{"id":406,"date":"2021-01-12T22:29:00","date_gmt":"2021-01-12T21:29:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=406"},"modified":"2025-03-21T14:07:13","modified_gmt":"2025-03-21T13:07:13","slug":"mar-e-perigo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/12\/mar-e-perigo\/","title":{"rendered":"Mar e perigo"},"content":{"rendered":"\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p><em>\u00d3 Mar<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>Leva tudo o que a vida me deu<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>Tudo aquilo que o tempo esqueceu<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>Leva que eu vou voltar<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>\u00d3 Mar<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>Como quem vem<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>E regressa ao fundo<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>Do ventre da m\u00e3e<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>\u201cO que a vida me deu\u201d<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>(do \u00e1lbum Por este r\u00edo acima)<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>&#8211; Fausto Bordalo Dias<\/em><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 5 - Mar e Perigo\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/apOXboYC7II?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p>Cando quixen abranguer o mar como concepto arquet\u00edpico no cinema, atopeime cunha seria contradici\u00f3n: o mar \u00e9 polis\u00e9mico. Cada persoa que mira \u00f3 oc\u00e9ano ve e sinte algo diferente: inspiraci\u00f3n, liberdade, nostalxia, medo. Por iso decid\u00edn, antes de nada, reflexionar cales destes significados predominaban na historia do cinema, cantos, cando, por que motivo; e atopei no proceso dous cami\u00f1os moi diferenciados que decid\u00edn converter en dous artigos: esta semana, falaremos do mar como perigo, como ameaza, como medio hostil. A semana vindeira buscaremos o lado m\u00e1is positivo \u2013e por que non, idealizado\u2013 das ondas salgadas.<\/p>\n\n\n\n<p>Como ocorre habitualmente, a cantidade de filmes dunha ou doutra \u00e9poca que te\u00f1en unha perspectiva concreta \u00e9 reveladora da sociedade que acolleu a aqueles mesmos filmes. Falamos dunha sociedade na que unha parte importante das persoas vive do mar; xente humilde das zonas costeiras que vive do que lle poda sacar \u00f3 oc\u00e9ano, pescadores, buzos, mariscadores\u2026 disto sabemos un pouco en Galiza. Sa\u00edr \u00f3 mar a\u00ednda hoxe en d\u00eda \u00e9 perigoso: pasar varios meses a bordo dun barco, pendente das tormentas, de que a nave non te\u00f1a avar\u00edas, preocupado por t\u00f3dalas posibles incidencias que en alta mar son moito m\u00e1is arriscadas que en terra. A principios do s\u00e9culo XX o sector era moito m\u00e1is amplo, moita m\u00e1is xente depend\u00eda dos froitos do oc\u00e9ano para subsistir e a mecanizaci\u00f3n a\u00ednda non era xeralizada, como se pode apreciar en filmes como&nbsp;<em>La terra trema<\/em>, a \u00f3pera prima de Luchino Visconti (1948). As cantigas da \u00e9poca cantaban sobre as dificultades, sobre as traxedias, invocando \u00f3s nubeiros para amainar as tempestades e dando \u00e1nimos a quen agardaba en terra polos seus seres queridos. O neorrealismo italiano, no que podemos encadrar pel\u00edculas como a mencionada, quixo contar as historias da xente humilde do campo ou do mar, da clase traballadora, da xente que sufriu a guerra e as s\u00faas consecuencias; sen trampa nin artificio.<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c9 normal, ent\u00f3n, que m\u00e1is al\u00e1 de mediados de s\u00e9culo este concepto caera en desuso. Moita menos xente se implicou no sector pesqueiro e, cos avances da tecnolox\u00eda e da mec\u00e1nica, ga\u00f1ouse un chisco de seguridade. O turismo foi comendo pouco a pouco a econom\u00eda dos lugares costeiros, mudando as faces dos pobos mari\u00f1eiros e convert\u00e9ndoos todos en pequenas&nbsp;<em>Nices<\/em>&nbsp;como a que filma Jean Vigo en&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0021576\/\"><em>\u00c0 propos de Nice<\/em>&nbsp;(1930)<\/a>. Por\u00e9n, a\u00ednda hai xente que perde a vida no mar a bordo de cargueiros, barcos de pesca ou plataformas petrol\u00edferas, xente que ten que permanecer illada durante meses e que, como vimos nalgunha ocasi\u00f3n nas noticias, a\u00ednda padece as consecuencias da pirater\u00eda moderna.<\/p>\n\n\n\n<p>Por que o cinema utilizou o mar como inimigo das persoas? Un mar que tam\u00e9n ten os seus riscos para ser filmado \u2013o son \u00e9 moi dif\u00edcil de capturar, a humidade bota a perder equipos anal\u00f3xicos e dixitais\u2013. Por que simbolizou o perigo e a ameaza, ademais das raz\u00f3ns evidentes? Lin nunha ocasi\u00f3n, desculpen que non lembre onde, que hai catro tipos de historias, segundo o desaf\u00edo que relatan: \u201co home contra o entorno, o home contra o home, o home contra a sociedade e o home contra si mesmo\u201d. Podemos estar m\u00e1is ou menos de acordo, cambiar \u201chome\u201d por \u201cpersoa\u201d, engadir alg\u00fan modelo diferente, pero \u00e9 certo que serve de base para analizar os conflitos das historias que contamos dende o amencer da linguaxe. Nese caso, poucos inimigos tan poderosos como o mar: inestable, caprichoso, mudable, violento, inexorable\u2026 pero con remansos de paz, momentos tranquilos, calma antes ou despois da tormenta.<\/p>\n\n\n\n<p>Ocupar\u00e9monos <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/19\/mar-e-liberdade\/\" data-type=\"post\" data-id=\"408\">a\u00a0semana que ven<\/a>\u00a0da outra parte, quizabes m\u00e1is rom\u00e1ntica, m\u00e1is idealizada, pero tampouco diremos que sexa incorrecta. Se o mar \u00e9 polis\u00e9mico, \u00e9 porque tam\u00e9n \u00e9 polifac\u00e9tico: a traxedia para uns e a esperanza para outros.<\/p>\n\n\n\n<p>At\u00e9 a semana vindeira!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cando quixen abranguer o mar como concepto arquet\u00edpico no cinema, atopeime cunha seria contradici\u00f3n: o mar \u00e9 polis\u00e9mico. Cada persoa que mira \u00f3 oc\u00e9ano ve e sinte algo diferente: inspiraci\u00f3n, liberdade, nostalxia, medo. Por iso decid\u00edn, antes de nada, reflexionar cales destes significados predominaban na historia do cinema, cantos, cando, por que motivo; e atopei [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":921,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[8,20,217,30,219,220,31,48],"class_list":["post-406","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-cinema","tag-cinema-primitivo","tag-fenomenos-naturais","tag-mar","tag-natureza","tag-negativo","tag-perigo","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/406","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=406"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/406\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":657,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/406\/revisions\/657"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/921"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=406"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=406"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=406"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}