{"id":1735,"date":"2024-12-24T17:29:00","date_gmt":"2024-12-24T16:29:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=1735"},"modified":"2024-12-23T21:14:58","modified_gmt":"2024-12-23T20:14:58","slug":"cronica-do-curso-no-camino-peliculas-de-estrada-vieiro-e-horizonte-iv","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2024\/12\/24\/cronica-do-curso-no-camino-peliculas-de-estrada-vieiro-e-horizonte-iv\/","title":{"rendered":"Cr\u00f3nica do curso \u201cNo cami\u00f1o: pel\u00edculas de estrada, vieiro e horizonte\u201d IV"},"content":{"rendered":"\t\t<div data-elementor-type=\"wp-post\" data-elementor-id=\"1735\" class=\"elementor elementor-1735\" data-elementor-post-type=\"post\">\n\t\t\t\t<div class=\"elementor-element elementor-element-c411416 e-flex e-con-boxed e-con e-parent\" data-id=\"c411416\" data-element_type=\"container\" data-core-v316-plus=\"true\">\n\t\t\t\t\t<div class=\"e-con-inner\">\n\t\t\t\t<div class=\"elementor-element elementor-element-52f649a elementor-widget elementor-widget-text-editor\" data-id=\"52f649a\" data-element_type=\"widget\" data-widget_type=\"text-editor.default\">\n\t\t\t\t<div class=\"elementor-widget-container\">\n\t\t\t<style>\/*! elementor - v3.20.0 - 10-04-2024 *\/\n.elementor-widget-text-editor.elementor-drop-cap-view-stacked .elementor-drop-cap{background-color:#69727d;color:#fff}.elementor-widget-text-editor.elementor-drop-cap-view-framed .elementor-drop-cap{color:#69727d;border:3px solid;background-color:transparent}.elementor-widget-text-editor:not(.elementor-drop-cap-view-default) .elementor-drop-cap{margin-top:8px}.elementor-widget-text-editor:not(.elementor-drop-cap-view-default) .elementor-drop-cap-letter{width:1em;height:1em}.elementor-widget-text-editor .elementor-drop-cap{float:left;text-align:center;line-height:1;font-size:50px}.elementor-widget-text-editor .elementor-drop-cap-letter{display:inline-block}<\/style>\t\t\t\t<p>O <a href=\"https:\/\/cgac.xunta.gal\/gl\">CGAC<\/a> organiza todos os anos un curso de cinema da man de Jos\u00e9 Manuel L\u00f3pez, doutor en Comunicaci\u00f3n e profesor asociado na Universidade de Vigo. Nesta ocasi\u00f3n, o curso xira en torno ao concepto de viaxe ou cami\u00f1o e prop\u00f3n o an\u00e1lise de dez filmes, como di o subt\u00edtulo, <a href=\"https:\/\/cgac.xunta.gal\/gl\/actividades\/no-camino-peliculas-de-estrada-vieiro-e-horizonte-curso-de-cinema\">de estrada, vieiro e horizonte<\/a>.\u00a0Non ser\u00e1 a derradeira vez que voltemos ao concepto do cami\u00f1o nesta bit\u00e1cora, pero desta vez imos en boa compa\u00f1a.\u00a0<\/p><p>Este \u00e9 a derradeira entrega da serie que adicamos ao curso \u201cNo Cami\u00f1o\u2026\u201d, despois dunha <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2024\/10\/15\/cronica-do-curso-no-camino-peliculas-de-estrada-vieiro-e-horizonte\/\">primeira parte na que chegamos at\u00e9 John Ford,<\/a> unha segunda parte na que comezamos a ver\u00a0<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2024\/12\/03\/cronica-do-curso-no-camino-peliculas-de-estrada-vieiro-e-horizonte-ii\/\">exemplos que xa podemos considerar\u00a0<em>road movies<\/em> por dereito<\/a> e unha terceira na que finalizamos a r\u00e9cola de filmes con tres exemplos <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2024\/12\/11\/cronica-do-curso-no-camino-peliculas-de-estrada-vieiro-e-horizonte-iii\/\">do mellor e m\u00e1is transcendental cinema de estrada<\/a>.<\/p><p>Nesta \u00faltima parte entrevistamos a Jos\u00e9 Manuel L\u00f3pez, a persoa que dese\u00f1ou e impartiu este curso, que convidamos a esta bit\u00e1cora a reflexionar un pouco m\u00e1is arredor do motivo do Cami\u00f1o e a s\u00faa importancia na narrativa cinematogr\u00e1fica.<\/p>\t\t\t\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\t<div class=\"elementor-element elementor-element-24cd46c elementor-widget elementor-widget-text-editor\" data-id=\"24cd46c\" data-element_type=\"widget\" data-widget_type=\"text-editor.default\">\n\t\t\t\t<div class=\"elementor-widget-container\">\n\t\t\t\t\t\t\t<p><b>A t\u00faa relaci\u00f3n co CGAC ven de lonxe: en sucesivos cursos, falaches da relaci\u00f3n do cinema cos corpos, de &#8220;eutop\u00edas&#8221;, de disidencias&#8230; cal foi a tem\u00e1tica que m\u00e1is che gustou tratar? Ou \u00e9 sempre a que est\u00e1 por vir?<\/b><\/p><p>Son once anos xa, once cursos distintos de tem\u00e1ticas moi variadas. Os primeiros cursos foron moi f\u00e1ciles porque foron cronol\u00f3xicos. Non dediquei un exclusivamente ao cinema mudo e outro ao cinema cl\u00e1sico, xa que me parec\u00eda que para comezar -sendo eu moito m\u00e1is novo e con menos experiencia e co\u00f1ecemento- eran moito m\u00e1is arduos para o p\u00fablico. As\u00ed que comecei directamente pola Modernidade: polos anos 50 e 60 do s\u00e9culo pasado e ese tr\u00e1nsito do cinema cl\u00e1sico ao cinema moderno e \u00e1s primeiras Novas Olas europeas. Ese foi o punto de entrada.<\/p><p>Despois, o segundo tam\u00e9n foi f\u00e1cil. Saltei os anos 80, que non son demasiado atractivos en xeral, e centreime en que ocorrera no cinema co cambio de s\u00e9culo e a comezos do s\u00e9culo XXI.<\/p><p>Mais, claro, ao chegar ao cinema contempor\u00e1neo, co terceiro curso pensei: \u201cE agora que? Que falo, do cinema do futuro?\u201d. Ent\u00f3n xa comecei a explorar, mais que por x\u00e9neros, por eixos tem\u00e1ticos. Un foi sobre <a href=\"https:\/\/cgac.xunta.gal\/gl\/actividades\/curso-de-cinema-os-ollos-non-queren-pecharse-persistencias-e-resistencias-da-mirada-na\">a ollada no cinema<\/a>, a importancia dos reflexos e unha multitude de recursos que te\u00f1en que ver con personaxes que miran e coa propia c\u00e1mara, por suposto, como ollo que todo o ve.<\/p><p>Houbo outro dedicado <a href=\"https:\/\/cgac.xunta.gal\/gl\/actividades\/curso-de-cinema-os-corpos-do-cinema\">aos corpos no cinema<\/a>, tanto corpos actorais como, de novo, o corpo da c\u00e1mara e os seus movementos; no que falamos dende os musicais e o baile ata Tom Cruise correndo sen parar en <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/es-es\/title\/tt0117060\/\">Mission: Impossible (Brian de Palma, 1996),<\/a> ou en xeral actores e actrices que se caracterizan polo seu desempe\u00f1o corporal. E cineastas que \u00e1 s\u00faa vez po\u00f1en o corpo como eixo central das s\u00faas narrativas, como <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Claire_Denis\">Claire Denis<\/a>, nun cinema m\u00e1is de vangarda, m\u00e1is experimental, que ten que ver co performativo.<\/p><p>Eses dous cursos, o da ollada e o do corpo, foron moi especiais para min porque foron os primeiros que fixen cun eixo tem\u00e1tico. Para min, como docente, foron esixentes e\u00a0tam\u00e9n moi satisfactorios. Permit\u00edronme falar dende o cinema mudo, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Jean_Cocteau\">Jean Cocteau<\/a>, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Jean_Epstein\">Jean Epstein<\/a>, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Abel_Gance\">Abel Gance<\/a>&#8230; ata o cinema contempor\u00e1neo, ent\u00f3n foi moi bonito preparalos e tam\u00e9n moi dif\u00edcil porque ti\u00f1a toda a historia do cinema para min. Toda!<\/p><p>E a partir de a\u00ed sempre cun eixo tem\u00e1tico, cun f\u00edo condutor, rematei por chegar a este \u00faltimo, que \u00e9 cecais o m\u00e1is &#8220;de x\u00e9nero\u201d. A\u00ednda que segue a haber un eixo tem\u00e1tico no fondo que \u00e9 a viaxe, o desprazamento, si que \u00e9 certo que, dunha maneira ou de outra, todas as pel\u00edculas do curso son pel\u00edculas de estrada. Ent\u00f3n cecais este curso \u00e9 o m\u00e1is \u201cpuro\u201d que fixen no sentido de que ten un eixo <i>tem\u00e1tico<\/i> e <i>xen\u00e9rico <\/i>moi potente.<\/p><p><span style=\"color: #000000;\"><b>O eixo tem\u00e1tico \u2013nesta bit\u00e1cora adoitamos usar, con maior ou menor precisi\u00f3n, o termo <em>arquetipo<\/em>\u2013 par\u00e9cenos unha aproximaci\u00f3n ao cinema moi atractiva porque nos permite navegar ao longo de toda a historia do cinema na procura de lugares com\u00fans e conexi\u00f3ns entre filmes moi diferentes. Escolliches os filmes pensando no cami\u00f1o m\u00e1is como un x\u00e9nero ou como un arquetipo?<\/b><\/span><\/p><p>Como unha mistura. No curso se cadra hai soamente catro ou cinco pel\u00edculas que se consideran estritamente <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Pel%C3%ADcula_de_carretera\"><em>pel\u00edculas de estrada<\/em><\/a>, porque o que entendemos como tal implica unha viaxe por asfalto cun medio de locomoci\u00f3n mec\u00e1nico. Un filme que mostra unha persoa cami\u00f1ando f\u00f3ra da estrada, como en <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/es-es\/title\/tt0758758\/\">Into the Wild (Sean Penn, 2007)<\/a> non forma parte do x\u00e9nero da <i>road movie<\/i>.<\/p><p>Por iso falamos de pel\u00edculas <i>de horizonte, de cami\u00f1o, de deserto<\/i> ou<i> de estrada. <\/i>Porque no fondo o arquetipo \u00e9 o da viaxe, e o x\u00e9nero da pel\u00edcula de estrada \u00e9 s\u00f3 un dos moitos nos que se divide o macrox\u00e9nero, se lle queremos chamar as\u00ed, da aventura ou da viaxe.<\/p><p>Para min \u00e9 s\u00faper atractivo \u2013e foi doloroso escoller soamente dez pel\u00edculas\u2013 porque no fondo o que a min me atrae do arquetipo da viaxe e da pel\u00edcula de estrada \u00e9 que se trata dun reflexo metanarrativo da propia arte de contar historias. Toda personaxe que sae dun punto A para chegar a un punto B \u00e9 unha viaxe, pero ao mesmo tempo \u00e9 unha historia. Se cadra non pasa nada interesante no medio, de acordo, pero o propio desprazamento da persoa que protagoniza esas historias \u00e9 un reflexo da persoa que est\u00e1 a contar esa mesma historia, relatando esas etapas.<\/p><p>Hoxe [na derradeira sesi\u00f3n do curso] imos falar de <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/es-es\/title\/tt0166896\/\">The Straight Story, de David Lynch (1999)<\/a>, un filme que o director decidiu rodar seguindo unha orde cronol\u00f3xica e xeogr\u00e1fica de maneira exactamente igual que a viaxe real na que est\u00e1 inspirada. \u00c9 dicir, que as experiencias que xenera a propia rodaxe da pel\u00edcula foron semellantes \u00e1s da viaxe que relata.<\/p><p>Ent\u00f3n, sempre hai unha correlaci\u00f3n entre o arte de contar historias \u2013audiovisuais, neste caso, pero non soamente\u2013 e a viaxe. As historias m\u00e1is antigas das que falamos son <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Odisea\">A Odisea<\/a> ou <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Jas%C3%B3n_y_los_argonautas\">Xas\u00f3n e os argonautas<\/a>, ou todo o que prov\u00e9n da mitolox\u00eda.<\/p><p><b>A viaxe do Heroe.<\/b><\/p><p>E sempre hai unha persoa que ten que partir por un motivo X para vivir unha aventura Y. Tanto ten. A narraci\u00f3n sempre ten que ver co desprazamento.<\/p><p>Hai historias inm\u00f3biles sobre personaxes que non saen dunha habitaci\u00f3n? Claro, faltar\u00eda m\u00e1is. Como <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Samuel_Beckett\">Beckett<\/a> e o <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Teatro_do_absurdo\">teatro do absurdo<\/a>, hai infinidade delas e, de feito, ser\u00eda outro curso interesante, pero non ser\u00eda este. Porque a inmensa maior\u00eda das historias si que se moven \u2013nunca mellor dito\u2013 a partir do arquetipo da viaxe. Viaxe interna, externa, sen sa\u00edr dunha cidade ou atravesando o mundo enteiro, iso tanto ten. A viaxe \u00e9 o motivo fundacional dun gran n\u00famero das historias da humanidade, non s\u00f3 do cinema.<\/p><p><b>Hai unha translaci\u00f3n do tempo, que \u00e9 o material co que se fabrican as historias \u2013\u201cprimeiro pasou isto, despois isto, e rematou as\u00ed\u201d\u2013, ao espazo: \u201caqu\u00ed, al\u00ed, m\u00e1is al\u00e1\u201d. <\/b><\/p><p>E da propia estrutura cinematogr\u00e1fica. Ti cando contas unha viaxe dis \u201csa\u00edn tal d\u00eda, pasei por estas etapas e ao final volv\u00edn\u201d e eses son os tres actos da narrativa cl\u00e1sica, con todos os puntos de xiro que un desexe, claro. E ese desprazamento temporal e xeogr\u00e1fico \u00e9 material da narrativa cinematogr\u00e1fica: a metraxe, a pel\u00edcula f\u00edsica ou anal\u00f3xica pasando pola c\u00e1mara \u00e9 tam\u00e9n tempo, e viceversa. Son coincidencias bonitas.<\/p><p><b>Son o tipo de detalles que nos gustan nesta bit\u00e1cora. <\/b><\/p>\t\t\t\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\t<div class=\"elementor-element elementor-element-2337cf2 elementor-widget elementor-widget-image\" data-id=\"2337cf2\" data-element_type=\"widget\" data-widget_type=\"image.default\">\n\t\t\t\t<div class=\"elementor-widget-container\">\n\t\t\t<style>\/*! elementor - v3.20.0 - 10-04-2024 *\/\n.elementor-widget-image{text-align:center}.elementor-widget-image a{display:inline-block}.elementor-widget-image a img[src$=\".svg\"]{width:48px}.elementor-widget-image img{vertical-align:middle;display:inline-block}<\/style>\t\t\t\t\t\t\t\t\t\t<img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" width=\"800\" height=\"340\" src=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/vlcsnap-2024-12-23-20h52m40s612-1024x435.webp\" class=\"attachment-large size-large wp-image-1753\" alt=\"The Straight Story (David Lynch)\" srcset=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/vlcsnap-2024-12-23-20h52m40s612-1024x435.webp 1024w, https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/vlcsnap-2024-12-23-20h52m40s612-300x128.webp 300w, https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/vlcsnap-2024-12-23-20h52m40s612-768x326.webp 768w, https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/vlcsnap-2024-12-23-20h52m40s612-1536x653.webp 1536w, https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/vlcsnap-2024-12-23-20h52m40s612.webp 1920w\" sizes=\"(max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/>\t\t\t\t\t\t\t\t\t\t\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\t<div class=\"elementor-element elementor-element-7176e4e elementor-widget elementor-widget-text-editor\" data-id=\"7176e4e\" data-element_type=\"widget\" data-widget_type=\"text-editor.default\">\n\t\t\t\t<div class=\"elementor-widget-container\">\n\t\t\t\t\t\t\t<p><b>Comentaches que foi dif\u00edcil limitarte a un n\u00famero reducido de pel\u00edculas para analizar no curso, p\u00f3desnos falar de alg\u00fan deses filmes que tiveron que quedar f\u00f3ra? <\/b><\/p><p>Estes cursos de cinema imp\u00e1rtoos primeiro no <a href=\"https:\/\/www.marcovigo.com\/\">MARCO de Vigo<\/a>, e son 23 semanas no canto de 10, que \u00e9 un n\u00famero m\u00e1is axeitado \u00e1 dispo\u00f1ibilidade do CGAC. Podedes consultar <a href=\"https:\/\/www.marcovigo.com\/content\/no-cami-o-pel-culas-de-estrada-vieiros-e-horizontes-0\">o programa do curso na web do MARCO<\/a>.<\/p><p>E incluso desas 23 pel\u00edculas, por suposto, quedan f\u00f3ra moitas. Cando preparo un curso como este, durante o ver\u00e1n fago para min unha lista de pel\u00edculas que vou vendo. E te\u00f1o listas de case cen pel\u00edculas, pois hai tal cantidade de filmes que&#8230; sobre todo por iso, porque non compartimento temporalmente os cursos. Poden comezar con pel\u00edculas dos anos 10 do s\u00e9culo pasado e rematar cun filme que se acaba de estrear. V\u00f3lvome tolo, pero \u00e9 moi bonito, ao mesmo tempo. E logo, dunha lista enorme, podes escoller 23 ou 10, tentando buscar tam\u00e9n estes pequenos f\u00edos condutores dentro do curso que sempre procuro, ecos e paralelismos.<\/p><p><b>Cal foi o principal criterio \u00e1 hora de seleccionar os filmes tratados?<\/b><\/p><p>O primeiro criterio sempre \u00e9 a calidade, claro. S\u00f3 selecciono pel\u00edculas que considere que son defendibles nese apartado. O segundo \u00e9 que se adapten m\u00e1is ou menos ao eixo condutor do curso e que se relacionen ben co resto das seleccionadas. E o terceiro, a moita distancia, \u00e9 que a min me gusten. Este \u00faltimo tam\u00e9n \u00e9 imprescindible, porque comprobei cos anos que se me d\u00e1 mellor analizar as pel\u00edculas que desfruto como espectador.<\/p><p><b>Para n\u00f3s o coloquio foi unha das mellores partes do curso. Que cres que aporta a este tipo de formaci\u00f3n?<\/b><\/p><p>\u00c9 algo fundamental. A pesar de que moita xente non fica ao coloquio, creo que os que si ficades dades perspectivas diferentes \u00e1 mi\u00f1a \u2013e iso \u00e9 algo moi bo\u2013 enriquecendo moito o an\u00e1lise da pel\u00edcula en cuesti\u00f3n. En m\u00e1is dun coloquio pasou que entre todos dimos ata catro interpretaci\u00f3ns do final de algunha das pel\u00edculas.<\/p><p><b>Hai un f\u00edo condutor que nos gustou especialmente, unha cita da cineasta <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Kelly_Reichardt\">Kelly Reichardt<\/a> que iniciou o curso \u201cAdoitaba pensar que todas as pel\u00edculas eran <em>westerns<\/em>; agora creo que todas as pel\u00edculas son <em>road movies<\/em>\u201d. \u00c9 iso certo?<\/b><\/p><p>Eu, sinceramente, t\u00f3moa de maneira literal. Expl\u00edcome: <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Syd_Field\">Syd Field<\/a>, un te\u00f3rico do gui\u00f3n, di que todas as pel\u00edculas te\u00f1en tres actos. Iso \u00e9 mentira! Mais a idea base, que \u00e9 que a maior\u00eda das pel\u00edculas te\u00f1en tres actos, si que \u00e9 certa. <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Joseph_Campbell\">Joseph Campbell<\/a>, o autor de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/The_Hero_with_a_Thousand_Faces\">O Heroe das Mil Caras<\/a>, o do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Monomito\"><em>monomito<\/em><\/a>, di que todas as historias contan unha viaxe como a de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Ulises\">Odiseo<\/a>. Todas as historias da humanidade? Non, evidentemente, pero si unha inmensa maior\u00eda. Ent\u00f3n, todas as pel\u00edculas son <em>westerns<\/em> dalgunha maneira velada ou non velada? Non; mais, no fondo, o <em>western<\/em> \u00e9 un arquetipo tan antigo \u2013como dic\u00eda <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Andr%C3%A9_Bazin\">Andr\u00e9 Bazin<\/a>\u2013 que todo v\u00e9n da da Odisea, neste caso tam\u00e9n: \u00e9 unha viaxe, un macrodesprazamento dun grupo de colonos que van nunha direcci\u00f3n determinada descubrindo territorios. Iso pasou antes na historia da humanidade? Infinidade de veces. Pero no cinema o <em>western<\/em> \u00e9 o x\u00e9nero fundacional, dende o cinema mudo est\u00e1 a\u00ed contando historias de viaxes. Tam\u00e9n est\u00e1 o Viaxe \u00e1 L\u00faa de <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/03\/09\/creando-unha-linguaxe\/\">M\u00e9li\u00e8s<\/a> (<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Viaje_a_la_Luna\">Le Voyage dans la Lune, 1896<\/a>), e outras viaxes diferentes, mais o <em>western<\/em> \u00e9 un creador puro de imaxinarios porque \u00e9 unha mitolox\u00eda en si mesma, como dic\u00eda Bazin.<\/p><p>Polo tanto, o que quere dicir Kelly Reichardt \u00e9 que detr\u00e1s de toda historia sempre hai unha viaxe de alg\u00fan tipo, de algunha maneira. E cales son os x\u00e9neros que encarnan por excelencia a viaxe no cinema? O <em>western<\/em> e a pel\u00edcula de estrada.<\/p><p>Eu ir\u00eda m\u00e1is al\u00e1, eu dir\u00eda que toda historia ten algo de <em>western<\/em>. Aparte da viaxe, sempre hai alg\u00fan tipo de conquista. Os te\u00f3ricos do gui\u00f3n din que para constru\u00edr unha historia sempre ten que haber un conflito. A unha personaxe tenlle que pasar algo, bo, malo ou regular, e teno que superar.<\/p><p><b>Hai unhas forzas antagonistas.<\/b><\/p><p>E ademais a idea de fondo do <em>western<\/em> \u00e9 a da refundaci\u00f3n do fogar. Porque sempre son estranxeiros buscando o seu destino nunha terra extra\u00f1a e buscando o seu lugar no mundo, que \u00e9 a historia m\u00e1is universal. Iso comp\u00e1rteno tanto o <em>western<\/em> como a pel\u00edcula de estrada. De feito, poder\u00edase argumentar \u2013e non son o primeiro en facelo\u2013 que a <em>road movie<\/em> \u00e9 un <em>western<\/em> onde os cabalos animais se substitu\u00edron polos cabalos de potencia nos motores dos veh\u00edculos. Eses paralelismos est\u00e1n a\u00ed.<\/p><p>Por iso tam\u00e9n estou de acordo coa idea de Kelly Reichardt, par\u00e9ceme unha frase moi acertada.<\/p>\t\t\t\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\t<div class=\"elementor-element elementor-element-2e632fd elementor-widget elementor-widget-image\" data-id=\"2e632fd\" data-element_type=\"widget\" data-widget_type=\"image.default\">\n\t\t\t\t<div class=\"elementor-widget-container\">\n\t\t\t\t\t\t\t\t\t\t\t\t\t<img decoding=\"async\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/vlcsnap-2024-12-10-17h06m08s544-1024x576.png\" class=\"attachment-large size-large wp-image-1702\" alt=\"Old Joy\" srcset=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/vlcsnap-2024-12-10-17h06m08s544-1024x576.png 1024w, https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/vlcsnap-2024-12-10-17h06m08s544-300x169.png 300w, https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/vlcsnap-2024-12-10-17h06m08s544-768x432.png 768w, https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/vlcsnap-2024-12-10-17h06m08s544-1536x864.png 1536w, https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/vlcsnap-2024-12-10-17h06m08s544.png 1920w\" sizes=\"(max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/>\t\t\t\t\t\t\t\t\t\t\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\t<div class=\"elementor-element elementor-element-5be84da elementor-widget elementor-widget-text-editor\" data-id=\"5be84da\" data-element_type=\"widget\" data-widget_type=\"text-editor.default\">\n\t\t\t\t<div class=\"elementor-widget-container\">\n\t\t\t\t\t\t\t<p><b>Cando falamos de arquetipos, falamos de espazos, tramas&#8230; e a personaxes. Cando falamos do Cami\u00f1o do Heroe, aparece unha personaxe que logo se recupera na <em>road movie<\/em>, que \u00e9 a personaxe errante. <\/b><\/p><p>\u00c9 un tema que me interesa moito, o das personaxes que vagan, que se desprazan. De feito \u00e9 o f\u00edo condutor da mi\u00f1a tese, en concreto as personaxes que erran na cidade contempor\u00e1nea. Para min \u00e9 un arquetipo presente en moitos <em>westerns<\/em>,<em> road movies<\/em> e pel\u00edculas de viaxes en xeral \u2013como <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/T._E._Lawrence\">Lawrence de Arabia<\/a>, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2024\/12\/03\/cronica-do-curso-no-camino-peliculas-de-estrada-vieiro-e-horizonte-ii\/\">un dos que falamos no curso<\/a>\u2013. E son personaxes que erran en dous sentidos: que \u201cerran\u201d no sentido en que se trabucan, que fallan e que o volven intentar outra vez; e que \u201cerran\u201d no sentido de \u201cerrante\u201d, que viaxan, que se moven. Son d\u00faas caracter\u00edsticas que adoitan estar moi relacionadas. De novo: sen conflito non hai historia, polo que a personaxe ten que trabucarse, pois se a primeira soluci\u00f3n que pon en marcha fose a boa, non haber\u00eda historia, ou ser\u00eda moi curta e pouco interesante.<\/p><p>Cando comecei a investigar sobre o tema, sorprendeume a enorme cantidade de personaxes errantes que hai na historia do cinema, non s\u00f3 nos <em>westerns<\/em> e nas pel\u00edculas de estrada, sen\u00f3n por exemplo tam\u00e9n nesta veta que xa mencionei, a dos vagabundos urbanos. Vagabundos non no sentido de que non te\u00f1an fogar, que tam\u00e9n, sen\u00f3n vagabundos no sentido no que non atopan o seu lugar, neste caso, no seo destas megal\u00f3poles modernas.<\/p><p>Mais non \u00e9 nada sorprendente, porque o cinema \u00e9 un arte moderno, no senso no que naceu coa Revoluci\u00f3n Industrial e as grandes urbes modernas do s\u00e9culo XIX, \u00e9 dicir, no momento no que naceu a figura do <i><a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Fl%C3%A2neur\">fl\u00e2neur<\/a>, <\/i>as\u00ed que \u00e9 natural que esta personaxe sexa unha das grandes protagonistas arquet\u00edpicas de tantas historias.<\/p><p>Pensemos, por exemplo, no <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Cinema_negro\">cinema negro<\/a>: a maior\u00eda das personaxes masculinas do cinema negro son <i>fl\u00e2neurs,<\/i>\u00a0tipos amargados ou xente sen direcci\u00f3n, sen destino. Est\u00e1n no seu despacho a agardar por un cliente e tomando <em>whiskey<\/em>, e xa est\u00e1. E a inmensa maior\u00eda de pel\u00edculas urbanas, non soamente cinema negro, te\u00f1en que ver con esas personaxes sen un lugar no mundo.<\/p><p>Un vaqueiro, por suposto, non ten o seu lugar no mundo; pero as personaxes de moitas pel\u00edculas urbanas tampouco o te\u00f1en na gran cidade.<\/p><p>No fondo, o arquetipo, se me apuras, non \u00e9 nin sequera a viaxe; \u00e9 o feito de que non atopamos o noso lugar no mundo e hai que procuralo. Porque a outra opci\u00f3n \u00e9 morrer.\u00a0<\/p><p><b>Por iso no cinema negro, os apartamentos das personaxes adoitan resultar, de alg\u00fan xeito, \u201climinais\u201d. Non parecen fogares, sen\u00f3n sitios de paso. <\/b><\/p><p>E, de feito, viven moito m\u00e1is no seu despacho que no seu apartamento. <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0070334\/\">The Long Goodbye (Robert Altman, 1973)<\/a> comeza co protagonista no seu apartamento tentando dar de comer ao gato, pero non ten comida de gato. Ese \u00e9 o comezo da trama. E en <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0042593\/\">In a Lonely Place (Nicholas Ray, 1950)<\/a>, Humphrey Bogart \u00e9 un guionista que xa non \u00e9 que viva nun apartamento desastroso: vive nun motel, directamente. E vai de aqu\u00ed para al\u00e1, sen parella&#8230;<\/p><p>Hai unha enorme cantidade de vagabundos urbanos, des\u00e9rticos, selv\u00e1ticos. Nos filmes de <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Apichatpong_Weerasethakul\">Apichatpong Weerasethakul<\/a>, a maior\u00eda das personaxes son vagabundos urbanos. Ou en <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/es-es\/title\/tt0381668\/\">Tropical Malady (<span style=\"font-family: Arial;\"><span lang=\"hi-IN\">\u0e2a\u0e31\u0e15\u0e27\u0e4c\u0e1b\u0e23\u0e30\u0e2b\u0e25\u0e32\u0e14<\/span><\/span>, 2004)<\/a> no medio do bosque. En <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/es\/title\/tt0317171\/\">Blissfully Yours (<span style=\"font-family: Arial;\"><span lang=\"hi-IN\">\u0e2a\u0e38\u0e14\u0e40\u0e2a\u0e19\u0e48\u0e2b\u0e32<\/span><\/span>, 2002)<\/a>, un inmigrante que naceu en Birmania e vive na froiteira con Tailandia, porque esa personaxe non est\u00e1 nin nun lado nin no outro; e vive entre a sa\u00fade e a enfermidade. \u00c9 dicir, que isto non pertence s\u00f3 a un cinema de x\u00e9nero forte como o <em>western<\/em>, o cinema negro ou a pel\u00edcula de estrada: \u00e9 o grande arquetipo de fondo das personaxes buscando o seu lugar no mundo. \u00c9 a grande historia.<\/p><p>Isto quere dicir que \u00e9 reducionista ou aburrido? Non, todo o contrario.<\/p>\t\t\t\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\t<div class=\"elementor-element elementor-element-80b978b elementor-widget elementor-widget-image\" data-id=\"80b978b\" data-element_type=\"widget\" data-widget_type=\"image.default\">\n\t\t\t\t<div class=\"elementor-widget-container\">\n\t\t\t\t\t\t\t\t\t\t\t\t\t<img decoding=\"async\" width=\"800\" height=\"451\" src=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/tropicalmalady45.webp\" class=\"attachment-large size-large wp-image-1750\" alt=\"Tropical Malady (Apichatpong Weerasethakul)\" srcset=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/tropicalmalady45.webp 1016w, https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/tropicalmalady45-300x169.webp 300w, https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/tropicalmalady45-768x433.webp 768w\" sizes=\"(max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/>\t\t\t\t\t\t\t\t\t\t\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\t<div class=\"elementor-element elementor-element-b53ee6c elementor-widget elementor-widget-text-editor\" data-id=\"b53ee6c\" data-element_type=\"widget\" data-widget_type=\"text-editor.default\">\n\t\t\t\t<div class=\"elementor-widget-container\">\n\t\t\t\t\t\t\t<p><b>O contrario, porque ao longo da historia do cinema hai milleiros de representaci\u00f3ns diferentes do arquetipo, cada unha cos seus matices.<\/b><\/p><p>Ti que traballas tanto con arquetipos, seguro que atopas o mesmo pracer neles ca min. \u00c9 o feito de ver como, con lixeir\u00edsimas variaci\u00f3ns, contan unha historia diferente que a anterior. Sen\u00f3n, despois do <em>western<\/em> n\u00famero 50, non se ter\u00edan feito m\u00e1is, porque xa estar\u00eda todo contado.<\/p><p><b>E seguen a facerse <em>westerns<\/em> hoxe en d\u00eda.<\/b><\/p><p><a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/es-es\/title\/tt3253930\/\">La Isla M\u00ednima (Alberto Rodr\u00edguez, 2014)<\/a> \u00e9 un <em>western<\/em>. Isto \u00e9 ao que se refer\u00eda, en concreto, Kelly Reichardt: que hai moitas pel\u00edculas que, a\u00ednda que non pertenzan ao x\u00e9nero, te\u00f1en como un aroma, uns arquetipos, unhas personaxes, unha certa ambientaci\u00f3n en com\u00fan co <em>western<\/em>. E non ten que estar ambientada nun deserto, tam\u00e9n hai Westerns urbanos, como pode ser <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0113277\/\">Heat (Michael Mann, 1995)<\/a>. \u00c9 a historia dun foraxido contra un sheriff no medio dunha gran cidade.<\/p><p>Esa \u00e9 para min a potencia da idea de Kelly Reichardt.<\/p><p><b>Hai outros motivos narrativos que adoitan acompa\u00f1ar ao Cami\u00f1o, como pode selo a amizade entre os viaxeiros ou o veh\u00edculo. Cales cres son os m\u00e1is importantes e definitorios do x\u00e9nero?<\/b><\/p><p>A sucesi\u00f3n de etapas xeogr\u00e1ficas na viaxe, que se corresponden coas etapas da viaxe interior da personaxe protagonista; os encontros con outros personaxes ou arquetipos \u2013o mentor, a persoa nova descarreirada, o antagonista, a aparici\u00f3n fantasmal, o autoestopista, etc.\u2013 que tam\u00e9n provocan o correspondente cambio ou evoluci\u00f3n en quen est\u00e1 a realizar a viaxe. E logo, a decisi\u00f3n final: alc\u00e1nzase o que se procura? M\u00f3rrese no intento? Se se sobrevive, regr\u00e9sase ao fogar? F\u00fandase un novo fogar?<\/p><p><b>Cambiou moito a maneira de representar o Cami\u00f1o ao longo da historia do cinema? En que punto nos atopamos agora?<\/b><\/p><p>Son un firme crente en que os x\u00e9neros e os arquetipos non cambian nos seus alicerces, mais si que mutan, actual\u00edzanse respecto aos tempos ou mest\u00faranse con outros para dar lugar a subx\u00e9neros novos ou algo diferentes. Mais unha <i>road <\/i><em>movie<\/em> sempre ser\u00e1 unha<em> road movie<\/em> e sempre haber\u00e1 uns cantos elementos de base que son inamobibles.<\/p><p><b>Pode chegar a gastarse, como outros arquetipos e x\u00e9neros, por usarse demasiado? Ou \u00e9 como o corpo, intr\u00ednseco ao propio cinema?<\/b><\/p><p>Non, os x\u00e9neros son inesgotables, soamente depende do talento de quen os utiliza como marcos para as s\u00faas historias.<\/p><p><b>Para rematar, podes recomendarlle un filme de Inverno ou de Nadal \u00e1s persoas que est\u00e1n a ler esta entrevista na nosa bit\u00e1cora?<\/b><\/p><p>Unha recomendaci\u00f3n con algo de retranca: <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/es-es\/title\/tt0120663\/\">Eyes Wide Shut (1999)<\/a>, na mi\u00f1a opini\u00f3n a mellor pel\u00edcula de Kubrick \u2013nada menos!\u2013 e unha c\u00e1ustica e morbosa historia de Nadal.<\/p>\t\t\t\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\t<div class=\"elementor-element elementor-element-a8fd9f4 elementor-widget elementor-widget-image\" data-id=\"a8fd9f4\" data-element_type=\"widget\" data-widget_type=\"image.default\">\n\t\t\t\t<div class=\"elementor-widget-container\">\n\t\t\t\t\t\t\t\t\t\t\t\t\t<img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/vlcsnap-2024-12-23-20h48m00s583-1024x576.webp\" class=\"attachment-large size-large wp-image-1751\" alt=\"Eyes Wide Shut (Stanley Kubrick)\" srcset=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/vlcsnap-2024-12-23-20h48m00s583-1024x576.webp 1024w, https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/vlcsnap-2024-12-23-20h48m00s583-300x169.webp 300w, https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/vlcsnap-2024-12-23-20h48m00s583-768x432.webp 768w, https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/vlcsnap-2024-12-23-20h48m00s583-1536x864.webp 1536w, https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/vlcsnap-2024-12-23-20h48m00s583.webp 1920w\" sizes=\"(max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/>\t\t\t\t\t\t\t\t\t\t\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\t<\/div>\n\t\t","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O CGAC organiza todos os anos un curso de cinema da man de Jos\u00e9 Manuel L\u00f3pez, doutor en Comunicaci\u00f3n e profesor asociado na Universidade de Vigo. Nesta ocasi\u00f3n, o curso xira en torno ao concepto de viaxe ou cami\u00f1o e prop\u00f3n o an\u00e1lise de dez filmes, como di o subt\u00edtulo, de estrada, vieiro e horizonte.\u00a0Non [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1775,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[189,286],"tags":[8,102,297],"class_list":["post-1735","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-cronicas","category-no-camino-curso-cgac","tag-cinema","tag-entrevistas","tag-peliculas-de-estrada"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1735","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1735"}],"version-history":[{"count":34,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1735\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1784,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1735\/revisions\/1784"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1775"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1735"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1735"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1735"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}