{"id":1086,"date":"2024-02-13T19:30:00","date_gmt":"2024-02-13T18:30:00","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=1086"},"modified":"2024-02-12T14:04:56","modified_gmt":"2024-02-12T13:04:56","slug":"bailando-baixo-a-choiva","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2024\/02\/13\/bailando-baixo-a-choiva\/","title":{"rendered":"Bailando baixo a choiva"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>Chega o Entroido, unha das datas favoritas da que vos escribe, e devezo por <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/11\/22\/de-troula\/\" data-type=\"post\" data-id=\"544\">festexar<\/a>, facer trasnadas, argallar a <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/02\/16\/a-mascarada\/\" data-type=\"post\" data-id=\"443\">disfrace<\/a>, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2023\/04\/11\/esmendrellarse-coa-risa\/\" data-type=\"post\" data-id=\"565\">rir<\/a>, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2023\/02\/14\/comer-e-rascar-todo-e-comezar\/\" data-type=\"post\" data-id=\"553\">comer<\/a>, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/10\/19\/de-cubas-e-bocois\/\" data-type=\"post\" data-id=\"479\">beber <\/a>e bailar. Que ter\u00e1 a danza, unha das expresi\u00f3ns m\u00e1is antigas da humanidade, para que a relacionemos instintivamente coa liberdade, o benestar e a felicidade?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 57 - Bailando baixo a choiva\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/ysFdOqiEo3g?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Danzar forma parte dos procesos de socializaci\u00f3n humanos: danzamos canda as nosas amizades, canda a nosa familia dende a m\u00e1is tenra infancia; aprendemos coreograf\u00edas espec\u00edficas que nos serven para sentirnos parte dun grupo; tam\u00e9n danzamos para impresionar \u00e1s persoas que nos atraen, como moitos animais dentro dos seus rituais sociais. E danzamos en solitario, igualmente, cando nos atopamos a gusto. Por veces, fac\u00e9molo involuntariamente: \u00e9 inevitable para moitas persoas o mover o corpo ao ritmo da m\u00fasica, ou de calquera patr\u00f3n sonoro medianamente regular. Non \u00e9 sempre necesario que haxa p\u00fablico nin acompa\u00f1antes, a\u00ednda que, como debateremos m\u00e1is adiante, a persoa espectadora pode ter un rol importante na acci\u00f3n de bailar. <\/p>\n\n\n\n<p>No cinema, o cantar e o danzar contan at\u00e9 cun formato propio, herdeiro dos artes performativos mixtos como a \u00f3pera, o ballet ou o vodevil: o musical. Tratei de evitar en grande medida os exemplos provintes do musical no v\u00eddeo introdutorio \u2014salvo notables excepci\u00f3ns\u2014 porque a danza \u00e9 intr\u00ednseca ao formato. E falamos dun formato, non un x\u00e9nero, ollo, onde as leis da narrativa e da representaci\u00f3n da realidade funcionan de xeito diferente ao cinema non-musical: como audiencia, no mundo do musical, admitimos como v\u00e1lido e coherente <a href=\"https:\/\/youtu.be\/s_hlvRNgGOQ\">que un grupo de xente se bote a bailar e cantar en perfecta sincron\u00eda nunha situaci\u00f3n coti\u00e1<\/a>, sen pararnos a preguntarnos cando tiveron tempo a ensaiar para que lles saia tan ben \u00e1 primeira. Iso non nos pasa co cinema narrativo ortodoxo, porque as linguaxes son diferentes. <\/p>\n\n\n\n<p>M\u00e1is al\u00e1 do musical, a danza segue a ser un xeito de expresi\u00f3n humana. Unha xeito, por outra banda, moi eficaz \u00e1 hora de transmitir emoci\u00f3ns complexas de maneira sonora e visual e, polo tanto, moi axeitada para os artes audiovisuais nas s\u00faas m\u00faltiples formas. <\/p>\n\n\n\n<p>No cinema, podemos falar de d\u00faas funci\u00f3ns fundamentais que o baile \u00e9 capaz de cubrir. Por unha banda, a funci\u00f3n narrativa e expresiva que nos achega informaci\u00f3n valiosa sobre a psique, o estado, a situaci\u00f3n ou a enerx\u00eda dunha personaxe determinada, incluso facendo avanzar unha trama. Nos casos nos que a danza \u00e9 cat\u00e1rtica e, polo tanto, lle serve \u00e1 personaxe que baila como maneira de desinhibirse, de liberar os sentimentos reprimidos, pode converterse incluso nun cl\u00edmax moi efectivo. <\/p>\n\n\n\n<p>Pola outra banda, o baile cumple unha funci\u00f3n l\u00edrica e est\u00e9tica. Podemos xuntar as palabras para transmitir informaci\u00f3n de maneira obxectiva e explicativa, con m\u00e1is ou menos parcialidade; pola contra, tam\u00e9n as podemos xuntar con arelas de aportar beleza, ritmo e significados ocultos, ao que lle chamamos l\u00edrica ou poes\u00eda. Da mesma maneira, podemos mover o corpo para cumprir unha funci\u00f3n pr\u00e1ctica ou movernos cun determinado ritmo, creando unha serie de figuras, aportando beleza e significados ocultos aos nosos xestos: a danza \u00e9 a poes\u00eda do corpo, a expresi\u00f3n da beleza kin\u00e9tica que, na pantalla, se traduce en xestos, movementos e expresi\u00f3ns fermosas e atraentes. <\/p>\n\n\n\n<p>Non podemos deixar de mirar, \u00e9 superior a n\u00f3s. O natural en n\u00f3s e atender aos obxectos e os corpos en  movemento, \u00e9 parte do noso instinto de supervivencia. Atr\u00e1enos o movemento como a luz \u00e1s avela\u00ed\u00f1as. Seguimos coa ollada os contornos, os relevos, as torsi\u00f3ns, as figuras, a xestualizade, as formas e o tr\u00e1nsito polo espazo. As nosas mentes buscan desesperadamente patr\u00f3ns r\u00edtmicos nos que deleitarse.<\/p>\n\n\n\n<p>E no <em><a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2020\/12\/22\/ollar-pola-fechadura\/\" data-type=\"post\" data-id=\"400\">ser ollado<\/a><\/em> tam\u00e9n est\u00e1 parte do placer de bailar \u2014que non a parte fundamental\u2014, parte da s\u00faa dimensi\u00f3n social. Un pouco como calquera arte performativa, que cobra sentido no momento en que algu\u00e9n o olla. Coma o cinema, sen ir m\u00e1is lonxe. A danza, na s\u00faa funci\u00f3n est\u00e9tica, permite aos cineastas compo\u00f1er os planos a trav\u00e9s das posturas que toman os corpos, das s\u00faas transformaci\u00f3ns. E, nos patr\u00f3ns sonoros e r\u00edtmicos que xera a danza, os cineastas atopan tam\u00e9n unha ferramenta para alterar ao seu gusto o <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2023\/01\/17\/marchou-co-vento\/\" data-type=\"post\" data-id=\"548\">ritmo interno<\/a> do plano.<\/p>\n\n\n\n<p>No cinema hai, houbo, e haber\u00e1 sempre danzas para todos os gustos: danzas alegres, cat\u00e1rticas, sedutoras, tristes, nost\u00e1lxicas, hai coreograf\u00edas que son loitas, hai danzas de San Vito que atrapan como ara\u00f1eiras, hai danzas ao son da m\u00fasica diex\u00e9tica, extradiex\u00e9tica ou da m\u00fasica que soamente existe na cabeza da personaxe&#8230; <\/p>\n\n\n\n<p>A danza e o cinema, despois de todo, bas\u00e9anse no mesmo: en manipular o tempo e o espazo a trav\u00e9s do movemento. Agardo que este Entroido traia bailes e mascaradas, sempre en boa compa\u00f1\u00eda, at\u00e9 caermos derreados e felices. <\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Chega o Entroido, unha das datas favoritas da que vos escribe, e devezo por festexar, facer trasnadas, argallar a disfrace, rir, comer, beber e bailar. Que ter\u00e1 a danza, unha das expresi\u00f3ns m\u00e1is antigas da humanidade, para que a relacionemos instintivamente coa liberdade, o benestar e a felicidade? Danzar forma parte dos procesos de socializaci\u00f3n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1088,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[216,8,239,238,123],"class_list":["post-1086","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-accions","tag-cinema","tag-danza","tag-emocions","tag-personaxes"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1086","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1086"}],"version-history":[{"count":7,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1086\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1096,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1086\/revisions\/1096"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1088"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1086"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1086"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1086"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}