{"id":404,"date":"2021-01-05T22:27:00","date_gmt":"2021-01-05T21:27:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=404"},"modified":"2023-12-18T09:37:37","modified_gmt":"2023-12-18T08:37:37","slug":"filmar-a-ausencia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/05\/filmar-a-ausencia\/","title":{"rendered":"Filmar a ausencia"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>O v\u00eddeo introdutorio desta semana pode ser un chisco m\u00e1is complicado de interpretar, reco\u00f1\u00e9zoo, pero acabarei fac\u00e9ndome entender, de seguro. Desta vez comecei a mi\u00f1a procura pola historia do cinema imaxinando unha cadeira baleira, unha cadeira que noutrora estivo ocupada por unha figura humana, que deber\u00eda seguilo estando, pero agora est\u00e1 baleira, non hai ningu\u00e9n. Un personaxe pode mirar cara a cadeira, lembrar ao seu antigo ocupante e entristecerse. E n\u00f3s, como espectadores, co\u00f1ecemos o motivo da s\u00faa tristeza porque sabemos o que est\u00e1 pensando: algu\u00e9n lle falta, algu\u00e9n est\u00e1 ausente. \u00c9 o que te\u00f1en as imaxes arquet\u00edpicas, que sabemos perfectamente o que nos queren dicir sen ter que pensalo moito.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 4 - Filmar a ausencia\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/KA81p-AvzRE?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u00c9 complicado achegarse \u00f3 concepto de ausencia, transmitilo e explicalo; mais podemos empezar por unha definici\u00f3n moi austera, breve, pero non por iso menos acertada: a ausencia \u00e9 a non-presenza de algo ou de algu\u00e9n. Representar a non-presenza foi todo un reto para os cineastas dende as primeiras xeraci\u00f3ns pois, nun medio absolutamente visual, material, como o cinema, como explicar o que non se atopa na pantalla, nin sequera f\u00f3ra de campo? Como materializar e filmar a ausencia? Non ser\u00eda tan contraditorio como escoitar o silencio, pintar o invisible, describir a nada?<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A soluci\u00f3n sinxela a este enigma tan complexo pod\u00e9mola sacar da literatura: mediante a metonimia. Segundo a Real Academia Galega da lingua, a metonimia \u00e9 un tropo que consiste en designar unha cousa co nome doutra, existindo entre elas unha relaci\u00f3n de causa-efecto, do continente polo contido, etc. A metonimia, pois, \u00e9 o cami\u00f1o ideal para representar algo que non est\u00e1. Se sacamos este recurso da literatura e o introducimos no cinema, temos como resultado\u2026 a cadeira. Xa no teatro isabelino atopamos o asento baleiro que Banquo deb\u00eda ocupar ao car\u00f3n do seu amigo Macbeth, quen olla para a cadeira e sofre o arrepentimento de saberse culpable desa ausencia. Chegar\u00e1 a ver a pantasma de Banquo\u2026 mais deixemos<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/02\/09\/de-aparecidos\/\" data-type=\"post\" data-id=\"412\">\u00a0os aparecidos\u00a0para outra reflexi\u00f3n<\/a>. Shakespeare utilizou a metonimia do asento baleiro e o cinema tomou a testemu\u00f1a con adaptaci\u00f3ns tan belas como\u00a0<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0050613\/\"><em>Kumonosu-j\u014d,\u00a0<\/em>o filme de Akira Kurosawa de 1957<\/a> que toma o Macbeth rei de Escocia e o converte no samurai Washizu, gran se\u00f1or do Castelo Ara\u00f1eira que da nome \u00f3 filme.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Mais non s\u00f3 serve unha cadeira, efectivamente. A\u00ed est\u00e1 a trampa do v\u00eddeo introdutorio: hai moitas m\u00e1is maneiras de establecer relaci\u00f3ns entre realidades ausentes e presentes, hai moitas maneiras de filmar a ausencia. Entre elas atopamos habitaci\u00f3ns solitarias, ru\u00ednas que noutrora foron lugares cheos de vida\u2026 e silencio. O silencio, non podemos esquecernos, \u00e9 esencial para obrigar ao espectador a deterse, pensar e lembrar. A ausencia consciente nace, precisamente, do recordo do que agora xa non est\u00e1. Non en van moitos dos filmes que quixen mostrarvos xiran arredor da perda de algu\u00e9n ao que queres, arredor do loito, da homenaxe e da lembranza. \u00c9 un dos sentimentos que m\u00e1is nos fai humanos. &nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Co nacemento da fotograf\u00eda a mediados do s\u00e9culo XIX e coa invenci\u00f3n do cinema unhas d\u00e9cadas m\u00e1is tarde, descubriuse unha maneira h\u00e1bil, r\u00e1pida e precisa de fixar o recordo en imaxes que atrapan a realidade e a mante\u00f1en incluso moitos anos despois de que esta desapareza. \u00c9 unha maneira de loitar contra a ausencia. Mais, como todo o que rodea ao cinema, tr\u00e1tase dunha ilusi\u00f3n. Iso si, a m\u00e1is bela ilusi\u00f3n de todas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O v\u00eddeo introdutorio desta semana pode ser un chisco m\u00e1is complicado de interpretar, reco\u00f1\u00e9zoo, pero acabarei fac\u00e9ndome entender, de seguro. Desta vez comecei a mi\u00f1a procura pola historia do cinema imaxinando unha cadeira baleira, unha cadeira que noutrora estivo ocupada por unha figura humana, que deber\u00eda seguilo estando, pero agora est\u00e1 baleira, non hai ningu\u00e9n. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":922,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[8,199,213,197,218],"class_list":["post-404","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-cinema","tag-metonimia","tag-obxectos","tag-soidade","tag-tramas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/404","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=404"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/404\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":656,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/404\/revisions\/656"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/922"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=404"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=404"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=404"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}