{"id":400,"date":"2020-12-22T22:25:00","date_gmt":"2020-12-22T21:25:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=400"},"modified":"2023-12-18T09:21:23","modified_gmt":"2023-12-18T08:21:23","slug":"ollar-pola-fechadura","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2020\/12\/22\/ollar-pola-fechadura\/","title":{"rendered":"Ollar pola fechadura"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>Pensando en imaxes arquet\u00edpicas do cinema, unha das m\u00e1is evidentes que se me ocorreu foi a dun ollo mirando a trav\u00e9s dunha fechadura. Mais, como adoita ocorrer coas imaxes arquet\u00edpicas, custoume moito lembrar un filme concreto no que ocorrese esta escena tal e como a imaxinara. Foi s\u00f3 despois dunha pequena investigaci\u00f3n que empezaron a brotar&nbsp;<em>keyhole shots<\/em>&nbsp;(pois as\u00ed se denomina en ingl\u00e9s \u00e1 t\u00e9cnica de enmarcar unha imaxe coa forma t\u00edpica dunha fechadura antiga) como cogomelos.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 2 - Ollar pola fechadura\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/IkfZ8qRXJUM?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Por unha banda, era habitual no cinema m\u00e1is cl\u00e1sico utilizar unha escena semellante como recurso narrativo b\u00e1sico: para facer que unha personaxe \u00e1 espreita indagase sobre os motivos e as acci\u00f3ns doutras. Desta maneira, converteuse dende case os inicios do cinema nun recurso ligado \u00f3 x\u00e9nero negro e ao suspense, por raz\u00f3ns evidentes.<\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0003424\/\"><em>Suspense<\/em>, como a pel\u00edcula de Lois Weber (1913)<\/a>. A elecci\u00f3n deste filme para o v\u00eddeo introdutorio, como vemos, non \u00e9 froito do azar. O suspense \u00e9, de feito, un concepto moi interesante dentro do cinema que esixe que o espectador te\u00f1a m\u00e1is informaci\u00f3n que os personaxes para que sinta certa ansiedade, certa angustia respecto ao que vai ocorrer a continuaci\u00f3n: neste caso, n\u00f3s sabemos que hai algu\u00e9n sendo observado sen que el ou ela se decate. Mais, non \u00e9 iso o principio fundamental no cinema? Non \u00e9 verdade que o espectador vix\u00eda impunemente as vidas privadas das personaxes dende a s\u00faa butaca, sen temor a ser sorprendido?<\/p>\n\n\n\n<p>Pois, ademais do relativo ao suspense, a ollada a trav\u00e9s da fechadura ten un compo\u00f1ente simb\u00f3lico que remite ao&nbsp;<em>voyeurismo<\/em>, ao ollar culpable. E isto implica claras connotaci\u00f3ns sexuais, si, mais non exclusivamente.<\/p>\n\n\n\n<p>Precisamente hai unha teor\u00eda cinematogr\u00e1fica ao respecto: a pulsi\u00f3n esc\u00f3pica e a&nbsp;<em>escopofilia<\/em>, \u00e9 dicir, o pracer de ollar, como motivaci\u00f3n do espectador para acudir a unha sala de cinema. Non vou afondar moito, para non embarrar o artigo, pois non me vexo con autoridade para falar de psicoan\u00e1lise\u2026 mais \u00e9 certo que, en canto \u00f3 compo\u00f1ente&nbsp;<em>voyeur<\/em>, que moitos detectan no cinema de Hitchcock, por exemplo, este admite unha lectura cr\u00edtica e esixe unha adaptaci\u00f3n aos tempos, no senso en que tradicionalmente se puxo \u00e1 muller no papel de obxecto e ao home no rol de suxeito (se volvemos \u00e1 escena da pechadura, veriamos o ollo do home e o contraplano da muller observada). Inverter os roles, despoxar estas teor\u00edas dos compo\u00f1entes sexistas, est\u00e1 en mans das mulleres cineastas, das autoras, das guionistas, e sirva esta nota como homenaxe para elas.<\/p>\n\n\n\n<p>Sa\u00edndo destes terreos pantanosos, o que si \u00e9 certo \u00e9 que o ollar, a mirada, \u00e9 o que fai andar o motor do cinema. Pois o que permite que desfrutemos dunha sucesi\u00f3n de vinte e sete fotogramas, vinte e sete imaxes fixas por segundo e que interpretemos un movemento flu\u00eddo \u00e9 o fen\u00f3meno da persistencia da visi\u00f3n: tardamos unha fracci\u00f3n de segundo demais en decatarnos do cambio e enchemos coa nosa imaxinaci\u00f3n a informaci\u00f3n que falta. Como apunte, c\u00f3mpre dicir que as imaxes non persisten na retina, como se ensina a\u00ednda hoxe nas facultades de comunicaci\u00f3n, sen\u00f3n que son procesadas no cerebro de maneira que as percibamos de forma ininterrompida como un movemento. Sexa froito do ollo ou do cerebro, a ollada \u00e9 a que crea a imaxe.<\/p>\n\n\n\n<p>Volvamos un segundo \u00e1 nosa imaxe arquet\u00edpica, esa mirada secreta, velada, a trav\u00e9s dun marco estreito con forma de chave. Observei na mi\u00f1a viaxe pola historia do cinema que o noso arquetipo era moi com\u00fan at\u00e9 os anos sesenta, anos que inauguran a modernidade na pantalla grande, pero que despois se perdeu, se reinventou e tomou m\u00faltiples formas novas, ademais de aproveitar as que xa exist\u00edan: pode tratarse dunha fenda na parede, unha porta entreaberta, un espacio entre as l\u00e1minas dunha persiana\u2026 este desuso do&nbsp;<em>keyhole shot<\/em>&nbsp;debe de ter algo que ver co feito de que as pechaduras actuais son estreitas e xa non permiten a indiscreci\u00f3n. Inclu\u00edn no v\u00eddeo que ilustra o artigo algunhas destas propostas menos ortodoxas, pero que no fondo apelan \u00f3 mesmo esp\u00edrito: ollar sen ser visto, converterse en espectador.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pensando en imaxes arquet\u00edpicas do cinema, unha das m\u00e1is evidentes que se me ocorreu foi a dun ollo mirando a trav\u00e9s dunha fechadura. Mais, como adoita ocorrer coas imaxes arquet\u00edpicas, custoume moito lembrar un filme concreto no que ocorrese esta escena tal e como a imaxinara. Foi s\u00f3 despois dunha pequena investigaci\u00f3n que empezaron a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":924,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[216,8,41,213,215,214,25,26,27],"class_list":["post-400","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-accions","tag-cinema","tag-medo","tag-obxectos","tag-ollar","tag-ollo","tag-pechadura","tag-porta","tag-voyeurismo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/400","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=400"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/400\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":630,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/400\/revisions\/630"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/924"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=400"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=400"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=400"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}