9nchese de esperanza\u2026<\/p>\n\n\n\n<p>Como dato curioso, atop\u00e1ndome en plena urbe compostel\u00e1 mentres escribo este artigo, comecei a escoitar os grallos das gaivotas durante a redacci\u00f3n do par\u00e1grafo anterior. As gaivotas tam\u00e9n ousan adentrarse en terra para aproveitar o que para n\u00f3s \u00e9 desperdicio. S\u00e9rveme esta apreciaci\u00f3n para lembrar aos nosos lectores que o que escoitamos \u00e9 tan importante como o que vemos na pantalla. Os grallos das gaivotas, o romper das vagas cando chegan \u00e1 costa, o murmurio suave da escuma, o renxer da area baixo os nosos p\u00e9s\u2026 todo nos axuda a transmitir a mesma idea: a idea da liberdade. O horizonte cheo de posibilidades, o mundo que se estende m\u00e1is al\u00e1 da nosa realidade.<\/p>\n\n\n\n<p>Non \u00e9 casualidade que a maior parte de filmes escollidos para o v\u00eddeo introdutorio parten dunha premisa com\u00fan: a premisa do cami\u00f1o inici\u00e1tico, da introduci\u00f3n \u00e1 madurez, de rapazas e rapaces novos na busca dunha identidade propia. O que os anglo-falantes denominan&nbsp;<em>coming of age<\/em>. \u00c9 moi dif\u00edcil describir a ansia de liberdade, a busca de novos horizontes e a necesidade de sa\u00edr do \u00fatero e atoparse a si mesmo noutro lugar, sen\u00f3n se recorre \u00f3 simbolismo da liberdade. Se descartamos o s\u00edmbolo do paxaro a voar, a inmensidade do oc\u00e9ano \u00e9 o espello ideal no que esta xente nova se pode reflectir.<\/p>\n\n\n\n<p>En ocasi\u00f3ns non falamos de xente nova nin de ampliar os propios horizontes, sen\u00f3n de personaxes m\u00e1is maduras e da procura dun ideal inalcanzable: a beleza, a liberdade, o sentido da vida, a identidade ou o amor.<\/p>\n\n\n\n<p>Tantas cousas pode simbolizar o mar. Cando falamos de simbolismo, \u00e9 o mesmo que se falamos de arquetipos: reco\u00f1ecemos significados sen necesidade de que ningu\u00e9n nolos explique. Non nos fai falta unha&nbsp;<em>voz over<\/em>&nbsp;\u2013 mal denominada \u201cvoz en off\u201d, quizais dedique unha reflexi\u00f3n a isto mesmo \u2013 que comece a relatar \u201c<em>Sent\u00edame eu atribulado e triste, por iso fun pasear \u00e1 beira do mar, que sempre me lembraba que hab\u00eda un mundo de posibilidades m\u00e1is al\u00e1 do horizonte<\/em>\u201d. Present\u00e1delle esta li\u00f1a de&nbsp;<em>voz over<\/em>&nbsp;a un produtor nun gui\u00f3n se queredes que non vos volva chamar.<\/p>\n\n\n\n<p>Non, ch\u00e9ganos cun plano do mar e unha figura humana inserida. Ou cun plano do mar seguido por un contraplano da ollada do noso personaxe. Por que non precisamos m\u00e1is? Como todo o que abrangue o cinema, non \u00e9 algo fortu\u00edto, non \u00e9 algo que se deixe \u00f3 azar. Un guionista, un cineasta e un director de arte planifican e definen o sistema simb\u00f3lico do que se vai servir a pel\u00edcula para crear significados sen ter que recorrer ao di\u00e1logo todo o tempo; tam\u00e9n para inserir un subtexto ou para engadir datos sobre unha personaxe m\u00e1is al\u00e1 do que definen as s\u00faas palabras e as s\u00faas acci\u00f3ns. Un sistema simb\u00f3lico pode ser interno ou externo: mentres que o primeiro \u00e9 \u00fanico e intransferible dunha ficci\u00f3n \u2013componse de elementos concretos aos que se lles vai atribu\u00edndo significados ao longo do filme, relacion\u00e1ndoos cunha e outra personaxe ou situaci\u00f3n\u2013, o segundo \u00e9 com\u00fan a unha sociedade enteira e \u00e1s obras de arte que esta xera \u2013como o deserto que transmite a soidade ou a rosa que remite \u00f3 amor, sempre vira arredor de cousas abstractas, dif\u00edciles de describir, pero com\u00fans a todo o ser humano\u2013. Ben, con \u201csistema simb\u00f3lico externo\u201d creo que acabo de definir m\u00e1is ou menos o que vimos comentando durante a andaina desta bit\u00e1cora: o concepto mesmo do arquetipo.<\/p>\n\n\n\n<p>Un derradeiro consello, se me permitides, \u00e9 que confiemos nos arquetipos, porque a\u00ednda que sexan amplos e poidan transmitir cousas moi dispares, o noso instinto \u00e9 entendelos \u00e1 primeira. O mar pode ser un inimigo ou un aliado; pode pecharnos nunha illa deserta e ameazarnos con quenllas e tormentas, ou abrirnos o horizonte a un lugar mellor que se atopa al\u00e9n do oc\u00e9ano. Exactamente igual que o cinema.<\/p>\n\n\n\n<p>At\u00e9 a semana vindeira!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Let me flow into the ocean, let me get back to the sea. Let me be stormy, let me be calm, let the tide in and set me free, set me free! \u201cDrowned\u201d (do \u00e1lbum Quadrophenia) &#8211; The Who Na\u00a0\u00faltima reflexi\u00f3n\u00a0desta bit\u00e1cora explorei o mar como imaxe ou s\u00edmbolo arquet\u00edpico do cinema na s\u00faa faceta [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":920,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[8,20,217,32,30,219,221],"class_list":["post-408","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-cinema","tag-cinema-primitivo","tag-fenomenos-naturais","tag-liberdade","tag-mar","tag-natureza","tag-positivo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/408","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=408"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/408\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":658,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/408\/revisions\/658"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/920"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=408"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=408"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=408"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}