{"id":181,"date":"2021-03-09T20:38:00","date_gmt":"2021-03-09T19:38:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=181"},"modified":"2024-04-18T15:47:24","modified_gmt":"2024-04-18T13:47:24","slug":"creando-unha-linguaxe","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/03\/09\/creando-unha-linguaxe\/","title":{"rendered":"Creando unha linguaxe"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>Somos moi afeccionados a po\u00f1er fitos \u2013miliarios, se queredes unha traduci\u00f3n m\u00e1is literal do ingl\u00e9s&nbsp;<em>milestone<\/em>\u2013 en calquera disciplina susceptible de certo academicismo. Tam\u00e9n na historia do cinema. Eu ent\u00e9ndoo: \u00e9 moi atractivo, \u00e1 par que f\u00e1cil de estudar, navegar de punto en punto polas \u201cprimeiras veces\u201d da humanidade. A primeira fil\u00f3sofa, o primeiro m\u00e9dico, a primeira fotograf\u00eda, o primeiro filme, a primeira pel\u00edcula de ficci\u00f3n, o primeiro primeiro plano\u2026 E non vou negar a s\u00faa validez, mais cando me achego con lupa \u00e1 historia cinematogr\u00e1fica, as fronteiras esf\u00famanse, os l\u00edmites esva\u00e9cense no ar e a falta de informaci\u00f3n impide afirmar a veracidade destes feitos con rotundidade.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Cineastas 1 - Creando unha linguaxe (Lumi\u00e8re, Guy Blach\u00e9, M\u00e9li\u00e8s)\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/8oa0PNsOpOw?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Persoalmente, g\u00fastame falar de pioneiros, pero case mellor como un colectivo, como un proceso en construci\u00f3n continua. Hoxe imos falar de aqueles que crearon a linguaxe cinematogr\u00e1fica. Aviso que tam\u00e9n recorrerei \u00f3s miliarios, pero tom\u00e1deos sempre con pinzas.<\/p>\n\n\n\n<p>De entre todos aqueles, que non son poucos, que puxeron o seu gran de area para a invenci\u00f3n do cinemat\u00f3grafo e da arte cinematogr\u00e1fica vou destacar a tres por motivos de gusto persoal e porque considero os seus aportes claves no proceso: os irm\u00e1ns&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Auguste_e_Louis_Lumi%C3%A8re\">Auguste e Louis Lumi\u00e8re<\/a>,&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Alice_Guy\">Alice Guy-Blach\u00e9<\/a>&nbsp;e&nbsp;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Georges_M%C3%A9li%C3%A8s\">Georges M\u00e9li\u00e8s<\/a>. Outro pequeno apunte previo \u00e9 o de considerar que ning\u00fan deles se debeu de definir a si mesmo como autor, director ou cineasta. Por este mesmo motivo, catalogar e indagar na autor\u00eda dos primeiros filmes \u00e9 unha labor ardua e complexa que as filmotecas seguen a acometer, expo\u00f1endo de cando en cando grandes descubrimentos sobre o comezo da andaina cinematogr\u00e1fica.<\/p>\n\n\n\n<p>Existe xa na base unha pol\u00e9mica respecto \u00e1 invenci\u00f3n do aparato que permitiu po\u00f1er en p\u00e9 a industria \u2013e a arte, insisto\u2013 do cinema: foron os Lumi\u00e8re os primeiros? Foi Thomas Edison, como el mesmo se empe\u00f1ou durante moito tempo en defender? Ben, teriamos que facer unha comparativa entre tecnolox\u00edas, que probablemente por consenso ga\u00f1ar\u00edan os irm\u00e1ns Lumi\u00e8re, na que tam\u00e9n concorrer\u00edan todos aqueles\u00a0<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/02\/02\/a-caixa-de-musica\/\" data-type=\"post\" data-id=\"413\">xoguetes<\/a>\u00a0que mencionamos algunha vez nesta bit\u00e1cora. Para min isto \u00e9 secundario. O que me fascina \u00e9 a calidade art\u00edstica dos primeir\u00edsimos filmes de Auguste e Louis Lumi\u00e8re, a calidade pura das s\u00faas imaxes, conscientes ou non da pegada autoral que deixaron nas s\u00faas curtas de cincuenta segundos.<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c9 habitual falar do cine pioneiro \u2013ou do Modo de Representaci\u00f3n Primitivo que define No\u00ebl Burch, unha denominaci\u00f3n que non me acaba de convencer\u2013 e mencionar caracter\u00edsticas moi evidentes como a excesiva frontalidade do plano, a s\u00faa amplitude \u2013pois sempre se filma de corpo enteiro\u2013 e a s\u00faa teatralidade ou sobreactuaci\u00f3n. Os Lumi\u00e8re puideron caer nestes tropos en ocasi\u00f3ns, mais chega con ver<a href=\"https:\/\/kinocube.tumblr.com\/post\/637572797459202048\/tren-e-cinema\">\u00a0<\/a><em><a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2020\/12\/15\/tren-e-cinema\/\" data-type=\"post\" data-id=\"87\">L&#8217;Arriv\u00e9e d&#8217;un train en gare de La Ciotat<\/a>,<\/em>\u00a0que filmaron en 1896, cunha diagonal perfecta constru\u00edda sobre unha ampla profundidade de campo \u2013\u00e9 dicir, unha diagonal debuxada dende a parte m\u00e1is achegada a n\u00f3s at\u00e9 o fondo\u2013, sen medo de filmar \u00f3s pasaxeiros en plano medio e cunha naturalidade propia do que hoxe definir\u00edamos como\u00a0<em>x\u00e9nero documental<\/em>. \u00c9 certo que tam\u00e9n filmaron ficci\u00f3n, sobre todo de corte c\u00f3mico, m\u00e1is achegados \u00e1s delimitaci\u00f3ns do\u00a0<em>cinema primitivo;\u00a0<\/em>e que tam\u00e9n existe un debate sobre o grao de preparaci\u00f3n desas tomas. Que non todo tivo que ser capturado \u00f3 voo, para entendernos.<\/p>\n\n\n\n<p>Falando de ficci\u00f3n, entran en escena Guy-Blach\u00e9 e M\u00e9li\u00e8s. Cando comecei a estudar cinematograf\u00eda era incontestable a importancia de Georges M\u00e9li\u00e8s, o ilusionista que na s\u00faa propia vida reflect\u00eda a narrativa do home que o tivo todo e morreu na miseria, o home que defendeu o cinema como fiestra \u00e1 imaxinaci\u00f3n e \u00e1 fantas\u00eda. Daquela, os novatos coma min pensabamos que M\u00e9li\u00e8s inventara a ficci\u00f3n, con aquelas fastuosas adaptaci\u00f3ns da obra de Jules Verne cheas de decorados espl\u00e9ndidos e enxe\u00f1osos efectos especiais. Non, inventar a ficci\u00f3n non foi o m\u00e9rito deste personaxe, que para a mi\u00f1a opini\u00f3n admite incluso unha visi\u00f3n cr\u00edtica. Dos tres cineastas que propo\u00f1o neste primeiro artigo do novo Kinocube, M\u00e9li\u00e8s par\u00e9ceme o menos innovador en termos de linguaxe: as escenas nas que introduc\u00eda m\u00e1is dunha personaxe volv\u00edanse confusas pola falta de foco, non chegou a superar nin a frontalidade nin a sobreactuaci\u00f3n e en ocasi\u00f3ns ten unha certa perda de\u00a0<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/26\/correde-insensatos\/\" data-type=\"post\" data-id=\"410\">ritmo interno<\/a>\u00a0do plano. Non sempre, iso si: en\u00a0<a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0215575\/\"><em>Le diable Noir<\/em>\u00a0(1905<\/a>) os\u00a0<em>stop trick<\/em>\u00a0mante\u00f1en un ritmo perfecto que, coa m\u00fasica adecuada, aportan unha gran comicidade.<\/p>\n\n\n\n<p>Isto non quere dicir que considere a M\u00e9li\u00e8s un autor menor. Todo o contrario. M\u00e9li\u00e8s introduciu t\u00e9cnicas \u2013como os mencionados\u00a0<em><a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/02\/09\/de-aparecidos\/\" data-type=\"post\" data-id=\"412\">stop tricks<\/a><\/em>\u2013, narrativas da novela de aventuras decimon\u00f3nica e m\u00e1is do vodevil, tem\u00e1ticas fant\u00e1sticas e m\u00e1xicas \u2013el mesmo era un mago!\u2013 e, sobre todo, ese factor espectacular que nos ten a\u00ednda pegados \u00e1s butacas, cos ollos abertos como pratos, continuamente marabillados polas infinitas posibilidades do cinema.<\/p>\n\n\n\n<p>Queda po\u00f1er o acento na figura de Alice Guy-Blach\u00e9 e prometo que non o fago por cuesti\u00f3ns de paridade: Guy-Blach\u00e9 ten o m\u00e9rito de crear o que se sup\u00f3n \u2013unha vez m\u00e1is, miliarios moi indefinidos neste cami\u00f1o de continua innovaci\u00f3n\u2013 o primeiro filme cun argumento e, polo tanto, de ficci\u00f3n:\u00a0<em>La f\u00e9e aux\u00a0Choux<\/em>, en 1896. Mais tam\u00e9n foi unha visionaria en termos de linguaxe cinematogr\u00e1fico na primeira d\u00e9cada do s\u00e9culo XX: planos curtos, montaxes trepidantes dignos da\u00a0<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/26\/correde-insensatos\/\" data-type=\"post\" data-id=\"410\">Keystone<\/a>, narrativas claras e concisas, fantas\u00eda en ocasi\u00f3ns, lirismo noutras e un humor que, 120 anos despois, a\u00ednda \u00e9 capaz de provocar sorrisos. Tivo que lidar nos seus primeiros anos coas dificultades de calquera estudante de cinema en primeiro de carreira, \u00e9 dicir, medios m\u00ednimos e presuposto baixo ou nulo que a fixeron adoptar \u00e1 vez roles de xefa de produci\u00f3n, directora, actriz, guionista, decoradora ou costureira para os filmes da Gaumont. No seu c\u00e9nit, foi dona e fundadora do seu proio estudo cinematogr\u00e1fico, The Solax Company, e experimentou coa introduci\u00f3n do son nas s\u00faas\u00a0<em>fonoescenenas.\u00a0<\/em>Todo isto, como no caso dos outros dous cineastas, destacando pola s\u00faa calidade como directora de cinema. Par\u00e9ceme, polo tanto, indiscutible a importancia de recuperar a s\u00faa figura m\u00e1is al\u00e1 da s\u00faa relevancia nos estudos con conciencia de x\u00e9nero.<\/p>\n\n\n\n<p>Todos eles tiveron algo en com\u00fan, ademais dos seus aportes \u00e1 creaci\u00f3n da linguaxe cinematogr\u00e1fica, ademais de sobresa\u00edr en composici\u00f3n, narrativa, imaxinaci\u00f3n, t\u00e9cnica ou espectacularidade. Todos eles, ademais, contribu\u00edron \u00e1 creaci\u00f3n da industria cinematogr\u00e1fica: M\u00e9li\u00e8s constru\u00edu un magn\u00edfico estudo con teito de cristal, para deixar entrar a maior parte de luz posible; Guy-Blach\u00e9 estableceuse como unha grande produtora en Am\u00e9rica antes de Hollywood e tam\u00e9n ensinou cinema; os Lumi\u00e8re diseminaron os seus operadores por todo o mundo, personaxes que tam\u00e9n poden considerarse cineastas e merecen unha menci\u00f3n como Alexandre Promio ou Gabriel Veyre \u2013do que podemos ver unha fermosa curta no final do v\u00eddeo introdutorio\u2013. \u00c9 dicir, que a labor destes tres autores tam\u00e9n foi a de patrocinar, ensinar e pasar o testemu\u00f1o \u00e1s seguintes xeraci\u00f3ns para que o cinema se establecera como a maquinaria de contar historias que deu a volta \u00f3 mundo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Somos moi afeccionados a po\u00f1er fitos \u2013miliarios, se queredes unha traduci\u00f3n m\u00e1is literal do ingl\u00e9s&nbsp;milestone\u2013 en calquera disciplina susceptible de certo academicismo. Tam\u00e9n na historia do cinema. Eu ent\u00e9ndoo: \u00e9 moi atractivo, \u00e1 par que f\u00e1cil de estudar, navegar de punto en punto polas \u201cprimeiras veces\u201d da humanidade. A primeira fil\u00f3sofa, o primeiro m\u00e9dico, a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":915,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[15],"tags":[19,8,20,21,18,9,17,10],"class_list":["post-181","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-kc-cineastas","tag-alice-guy","tag-cinema","tag-cinema-primitivo","tag-cinema-silente","tag-guy-blache","tag-lumiere","tag-melies","tag-s-xix"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/181","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=181"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/181\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":664,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/181\/revisions\/664"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/915"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=181"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=181"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=181"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}